Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Administración de Infraestructuras e Sistemas Informáticos Código 614G01113
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Rey Expósito, Roberto
Correo electrónico
roberto.rey.exposito@udc.es
Profesorado
Rey Expósito, Roberto
Correo electrónico
roberto.rey.exposito@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral O obxectivo desta materia é proporcionar ao alumnado o coñecemento básico necesario para a administración de sistemas informáticos. Isto inclúe a administración e despregamento de infraestruturas servidor e clúster facendo uso de tecnoloxías de virtualización e almacenamento en rede. A orientación da materia é eminentemente práctica, traballando con tecnoloxías, ferramentas e servizos habituais nestas contornas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

Sen modificacións.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

- Prácticas de laboratorio
- Traballos tutelados

*Metodoloxías docentes que se modifican

- Proba mixta: realizarase de xeito non presencial a través dunha proba en liña mediante Moodle ou plataforma similar.
- Sesión maxistral: modifícase para adaptarse a unha situación de docencia a distancia onde os contidos da materia pasan a expoñerse mediante videoleccións gravadas que se suben á plataforma Microsoft Stream e fanse accesibles tamén en Teams/Moodle. O profesorado resolverá dúbidas sobre os contidos tratados nos vídeos durante a franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade, ademais dos horarios de titorías.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

- Correo electrónico: Diariamente. Resolución de dúbidas, solicitude de citas para encontros virtuais e orientación/seguimento dos traballos tutelados. Resolución baixo demanda de calquera outra cuestión relacionada coa materia en calquera das súas dimensións.
- Moodle: Diariamente. Canle principal utilizado para os avisos importantes da materia e para organizar todo o material das clases teóricas e prácticas. Puntualmente poderíase empregar para resolución de dúbidas comúns facendo uso de foros especializados.
- Teams: Diariamente. Resolución de dúbidas baixo demanda en horario de titorías e orientación/seguimento dos traballos tutelados facendo uso de chats privados cos/as alumnos/as. Puntualmente poderíase empregar para a defensa de prácticas e/ou traballos tutelados facendo uso de videochamadas onde o/a alumno/a compartiría o seu escritorio co profesor para amosar o traballo realizado. Tamén sería posible a resolución de dúbidas deste modo se o profesor o considera necesario e sempre dependendo das necesidades do alumnado.

4. Modificacións na avaliación

Mantéñense as metodoloxías avaliadas e os seus pesos na cualificación global pero adaptadas para realizarse de xeito non presencial mediante probas avaliables en liña.

*Observacións de avaliación:

Mantéñense as mesmas condicións globais para aprobar a materia tanto para a primeira oportunidade como para a segunda.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Sen cambios no material bibliográfico.

Competencias do título
Código Competencias do título
A52 Capacidade para comprender o contorno dunha organización e as súas necesidades no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións.
A53 Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar, avaliar, construír, xestionar, explotar e manter as tecnoloxías de hárdware, sóftware e redes dentro dos parámetros de custo e calidade adecuados.
A55 Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar e xestionar redes e infraestruturas de comunicacións nunha organización.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B3 Capacidade de análise e síntese
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Saber e coñecer o funcionamento das técnicas de monitorización e administración de infraestruturas informáticas. A52
A53
B1
B3
C6
C8
Coñecer os fundamentos básicos da administración e xestión de equipos informáticos en rede. A52
A55
B1
B3
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
Despregamento e administración de infraestrutura
Tecnoloxías de virtualización

Tecnoloxías para redes de almacenamento
Infraestruturas clúster

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A53 A55 B1 B3 C6 18 36 54
Proba mixta A52 A53 A55 B3 B1 3 6 9
Traballos tutelados A53 A55 B1 B3 C6 3 18 21
Sesión maxistral A52 A53 A55 C6 C8 21 42 63
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio consistirán en diferentes actividades a realizar nun ordenador que están directamente relacionadas cos contidos da materia e que serán propostas ao longo do cuadrimestre.
Proba mixta Proba única que se fará ao final do cuadrimestre sobre os contidos do temario tratados nas sesións maxistrais e nas prácticas de laboratorio.
Traballos tutelados Resolución dun caso de estudio de maior dificultade aos realizados nas prácticas de laboratorio, analizando en maior profundidade unha aplicación, ferramenta ou tecnoloxía específica directamente relacionada cós contidos da materia.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais sobre os temas da materia coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe e asimilación dos conceptos discutidos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada durante as prácticas de laboratorio servirá para orientar o traballo do alumnado e facer un seguimento do seu avance segundo as indicacións que se lles proporcionen. Os/As estudantes poderán formular cuestións, dúbidas, etc. relacionados coas prácticas e o profesor, atendendo a estas solicitudes, revisará conceptos, resolverá dúbidas ou empregará calquera actividade que considere oportuna para resolver os problemas suscitados.

Para a realización dos traballos tutelados os profesores proporcionarán unhas indicacións iniciais e farán un seguimento dos avances que o alumno vaia realizando para ofrecer as orientacións pertinentes en cada caso, de modo que se asegure a calidade dos traballos de acordo aos criterios que se indiquen.

O equipo docente proporá un horario de titorías no que o alumnado poderá formular calquera dúbida relacionada co desenvolvemento da materia. Recoméndase ao alumnado o aproveitamento do horario de titorías como parte fundamental do apoio á aprendizaxe.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A53 A55 B1 B3 C6 A avaliación das prácticas de laboratorio realizarase ao longo do curso có obxectivo de valorar os coñecementos adquiridos e o traballo do alumnado durante as sesións prácticas. 40
Traballos tutelados A53 A55 B1 B3 C6 O traballo tutelado é opcional e consistirá na resolución dun caso de estudio de maior complexidade aos realizados nas prácticas. Aínda que se proporán posibles temas para realizar o traballo, incentivarase que os/as alumnos/as desenvolvan e resolvan propostas propias. 20
Proba mixta A52 A53 A55 B3 B1 Proba individual realizada ao final do cuadrimestre para avaliar os conceptos teóricos do temario desenvolvido durante as sesións maxistrais así como a súa aplicación nas prácticas de laboratorio. 40
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para superar a materia na primera oportunidade é necesario obter:

  • Un mínimo do 40% da puntuación máxima asignada ás prácticas de laboratorio (1,6 puntos sobre 4).
  • Un mínimo do 40% da puntuación máxima asignada á proba mixta (1,6 puntos sobre 4).
  • Unha cualificación global, aplicando os pesos da proba mixta, das prácticas de laboratorio e do traballo tutelado, igual ou superior ao 50%.

En caso de obter unha cualificación global igual ou superior ao 50% pero non cumprir algunha das condicións necesarias, a nota final que aparecerá nas actas será un Suspenso.

Observación adicionais:

  • O traballo tutelado é opcional e só será tido en conta se é entregado en prazo e cumpre as condicións esixidas polo profesorado.
  • Calquer/a alumno/a que non entregue as prácticas nin realice a proba mixta terá unha cualificación de NON PRESENTADO.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Só poderán presentarse á segunda oportunidade os/as alumnos/as que non superen a materia na primeira oportunidade.

As condicións globais necesarias para aprobar requiridas na primeira oportunidade mantéñense coas seguintes consideracións:

  • A nota do traballo tutelado será a obtida na primeira oportunidade (é dicir, non será posible entregar o traballo na segunda oportunidade).
  • A nota das dúas partes restantes (prácticas e proba mixta) que acadasen o mínimo do 40% en primeira oportunidade conservaranse na segunda.
  • Será posible recuperar a parte correspondente ás prácticas de laboratorio no caso de non ter obtido o mínimo establecido do 40% en primeira oportunidade.

REPETIDORES

A nota das prácticas conservarase durante un curso académico no caso de obter un mínimo do 50%.

ALUMNADO A TEMPO PARCIAL

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases deberá comunicar a súa situación ao profesorado co fin de establecer unhas condicións adaptadas á súa dispoñibilidade. En calquera caso, os criterios da súa avaliación serán os mesmos que os do resto do alumnado.

FRAUDE

No caso de detectarse algunha fraude nas
probas avaliables aplicaranse as medidas sancionadoras previstas na
normativa da universidade.


Fontes de información
Bibliografía básica Somasundaram Gnanasundaram, Alok Shrivastava (2012). Information Storage and Management, 2nd Edition. John Wiley & Sons
Kief Morris (2016). Infrastructure as Code. O'Reilly
Ulf Troppens, Rainer Erkens, Wolfgang Müller (2009). Storage Networks Explained, 2nd Edition. John Wiley & Sons
Miguel Darío González Río (2016). Tecnologías de Virtualización. IT Campus Academy
Matthew Portnoy (2016). Virtualization Essentials, 2nd Edition. Sybex

Bibliografía complementaria Luis Joyanes Aguillar (2014). Big Data: Análisis de grandes volúmenes de datos en organizaciones. Marcombo
Jeff Nickoloff, Stephen Kuenzli (2019). Docker in Action, 2nd Edition. Manning Publications
Tom White (2015). Hadoop: The Definitive Guide, 4th Edition. O'Reilly
Mikael Krief (2019). Learning DevOps. Packt Publishing
Sam Alapati (2016). Modern Linux Administration: How to Become a Cutting-Edge Linux Administrator. O'Reilly


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Sistemas Operativos/614G01016
Redes/614G01017
Administración de Sistemas Operativos/614G01047

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Enxeñaría de Infraestructuras Informáticas/614G01059

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías