Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Prácticas en Empresa Código 614G01120
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 12
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Electrónica e Sistemas
Enxeñaría de Computadores
Matemáticas
Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
Coordinación
Martin Santamaria, Maria Jose
Correo electrónico
maria.martin.santamaria@udc.es
Profesorado
Martin Santamaria, Maria Jose
Correo electrónico
maria.martin.santamaria@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de PE é unha materia optativa do cuarto curso que se pode cursar no primeiro ou no segundo cuadrimestre, con 12 créditos. O seu obxectivo é completar a formación do grao con estancias nas entidades colaboradoras nas que experimentar o desenvolvemento da actividade profesional nun marco real. A FIC ten acordos con distintas empresas para a realización de prácticas curriculares.

O desenvolvemento dunha PE implica:

1) O contacto da FIC con entidades colaboradoras e a dispoñibilidade destas para aceptar a estudantes do grao que realicen tarefas que podan desenvolverse mediante a materia de PE.
2) Os contactos para definir as PE dun curso académico inicianse desde finais do curso previo.
3) A formalización dun acordo entre a entidade colaboradora e a FIC, o que suporá a asignación da práctica a un estudante.
4) A designación dunha persoa da entidade colaboradora que actuará como titor profesional do estudante supervisando o desenvolvemento efectivo das súas tarefas.
5) A designación dunha persoa da FIC coas funcións de titor académico que supervisará que o estudante realice o plan de formación determinado, que recibirá os informes do titor profesional e do estudante, e que avaliará o realizado polo estudante.
6) A definición dun plan de formación onde os titores da PE definan o alcance do traballo a realizar polo estudante.

A normativa da UDC sobre PE require que se estableza un convenio para a relación de PE.

Existen unhas directrices específicas da FIC para ampliar e concretar o marco normativo da UDC:

1) Que o estudante superase a metade dos créditos do grao.
2) Que superase todas as de formación básica (primeiro curso).
3) Que faga a solicitude no prazo establecido e que a nota media do se expediente se atope entre o número de alumnos permitido para cada cuadrimestre. Este límite ven marcado pola vicerreitoría de profesorado, xa que cada titor académico consume 2 horas de POD por cada alumno titorizado.

Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán modificacións nos contidos, xa que os estudantes deben incorporarse a unha empresa e participar nas súas actividades.
No caso de que a empresa decida que o traballo debe realizarse e supervisarse de maneira online, os alumnos deberán adaptarse. Se a empresa decide paralizar as prácticas, os alumnos deberán acollerse a algunha das medidas qeu estableza a UDC para dita situación.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas
*Metodoloxías docentes que se modifican
Sen cambios


3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Os titores académicos poderán realizar a atención personaliza a través das canles telemáticas que a UDC pon á súa disposición: correo electrónico, Teams, Moodle...

4. Modificacións na avaliación
Non hai modificacións na avaliación.

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non procede.

Competencias do título
Código Competencias do título
A44 Capacidade para desenvolver e avaliar sistemas interactivos e de presentación de información complexa e a súa aplicación á resolución de problemas de deseño de interacción persoa-computadora.
A45 Capacidade para coñecer e desenvolver técnicas de aprendizaxe computacional e deseñar e implementar aplicacións e sistemas que as utilicen, incluídas as dedicadas á extracción automática de información e coñecemento a partir de grandes volumes de datos.
A46 Capacidade de integrar solucións de tecnoloxías da información e as comunicacións e procesos empresariais para satisfacer as necesidades de información das organizacións, permitíndolles alcanzar os seus obxectivos de forma efectiva e eficiente, e dándolles así vantaxes competitivas.
A47 Capacidade para determinar os requisitos dos sistemas de información e comunicación dunha organización de acordo cos aspectos de seguridade e cumprimento da normativa e a lexislación vixente.
A48 Capacidade para participar activamente na especificación, deseño, implementación e mantemento dos sistemas de información e comunicación.
A49 Capacidade para comprender e aplicar os principios e as prácticas das organizacións, de forma que poidan exercer como enlace entre as comunidades técnica e de xestión dunha organización, e participar activamente na formación dos usuarios.
A50 Capacidade para comprender e aplicar os principios da avaliación de riscos e aplicalos correctamente na elaboración e execución de plans de actuación.
A51 Capacidade para comprender e aplicar os principios e as técnicas de xestión da calidade e da innovación tecnolóxica nas organizacións.
A52 Capacidade para comprender o contorno dunha organización e as súas necesidades no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións.
A53 Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar, avaliar, construír, xestionar, explotar e manter as tecnoloxías de hárdware, sóftware e redes dentro dos parámetros de custo e calidade adecuados.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B2 Traballo en equipo
B3 Capacidade de análise e síntese
B4 Capacidade para organizar e planificar
B5 Habilidades de xestión da información
B8 Capacidade de traballar nun equipo interdisciplinar
B9 Capacidade para xerar novas ideas (creatividade)
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Realización das prácticas nun entorno profesional. A44
A45
A46
A47
A48
A49
A50
A51
A52
A53
B1
B2
B3
B4
B5
B8
B9
C1
C2
C3
C6

Contidos
Temas Subtemas
Prácticas en empresa 1.- Solicitude de prácticas
2.- Entrevistas
3.- Elaboración do plan formativo
4.- Realización das prácticas
5.- Seguimento por parte da/o titor/a profesional e da/o académica/o
6.- Entrega de informes quincenais e memoria da/o estudante.
7.- Entrega do informe da/o titor/a profesional.
8.- Avaliación da práctica por parte da/o titor/a académica/o

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A51 A52 A53 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C1 C2 C3 C6 250 45 295
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Realización da práctica en entidades colaboradoras con convenio coa UDC

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Descrición
A práctica será supervisada polo/a titor/a profesional e polo/a titor/a académico/a.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A51 A52 A53 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C1 C2 C3 C6 A/o estudante presentará informes quincenais e unha memoria final.
A/o titor/a profesional entregará un informe das actividades realizadas pola/o estudante.
A/o titor/a académica/o avaliará a práctica.
100
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías