Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Fundamentos de Computadores Código 614G02005
Titulación
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Sanjurjo Amado, Jose Rodrigo
Correo electrónico
jose.sanjurjo@udc.es
Profesorado
Darriba López, Diego
Gonzalez Gomez, Patricia
Sanjurjo Amado, Jose Rodrigo
Correo electrónico
diego.darriba@udc.es
patricia.gonzalez@udc.es
jose.sanjurjo@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Esta materia pretende dar a coñecer os fundamentos da arquitectura dun computador, o seu funcionamento básico, como é a súa programación en linguaxe ensamblador e como son e como funcionan os subsistemas de memoria e E/S. Ademais se mostrarán a estrutura e compoñentes básicos dun sistema operativo.

Competencias do título
Código Competencias do título
A10 CE10 - Coñecemento da arquitectura e funcionamento dos computadores, a interconexión dos compoñentes que os forman e o seu software de sistema básico.
B1 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1 - Ser capaz de buscar e seleccionar a información útil necesaria para resolver problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas do campo.
C1 CT1 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e comprender a estrutura básica dun computador e como representa a información intenamente A10
B1
B5
Coñecer os fundamentos da arquitectura e funcionamento básico dos bloques funcionais dun computador (procesador, memoria, E/S) A10
B5
Desenvolver as capacidades básicas para programar a baixo nivel un procesador mediante unha linguaxe ensamblador A10
B5
B6
C1
Comprender a estrutura e funcionamento dos subsistemas de memoria, E/S e almacenamento externo dun computador A10
B1
B5
B6
C1
Coñecer a estrutura e compoñentes básicos dun sistema operativo e saber utilizalo a nivel de usuario A10
B5
B6
C1

Contidos
Temas Subtemas
1. Arquitectura básica dun sistema computador 1.1 Modelo Von Neumann
1.2 Concepto de programa almacenado
2. Representación da información 2.1 Sistemas de numeración
2.2 Codificación de números enteros
2.3 Codificación de números reais (IEEE 754)
3. O procesador 3.1 Repertorio de instrucións
3.2 Camiño de datos
3.3 Unidade de control
4. Xerarquía de memoria 4.1 Memoria principal
4.2 Memoria caché
4.3 Memoria virtual
5. Subsistema de E/S 5.1 Módulos de E/S
5.2 Direccionamento dos módulos de E/S
5.3 Xestión da E/S
6. Software de sistema 6.1 O sistema operativo
6.2 Software de utilidade
7. Sistemas de almacenamento 7.1 Tipos de dispositivos de almacenamento
7.2 RAID de discos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas A10 B1 B5 B6 10 17 27
Prácticas de laboratorio A10 B1 B5 B6 C1 20 28 48
Sesión maxistral A10 B1 B5 30 30 60
Proba obxectiva A10 B1 B5 B6 3 9 12
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Proporanse aos alumnos problemas para resolver como traballo persoal. Debatiranse as solucións nas clases de problemas. Esta metodoloxía permite exercitar as competencias B1, B5 e B6 en relación á competencia A10.
Prácticas de laboratorio Actividade que permite aos estudantes aprender e afianzar os coñecementos xa adquiridos mediante a realización de sesións prácticas no laboratorio. Esta metodoloxía permite exercitar e avaliar as competencias B1, B5 e B6 en relación á competencia A10.
Tamén se terá en conta nestas sesións a adquisición da competencia transversal C1.
Sesión maxistral Realizaranse sesións maxistrais sobre os contidos do temario, normalmente como punto de partida para o resto de actividades previstas. Estes contidos estarán centrados na competencia A10. As sesións enfocaranse de xeito que se promova a adquisición das competencias transversais e nucleares da materia.
Proba obxectiva Ao remate do cuadrimestre haberá un exame cunha duración total de 3 horas. A proba fará particular énfase nas competencias A10, B1 e B5, pero sen descoidar o resto de competencias (B6 e C1).

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Prácticas de laboratorio
Descrición
A atención personalizada é imprescindible para dirixir aos alumnos na realización dos problemas propostos e para as prácticas de laboratorio. Ademais, esta atención servirá para validar e avaliar o traballo que vai sendo realizado polos alumnos. Por outra banda, recomendarase aos estudantes a asistencia a titorías como método de axuda.

Os alumnos con matrícula a tempo parcial poderán escoller o grupo de prácticas que mellor se axuste aos seus horarios, permitíndolles mobilidade de grupo ao longo do curso. Se teñen concedida a dispensa académica de asistencia a clase só necesitan realizar as prácticas correspondentes á avaliación continua da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A10 B1 B5 B6 C1 Avaliaranse as prácticas realizadas polos alumnos durante o desenvolvemento delas nas sesións de laboratorio. Cos resultados destas prácticas búscase avaliar as competencias B1, B5, B6 e C1 en relación á competencia A10. 30
Proba obxectiva A10 B1 B5 B6 Ao final do cuadrimestre realizarase un exame escrito sobre os contidos da materia. Con este exame avaliaranse as competencias A10, B1, B5 e B6. 70
 
Observacións avaliación
  • Para poder aprobar a materia será necesario ter unha nota total (prácticas máis exame) igual ou superior ao 50% da nota máxima.
  • Na segunda oportunidade soamente se poderá recuperar a nota do exame. A
    nota de prácticas será a obtida durante o curso. Para os alumnos que utilicen a oportunidade adiantada de decembro utilizarase a nota de prácticas que obtivera no seu
    último curso.
  • Os alumnos con matrícula a tempo parcial poderán escoller o grupo de prácticas que mellor se axuste aos seus horarios, permitíndolles mobilidade de grupo ao longo do curso. Os que teñan concedida a dispensa académica que lles exima da asistencia a clase só terán que realizar as prácticas correspondentes á avaliación continua.

Fontes de información
Bibliografía básica David A. Patterson, John L. Hennessy (2014). Computer organization and design : the hardware/software interface. Morgan Kaufmann Publishers
F. García Carballeira, J. Carretero, J.D. García Sánchez y D. Expósito Singh (2015). Problemas resueltos de estructura de computadores (2ª ed.). Paraninfo
J. Carretero Pérez, F. García Carballeira, P. de Miguel Anasagasti, F. Pérez Costoya (2007). Sistemas operativos: una visión aplicada. Mc Graw Hill

Bibliografía complementaria Miles J. Murdocca y Vicent P. Heuring (2002). Principios de arquitectura de computadoras. Prentice Hall


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Infraestruturas de Computación de Altas Prestacións/614G02015

Observacións

Recoméndase utilizar as horas de titorías dos profesores para consultas ou resolución de dúbidas sobre a teoría e os exercicios da materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías