Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Fundamentos de Computadores Código 614G02005
Titulación
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Sanjurjo Amado, Jose Rodrigo
Correo electrónico
jose.sanjurjo@udc.es
Profesorado
Amor Lopez, Margarita
Gonzalez Gomez, Patricia
Sanjurjo Amado, Jose Rodrigo
Correo electrónico
margarita.amor@udc.es
patricia.gonzalez@udc.es
jose.sanjurjo@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Esta materia pretende dar a coñecer os fundamentos da arquitectura dun computador, o seu funcionamento básico, como é a súa programación en linguaxe ensamblador e como son e como funcionan os subsistemas de memoria e E/S. Ademais se mostrarán a estrutura e compoñentes básicos dun sistema operativo.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Solución de problemas: as sesións serán realizadas por videoconferencia usando Teams.
- Prácticas de laboratorio: os estudantes realizarán as prácticas propostas nos seus computadores e serán titorizados e avaliados por videoconferencia usando Teams.
- Sesión maxistral: as sesións serán realizadas por videoconferencia usando Teams e serán gravadas.
- Proba obxectiva: será unha proba en liña utilizando o Moodle.

*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: diariamente. Para facer consultas e solicitar reunións de titorías.
- Moodle: diariamente. Ademais das mesmas funcións que o correo electrónico tamén se utilizará para comunicar información e enviar avisos.
- Teams: dúas sesións semanais nos horarios asignados á materia para as clases teóricas e outra sesión adicional para prácticas ou resolución de problemas. Tamén para facer titorías individuais a petición do alumnado.

4. Modificacións na avaliación
As probas presenciais substituiranse por probas en liña.
O exame final só avaliará o contido da materia non tratado nos controis parciais.
As porcentaxes da avaliación serán: 30% prácticas de laboratorio, 50% controis parciais e 20% exame final.

*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas da guía docente.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizan cambios. Os alumnos dispoñen de toda a documentación necesaria no Moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título
A10 CE10 - Coñecemento da arquitectura e funcionamento dos computadores, a interconexión dos compoñentes que os forman e o seu software de sistema básico.
B1 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1 - Ser capaz de buscar e seleccionar a información útil necesaria para resolver problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas do campo.
C1 CT1 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e comprender a estrutura básica dun computador e como representa a información internamente A10
B1
B5
Coñecer os fundamentos da arquitectura e funcionamento básico dos bloques funcionais dun computador (procesador, memoria, E/S) A10
B5
Desenvolver as capacidades básicas para programar a baixo nivel un procesador mediante unha linguaxe ensamblador A10
B5
B6
C1
Comprender a estrutura e funcionamento dos subsistemas de memoria, E/S e almacenamento externo dun computador A10
B1
B5
B6
C1
Coñecer a estrutura e compoñentes básicos dun sistema operativo e saber utilizalo a nivel de usuario A10
B5
B6
C1

Contidos
Temas Subtemas
1. Arquitectura básica dun sistema computador 1.1 Xerarquía de niveis estruturais
1.2 Breve historia da computación
1.3 Modelo von Neumann
2. Representación da información 2.1 Sistemas de numeración
2.2 Codificación de números enteros
2.3 Codificación de números reais (IEEE 754)
3. O procesador 3.1 Repertorio de instrucións
3.2 Camiño de datos
3.3 Unidade de control
4. Xerarquía de memoria 4.1 Memoria principal
4.2 Memoria caché
4.3 Memoria virtual
5. Subsistema de E/S 5.1 Módulos de E/S
5.2 Direccionamento dos módulos de E/S
5.3 Xestión da E/S
6. Software de sistema 6.1 O sistema operativo
6.2 Procesos
6.3 Sistema de ficheiros
7. Sistemas de almacenamento 7.1 Tipos de dispositivos de almacenamento
7.2 RAID de discos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas A10 B1 B5 B6 10 17 27
Prácticas de laboratorio A10 B1 B5 B6 C1 20 28 48
Sesión maxistral A10 B1 B5 30 30 60
Proba obxectiva A10 B1 B5 B6 3 9 12
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Proporanse aos/ás estudantes problemas para resolver como traballo persoal. Debatiranse as solucións nas clases de problemas. Tamén se realizarán controis parciais durante o curso, que incluirán cuestións de teoría relacionadas. Esta metodoloxía permite exercitar e avaliar as competencias B1, B5 e B6 en relación á competencia A10.
Prácticas de laboratorio Actividade que permite aos/ás estudantes aprender e afianzar os coñecementos xa adquiridos mediante a realización de sesións prácticas no laboratorio. Esta metodoloxía permite exercitar e avaliar as competencias B1, B5 e B6 en relación á competencia A10.
Tamén se terá en conta nestas sesións a adquisición da competencia transversal C1.
Sesión maxistral Realizaranse sesións maxistrais sobre os contidos do temario, normalmente como punto de partida para o resto de actividades previstas. Estes contidos estarán centrados na competencia A10. As sesións enfocaranse de xeito que se promova a adquisición das competencias transversais e nucleares da materia.
Proba obxectiva Ao remate do cuadrimestre haberá un exame que avaliará os contidos da materia. A proba fará particular énfase nas competencias A10, B1 e B5, pero sen descoidar o resto de competencias (B6 e C1).

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Prácticas de laboratorio
Descrición
A atención personalizada é imprescindible para dirixir aos/ás estudantes na realización dos problemas propostos e para as prácticas de laboratorio. Ademais, esta atención servirá para validar e avaliar o traballo que van realizando. Por outra banda, recomendarase aos/ás estudantes a asistencia a titorías como método de axuda.

Os/as estudantes con matrícula a tempo parcial poderán escoller o grupo de prácticas que mellor se axuste aos seus horarios, permitíndolles mobilidade de grupo ao longo do curso. Se teñen concedida a dispensa académica de asistencia a clase só necesitan realizar as prácticas correspondentes á avaliación continua da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A10 B1 B5 B6 Proporanse problemas para traballo persoal e avaliarase a súa resolución a través de controis escritos durante o curso, que ademais incluirán cuestións teóricas relacionadas. Con estes controis preténdese avaliar as competencias B1, B5 e B6 en relación á competencia A10. 20
Prácticas de laboratorio A10 B1 B5 B6 C1 Avaliaranse as prácticas realizadas polos/as estudantes durante o desenvolvemento delas nas sesións de laboratorio. Cos resultados destas prácticas búscase avaliar as competencias B1, B5, B6 e C1 en relación á competencia A10. 30
Proba obxectiva A10 B1 B5 B6 Ao final do cuadrimestre realizarase un exame escrito sobre os contidos da materia. Con este exame avaliaranse as competencias A10, B1, B5 e B6. 50
 
Observacións avaliación
  • Na primeira oportunidade para poder aprobar a materia será necesario realizar o exame final e ter unha nota total (prácticas máis controis máis exame) igual ou superior ao 50% da nota máxima.
  • Na segunda oportunidade a nota do exame será o 70% do total, isto é, avaliarase todo o temario non tendo en conta os controis parciais. A
    nota de prácticas será a obtida durante o curso. Para os alumnos que se presenten á oportunidade adiantada de decembro utilizarase a nota de prácticas que obtiveran no seu
    último curso. Para aprobar a materia a nota final (exame máis prácticas) deberá ser igual ou superior ao 50% da nota máxima.
  • A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na proba correspondente.
  • As/os estudantes con matrícula a tempo parcial poderán escoller o grupo de prácticas que mellor se axuste aos seus horarios, permitíndolles mobilidade de grupo ao longo do curso. As/os que teñan concedida a dispensa académica que lles exima da asistencia a clase só terán que realizar as prácticas correspondentes á avaliación continua.

Fontes de información
Bibliografía básica David A. Patterson, John L. Hennessy (2014). Computer organization and design : the hardware/software interface. Morgan Kaufmann Publishers
F. García Carballeira, J. Carretero, J.D. García Sánchez y D. Expósito Singh (2015). Problemas resueltos de estructura de computadores (2ª ed.). Paraninfo
J. Carretero Pérez, F. García Carballeira, P. de Miguel Anasagasti, F. Pérez Costoya (2007). Sistemas operativos: una visión aplicada. Mc Graw Hill

Bibliografía complementaria Miles J. Murdocca y Vicent P. Heuring (2002). Principios de arquitectura de computadoras. Prentice Hall


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Infraestruturas de Computación de Altas Prestacións/614G02015

Observacións

Recoméndase utilizar as horas de titorías dos/as profesores/as para consultas ou resolución de dúbidas sobre a teoría e os exercicios da materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías