Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Introdución ás Bases de Datos Código 614G02008
Titulación
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Parama Gabia, Jose Ramon
Correo electrónico
jose.parama@udc.es
Profesorado
Gómez Brandón, Adrián
Parama Gabia, Jose Ramon
Saavedra Places, María de los Angeles
Correo electrónico
adrian.gbrandon@udc.es
jose.parama@udc.es
angeles.saavedra.places@udc.es
Web
Descrición xeral Materia centrada nas bases de datos relacionais. Inclúe o modelo relacional teórico, aspectos de implementación (ficheiros, transaccións, concurrencia, recuperación) e optimización de consultas. A parte práctica está centrada no uso da linguaxe SQL para explotar unha base de datos relacional real.

Competencias do título
Código Competencias do título
A7 CE7 - Coñecemento das características, funcionalidades e arquitectura dos sistemas de xestión de bases de datos.
A8 CE8 - Coñecemento e aplicación de conceptos e técnicas relativos ao deseño, implementación e explotación de bases de datos.
B1 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1 - Ser capaz de buscar e seleccionar a información útil necesaria para resolver problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas do campo.
C1 CT1 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Desenvolver as capacidades para explotar bases de datos relacionais usando a linguaxe estándar SQL A8
C1
Conocer e comprender a problemática da recuperación ante fallos e o acceso concurrente a bases de datos. A7
A8
B5
B6
Conocer os fundamentos do proceso de optimización de consultas en sistemas de xestión de bases de datos relacionais. A7
A8
B6
C1
Entender os aspectos de seguridade asociados ós sistemas de bases de datos. A7
A8
B1
B6
Identificar e analizar as diferentes organizacións de ficheiros que permiten almacenar e recuperar de maneira eficiente grandes cantidades de información. A7
A8
B1
Coñecer e comprender os conceptos e principios teóricos básicos das bases de datos relacionais. A7
A8
B1
B6

Contidos
Temas Subtemas
Modelo Relacional Estrutura
Restricións
Operacións (álxebra relacional)
Ficheiros Tipos de ficheiros
Índices
Optimización de consultas Plans de execución
Algoritmos para o procesamento de consultas
Optimización en SQL
Arquitectura dun sistema de xestión de bases de datos Transaccións, recuperación e concurrencia
Administración do espazo
Seguridade
SQL Consultas
Operacións DML (Data Manipulation Language)
Operacións DDL (Data Definition Language)

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A7 A8 B1 B5 B6 22 33 55
Solución de problemas A7 A8 B1 8 8 16
Prácticas de laboratorio A7 A8 B1 B5 B6 C1 30 45 75
Proba mixta A7 A8 B1 2 0 2
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases teóricas de aula. Exposición oral complementada con medios audiovisuais. Nelas expoñeranse os contidos fundamentais da materia. Constan de exposición de obxectivos, motivación, desenvolvemento conceptual, utilidade e resumen.
Solución de problemas Clases de problemas onde primeiro se expón un problema a solucionar. A continuación déixase algún tempo para que os estudantes intenten solucionalo e reflexionen sobre distintos aspectos a tratar para resolvelo. Finalmente resólvese, posiblemente mostrando erros típicos nas solucións aportadas polos estudantes.
Prácticas de laboratorio Nas prácticas de laboratorio realizaranse os exercicios que leven a desenvolver as súas competencias procedimentais.
Proba mixta Exame da materia que combinará preguntas teóricas e problemas prácticos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
Nas prácticas de laboratorio haberá unha atención semi-personalizada, ao existir grupos de arredor de 20/25 persoas. O profesor atenderá dúbidas puntuais a cada estudante en cada posto de traballo.

Para as titorías propiamente ditas pedirase aos estudantes que soliciten cita para realizar videochamadas nos horarios establecidos polos docentes en espazos.udc.es. Durante os ditos horarios tamén se responderan consultas realizadas a través do correo electrónico corporativo ou da mensaxeria da plataforma Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A7 A8 B1 B5 B6 C1 As prácticas serán evaluadas mediante probas de SQL.
40
Proba mixta A7 A8 B1 A proba consiste nun exame escrito que tratará sobre os conceptos teóricos e sobre a asimilación práctica da materia.

Para aprobar a materia globalmente hai que conseguir na proba escrita unha NOTA MÍNIMA de 2,5 (sobre 6). Non sendo así, a nota máxima GLOBAL da materia non será en ningún caso superior a un 4,5 (e polo tanto a materia se considerará SUSPENSA)

Puntuación máxima: 6 puntos
Nota mínima para aprobar: 2,5 (sobre 6)
60
 
Observacións avaliación
NON PRESENTADO
Na primeira oportunidades terá calificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non realice a proba mixta.

Na segunda oportunidade terá calificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non intente recuperar ningunha das partes recuperables.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Só aqueles estudiantes que non superen a materia poderán recuperar calquera das 2 partes: proba mixta ou prácticas.

Se un/unha estudante realiza a recuperación dunha das partes, a nota sustituirá á anterior (sexa maior ou menor). Se non se presenta a unha parte, conservará a nota obtida na primeira oportunidade.

DISPENSA ACADÉMICA

Aqueles estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases deberán contactar cos docentes para buscar unha alternativa á avaliación das prácticas de laboratorio e do traballo tutelado.

OPORTUNIDADE ADIANTADA

A avaliación na oportunidade adiantada consistirá unicamente nunha proba escrita que computará o 100% da calificación.

COPIA E/OU PLAXIO

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, será penalizada de acordo co establecido no Artigo 14 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grado e mestrado da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica Silberschatz, A; Korth, H.; Sudarshan, S. (2014). Fundamentos de bases de datos. Aravaca: McGraw-Hill
Elmasri, R.; Navathe, S. (2007). Fundamentos de sistemas de bases de datos. Madrid: Addison-Wesley
Connolly, T.; Begg, C. (2005). Sistemas de bases de datos : un enfoque práctico para diseño, implementación y gestión. Madrid: Pearson

Bibliografía complementaria Garcia-Molina, H.; Ullman, J.; Widom, J. (2009). Database systems : the complete book. Upper Saddle River, New Jersey : Prentice Hall
Rivero Cornelio, E.; Martínez Fuentes, L.; Reina Juliá, L.; Benavides Abajo, J.; Olaizola Bartolomé, (2002). Introducción al SQL para usuarios y programadores. Madid: Thomson


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fundamentos de Programación I/614G02004

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Bases de Datos Analíticas/614G02025
Modelaxe de Bases de Datos/614G02016

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías