Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Internet: Redes e Datos Código 614G02010
Titulación
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Fernández López-Vizcaíno, Manuel
Correo electrónico
manuel.fernandezl@udc.es
Profesorado
Fernández López-Vizcaíno, Manuel
Nóvoa Manuel, Francisco Javier
Correo electrónico
manuel.fernandezl@udc.es
francisco.javier.novoa@udc.es
Web
Descrición xeral Arquitectura de rede TCP/IP. Internet. World Wide Web. Domain Name System. Correo electrónico. Servicio de búsqueda. Nivel de transporte, rede e enlace.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
- Non se modifican

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Prácticas de laboratorio
- Seminario
- Proba obxectiva
- Sesión maxistral

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: os profesores da materia están dispoñibles por correo electrónico diariamente para resolución de dúbidas.
- Moodle: segundo as necesidades do alumnado, están dispoñibles foros para realización de consultas de teoría, prácticas, en castelán e galego que os profesores da materia consultan diariamente.
- Teams: os profesores da materia están dispoñible en Teams semanalmente durante as horas de docencia e de titorías para resolución de dúbidas.

4. Modificacións na avaliación
- Non hai cambios na avaliación.
- No caso de non poder realizarse a avaliación presencialmente, realizarase online usando as ferramentas correspondentes.

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non hai cambios na bibliografía

Competencias do título
Código Competencias do título
A13 CE13 - Coñecemento e aplicación das características, funcionalidades e estrutura de Internet e as redes de computadores.
B1 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1 - Ser capaz de buscar e seleccionar a información útil necesaria para resolver problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas do campo.
C1 CT1 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Entender a división das redes en capas de protocolos. A13
B1
B5
Comprender o funcionamento e as tecnoloxías da World Wide Web A13
B6
C1
Coñecer e comprender a operativa dos principais servicios de Internet A13
B1
B6
C1
Coñecer os principais protocolos das capas de transporte, rede e enlace. A13
B5
B6
C1

Contidos
Temas Subtemas
Introdución Redes e Internet
Introdución a TCP/IP
Nivel de aplicación Introdución á Web
Estándares Web
Servizos Internet
Nivel de transporte UDP e TCP
Intercambio de datos TCP
Nivel de rede IP e subredes
Enrutamento IP
ICMP
Nivel de enlace Nivel de enlace

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A13 B1 B5 B6 30 20 50
Seminario A13 B5 B6 C1 10 15 25
Proba obxectiva A13 B1 B5 B6 2 8 10
Prácticas de laboratorio A13 B5 B6 C1 20 40 60
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A plataforma virtual da universidade servirá como base para a difusión de todo o material necesario para o seguimento das sesións maxistrais. Nas sesións maxistrais expoñeranse os contidos teóricos da asignatura, fomentándose a participación do alumno.
Seminario A plataforma virtual da universidade servirá como base para a difusión do material necesario para a realización dos seminarios da asignatura. A través dos seminarios (TGRs) afondarase en determinados contidos da materia mediante exercicios, traballos ou realización de proxectos que requiran do alumno a aplicación dos coñecementos e competencias desenroladas durante a asignatura.
Proba obxectiva Ó final do cuadrimestre realizarase un exame onde o alumno deberá demostrar o seu coñecemento da materia.
Prácticas de laboratorio A plataforma virtual da universidade servirá como base para a difusión do material necesario para a realización das prácticas da asignatura. Nas prácticas de laboratorio os alumnos deberán afondar en determinados aspectos teóricos da asignatura. Para conseguir este obxectivo realizaranse tanto prácticas con servicios en Internet, como prácticas empregando ferramentas de emulación/simulación de redes.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Seminario
Descrición
A atención personalizada das prácticas de laboratorio e dos seminarios é fundamental para un correcto desenvolvemento na materia por parte do alumno. Ademáis, recomendarase a asistencia a titorías por parte do alumno como método de apoio.
Desde o punto de vista do profesor, a atención personalizada permitirá detectar posibles desaxustes na metodoloxía da materia e mellorar a calidade de forma continuada.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A13 B5 B6 C1 Avaliaranse as prácticas de laboratorio realizadas polo alumno ó longo do curso.
A nota de prácticas non se poderá recuperar na segunda oportunidade nin na convocatoria de decembro.
25
Seminario A13 B5 B6 C1 Asociados ós seminarios, plantexaranse unha serie de traballos ou probas ó alumno, que serán avaliados.
A nota dos seminarios non se poderá recuperar na segunda oportunidade nin na convocatoria de decembro.
5
Proba obxectiva A13 B1 B5 B6 Ó final do cuadrimestre realizarase un exame onde o alumno deberá demostrar o seu coñecemento da materia.
En caso de obter menos dun 4 (sobre 10) no exame final de teoría, a asignatura considerarase suspensa e a nota final será a obtida no exame.
Noutro caso, a nota final calcúlase a partires das notas de cada parte, proporcionalmente, e deberá ser igual ou superior a 5 (sobre 10) para aprobar a asignatura.
70
 
Observacións avaliación

As prácticas de laboratorio e os seminarios forman parte da avaliación continua da asignatura, polo que non se poderán recuperar na segunda oportunidade (xullo) nin tampouco na convocatoria de decembro.
Ós alumnos a tempo parcial facilitaráselles a elección de horarios para prácticas e TGRs.


Fontes de información
Bibliografía básica James F. Kurose, Keith W. Ross (2017). Computer Networking. A top-down approach. Pearson
W. Richard Stevens (2011). TCP/IP Illustrated, Vol. 1: The Protocols.. Addison Wesley

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Tecnoloxías de Integración/614G02030
Recuperación de Información/614G02027
Protección, Privacidade e Seguridade de Datos/614G02017

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías