Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Sinais e Sistemas Código 614G02014
Titulación
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Castedo Ribas, Luis
Correo electrónico
luis.castedo@udc.es
Profesorado
Castedo Ribas, Luis
Pérez Adán, Darian
Correo electrónico
luis.castedo@udc.es
d.adan@udc.es
Web
Descrición xeral Sinal e Sistema son dous conceptos fundamentais en ciencia e enxeñaría de datos. Os sinais son representacións de fontes de datos (voz, música, imaxe, vídeo, biomedicina, geofísica, radioastronomía, localización, movemento, comunicacións, ?) e os sistemas son transformacións de sinais que perseguen, entre outros obxectivos, extraer información delas. Durante o curso explicarase a representación dos sinais e os sistemas no dominio do tempo e no dominio da frecuencia mediante a Transformada de Fourier. Estas representacións estudaranse para sinais en tempo continuo (analóxicas) e en tempo discreto (dixitais). Ambos os tipos de sinais conéctanse a través do concepto de mostraxe que durante o curso estudarase na súa versión do dominio do tempo (teorema de mostraxe) e do dominio da frecuencia (DFT, do inglés Discrete Fourier Transform)
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas

*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Moodle. Utilizarase diariamente a través dos foros do alumnado, onde se moderarán os debates que xurdan sobre a materia. Microsoft Teams. Abriranse salas de videoconferencia para titorías individuais e grupais, e no caso da docencia non presencial. As titorías gravaranse como medida para evitar situacións de fenda dixital. Correo electrónico. Utilizarase como medida para notificar avisos que reforcen calquera circunstancia que poida non chegar a todo o alumnado a través de Moodle ou Microsoft Teams.

4. Modificacines na avaliación
Non se realizarán cambios

*Observacións de avaliación: as probas realizaranse a través de Teams/Moodle

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Proporcionarase ao alumnado material alternativo a través de Moodle que substitúa as referencias bibliográficas ás que non se poida acceder.


Competencias do título
Código Competencias do título
A21 CE21 - Coñecemento da representación de sinais e sistemas nos dominios do tempo e a frecuencia, tanto en tempo continuo como en tempo discreto.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B7 CG2 - Elaborar adecuadamente e con certa orixinalidade composicións escritas ou argumentos motivados, redactar plans, proxectos de traballo, artigos científicos e formular hipóteses razoables.
B8 CG3 - Ser capaz de manter e estender formulacións teóricas fundadas para permitir a introdución e explotación de tecnoloxías novas e avanzadas no campo.
B9 CG4 - Capacidade para abordar con éxito todas as etapas dun proxecto de datos: exploración previa dos datos, preprocesado, análise, visualización e comunicación de resultados.
B10 CG5 - Ser capaz de traballar en equipo, especialmente de carácter multidisciplinar, e ser hábiles na xestión do tempo, persoas e toma de decisións.
C1 CT1 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os fundamentos da representación de sinais e sistemas no dominio do tempo nas súas dúas versións tempo continuo e tempo discreto. A21
B2
B3
B7
B8
B9
B10
C1
Aprender a representación de sinais e sistemas no dominio da frecuencia mediante a Transformada de Fourier, tanto en tempo continuo como discreto. A21
B2
B3
B7
B8
B9
B10
C1
Aprender o concepto de ancho de banda e o seu impacto na ciencia e enxeñaría de datos A21
B2
B3
B7
B8
B9
B10
C1
Coñecer a operación de mostraxe en tempo de sinais analóxicos e o teorema de mostraxe. A21
B2
B3
B7
B8
B9
B10
C1
Examinar a operación de mostraxe en frecuencia e aprender o concepto de Discrete Fourier Transform (DFT) A21
B2
B3
B7
B8
B9
B10
C1

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: Introducción Introdución aos conceptos de sinal e sistema
Números complexos
Tema 2: Representación de sinais no dominio do tempo Sinais en tempo continuo
Sinais en tempo discreto
Tema 3: Sinais senoidales Sinais senoidales en tempo continuo
Sinais senoidales en tempo discreta
Mostraxe de sinais senoidales
Tema 4: Representación de sistemas no dominio do tempo Sistemas en tempo continuo e en tempo discreto. Propiedades
Sistemas LTI en tempo discreto: suma de convolución
Sistemas LTI en tempo continuo: integral de convolución
Tema 5: Análise en frecuencia de sinais e sistemas en tempo continuo Resposta en frecuencia de sistemas LTI en tempo continuo
Transformada de Fourier de sinais en tempo continuo
Propiedades
Tema 6: Análise en frecuencia de sinais e sistemas en tempo discreto Resposta en frecuencia de sistemas LTI en tempo discreto
Transformada de Fourier de sinais en tempo discreto.
Propiedades
Tema 7: Mostraxe Mostraxe de sinais en tempo continuo. Teorema de Mostraxe
Reconstrución. Conversión A/D e D/A.
Discrete Fourier Transform (DFT)

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A21 B8 30 20 50
Prácticas a través de TIC B2 B9 B10 C1 14 28 42
Solución de problemas A21 B3 B7 14 28 42
Proba obxectiva A21 B2 B3 3 3 6
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas que se exporá o contido teórico do temario incluíndo exemplos ilustrativos e co soporte de medios audiovisuais. O alumno disporá do material de apoio (notas, copias das transparencias, artigos, etc.) con anterioridade e o profesor promoverá unha actitude activa, recomendando a lectura previa dos puntos do temario a tratar en cada clase, así como realizando preguntas que permitan aclarar aspectos concretos e deixando cuestións abertas para a reflexión do alumno. As sesións maxistrais complementaranse coa realización de conferencias nas que se traerá algún experto externo para tratar algún tema puntual con maior profundidade.
Prácticas a través de TIC Nas que o alumno verá o funcionamento na práctica dalgúns dos contidos teóricos vistos nas clases maxistrais. Nestas prácticas o alumno utilizará diferentes ferramentas propostas polo profesor que lle permitirán profundar e afianzar os seus coñecementos sobre diferentes aspectos de sinais e sistemas. As prácticas estarán expostas de forma que faciliten a súa realización semi-presencial a aqueles alumnos que non poidan acudir ás sesións presenciais.
Solución de problemas Resolución de exercicios para consolidar os conceptos de sinais e sistemas expostos nas sesións maxistrais.
Proba obxectiva Proba obxectiva con preguntas de teoría e de solución de problemas, en liña cos contidos da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Solución de problemas
Descrición
Resolución de dúbidas relacionadas cos casos prácticos e os exercicios expostos durantes as sesións de prácticas a través dás TIC e de solución de problemas.

As tutorías realizaranse a través de Teams

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC B2 B9 B10 C1 A avaliación realizarase mediante o seguimento da entrega das prácticas 25
Solución de problemas A21 B3 B7 Avaliación continua do traballo do alumno a través da formulación de resolución de exercicios. 25
Proba obxectiva A21 B2 B3 Proba escrita consistente na resolución de exercicios relacionados co temario da materia. Esta proba poderá dividirse en dous partes, cunha proba parcial no medio do cuadrimestre. 50
 
Observacións avaliación

A cualificación da materia será o resultado da suma ponderado das cualificacións obtidas nos apartados de prácticas a través de TIC, solución de problemas e proba obxectiva.

É necesario obter unha cualificación igual ou maior que cinco puntos sobre 10 para superar a materia.

Esixirase unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 na proba obxectiva para superar a materia.

Na segunda oportunidade, o alumno poderase examinar só de prácticas a través de TIC e da proba obxectiva. A calificacación de solución de problemas será a conseguida na primeira oportunidade.

Alumnado matriculado a tempo parcial: non se realizará unha avaliación contínua das prácticas a través dás TIC nin da solución de problemas. A avaliación realizarase mediante a proba obxectiva e unha proba das prácticas a través dás TIC.


Fontes de información
Bibliografía básica B. P. Lathi, R. Green (2017). Linear Systems and Signals, 3rd Edition. Oxford University Press
V. Oppenheim, A. S. Willsky, S. Hamid (1997). Signals and Systems, 2nd Edition. Pearson

Bibliografía complementaria John G. Proakis, Dimitris K. Manolakis (2007). Digital Signal Processing, 4th Edition. Pearson
A. V. Oppenheim, R. W. Schafer (2010). Discrete-Time Signal Processing, 3rd Edition. Pearson
Edward W. Kamen, Bonnie S. Heck (2007). Fundamentals of Signals and Systems Using the Web and MATLAB, 3rd Edition. Pearson


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Álxebra Lineal/614G02001
Cálculo Multivariable/614G02006
Internet: Redes e Datos/614G02010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Procesamento de Imaxe, Vídeo e Audio/614G02028
Teoría da Información/614G02018

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías