Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Modelaxe de Bases de Datos Código 614G02016
Titulación
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Pedreira Fernández, Oscar
Correo electrónico
oscar.pedreira@udc.es
Profesorado
Cerdeira Pena, Ana Belen
Pedreira Fernández, Oscar
Rodriguez Brisaboa, Nieves
Correo electrónico
ana.cerdeira@udc.es
oscar.pedreira@udc.es
nieves.brisaboa@udc.es
Web http://https://moodle.udc.es/
Descrición xeral Materia centrada no modelado de bases de datos. Estudarase o concepto de modelo, os distintos niveis de modelado e a súa importancia no deseño e implementación de bases de datos. No nivel de modelado conceptual, estudarase o modelado de bases de datos utilizando o modelo entidade-relación estendido e UML. Estudaranse os algoritmos para a transformación de modelos conceptuais en modelos lóxicos relacionais, así como os conceptos de dependencia funcional e formas normais, e as súas implicacións na redundancia e integridade dos datos. Finalmente, estudaranse bases de datos NoSQL como, por exemplo, as bases de datos baseadas en modelos crave-valor, documentos, columnas, etc.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

Non se realizarán modificacións substanciais sobre o contido da materia, máis aló de adaptacións puntuais debidas a posibles reducións no número de horas lectivas.

2. Metodoloxías

*Metodoloxías docentes que se manteñen

Manteranse as metodoloxías docentes previstas. No caso de pasar a un modelo de docencia en remoto, estas metodoloxías desenvolveranse a través de medios telemáticos, como Moodle, Teams e Stream.

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

A atención ao alumnado realizarase a través das ferramentas de traballo online proporcionadas pola Universidade da Coruña, tras solicitalo o alumnado.

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:

Manteranse as porcentaxes consideradas inicialmente nesta guía docente de cara á avaliación. En caso de pasar a un modelo de docencia e avaliación en remoto, as actividades de avaliación desenvolveranse online utilizando as ferramentas proporcionadas pola Universidade da Coruña.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Non se modifican os recursos e/ou bibliografía empregados na materia.

Competencias do título
Código Competencias do título
A7 CE7 - Coñecemento das características, funcionalidades e arquitectura dos sistemas de xestión de bases de datos.
A8 CE8 - Coñecemento e aplicación de conceptos e técnicas relativos ao deseño, implementación e explotación de bases de datos.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B7 CG2 - Elaborar adecuadamente e con certa orixinalidade composicións escritas ou argumentos motivados, redactar plans, proxectos de traballo, artigos científicos e formular hipóteses razoables.
B8 CG3 - Ser capaz de manter e estender formulacións teóricas fundadas para permitir a introdución e explotación de tecnoloxías novas e avanzadas no campo.
B9 CG4 - Capacidade para abordar con éxito todas as etapas dun proxecto de datos: exploración previa dos datos, preprocesado, análise, visualización e comunicación de resultados.
B10 CG5 - Ser capaz de traballar en equipo, especialmente de carácter multidisciplinar, e ser hábiles na xestión do tempo, persoas e toma de decisións.
C1 CT1 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar e analizar os problemas asociados ao deseño de bases de datos. A7
A8
B2
B3
B8
B9
C1
Desenvolver capacidades para o deseño conceptual e lóxico de bases de datos. A7
A8
B2
B3
B7
B8
B9
B10
C1
Identificar e analizar as diferentes alternativas NoSQL aos sistemas de bases de datos relacionales. A7
A8
B3
B8
B9
B10
C1
Desenvolver capacidades básicas para usar un sistema NoSQL. A7
A8
B2
B8
B9
C1

Contidos
Temas Subtemas
1. Modelado Conceptual 1.1 Modelo Entidade-Relación (ER)
1.2 ER estendido
2. Modelado Lóxico 2.1 Dependencias funcionais
2.2 Formas normais
2.3 Algoritmos de descomposición
3. Bases de datos NoSQL 3.1 BD clave/valor
3.2 BD de documentos
3.3 BD de columnas
3.4 Outros

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC A7 A8 B2 B3 B7 B8 B9 B10 C1 20 40 60
Solución de problemas A7 A8 B2 B3 B7 B8 B9 B10 C1 10 20 30
Proba mixta A7 A8 B7 B8 B9 2 0 2
Sesión maxistral A7 A8 B2 B3 B7 B8 B9 28 30 58
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Clases dedicadas a que o alumnado desenvolva traballos prácticos que impliquen abordar a resolución de problemas complexos, e a análise e deseño de solucións que constitúan un medio para a súa resolución. Esta actividade pode requirir dos alumnos a presentación oral dos traballos realizados.
Solución de problemas Sesións cuxo obxectivo é que o alumnado adquira determinadas competencias en base á resolución de exercicios, estudo de casos e realización de proxectos que requiran ao alumno a aplicación dos coñecementos e competencias desenvolvidas durante a materia.
Proba mixta Exame final no que se avaliará o grao de comprensión dos contidos tratados na asignatura
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Ademais do tempo de exposición oral por parte do profesor, esta actividade formativa require do alumno a dedicación dun tempo para preparar e revisar por conta propia o materiais obxecto da clase.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC
Solución de problemas
Descrición
Durante as titorías atenderanse as dúbidas que puidesen xurdir como parte do desenvolvemento das actividades docentes da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A7 A8 B2 B3 B7 B8 B9 B10 C1 Realización de prácticas de deseño e implementación de bases de datos. 40
Solución de problemas A7 A8 B2 B3 B7 B8 B9 B10 C1 Resolución de problemas de modelado. 10
Proba mixta A7 A8 B7 B8 B9 Exame final no que se avaliará o grado de coñecemento dos contidos tratados na asignatura. 50
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Garcia-Molina, H.; Ullman, J.; Widom, J. (2009). Database systems: the complete book. Prentice Hall
Silberschatz, A.; Korth, H.; Sudarshan, S. (2014). Fundamentos de bases de datos . McGraw-Hill
Elmasri, R.; Navathe, S. (2007). Fundamentos de sistemas de bases de datos. Addison-Wesley
Sadalage,P.; Fowler, M. (2009). NoSQL distilled: a brief guide to the emerging world of polyglot persistence. Addison-Wesley
Connolly, T.; Begg. C. (2005). Sistemas de bases de datos: un enfoque práctico para diseño, implementación y gestión.. Pearson

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Introdución ás Bases de Datos/614G02008

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Representación e Xestión de Datos Espazo-Temporais/614G02035
Bases de Datos Analíticas/614G02025

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías