Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Tecnoloxías de Integración Código 614G02030
Titulación
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Montoto Castelao, Paula
Correo electrónico
paula.montoto@udc.es
Profesorado
Lopez Mato, Javier
Montoto Castelao, Paula
Correo electrónico
javier.lopezm@udc.es
paula.montoto@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia introduce ó alumno no problema de integración de datos e aplicacións. En primer lugar, realízase un estudio de solucións de integración orientadas a Intelixencia de Negocio. E posteriormente, en segundo lugar, preséntase un estudio de solucións de integración orientadas a Procesos de Negocio.
Para ilustrar todos estes conceptos xerais, empréganse ferramentas comerciáis utilizadas habitualmente na industria para estes propósitos, como Talend, Tableau, Denodo Express, Mule Anypoint, etc.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Ningunha.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas.

*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha.
As sesións maxistrais impartiríanse a través de Teams en tódolos grupos de teoría.
A docencia correspondente á parte práctica (prácticas de laboratorio e traballos tutelados) impartiríase tamén a través de Teams, con sesións grupais cando fose preciso explicar contidos e sesións privadas para atender dúbidas individuais de cada estudante ou grupo de prácticas (de maneira semellante a como se procede nos laboratorios de prácticas).

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Moodle: tódolos recursos docentes (presentacións, exemplos, enunciado da práctica e traballos tutelados, anuncios, software, etc.) están dispoñibles a través de Moodle.
- Teams. As titorías aténdense por Teams nos horarios oficiais de cada profesor.
- Correo electrónico.

4. Modificacións na avaliación
A proba de resposta múltiple realizaríase a través de Moodle.

*Observacións de avaliación:
Mantéñense as recollidas no apartado correspondente da guía docente.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha.

Competencias do título
Código Competencias do título
A15 CE15 - Capacidade de dar solución a problemas de integración en función das estratexias, estándares e tecnoloxías dispoñibles.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B7 CG2 - Elaborar adecuadamente e con certa orixinalidade composicións escritas ou argumentos motivados, redactar plans, proxectos de traballo, artigos científicos e formular hipóteses razoables.
B8 CG3 - Ser capaz de manter e estender formulacións teóricas fundadas para permitir a introdución e explotación de tecnoloxías novas e avanzadas no campo.
B9 CG4 - Capacidade para abordar con éxito todas as etapas dun proxecto de datos: exploración previa dos datos, preprocesado, análise, visualización e comunicación de resultados.
B10 CG5 - Ser capaz de traballar en equipo, especialmente de carácter multidisciplinar, e ser hábiles na xestión do tempo, persoas e toma de decisións.
C1 CT1 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT4 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender as principáis arquitecturas para sistemas de integración de datos e de aplicacións A15
B2
B3
B4
B7
B8
B9
C4
Coñocer as principáis técnicas e tecnoloxías de integración orientadas a intelixencia de negocio e a procesos de negocio A15
B2
B3
B4
B7
B8
B9
C4
Coñecer os principáis estándares de orquestación (coordinación) de servicios A15
B2
B3
B4
B7
B8
B9
C4
Coñocer e saber usar as principáis tecnoloxías de servicios Web A15
B2
B3
B4
B7
B8
B9
B10
C1
C4

Contidos
Temas Subtemas
Bloque 1. Introdución
Tema 1. O Problema da Integración
Bloque 2. Integración orientada a Intelixencia de Negocio
Tema 2. Introdución: Arquitecturas Físicas e Arquitecturas Lóxicas
Tema 3. ETL
Tema 4. Virtualización de Datos
Tema 5. Calidade de Datos
Bloque 3. Integración orientada a Procesos de Negocio
Tema 6. Arquitecturas Orientadas a Servicio
Tema 7. Servicios Web
Tema 8. Sistemas de Bus Empresarial (ESB)
Tema 9. Outras Arquitecturas: o concepto de Microservicio

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A15 B2 B3 B4 B7 B9 B10 C1 21 63 84
Proba de resposta múltiple A15 B2 B3 B7 B8 B9 C1 C4 1 0 1
Traballos tutelados A15 B2 B3 B4 B7 B9 B10 C1 1 22 23
Sesión maxistral A15 B2 B3 B7 B8 C4 21 21 42
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Ó longo do cuadrimestre realízase varias prácticas, en grupo, na que o/a alumno/a utiliza a maior parte dos coñecementos teóricos da materia de xeito integrado.
Proba de resposta múltiple Farase un exame tipo test, co obxectivo de comprobar que o/a alumno/a asimilou os conceptos correctamente. O exame tipo test componse dun conxunto de preguntas con varias respostas posibles, das que só unha é correcta. As preguntas non contestadas non puntúan, e as contestadas erroneamente puntúan negativamente.
Traballos tutelados Propóñense traballos tutelados opcionais (non é preciso obter unha nota mínima neles para aprobar a materia), consistentes en utilizar algunhas ferramentas para resolver un problema. Requirirán que o estudante, de maneira autónoma, coñeza esas ferramentas e as utilice.
Sesión maxistral Clases impartidas pólo profesor mediante a proxección de presentacións.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
Titorías e consultas vía correo electrónico ou Teams para dúbidas específicas.
Presenza do profesor no laboratorio para axudar ó estudante no desenvolvemento da práctica.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A15 B2 B3 B4 B7 B9 B10 C1 A realización dos traballos tutelados é opcional (non é preciso obter unha nota mínima neles para aprobar a materia). Pódense presentar ca segunda iteración da práctica. 8
Prácticas de laboratorio A15 B2 B3 B4 B7 B9 B10 C1 A práctica estrutúrase en 2 partes. Na primeira parte o alumno deberá resolver varios problemas de integración orientados a Inteligencia de Negocio utilizando varias ferramentas da industria. E na segunda parte de prácticas de laboratorio, o alumno deberá utilizar diferentes solucións do mercado para resolver uns problemas de integración orientados a Procesos de Negocio que se lle plantexan. 32
Proba de resposta múltiple A15 B2 B3 B7 B8 B9 C1 C4 O examen será tipo test e pode constar tanto de cuestións directas como de pequenos problemas de deseño que o/a alumno/a debe resolver cos conceptos explicados en teoría e que foron usados na parte práctica. 60
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é preciso obter:

  • Un mínimo de 2,5 puntos sobre 5 na avaliación de cada unha das dúas partes da práctica.
  • Un mínimo de 4 puntos sobre 10 no exame tipo test.
  • Un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na nota final, que se calcula coma: 
    • Nota práctica = nota práctica parte 1 + nota práctica parte 2.
    • Nota final da materia = 0,60 * nota exame + 0,32 * nota practica + 0,08 * nota traballos tutelados.

Para os/as alumnos/as con matrícula a tempo parcial o tamaño da práctica e os traballos tutelados será menor, sen que elo supoña un prexuízo na súa cualificación.


Fontes de información
Bibliografía básica Gregor Hohpe (2003). Enterprise Integration Patterns: Designing, Building, and Deploying Messaging Solutions. O'Reilly
Leonard Richardson, Sam Ruby (2007). RESTFul Web Services. O'Reilly

Recursos adicionais:

Talend:https://www.talend.com/

Tableau:https://www.tableau.com/

Denodo Express:https://www.denodo.com/es/plataforma-denodo/denodo-express

Anypoint Platform:https://www.mulesoft.com/platform/enterprise-integration 

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Bases de Datos Analíticas/614G02025
Modelaxe de Bases de Datos/614G02016
Introdución ás Bases de Datos/614G02008
Internet: Redes e Datos/614G02010
Fundamentos de Programación I/614G02004

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías