Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Datos en Mobilidade Código 614G02040
Titulación
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Fresnedo Arias, Óscar
Correo electrónico
oscar.fresnedo@udc.es
Profesorado
Castro Castro, Paula Maria
Fresnedo Arias, Óscar
Correo electrónico
paula.castro@udc.es
oscar.fresnedo@udc.es
Web http://http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral Introdución á plataformas e comunicación móbiles. Redes de comunicacións móbiles e transmisión de datos en sistemas sen fíos con mobilidade. Fontes de datos en mobilidade, sensorización e contido multimedia. Xeolocalización e sistemas de posicionamento. Seguridade de datos en contornas con mobilidade. Arquitecturas móbiles. Iniciación a Android.

Competencias do título
Código Competencias do título
A11 CE11 - Capacidade para coñecer, despregar, configurar e utilizar infraestruturas distribuídas de altas prestacións para o almacenamento, procesamento e análise masiva de datos.
A13 CE13 - Coñecemento e aplicación das características, funcionalidades e estrutura de Internet e as redes de computadores.
A15 CE15 - Capacidade de dar solución a problemas de integración en función das estratexias, estándares e tecnoloxías dispoñibles.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B7 CG2 - Elaborar adecuadamente e con certa orixinalidade composicións escritas ou argumentos motivados, redactar plans, proxectos de traballo, artigos científicos e formular hipóteses razoables.
B8 CG3 - Ser capaz de manter e estender formulacións teóricas fundadas para permitir a introdución e explotación de tecnoloxías novas e avanzadas no campo.
B9 CG4 - Capacidade para abordar con éxito todas as etapas dun proxecto de datos: exploración previa dos datos, preprocesado, análise, visualización e comunicación de resultados.
B10 CG5 - Ser capaz de traballar en equipo, especialmente de carácter multidisciplinar, e ser hábiles na xestión do tempo, persoas e toma de decisións.
C1 CT1 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT4 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Entender os conceptos básicos das redes móbiles e sen fíos. A11
A13
B2
B4
B7
B8
B10
C1
C4
Coñecer as características hardware e software das plataformas móbiles. A11
A13
B3
B4
B8
Saber programar aplicacións sobre plataformas de terminais móbiles. A11
A15
B2
B8
B9
B10
C1
C4
Coñecer as fontes de aplicacións móbiles, así como o seu almacenamento e xestión. A11
B2
B3
B9
C1
C4
Coñecer as tecnoloxías de posicionamento e o seu impacto en ciencia e enxeñaría de datos. A11
A15
B2
B4
B7
B8
B9
C4
Coñecer os conceptos de seguridade de datos en comunicacións móbiles. A11
A13
B3
B4
B7
B8
B9
C4

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución a plataformas e comunicacións móbiles 1.1 Perspectiva histórica
1.2 Conceptos básicos do hardware
1.3 Estándares de comunicación móbiles
1.4 Software: plataformas e sistemas operativos
2. Redes de comunicacións móbiles 2.1 Introdución ás comunicacións sen fíos
2.2 Conceptos básicos
2.3 Propagación e efectos adversos en comunicacións sen fíos
2.4 Redes celulares
4. Fontes de datos en mobilidade 4.1 Tipos de sensores
4.2 Fontes de datos multimedia
4.2.1 Recolección e procesado de datos de
audio
4.2.2. Recolección e procesado de datos
de vídeo
3. Transmisión en sistemas móbiles 3.1 Técnicas de transmisión básicas
3.2 Canles sen fíos con mobilidade
3.3 Técnicas de transmisión avanzadas
3.4 Esquemas de acceso ao medio
5. Xeolocalización e sistemas de datos de posicionamento 5.1 Conceptos básicos de xeolocalización
5.2 Sistemas de xeoposicionamento en mobilidade
5.3 Sistemas de posicionamento indoor
6. Seguridade de datos en comunicacións móbiles 6.1 Conceptos básicos de seguridade en comunicacións móbiles
6.2 Seguridade de datos en local
6.3 Seguridade de datos en contornas cloud e IoT
7. Arquitecturas móbiles 7.1 Perspectiva histórica
7.2 Ecosistemas de desenvolvemento
8. Iniciación a Android 8.1 Compoñentes básicos dunha app
8.2 Ciclo de vida dos compoñentes básicos
8.3 Paralelización de tarefas
8.4 Permisos
8.5 Compoñentes avanzados dunha app

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A11 A13 A15 B2 B3 B7 B8 3 0 3
Traballos tutelados A15 B2 B3 B4 B7 B8 B9 B10 C4 7 21 28
Prácticas a través de TIC A11 B2 B3 B4 B7 B8 B9 B10 C1 C4 14 49 63
Sesión maxistral A11 A13 A15 B2 B8 C4 21 31.5 52.5
 
Atención personalizada 3.5 0 3.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Proba escrita con preguntas de teoría sobre os contidos da materia e resolución de problemas.
Traballos tutelados Traballos realizados polos estudantes no que deberán resolver unha serie de problemas ou supostos prácticos definidos polo profesor aplicando os coñecementos adquiridos.
Prácticas a través de TIC Prácticas realizados polos estudantes para probar os conceptos explicados nas clases maxistrais.
Sesión maxistral Presentación dos contidos teóricos da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Proba mixta
Traballos tutelados
Prácticas a través de TIC
Descrición
Resolución de dúbidas do alumnado tanto nas sesións maxistrais como nas sesións de solución de problemas e de prácticas.

Seguimento da aprendizaxe evolutiva dos estudantes e da súa participación activa na dinámica das clases.

As titorías serán preferiblemente en formato non presencial a través de diferentes medios telemáticos, principalmente usando a ferramenta Teams, e no horario especificado. Os estudantes poderán solicitar tamén titorías presenciais se o consideran necesario. O horario de titorías poderase adaptar segundo as necesidades do alumnado na modalidade de matriculación a tempo parcial.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A11 A13 A15 B2 B3 B7 B8 Mediante unha proba escrita, valoraranse os coñecementos adquirido polo alumnado ao longo do curso. 40
Traballos tutelados A15 B2 B3 B4 B7 B8 B9 B10 C4 Avaliarase a correcta realización por parte do alumnado dos exercicios ou traballos propostos polo profesor. 20
Prácticas a través de TIC A11 B2 B3 B4 B7 B8 B9 B10 C1 C4 A avaliación será realizada a partir das prácticas entregadas polo alumnado e mediante un exame para valorar os coñecementos adquiridos nestas sesións prácticas. 40
 
Observacións avaliación

REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: 

Para aprobar esta materia, os alumnos deberán acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 sumando as notas obtidas nas diferentes partes da materia. Ademais, será preciso acadar un mínimo de 2 puntos sobre 10 na proba mixta final para poder superar a materia.

Na segunda oportunidade en Xullo, os alumnos deberán avaliarse novamente parte teórica da materia e das prácticas mediante a proba mixta e un exame final de prácticas. A parte de traballo tutelados non poderá ser recuperada por formar parte da avaliación continua da materia.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a “NORMA QUE REGULA O REXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212).  Non será obrigatoria a asistencia ás prácticas da asignatura e os prazos de entrega serán tamén flexibles para axustarse ás necesidades do alumnado.

Detección de plaxios ou copia de traballos: 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso ‘0’ na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á segunda oportunidade.


Fontes de información
Bibliografía básica Erik Dahlman, Stefan Parkvall, Johan Skold, Per Beming (2010). 3G Evolution: HSPA and LTE for Mobile Broadband. Academic Press
William A. Pearlman, Amir Said (2011). Digital Signal Compression: Principles and Practices. Cambridge University Press
David Barlett (2010). Essentials of positioning and location technology. Cambridge University Press
Viswanath Tse (2005). Fundamentals of Wireless Communication. Cambridge University Press
Joseph Annuzzi (2016). Introduction to Android Application Development: Android Essentials. Adison-Wensley
Dharma Prakash Agrawal, Qing-An Zeng (2010). Introduction to Wireless and Mobile Systems. Cengage Learning
Frederic Launay, André Perez (2019). LTE Advance Pro: Towards the 5G Mobile Network. Wiley
Oscar Fresnedo, Paula M. Castro (-). Material de clase . http://campusvirtual.udc.gal
Theresa Neil (2012). Mobile Design Pattern Gallery. O'Reilly
Jyrki T.J. Penttinen (2016). Wireless Communication Security. O'Reilly
Andrea Goldsmith (2005). Wireless communications. Cambridge University Press

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías