Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Traballo Fin de Grao Código 614G02045
Titulación
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Saavedra Places, María de los Angeles
Correo electrónico
angeles.saavedra.places@udc.es
Profesorado
Saavedra Places, María de los Angeles
Correo electrónico
angeles.saavedra.places@udc.es
Web http://https://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral O obxectivo do Traballo de Fin de Grao (TFG) é que o alumnado leve a cabo un proxecto orixinal no ámbito da Ciencia e Enxeñaría de Datos, cun alcance acorde ao número de créditos da materia, e o presente e defenda ante un tribunal de avaliación.

Competencias do título
Código Competencias do título
A32 CE32 - Ser capaz de aplicar os coñecementos, capacidades e actitudes á realidade empresarial e profesional, planificando, xestionando e avaliando proxectos no ámbito da ciencia e enxeñaría de datos.
A33 CE33 - Ser capaz de formular, modelar e resolver problemas que requiran a aplicación de métodos, técnicas e tecnoloxías de ciencia e enxeñaría de datos.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B7 CG2 - Elaborar adecuadamente e con certa orixinalidade composicións escritas ou argumentos motivados, redactar plans, proxectos de traballo, artigos científicos e formular hipóteses razoables.
B8 CG3 - Ser capaz de manter e estender formulacións teóricas fundadas para permitir a introdución e explotación de tecnoloxías novas e avanzadas no campo.
B9 CG4 - Capacidade para abordar con éxito todas as etapas dun proxecto de datos: exploración previa dos datos, preprocesado, análise, visualización e comunicación de resultados.
B10 CG5 - Ser capaz de traballar en equipo, especialmente de carácter multidisciplinar, e ser hábiles na xestión do tempo, persoas e toma de decisións.
C1 CT1 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C3 CT3 - Capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Integrar os coñecementos e competencias adquiridas para aplicalos a un proxecto no ámbito da Ciencia e Enxeñaría de Datos. A32
A33
B2
B3
B4
B7
B8
B9
B10
C1
C3
C5
Presentar e defender os desenvolvementos, resultados e conclusións do traballo realizado ante un tribunal de avaliación. A32
A33
B2
B3
B4
B7
B8
B9
B10
C1
C3
C5

Contidos
Temas Subtemas
1. Definición do proxecto 1.1 Definición de obxectivos e alcance
1.2 Formulación metodolóxica
2. Realización do proxecto 2.1 Análise e modelado do problema a resolver
2.2 Aplicación de métodos, técnicas e tecnoloxías de ciencia e enxeñaría de datos.
2.3 Xestión, planificación e seguemento do desenvolvemento do proxecto
3. Presentación e defensa do traballo 3.1 Redacción da memoria ou informe final
3.2 Presentación e defensa do traballo realizado

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A32 A33 B2 B3 B4 B7 B8 B9 B10 C1 C3 C5 25 270 295
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Non se formulan aulas teóricas/prácticas. As actividades formativas estrutúranse en titorías arredor do traballo a realizar por cada alumna/o.

Aínda que a/o docente poida organizar titorías grupais para TFGs de temática similar, a maior parte da atención ao alumnado será personalizada, a demanda da/do alumna/o, en función principalmente das súas necesidades, do tema do traballo, e os seus coñecementos e intereses.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Aínda que a/o docente poida organizar titorías grupais para TFGs de temática similar, a maior parte da atención ao alumnado será personalizada, a demanda da/do alumna/o, en función principalmente das súas necesidades, do tema do traballo, e os seus coñecementos e intereses.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A32 A33 B2 B3 B4 B7 B8 B9 B10 C1 C3 C5 O Traballo de Fin de Grao será defendido ante un tribunal e na súa valoración terase en conta:

- Corrección técnica, calidade e alcance do traballo realizado.

- Estrutura e contidos da memoria ou informe final.

- Presentación oral
100
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

La bibliografía y fuentes de información serán seleccionadas por el/la docente y la alumna/o en función del TFG en cuestión.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías