Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Traballo fin de máster Código 615472102
Titulación
Mestrado Universitario en Migracións Internacionais: Investigación, Políticas Migratorias e Mediación Intercultural
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 10
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Economía
Pedagoxía e Didáctica
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web http://www.esomi.es
Descrición xeral Esta guía corresponde ao exercicio de elaboración e defensa pública dun traballo fin de mestrado, de carácter obrigatorio, segundo o RD 1393/2007 sobre o ordenamento das ensinanzas universitarias en España. O seu valor en créditos ECTS é de 10.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os límites epistemolóxicos do estudo das migracións internacionais e a natureza esencialmente política que sostén a definición e identificación do fenómeno migratorio.
A6 Dominar as principais fontes de documentación estatística e bibliográfica que lle permita manterse informado e iniciar e programar estudos exploratorios sobre temáticas relacionadas coas migracións internacionais
A7 Coñecer as virtudes e as limitacións das principais fontes e indicadores estatísticos para a descrición dos movementos migratorios en distintos contextos territoriais e na súa evolución temporal
A8 Comprender o potencial das distintas técnicas de investigación social para o estudo das migracións internacionais así como os condicionamentos deontolóxicos profesionais.
A9 Manexar os conceptos fundamentais no estudo das migracións internacionais
A10 Coñecer suficientemente os autores e traballos de maior relevancia académica e profesional
A11 Ter suficiente capacidade de abstracción para presentar o fenómeno migratorio dende unha perspectiva macro-sociolóxica e na súa relación máis ampla coa estrutura social e o mercado de traballo
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B8 Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo
B12 Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito social
B14 Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica
B15 Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas
C1 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C3 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C5 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Demostrar a súa capacidade para redactar e defender publicamente ante un tribunal de especialistas un traballo final de síntese de lecturas realizadas, de datos manexados e de experiencia profesional desenvolvida no ámbito do estudo das migracións internacionais. AM6
AM8
AM10
AM11
BM1
BM8
BM12
BM15
CM1
CM3
CM5
Capacidade para a aprendizaxe autónoma continua. AM1
AM7
AM9
BM3
BM12
BM14
CM3
Capacidade de emitir unha valoración propia fundamentada, á vez que consciente das limitacións das que parte. AM1
AM6
AM9
AM11
BM3
BM12
CM1
CM3
Capacidade para comunicar os coñecementos adquiridos e as conclusións propias alcanzadas ante un público de expertos/as. AM6
AM9
AM11
BM3
BM8
BM12
BM14
BM15
CM1
CM3
CM5

Contidos
Temas Subtemas
O obxectivo da memoria final o Mestrado en Migracións Internacionais é a realización e defensa pública dun traballo no que se desenvolva e demostre a capacidade para:

- Integrar os coñecementos adquiridos durante a etapa formativa e aplicalos sobre un tema ou problema central relacionado coas migracións internacionais.
- Emitir unha valoración propia e fundamentada sobre o tema central de estudo que reflexe as responsabilidades éticas e sociais implícitas.
- O desenvolvemento autónomo das habilidades críticas, analíticas e creativas do/a alumno/a e da súa capacidade para comunicar as súas ideas ante un público experto en migracións internacionais.

A memoria será realizada de forma individual, baixo a supervisión dun/ha titor/a asignado/a, e defendida polo/a alumno/a ante unha comisión de expertos/as designada anualmente pola Comisión Académica do Mestrado.

Cun valor de 10 créditos ECTS, ten carácter obrigatorio para a obtención do título.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Presentación oral A10 A11 B1 B3 B8 B12 B14 B15 C1 C3 C5 1 2 3
Recensión bilbiográfica A1 A6 A7 A9 A10 B1 B3 B12 B14 0 50 50
Saídas de campo A8 A9 B1 B3 B8 B14 B15 C1 C3 C5 0 50 50
Traballos tutelados A1 A6 A7 A8 A9 A10 A11 B1 B3 B8 B12 B14 B15 C1 C3 C5 0 137 137
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Preparación e realización dunha presentación para a defensa do TFM diante do tribunal.
Recensión bilbiográfica Lectura e síntese de textos para a elaboración do marco teórico do TFM.
Saídas de campo Aínda que non é obrigatorio para todos os TFM, o estudantado pode optar metodoloxicamente por realizar traballo de campo para a elaboración do seu TFM.
Traballos tutelados Realización y defensa pública de un trabajo escrito que desarrolle y demuestre los conocimientos adquiridos en el máster, aplicados a un tema concreto relacionado con las migraciones internacionales. Se trata de un trabajo individual, bajo la supervisión de un tutor asignado por la comisión académica del máster. Se le supone una inversión aproximada de 250 horas de trabajo por parte del alumno.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Ao/á alumno/a asignaraselle un/ha titor/a que consultará sobre o desenvolvemento do seu traballo ao longo do curso. A valoración do/a titor/a sobre o método e a constancia do/a alumno/a será tida en conta polo tribunal.
Na modalidade a distancia, o/a alumno/a poderá manter o contacto co/a seu/súa titor/a por vías telemáticas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A6 A7 A8 A9 A10 A11 B1 B3 B8 B12 B14 B15 C1 C3 C5 Realización y defensa pública de un trabajo escrito que desarrolle y demuestre los conocimientos adquiridos en el máster, aplicados a un tema concreto relacionado con las migraciones internacionales. Se trata de un trabajo individual, bajo la supervisión de un tutor asignado por la comisión académica del máster. Se le supone una inversión aproximada de 250 horas de trabajo por parte del alumno.

Realización e defensa pública dun traballo escrito que desenvolva e demostre os coñecementos adquiridos no mestrado, aplicados a un tema concreto relacionado coas migracións internacionais. Trátase dun traballo individual, baixo a supervisión dun/ha titor/a asignado/a pola Comisión Académica do mestrado. Suponselle un investimento aproximado de 250 horas de traballo por parte do estudantado.
100
 
Observacións avaliación

Segundo a normativa vixente da Universidade da Coruña, para ser avaliado/a do traballo fin de mestrado será necesario: 1) ter superados o resto de créditos do mestrado (asignaturas e período práctico) e 2) ter realizado a matrícula. A normativa específica do mestrado esixe, ademais, ter asignado un tema central ou título e un/ha titor/a.

Entre os criterios de avaliación da memoria, terase especialmente en conta:

Que se demostre o desenvolvemento das competencias, obxectivo da memoria final do mestrado. Isto é, que a memoria realizada e defendida reflexe os coñecementos adquiridos duante o período de formación, a capacidade do/a alumno/a para aplicar ditos coñecementos, a capacidade para fundamentar unha valoración propia e responsable, e o pensamento analítico e crítico no estudo das migracións internacionais.

Que a memoria reflexe unha dedicación por parte do/a alumno/a de polo menos 250 horas de traballo.

A valoración que mereceu por parte do/a titor/a.

A adecuada estruturación da información e a presentación, oral e escrita, do traballo.

Pertinencia e actualidade da bibliografía, documentación e fontes achegadas.

Concisión e utilización adecuada da linguaxe escrita.

Por outra banda, os traballos plaxiados, total ou parcialmente, merecerán o suspenso inmediato.

Os traballos terán que ser defendidos oralmente ante un tribunal de expertos/as, formado maioritariamente polo profesorado do mestrado.

Poranse a disposición medios telemáticos para acordar a defensa pública ante o mesmo tribunal dos/as alumnos/as matriculados/as

a distancia

, no caso de que non puideran asistir persoalmente ás datas establecidas para a defensa presencial. Formarase un tribunal para a avaliación de todos/as os/as estudantes a distancia, cuxa composición seguirá os mesmos criterios que para a defensa presencial, sendo os criterios de avaliación do estudantado os publicados nas normas internas do MOMI.

O calendario de defensa pública e de convocatorias dispoñibles axústanse ás condicións que establece anualmente a Universidade da Coruña, para todas as titulacións de posgrao. 


Fontes de información
Bibliografía básica

Agárdase que cada memoria requira da súa propia listaxe, extensa e específica, de fontes de información, que é un apartado avaliable. Por outra banda, tanto os /as alumnos/as da modalidade presencial como a distancia poderán acudir, voluntariamente, aos cursos de formación ofrecidos pola biblioteca da UDC sobre manexo de bases bibliográficas para a avaliación de teses. Este criterio é opcional para todos/as os/as alumnos/as e supón un complemento de 10 horas de curso formativo que cada ano é ofertado ao estudantado da UDC matriculado en terceiro ciclo. A asistencia ao mesmo non é necesaria para a presentación do TFM, pero se recomendará a opción a calquera tipo de matrícula.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías