Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Migración e retorno na historia urbana de Galicia Código 615472105
Titulación
Mestrado Universitario en Migracións Internacionais: Investigación, Políticas Migratorias e Mediación Intercultural
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web http://journals.cambridge.org/fulltext_content/supplementary/UHY/supp1
Descrición xeral Obxectivos do curso
1.- Analizar as transformacions históricas de Galicia que explican os grandes movementos migratorios cara a América nos séculos XIX e XX.
2.- Estudar o impacto dos procesos de migración e retorno sobre a propia Galicia
a.- As transformacións do mundo rural
b.- O crecemento das cidades
c.- Os movementos sociais e as transformacións políticas.
3.- Abordar algunhas metodoloxías e técnicas cualitativas de especial interese para a análise destos procesos.
a.- Historia oral: a utilización de documentos personais.
b.- Historia visual: fotografía e cine
c.- Historia urbana: a cidade como texto
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Profundidade na análise dos movementos migratorios asociados á historia e á situación actual de Galicia, como orixe e como destino
A6 Dominar as principais fontes de documentación estatística e bibliográfica que lle permita manterse informado e iniciar e programar estudos exploratorios sobre temáticas relacionadas coas migracións internacionais
A7 Coñecer as virtudes e as limitacións das principais fontes e indicadores estatísticos para a descrición dos movementos migratorios en distintos contextos territoriais e na súa evolución temporal
A8 Comprender o potencial das distintas técnicas de investigación social para o estudo das migracións internacionais así como os condicionamentos deontolóxicos profesionais.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B12 Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito social
B13 Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións
B15 Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas
C1 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar as grandes forzas que organizan os fenomenos migratorios a escala global en especial no caso das habidas entre Galicia e America AM4
BM1
BM12
CM1
CM5
Analizar a complexidade de motivacions e estratexias que guian as actuacions das persoas na escala familiar e local AM4
BM1
BM3
BM12
BM13
Asimilar algunhas metodoloxías e técnicas cualitativas como a Historia oral, a Historia visual, e a Historia urbana AM6
AM7
AM8
BM1
BM12
BM13
BM15
Xestionar as fontes de informacion primarias e secundarias e analizar os seus datos AM6
AM7
Desenvolver as habilidades de traballo individual e en equipo AM8
BM1
BM3
BM12

Contidos
Temas Subtemas
1.- A emigración cara a América: os factores de atracción. 1.1.- A formación dun mercado mundial
1.2.- A construción política de Latinoamérica
1.3.- Capitalismo, leis de inmigración e mercado de traballo
2.- Galicia: os factores de expulsión. 2.1.- As mudanzas no mundo rural galego.
2.1.1.- Os condicionantes do marco estatal español: legais, políticos...
2.1.2.- Os condicionantes do mapa político europeo
2.2.- A emigración como proceso dinamizador da Galicia rural
2.2.1.- Historias de migración e retorno
2.2.2.- Terra Cha de Lugo.
3.- Historias migratorias. 3.1.- Metodoloxías e técnicas: historia oral e historias de vida, xenealoxías e documentos personais
3.2.- Historias de migración e retorno:
3.2.1.- Terra Cha de Lugo.
3.2.2.- A Galicia Atlántica
4.- Cara a unha historia urbana de Galicia 4.1.- O papel das cidades nos procesos migratorios
4.2.- O impacto dos retornos.
4.3.- Os lugares da memoria
4.4.- Recorridos urbanos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A4 A6 A7 A8 B1 B3 B12 B13 B15 C1 C5 0 27 27
 
Atención personalizada 48 0 48
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Traballo sobre caso práctico

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Titorías específicas en todas as modalidades, e previamente concretadas cos estudantes no presenciais.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A4 A6 A7 A8 B1 B3 B12 B13 B15 C1 C5 Traballo de investigación por escrito 100
 
Observacións avaliación

Os alumnos non presenciais poderán participar nos debates mediante os foros de moodle e enviar os seus traballos escritos por email. En caso de ter que realizar unha segunda opción de avaliaciónse poderían porse de acordo co profesor para repetir os traballos ou ben realizar o exame de modo oral por videoconferencia.


Fontes de información
Bibliografía básica

Cardesin, José Mª: “A heteroxeneidade da reprodución social nunha sociedade estratificada: a Galicia rural dol S.XIX”, en F. Rodríguez Iglesias (dir.): Proxecto Galicia. Antropoloxía, vol. XXVI, A Coruña, Hércules, 1999, p. 396-437.

Castro, Demetrio, 1995, “Cosecha de emigrantes”, El Mundo, 1995, p. 14-15.

Vázquez, Alejandro, 2008, “Unha visión xeral da emigración galega contemporánea a América e a Europa”, en X.M. Cid et Alii, Migracións na Galicia contemporánea, Santiago de Compostela, Sotelo Branco, p. 17-48.

Bibliografía complementaria

Allegue, Gonzalo, 1992, Galegos, as mans de América, Vigo, Nigra.

Barnett, Miguel, 2008, Galego, Xunta de Galicia.

Davis, Mike, (2001) 2006, “Prefacio”, en Los holocaustos de la Era Victoriana tardía. El Niño, las hambrunas y la formación del Tercer Mundo, Universidad de Valencia, p. 13-28.

Eiras, Antonio y Rey, Ofelia, 1992, “La emigración gallega a las Américas en los siglos XIX y XX. Aproximación cuantitativa”, en Los Gallegos y América, Madrid, Mapfre, p. 214-266.

Iturra, Raul, 1998, "A oralidade e a escritura na construción do social", Estudios Migratorios, nº 6, p. 57-68.

Núñez Seixas, Xosé Manuel, 1998, Emigrantes, caciques e indianos. O influxo sociopolítico da emigración transoceánica en Galicia, 1900-1930, Vigo, Xerais.

Villares, Ramón, 2006, Galicia siglo XX, A Coruña, La Voz de Galicia


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías