Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Teoría das migracións internacionais Código 615472110
Titulación
Mestrado Universitario en Migracións Internacionais: Investigación, Políticas Migratorias e Mediación Intercultural
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web http://www.esomi.es
Descrición xeral
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os límites epistemolóxicos do estudo das migracións internacionais e a natureza esencialmente política que sostén a definición e identificación do fenómeno migratorio.
A2 Relativizar e valorar as intensidades observadas dos movementos migratorios, desde unha perspectiva comparativa e contextualizada histórica e culturalmente
A3 Relativizar e valorar o impacto das migracións internacionais nas sociedades de orixe e destino en función do cambio social que xeran, dos intereses en xogo, e da construcción social das identidades culturais
A4 Profundidade na análise dos movementos migratorios asociados á historia e á situación actual de Galicia, como orixe e como destino
A5 Comprender os argumentos filosóficos e xurídicos tras as distintas perspectivas sobre as migracións internacionais e as problemáticas sociais que xeran.
A9 Manexar os conceptos fundamentais no estudo das migracións internacionais
A10 Coñecer suficientemente os autores e traballos de maior relevancia académica e profesional
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo
B6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
B7 Resolver problemas de forma efectiva
B8 Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo
B11 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional
B12 Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito social
B13 Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións
B15 Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas
C1 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C3 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C4 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C5 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade para identificar e deconstruír prexuízos ideolóxicos en situacións de conflito. AM3
BM3
BM5
BM6
BM8
BM11
BM12
Comprensión crítica dos obxectivos que orientan os distintos tipos de políticas migratorias existentes. AM1
AM5
AM9
AM10
BM6
BM7
BM13
BM15
CM1
CM5
Capacidade para desenvolver e aplicar unha perspectiva teórica madura e cientificamente sustentada sobre as causas e consecuencias dos movementos migratorios. AM1
AM2
AM3
AM4
AM5
AM9
BM1
BM2
BM3
BM6
CM3
CM4
CM5

Contidos
Temas Subtemas
1. Teorías explicativas dos procesos de migracións internacionais 1.1. O modelo económico do push-pull
1.2. Teorías da acción individual
1.3. Teorías do capital social e das redes
1.4. Teorías da mobilidade social
1.5. O modelo centro-periferia
1.6. O modelo das cidades globais
2. Unha visión histórica da teorías das migracións internacionais 2.1. A escola de Chicago: Park e Thomas e Znaniecki
2.2. A socioloxía da "Race and Etnic relations"
2.3. A aportación ás migracións desde a socioloxía norteamericana contemporánea: Portes e Massey
2.4. A escola francesa e a súa achega teórica: Bourdieu e Sayad.
3. Novas teorías sobre as migracións internacionais 3.1. O transnacionalismo como paradigma emerxente
3.2. As migracións nun mundo globalizado

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Recensión bilbiográfica A1 A2 A3 A4 A5 A9 A10 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B11 B12 B13 B15 C1 C3 C4 C5 0 35 35
 
Atención personalizada 40 0 40
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Recensión bilbiográfica Consiste na leitura da bibliografía recomendada e obligatoria que será proporcionada ao alumnado do máster. Ademáis, a profesora asignará un libro a cada alumno/-a para a súa recensión no que se poderán incluír referencias ao resto de bibliografía asignada establecendo un diálogo crítico entre enfoques e teóricos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Recensión bilbiográfica
Descrición
As dúbidas sobre a recensión bibliográfica ou sobre os textos que debe ler o alumnado poden consultarse co profesorado responsable en horario de titorías ou a través dos distintos mecanismos habilitados para este fin (correo electrónico, chamadas telefónicas, consulta en foros, etc.). Para solicitar unha titoría é condición previa a petición dunha cita previa por correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Recensión bilbiográfica A1 A2 A3 A4 A5 A9 A10 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B11 B12 B13 B15 C1 C3 C4 C5 A entrega da recensión bibliográfica terá un valor dun 100 por cen da nota final da asignatura. Dentro da mesma terase en conta a asistencia e participación nos debates dentro da aula que poderá subir a nota da recensión nun 10 por cento, e que servirán para enriquecer o traballo realizado polo alumnado. 100
 
Observacións avaliación

O alumnado a distancia terá as mesmas opcións de subir o 10% dado que dispón de teconoloxía TIC que permite a sua participación nos foros, chats, de moodle, etc.


Fontes de información
Bibliografía básica Césaire, Aimé (2006). Discurso sobre el colonialismo. Madrid: Akal
Sennett, Richard (2014). El extranjero: dos ensayos sobre el exilio. Barcelona: Anagrama
Ribas-Mateos, Natalia (2011). El Río Bravo Mediterráneo: las regiones fronterizas en la época de la globalización. Barcelona: Bellaterra
Sassen, Saskia (2013). Inmigrantes y ciudadanos: de las migraciones masivas a la Europa Fortaleza. Tres Cantos: Siglo XXI
Sayad, Abdelmalek (2010). La doble ausencia: de las ilusiones del emigrado a los padecimientos del inmigrado. Rubí: Anthropos
Bretell, Caroline B.; Hollifield, James F. (ed) (2000). Migration theory: talking across disciplines. New York: Routledge
Fanon, Frank (2009). Piel negras, máscaras blancas. Madrid: Akal
Terrén, Eduardo (2002). Razas en conflicto: perspectivas sociológicas. Barcelona: Editorial Anthropos
Portes, A; DeWind, J. (coord.) (2006). Repensando las migraciones internacionales. Nuevas Perspectivas teóricas y empíricas. Miguel Ángel Porrúa
Rea, Andrea (2009). Sociología de la inmigración. Barcelona: Hacer
Portes, Alejandro (2012). Sociología económica de las migraciones internacionales. Barcelona: Anthropos
Massey, D; Arango, J.; Graeme, H.; Kouaocuci, A.; Pelegrino, A. (2000). Teorías de la Migración Internacional: Una reseña y una evaluación . Revista Trabajo, Año 2, Nº 3, págs. 5-50
Spencer, Sarah (2011). The migration debate. Bristol: Policy Press
Messina, Anthony M; Lahav, Gallya (2006). The migration reader: exploring politics and policies. Boulder: Lynne Rienner
Cohen, Robin (ed) (1996). The sociology of migration. Cheltenam: Edward Elgar
Cohen, Robin (ed) (1996). Theories of migration. Cheltenam: Edward Elgar
Ribas-Mateos, Natalia (2004). Una invitación a la sociología de las migraciones . Barcelona: Bellaterra
Massey, Douglas S. (2005). Worlds in motion: understanding international migration at the end of the millennium. Oxford: Clarendon Press

Bibliografía complementaria Cairo, Heriberto; Grosfoguel, R. (2010). Descolonizar la modernidad, descolonizar Europa: un diálogo Europa-América Latina. Madrid: IEPALA
Blanco, Cristina (2000). Las migraciones contemporáneas. Madrid: Ariel
Mármora, Lelio (2002). Las políticas de migraciones internacionales. México D.F.: Paidós
Castles, Stephen (1993). The age of migration. Houndmills: MacMillan


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Etnicidade e diversidade cultural nas sociedades de orixe e destino/615472104

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Sistemas migratorios comparados/615472202
Estrutura social, mercado de traballo e migración internacional/615472203

Materias que continúan o temario
Políticas de control de fluxos e de admisión da poboación estranxeira/615472204

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías