Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Novas tecnoloxías aplicadas a destinos e produtos turísticos Código 615488005
Titulación
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Computación
Coordinación
Parama Gabia, Jose Ramon
Correo electrónico
jose.parama@udc.es
Profesorado
Parama Gabia, Jose Ramon
Correo electrónico
jose.parama@udc.es
Web
Descrición xeral Hoxe en día as novas tecnoloxías están presentes en todos os ámbitos da nosa vida, o turismo non é unha excepción. Nesta materia explóranse varios aspectos destas tecnoloxías aplicadas ao turismo. En primeiro lugar estúdase que características debe ter un sitio web de turismo segundo a OMT (Organización Mundial do Turismo). O obxectivo é ser capaz de avaliar a conveniencia do deseño e estruturación dun sitio web sobre turismo. Dentro desta mesma liña, aprenderase a desenvolver blogs con ferramentas sinxelas.
Outra tecnoloxía de evidente interese para o mundo do turismo son os Sistemas de Información Xeográfica (SIX), que permiten asociar información multimedia a puntos nun mapa. Despois dunha pequena introdución aos SIX, aprenderase a desenvolver sinxelos SIX con ferramentas de fácil uso.
Finalmente, farase un repaso das tecnoloxías máis modernas con aplicabilidade ao mundo do turismo, co fin de motivar a necesidade da innovación tecnoloxía tamén dentro do marco do turismo, como un aspecto fundamental para a mellora e diferenciación dos nosos produtos turísticos.

Os alumnos disporán no curso virtual dos seguintes materiais audiovisuais:
-Descrición da materia.
-Descrición Tema1
-Descrición Tema2
-Descrición Tema3
-Descrición Tema4
-Descrición do contido e estrutura das prácticas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A10 Manexar as TIC para a comunicación, promoción e a comercialización
A11 Saber definir proxectos de investigación innovadores que repercutan positivamente no sector
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B12 Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que lle doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Que os estudantes coñezan a utilidade dos sistemas de información xegráfica para o sector turístico AM11
BM12
CM8
Que os estudantes sexan capaces de usar sistemas de información xeográfica sinxelos (tipo google maps e google earth) AM10
BM2
BM12
CM3
CM8
Ser capaz de utilizar ferramentas da web 2.0 AM10
BM2
BM12
CM3
CM8
Ter coñecementos básicos de outras ferramentas informáticas útiles para o sector turístico AM10
AM11
BM2
BM12
CM8
Ser capaz de analizar un sitio web de destinos turísticos AM10
AM11
BM2
BM12
CM8

Contidos
Temas Subtemas
A Web 2.0 Concepto e aplicacións principais
Desenvolvemento dun blog de información turística en Wordpress
Avaliación e optimización de sitios web Criterios de calidade e factores de éxito esenciais para sitios web de destinos.
Métodos de avaliación e análise dun sitio web de destinos.
Sistemas de Información xeográfica Definición e conceptos básicos
Google maps
Google earth
Outras tecnoloxías Minería de datos
Smart Cities
Realidade Aumentada

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A10 B12 B2 C3 34.5 51.75 86.25
Sesión maxistral A11 B12 B2 C8 25 37.5 62.5
 
Atención personalizada 1.25 0 1.25
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio No propio aula, intercaladas cas explicacións, os alumnos irán desenvolvendo un exemplo do material explicado.

Os alumnos dispoñen no curso virtual de distintos materiais de apoio: powerpoints, enlaces a tutoriais, etc.


Sesión maxistral Clases teóricas de aula. Nelas exporanse os contidos fundamentais da materia. Constan de exposición de obxectivos, motivación, desenvolvemento conceptual, utilidade e resumen.

Para os alumnos on-line, no curso virtual hai powerpoints, tutoriais, exemplos, etc., do explicado no aula.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
Durante as prácticas de laboratorio o profesor realizará exercicios que os alumnos realizarán ao mesmo tempo, se necesitasen axuda o profesor os asistirá.

O profesor tamén proporá exercicios para que os alumnos os fagan semi-autónomamente, xa que terán a axuda do profesor para as súas dúbidas.

Durante todo o curso o profesorado estará dispoñible en titorías segundo o establece a normativa, 6 horas semanais.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A10 B12 B2 C3 Os alumnos/as deberán entregar 4 traballos ao longo do curso.
-Avaliación de un sitio web (AW)
-Desenvolvemento dun blog (DB)
-Desenvolvemento dun mapa con información turística (MAP)
-Exposición dunha tecnoloxía ou proxecto innovador TIC no sector turístico (TIC)

As porcentaxes nas que cada traballo puntúa na nota global son as seguintes:

-AW: 0.3
-DB: 0.2
-MAP: 0.4
-TIC: 0.1

A exposición dunha tecnoloxía ou proxecto innovador TIC para os alumnos en modalidade on-line substitúese por un traballo escrito.

Para aprobar a materia hai que acadar entre todas como mínimo un 5.
100
 
Observacións avaliación

Un alumno/a se considera NON PRESENTADO se non entrega NINGUNHA das prácticas que pidan durante o curso.


Fontes de información
Bibliografía básica Google (). Ayuda google earth. https://support.google.com/earth/?hl=es
Google (). Ayuda google maps. https://support.google.com/maps/?hl=es
OMT (2001). Comercio Electrónico y Turismo. Consejo empresarial CEOMT
OMT (2005). Evaluación y optimización de sitios web. Consejo empresarial CEOMT
José R. Paramá (). Explicación general asignatura.
Óscar Ramos (). Explicación Tema 1.
Óscar Ramos (). Explicación Tema 2.
José R. Paramá (). Explicación Tema 3.
José R. Paramá (). Explicación Tema 4.
(). Planeta web 2.0 Inteligencia colectiva o medios fast food. www.planetaweb2.net

Bibliografía complementaria (). El futuro es tuyo. La revolución social de las personas.. www.blogbook.es
(). Libro blanco de los viajes sociales. http://www.minube.com
Alberto Ortiz de Zárate Tercero (). Manual de uso del blog en la empresa. http://www.infonomia.com


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías