Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Métodos e técnicas de investigación en turismo: técnicas cualitativas Código 615488007
Titulación
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía Aplicada 2
Socioloxía e Ciencia Política da Administración
Coordinación
Otero Enriquez, Raimundo
Correo electrónico
raimundo.otero@udc.es
Profesorado
Andrade Suarez, Maria Jose
Caamaño Franco, Iria
Otero Enriquez, Raimundo
Correo electrónico
maria.andrade@udc.es
iria.caamano@udc.es
raimundo.otero@udc.es
Web
Descrición xeral A finalidade desta materia é a de coñecer en profundidade as principais técnicas de análise cualitativa, para ser aplicadas aos campos da xestión e investigación turística. Partindo deste propósito, o desenvolvemento das clases estrutúrase en torno á realización de diferentes exercicios prácticos, nos cales plásmanse os contidos teóricos abordados, e se reproducen escenarios e problemáticas da realidade turística.

Competencias do título
Código Competencias do título
A11 Saber definir proxectos de investigación innovadores que repercutan positivamente no sector
A12 Utilizar as metodoloxías científicas axeitadas tanto cualitativas coma cuantitativas
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B6 Resolver problemas de forma efectiva.
B7 Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo.
B8 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B9 Traballar de forma colaboradora.
B12 Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que lle doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións.
B13 Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica.
B14 Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos habilidades e destrezas.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O/a estudante recordará as características fundamentais das principais técnicas cualitativas de investigación. AM12
BM8
BM12
CM6
CM8
O/a estudante desenvolverá as fases principais dunha observación participante. AM11
AM12
BM1
BM4
BM6
BM8
BM9
BM12
CM6
O/a estudante desenvolverá as fases principais dunha entrevista en profundidade. AM11
AM12
BM1
BM4
BM6
BM8
BM9
BM12
CM6
O/a estudante desenvolverá as fases principais dun grupo de discusión. AM11
AM12
BM1
BM4
BM6
BM8
BM9
BM12
CM6
O/a estudante desenvolverá as fases principais dun grupo de expertos. AM11
AM12
BM1
BM4
BM6
BM8
BM9
BM12
CM6
O/a estudante elixirá a técnica cualitativa axeitada atendendo aos obxectivos e hipóteses dun proxecto de investigación. AM12
BM6
BM14
O/a estudante defenderá, mediante unha presentación oral eficaz, un proxecto de investigación que empregue técnicas cualitativas. AM12
BM7
BM9
BM13
CM1
CM3

Contidos
Temas Subtemas
•Introdución ás técnicas cualitativas de investigación social: principais características
•Introdución á observación participante -Definición
-Estratexia da observación
-Rexistro e proceso da observación
-Modalidades da observación: o cliente misterioso
-Problemas metodolóxicos e da observación participante
-A observación participante e os estudos turísticos: exemplos
•A entrevista aberta -Definición
-Obxectivos e peculiaridades
-Selección e aproximación aos informantes
-A selección da entrevista
-Guión, desenvolvemento, rexistro e estratexia da entrevista
-A entrevista aberta e os estudos turísticos: exemplos
•O grupo de discusión -Definición
-Peculiaridades e obxectivos
-Deseño do grupo de discusión
-Desenvolvemento do grupo de discusión
-Rexistro e análise de contido
-O grupo de discusión e os estudos turísticos: exemplos
•Introdución ao grupo de expertos/as -Definición
-Características básicas
-Descrición do proceso: Fases do Método Delphi.
-A vía cualitativa
-O grupo de expertos/as e os estudos turísticos: exemplos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados B6 B8 B9 B12 B14 B1 C6 50 30 80
Presentación oral B7 B13 B4 C1 C3 8 0 8
Sesión maxistral A11 A12 C8 52 0 52
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Elaboración tutelada das prácticas presentadas na materia
Presentación oral Exposición oral e debatida das prácticas presentadas na materia
Sesión maxistral Sesións destinadas a abordar os aspectos teóricos de cada unha das técnicas cualitativas de investigación descritas nos contidos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
A atención personalizada ten como obxectivo atender as dúbidas individuais e colectivas do alumnado. Existen dúas vías de acción tutelar: presencial na aula ou nas horas estipuladas polos/as docentes nos seus despachos (modalidade presencial); virtual a través do correo electrónico ou skype (modalidade on-line).

1/ Lugar e horario de titorías presenciais:

-Facultade de Socioloxía (Despachos na 1º Planta, módulo II). Rógase acudir a titorías previa cita por e-mail.

•Raimundo Otero Enríquez
-Mércores: 12:30 a 14:00 / 16:30 a 18:30

•Iria Caamaño Franco
-Martes: 15:00 a 16:00
-Xoves: 15:00 a 16:00

*Estos horarios poden estar suxeitos a cambios, que se comunicarán coa debida antelación ao alumnado.

2/ Horario de titorías virtuais: comunicarase ao alumnado no inicio da materia. Rógase concertar unha titoría virtual con antelación vía e-mail.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B6 B8 B9 B12 B14 B1 C6 Elaboración tutelada das prácticas presentadas na materia. 90
Presentación oral B7 B13 B4 C1 C3 Exposición oral e debatida das prácticas presentadas na materia. 10
 
Observacións avaliación

AVALIACIÓN MODALIDADE
PRESENCIAL

Realizarase unha práctica colectiva que constará de dúas
partes. Na primeira parte (5 puntos), presentarase a realización dun exercicio
de observación participante; na segunda (5 puntos), responderase a cuestións de
carácter teórico sobre unha técnica cualitativa de investigación social.

A puntuación desta práctica colectiva (máximo de 10
puntos) equivale á nota final da materia. Cada grupo estará composto por un
mínimo de 2 persoas e un máximo de 3.

No caso de acudir á convocatoria de xullo, haberá que
entregar esta mesma práctica para superar a materia.

O/a alumno/a que queira optar a unha Matrícula de Honra,
terá que realizar unha recensión crítica sobre algún dos libros incluídos na
bibliografía básica. Dita recensión terá un valor máximo de 0,5 puntos sobre a
nota final.


AVALIACIÓN MODALIDADE
ON-LINE

Levarase a cabo unha práctica individual, formada por
varias preguntas abertas, nas cales plasmaranse aprendizaxes que demostren que
o/a alumno/a ten adquirido un coñecemento adecuado sobre cada unha das técnicas
cualitativas explicadas. Necesariamente, para resolver os exercicios
presentados, haberá que ler unha serie de textos obrigatorios e será obrigada a
consulta dalgúns dos libros da bibliografía básica.

A puntuación desta práctica (máximo de 10 puntos)
equivale á nota final da materia.

No caso de acudir á convocatoria de xullo, haberá que
entregar esta mesma práctica para superar a materia.

O/a alumno/a que queira optar a unha Matrícula de Honra,
terá que realizar unha recensión crítica sobre algún dos libros incluídos na
bibliografía básica. Dita recensión terá un valor máximo de 0,5 puntos sobre a
nota final.


OUTROS DATOS DE INTERESE

Datas da
materia:

-1ª
semana: do 7 ao 11 de decembro.

-2ª
semana: do 14 ao 18 de decembro.

-3ª
semana: do 13 ao 15 de xaneiro.

-4º
semana: do 18 ao 22 de xaneiro.

Data de
entrega das prácticas:

-Para o alumnado
de ambas modalidades, as prácticas enviaranse ao correo electrónico rotero@udc.es, do 7 ao 11 de marzo
(convocatoria de xuño).

-Para o
alumnado de ambas modalidades que non teñan superado a materia na convocatoria
de xuño, ou non se presentaran a dita convocatoria, as datas de entrega das
prácticas se fixarán, aproximadamente, na primeira semana de xullo (convocatoria
de xullo). Novamente, haberá que enviar os exercicios ao correo electrónico rotero@udc.es.

Presentación
das cualificacións:

-Para a
convocatoria de xuño, as cualificacións obtidas comunicaranse a semana do 6 ao
11 de abril.

-Para a
convocatoria de xullo, as cualificacións obtidas comunicaranse,
aproximadamente, a primeira ou segunda semana do mes de xullo.


Fontes de información
Bibliografía básica

· Bardin, L. 1986. Análisis de contenido. Madrid: Ediciones Akal.

· Bogdan, R. y Taylor, S. J. 1987. Introducción a los métodos cualitativos de investigación. Buenos Aires: Paidós.

· Camas, V. 2008. Nuevas perspectivas en la observación participante. Madrid: Editorial Síntesis.

· Delgado, J. M. y Gutierrez, J. (coords.). 1995. Métodos y técnicas cualitativas de investigación en ciencias sociales. Madrid: Síntesis.

· Guasch, Ó. 1999. Observación participante. Madrid: CIS.

· Gutierrez, J. 2007. La investigación social del turismo. Madrid: Thomson.

· Landeta, J. 1999. El método Delphi. Una técnica de previsión para la incertidumbre. Barcelona: Ariel Practicum.

· Sirakaya-Turk, E. et al. (eds.). 1999. Research Methods for Leisure, Recreation and Tourism. Cambridge: Cabi Tourism.

*Todas as referencias pódense localizar na biblioteca de Socioloxía da UDC.

Bibliografía complementaria

TEXTOS OBRIGATORIOS (modalidade presencial e non presencial)*

-Camacaro, S. et. al. 2012. “Visión actual del desarrollo turístico urbano de Maracaibo. Método Delphi”. Revista de Ciencias Sociales. XVIII. 3 (pp 430-448).

-Moreno, S. y Aguiar, T. 2006. “Diagnóstico, tendencias y estrategias de futuro para las agencias de viajes. El caso del sector español”. En Estudios y Perspectivas en Turismo. 15 (pp 327-349).

-Moscoso, D. J. 2010. “Los deportes de montaña en el marco de la reestructuración rural”. En III Jornada Ciencia y Montañismo 2010. Nuevos modleos de gestión participada en los espacios naturales y las áreas rurales. Córdoba.

-Pulido-Fernández, J. I. y Navarro, U. 2014. “Identificación de ítems para medir las experiencias del turista en destino”. En Cultur. 1, en línea. http://www.uesc.br/revistas/culturaeturismo/ (consultado el 01/12/2014).

*Todos estes artigos pertencen a revistas, ou actas decongresos, de acceso público. Estarán dispoñibles, ademais, na plataformamoodle da asignatura.

TEXTOS DE LECTURA RECOMENDADA*

-Cañado, N. y Ramón, N. 2006. “Calidad de servicio a través del E-mail en los establecimientos alojativos de Lanzarote”. En Actas del VI Congreso de Turismo y Tecnologías de la Información y las Comunicaciones (TURITEC)”. Málaga.

-Cánoves, G. et al. 2004. “Turismo rural en Cataluña y Galicia: algunos problemas sin resolver”. En Cuadernos Geográficos. 34 (pp 111-128).

-De Pablos, J. C. y Sánchez, L. 2003. “Estilos de vida y revitalización del espacio urbano”. En Papers. 71 (pp 11-31).

-López, Morales, M. 2003. “El potencial turístico de los balnearios”. Estudios Turísticos. 157 (pp 125-145).

-Mantecón, A. 2008. “Procesos de urbanización turística. Aproximación cualitativa al contexto ideológico”. En Papers. 89 (pp 127-144).

-Ontiveros, M. et al. 2010. “Turismo en Playa del Carmen – México. Impactos socioculturales en la Colonia Colosio”. En Estudios y Perspectivas en Turismo. 19.5 (pp 850-865).

-Sparrer, M. 2003. “Género y turismo rural. El ejemplo de la costa coruñesa”. En Cuadernos de Turismo. 11 (pp 181-197).

*Todos estes artigos pertencen a revistas, ou actas de congresos, de acceso público. Estarán dispoñibles, ademais, na plataforma moodle da asignatura.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías