Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Planificación e xestión de destinos e novos produtos turísticos de patrimonio Código 615488012
Titulación
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencia Política da Administración
Coordinación
Leira Lopez, Jose
Correo electrónico
jose.leira@udc.es
Profesorado
Leira Lopez, Jose
Correo electrónico
jose.leira@udc.es
Web
Descrición xeral Con este programa preténdese unha comprensión da diversidade das dinámicas culturais e as políticas patrimoniais. Establécese como obxectivo prioritario a formación na planificación social e na xénese de modelos de proxectos socioculturais e turísticos para unha posta en valor dos bens patrimoniais e culturais nunhas estratexias de desenvolvemento socioeconómico, tendo en conta a valoración dos procesos identitarios. Reflexiónase tamén sobre as tendencias e os retos culturais que emerxen na nosa sociedade.

Tentarase tamén aproximar ós alumnos e alumnas á Interpretación do Patrimonio como disciplina ou ferramenta axeitada para conferir ese uso social que debe ter o patrimonio, de xeito que este poda ser percibido, e que produza unha actitude positiva do público visitante con respecto ó recurso. A Interpretación poderíase definir, tal como o fai a Asociación para a Interpretación do Patrimonio como a arte de revelar in situ o patrimonio ó público visitante no seu tempo de ocio.

Polo tanto, esta materia tratará de dotar aos alumnos do coñecemento científico e da metodoloxía precisa para a análise dos bens patrimoniais e o turismo cultural, e o posterior desenvolvemento de políticas culturais e turísticas que leven a un maior coñecemento e conservación do patrimonio, a un incremento na satisfacción dos visitantes e a unha maior calidade de vida da poboación local.





Fontes multimedia elaboradas polos profesores (a disposición do alumnado en Moodle):



Presentacións en Power Point 1 e 2

Autor:José Leira

P1: Explicación xeral da materia

P2: Planificación e xestión de novos produtos e destinos turísticos de patrimonio



Presentacións en Power Point 3, 4, 5, 6,7

Autora:María Elvira Lezcano

P3: Introducción á Interpretación do Patrimonio: Definición, principios, público, medios

P4: Turismo e IP

P5: Medios para a IP

P6: Interpretación temática

P7: Planificación interpretativa




Ademáis, na plataforma Moodle, os profesores porán a disposición do alumnado unha serie de documentos en pdf para consulta voluntaria, de gran utilidade para complementar a materia ou o futuro profesional.





TRABALLOS



Os traballos propostos para esta materia, tal como se explica no apartado de avaliación, son dous. Un correspondente á parte do profesor Leira e outro á da profesora Lezcano.


Traballo do profesor Leira: consiste na lectura de catro breves textos propostos polo profesor, sobre os que os alumnos terán que facer unha recensión. Extensión máxima, 6 páxinas


Partes das que constará o traballo:


1-Breve resumo das lecturas


2-Comentario crítico final que relacione o contido dos textos coas posibilidades de deseñar un proxecto de desenvolvemento socioeconómico do territorio baseado nun turismo que se sinta atraido polos bens culturais e patrimoniais.


Traballo da profesora Lezcano: análise pormenorizada dun lugar no que se empregue a Interpretación do Patrimonio como ferramenta de xestión. Proponse o seguinte esquema, que se exporá dun xeito máis detallado na plataforma Moodle . Extensión máxima: 10 páxinas



Esquema do traballo:


1. Situación de partida. Breve explicación sobre o lugar visitado


2. Clasificación e análise de medios.


3. Especial atención á visita guiada.


4. Análise da mensaxe (tanto na exposición a nivel xeral, como na visita guiada)


5. Valoración global da exposición dende o punto de vista da IP


6. Conclusión final. Propostas de mellora.



Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Que os estudantes coñezan os principios da planificación e a xestión sostible
A2 Diagnosticar necesidades e oportunidades e identificar as potencialidades e ameazas do turismo para o desenvolvemento integral das sociedades receptoras
A4 Que os alumnos aprendan as técnicas de dirección de organizacións públicas e de empresas do sector turístico
A5 Que os alumnos teñan coñecementos sobre a normativa que regula as actividades turísticas
A6 Saber manexar o capital social, entendendo o destino turístico como sistema e relacionar axentes implicados no desenvolvemento do produto turístico
A7 Capacidade para interpretar os cambios sociais e como afectan ás innovacións nos produtos e ao comportamento do consumidor
A8 Planificar novos destinos e produtos turísticos
A9 Remodelar destinos turísticos maduros para adaptalos ás novas esixencias da demanda e ao desenvolvemento sostible das comunidades receptoras
A10 Manexar as TIC para a comunicación, promoción e a comercialización
A11 Saber definir proxectos de investigación innovadores que repercutan positivamente no sector
A12 Utilizar as metodoloxías científicas axeitadas tanto cualitativas coma cuantitativas
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Resolver problemas de forma efectiva.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B11 Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito turístico.
B12 Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que lle doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións.
B13 Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica.
B14 Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos habilidades e destrezas.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Interiorizar os principios da xestión do patrimonio e o seu valor e repercusións sociais AM1
AM2
AM5
BM2
BM10
BM12
CM5
CM7
Analizar textos e argumentar no ámbito do patrimonio AM4
AM7
BM1
BM3
BM5
CM1
CM2
CM7
CM8
Identificar as bases da disciplina da Interpretación do Patrimonio AM8
AM10
AM12
Determinar a presenza da Interpretación do patrimonio e avaliar a súa efectividade AM1
AM11
BM1
BM2
BM3
BM13
CM1
CM4
CM6
Explicar o proceso da planificación interpretativa AM1
AM6
AM8
AM9
AM12
BM2
BM3
BM6
BM11
BM14
CM2
CM5
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. Cultura e patrimonio. Memoria e territorio
(Profesor Leira)
1.1. Conceptos
1.2. Recursos patrimoniais
1.3. Bens de interese cultural
2. Memoria colectiva, cultura e patrimonio: tres eixes do cambio social. Os proxectos socioculturais
(Profesor Leira)
2.1. Desenvolvemento socieconómico baseado no patrimonio e o turismo cultural.
2.2. Bases para o deseño de proxectos socioculturais.
3. Do obxecto patrimonial ao produto turístico
(Profesor Leira)
3.1. Planificación, xestión e eficacia social.
3.2. Procesos e políticas patrimoniais e turísticas
4. A Interpretación do Patrimonio como ferramenta de xestión. Os medios interpretativos
(Profesora Lezcano)
4.1. Historia e significado.
4.2. Premisas fundamentais
4.3. Clasificación dos medios de IP
5. A elaboración da mensaxe interpretativa
(Profesora Lezcano)
5.1. A Interpretación secuencial e temática. O tópico e o tema.
5.2.A comunicación e a Interpretación.
6. A planificación interpretativa
(Profesora Lezcano)
6.1. Fases na planificación
6.2. O cálculo do potencial interpretativo
6.3. A avaliación
6.4. Boas prácticas en interpretación


7. Bens culturais, interpretación e turismo
(Profesores Leira e Lezcano)
7.1. Desenvolvemento socioeconómico
7.2. Construción de proxectos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A4 A6 A8 A9 A10 A11 A12 A1 A2 A3 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B2 B3 B4 B5 C1 C4 C5 C6 C7 C8 0 15 15
Aprendizaxe colaborativa A7 A2 A3 B6 B7 B9 B10 B11 B13 B14 B1 B2 B3 B4 C2 C3 0 15 15
Discusión dirixida A7 A2 B7 B11 B13 B2 B3 B4 C1 C4 C6 C7 4 0 4
Lecturas A11 A1 A2 B8 B11 B13 B1 B4 C1 C4 C7 0 10 10
Sesión maxistral A5 A7 A11 A1 A2 B11 B12 B13 B1 B3 C1 C4 C5 C6 C7 C8 26 0 26
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Pódese realizar de xeito presencial ou utilizando as novas tecnoloxías da información e as comunicacións.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Tanto os alumnos presenciais coma os no presenciais desenvolverán este tipo de traballo.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Máis dirixido ao alumnado presencial
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre e espontánea sobre un tema, aínda que xeralmente estarán coordinados por un moderador.

Co alumnado presencial desenvolverase durante a clase e co non presencial a través dos foros de participación obrigatoria
Lecturas Lecturas que debe realizar o estudante a proposta dos textos sinalados polos profesores. Implica un incremento do coñecemento da materia e a formación do espíritu crítico preciso. Considérase imprescindible no contexto en que se desenvolve esta formación.

Establécense uhnas lecturas obrigatorias tanto para os alumnos presenciais como para os non presenciais, tal como se especifica na avaliación. Engádense moitos documentos de lectura na plataforma Moodle, para que estean a disposición do alumnado, pero a súa lectura non é obrigatoria
Sesión maxistral Exposición oral, presencial e/ou apoiada con tecnoloxías da información e as comunicacións, e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Dirixida aos alumnos presenciais.
Para o alumnado non presencial, estas clases sustitúense polas presentacións en power point detalladas sobre os contidos, con consultas a través do correo electrónico ou explicacións con grabacións ou por skype.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Aprendizaxe colaborativa
Discusión dirixida
Lecturas
Descrición
As clases impartiranse durante dúas semanas de forma presencial e atenderase aos alumnos on line. Resolveranse dúbidas cando sexa preciso, mesmo despois desas datas.


O ensino desta materia combinará os seguintes métodos:

Modalidade presencial

- Clases expositivas por parte dos profesores nas que se tratará de fomentar a participación do alumnado
- Exercicios prácticos para desenvolver de xeito individual ou en grupo na clase
- Lectura e análise de textos
- Estudio de casos
- Saída de campo
- Incremento das horas de dedicación ao alumno para asesoralo nos puntos anteriores.

Modalidade a distancia:

- Presentacións da materia en Power Point, acompañados de arquivos de voz ou vídeos
- Lectura de textos recomendados. Estudo de casos
- Resolución de dúbidas on line
- Foros de discusión
- Contacto a través do correo electrónico e Skype


As pautas para os traballos na modalidade on line daranse a través da plataforma moodle. A atención ao alumnado farase a través da plataforma ou do correo electrónico dos profesores.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A4 A6 A8 A9 A10 A11 A12 A1 A2 A3 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B2 B3 B4 B5 C1 C4 C5 C6 C7 C8 Análise pormenorizada dun lugar no que se empregue a Interpretación do Patrimonio como ferramenta de xestión. Seguiranse as pautas propostas pola Profesora María Elvira Lezcano (plataforma Moodle). Extensión máxima: 10 páxinas

Este traballo será correxido pola profesora Lezcano
40
Aprendizaxe colaborativa A7 A2 A3 B6 B7 B9 B10 B11 B13 B14 B1 B2 B3 B4 C2 C3 Asistencia ou traballo en conxunto ou individual na aula ou na plataforma virtual, a partir de cuestións propostas polos profesores.

Para o alumnado presencial pode ser a asistencia á saída de campo ou a participación dalgunha actividad proposta na clase

Para o alumnado non presencial valorarase a través da participación nos foros e a calidade das argumentacións presentadas neles.
10
Discusión dirixida A7 A2 B7 B11 B13 B2 B3 B4 C1 C4 C6 C7
Para o alumnado on line participación nos foros propostos
Para o alumnado presencial, participación nas clases.
10
Lecturas A11 A1 A2 B8 B11 B13 B1 B4 C1 C4 C7 Realización dunha recensión e comentario crítico a partir de catro pequenas lecturas, propostas polo profesor José Leira (en moodle). Extensión máxima: 6 páxinas.

Este traballo será correxido polo profesor Leira
40
 
Observacións avaliación

A data límite para a entrega dos traballos ou as
participacións no foro (1) é arredor dun mes despois da etapa de docencia (11 de abril). Especificarase dun xeito máis concreto 15 días antes do comezo da materia.

(1) Prégase que as intervencións se fagan dun xeito progresivo a medida que se van consultando os materiais.

Fontes de información
Bibliografía básica (). .
LEIRA, J ((2003)). "Cultura proyectual y turismo emergente". En: Sociología del Turismo, Rubio Gil, A. (Coord.), Editorial Arie
LEZCANO GONZÁLEZ, M.E ((2011)). "El Sanatorio Riazor, una auténtica experiencia interpretativa. .En: Boletín de Interpretación nº 25, AIP. "http://www.interpretaciondelpatrimonio.com/boletin&
PADRÓ, J. ((2000)). "La gestión del patrimonio. Una perspectiva territorial". O patrimonio e a cultura proxectual.Un diálogo necesario.Leira y Méndez. Deputación da Coruña
LEIRA, J. ((1999)). "Memoria colectiva, cultural y patrimonio.Tres ejes del cambio social". En: Historia Regional e Local (III). Cámara Municipal de Maia, Maia (Portugal)
MIRÓ, M. ((2000)). El patrimonio en busca de su lugar en el mundo. Una reflexión sobre los modelos de puesta en valor del patrimonio en España". En: O patrimonio e a cultura proxectual. Un diálogo necesario.Leira, J. y Méndez, R. (coords.).Depu
TILDEN, F. ((2006)). La interpretación de nuestro patrimonio. Asociación para la Interpretación del Patrimonio, Sevilla.

As catro primeiras referencias son as de lectura obligatoria para o traballo do porfesor Leira

Bibliografía complementaria LEZCANO GONZÁLEZ, M.E ((2012)). "El Camino de San Andrés de Teixido: Una experiencia turística auténtica, emocional e integral". En: Actas del I Congreso Internacional EJTHR, Destination Branding, Heritage an Authenticity.ISBN 97
MORALES, J. ((2008)). "El sentido y metodología de la interpretación del patrimonio". En: La comunicación global del patrimonio cultural. MATEOS RUSILLO, S.M. (coord.). Ediciones trea,
LEIRA , J. ((2001)). "El turismo cultural como sistema dinamizador. Eficacia y planificación social". En: Desenvolvemento e planificación municipal do turismo. Álvarez Sousa, , A. (Coord.). Ariel, Madr
LEIRA , J. ((2007)). "Europa: As raíces da construcción de novas identidades. Claves reflexivas para un debate". En: Aulas no Camiño. Diálogos nun Camiño da Cultura Europea. Leira, X. (ed.). Servizo de publicació
LEIRA , J. ((2011)). "La interpretación necesaria en el Turismo Cultural. De los principios de Tilden a los procesos actuales". En: Teoría sociológica y turismo. Álvarez Sousa, A., (Ed.). Netbiblo, Oleiros (A Coruña. •
LEZCANO GONZÁLEZ, M.E. ((1999)). "Novas tendencias en Museoloxía: A Interpretación do patrimonio". En: Actas do congreso Desenvolvemento Municipal do Turismo, Universidade da Coruña, A Coruña.
LEZCANO GONZÁLEZ, M.E. ((2004)). A reinterpretación do patrimonio como cultura e economía : os casos de Galicia e Illes Balears". En: Actas do XV Congreso Nacional de Historia da Arte, Universitat de les Illes Balears, Palma de Ma
HAM, S. ((1992)). Environmental Interpretation. A practical guide for people with Big Ideas and Small Budgets. Fulcrum Publishing, Colorado.
MORALES, J. ((1998)). Guía práctica para la Interpretación del Patrimonio. Instituto Andaluz del Patrimonio, Sevilla
GONZÁLEZ, M., LEZCANO, M:E. y SERANTES, A. ((2014)). Interpretación do patrimonio artístico: guía para profesionáis do turismo. CEIDA (Centro de Extensión UNiversitara e Educación Ambiental de Galicia, Oleiros, A Coruña
HAM, S. ((2015)). Interpretación: para marcar la diferencia intencionadamente. Asociación para la Interpretación del Patrimonio (AIP; Valladolid
VEVERKA, J. ((1998)). Interpretive master planning. Accorn Naturalists
PRENTICE, R. ((1993)). Tourism and heritage atractions. Routledge, London.

BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA

Trátase dunha listaxe de lecturas recomendadas (servirán de consulta para os traballos), non  son de obrigada lectura:


Na plataforma Moodle, inclúense unha serie de documentos en pdf, artigos, manuais, que non son de lectura obrigatoria, senónn de apoio á docencia. Sirven de consulta ao alumnado o están pensadas para un uso futuro.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

MATERIAIS

Na plataforma Moodle atoparanse os materiais necesarios:

.Para a parte del Profesor  José Leira,  unha presentación en Power Point, na que se sintetiza a súa parte da materia e catro lecturas propostas, sobre as que se elaborará una recensión (explicada na parte de Avaliación).

.Para a parte da Profesora María Elvira Lezcano, catro presentacións en Power Point nas que se ofrecen de xeito sintético e acompañados de imaxes, os contidos do resto da materia, que se centra na disciplina da Interpretación do patrimonio. Ademais inclúense  aclaracións, notas de voz, vídeos, materiais (documentos en pdf, manuais, artigos …) e lecturas útiles para consultar ou de interese para o futuro.

.Na modalidade on line, os alumnos terán que revisar as presentacións e realizar as preguntas que consideren oportunas. Sobre todo, con relación á parte de Interpretación, proporanse algúns foros que, xeralmente, servirán para aclarar dúbidas ou dar explicacións e nos que se prega participación (unha porcentaxe da nota decidirase a partir das intervencións, para o alumnado on line, tal como se expresa na Avaliación).



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías