Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Socioloxía dos Mercados Código 615518001
Titulación
Mestrado Universitario en Socioloxía Aplicada: Investigación Social e de Mercados
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Rodríguez Rodríguez, María del Carmen
Correo electrónico
carmen.rodriguez2@udc.es
Profesorado
Rodríguez Rodríguez, María del Carmen
Correo electrónico
carmen.rodriguez2@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia tratará de aproximarse ao concepto de mercado desde un punto de vista sociolóxico, reflexivo e crítico. Para iso estudarase o mercado como institución social, os mercados desde una perspectiva histórica e a interrelación entre Mercado, Estado e Terceiro Sector.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Dominar nun nivel de postgrado os coñecementos, as ferramentas e os procedementos da investigación social e de mercados aplicándoos á solución de problemas e necesidades
A2 Aplicar os procesos e protocolos de captación de información necesarios para observar e analizar de forma correcta e propria dun nivel avanzado o comportamento dos usuarios ou consumidores
A3 Ser quen de deseñar un proceso de investigación de carácter empírico demostrando dominio no uso de técnicas de investigación cuantitativas e/ou cualitativas
A5 Ter capacidade para identificar, nun nivel de postgrado, a relevancia dos distintos factores relacionados cos contornos sociais, os mercados e os consumidores que deben ser tidos en conta na investigación
A6 Análisis crítico das sociedades de consumo actuais que permita coñecer a estructuración e o significado social do consumo
A10 Ser quen de redactar, presentar e defender documentos e informes de investigación social e de mercados
A11 Coñecer, nun nivel avanzado, os mercados e os consumidores, apreciando a diversidade dos seus enfoques
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (o multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 Que os estudantes sexan quen de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuizos a partires de unha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos
B4 Que os estudiantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüedades
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo
B6 Ser quen de buscar, xestionar, analizar e sintetizar a información, seleccionando aquela que resulta pertinente para a toma de decisións
B7 Ter capacidade creativa, proactiva e emprendedora
B8 Ser quen de integrar as NTICs (Novas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións) na tarefa profesional e/ou investigadora
B10 Ser quen de traballar en equipo eficaz e eficientemente
B11 Ser quen de asumir responsabilidades tanto individuais como colectivas na tarefa investigadora ou profesional
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C6 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Explicar sociolóxicamente os mercados, a súa dimensión como institución social e histórica e as relacións e influencias que manteñen co sector público e o Terceiro Sector. AM2
AM5
AM11
BM3
BM8
CM5
CM6
CM7
Analizar dunha forma crítica os conceptos que sobre o mercado desenvolven varios autores. AM1
AM6
BM5
BM6
BM7
CM4
CM8
Aplicar os coñecementos sociolóxicos relativos ao mercado para dimensionar e xustificar un obxecto de estudo de investigación social e/ou de mercados. AM3
AM5
AM10
BM6
Ser capaces de expresar oralmente e por escrito as reflexións e conclusións obtidas a partir das lecturas, as prácticas en clase e os debates realizados na aula. AM10
BM2
BM4
BM10
BM11
CM1

Contidos
Temas Subtemas
1. O mercado como institución social

1.1. Aproximación sociolóxica ao concepto de mercado
2. Os mercados na Historia 2.1. K. Polanyi e a ruptura da ortodoxia
3. Mercado, Estado e Terceiro Sector 3.1. Repensar o papel do mercado

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A1 A2 A3 A6 A10 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B11 C1 C4 C5 C6 C7 C8 4 37 41
Lecturas A1 A5 A6 A11 B3 B6 0 26 26
Sesión maxistral A5 A6 A11 4 0 4
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Traballos elaborados polo alumno.
Lecturas Selección de lecturas sobre as que se traballará de forma reflexiva.
Sesión maxistral Clase expositiva na que se valorará a participación activa do alumno.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Lecturas
Descrición
A asistencia á sesión de clase maxistral é obrigatoria (se non se pode asistir hai que porse en contacto coa profesora).
O seguimento do curso realizarase a través de tutorías. Ao principio do cuatrimestre, comunicarase o lugar e horario das tutorías presenciales. Para as tutorías non presenciales, utilizaranse Moodle e o correo de forma activa para realizar o seguimento da materia.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica acordarase a principio de curso un calendario específico de tutorías compatible coa súa dedicación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A5 A6 A11 A asistencia e a participación en clase e nas tutorías terase en conta. 10
Traballos tutelados A1 A2 A3 A6 A10 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B11 C1 C4 C5 C6 C7 C8 Realizaranse varios traballos ao longo do curso (comentarios de texto, de vídeos, análise de noticias...) e entregaranse nas datas estipuladas pola profesora. 60
Lecturas A1 A5 A6 A11 B3 B6 Realizarase un comentario sobre unha serie de lecturas propostas durante o curso que terá que entregarse ao final deste. 30
 
Observacións avaliación
A avaliación continua consistirá na realización de traballos tutelados ao longo do curso (que supoñerán un 60% da nota), dun ensaio sobre varias lecturas (que valerá un 30% da nota) e a asistencia e participación (que supoñerán un 10% da nota final). A asistencia á clase maxistral é obrigatoria (se non se pode asistir hai que porse en contacto coa profesora).

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica acordarase a principio de curso un calendario específico de tutorías e de prazos de entrega dos traballos tutelados (70% da nota) e das lecturas (30% da nota final) compatible coa súa dedicación.

A avaliación en segunda oportunidade consistirá na realización dun traballo sobre toda a materia ou, si a avaliación foi continua, a recuperación das probas non superadas durante o curso.
A primeira opción supoñerá un 100% da nota, a segunda supoñerá a parte correspondente da nota da proba recuperada (gardaranse as notas das probas superadas durante o curso). As instrucións sobre a súa elaboración serán proporcionadas pola profesora nunha tutoría.




Fontes de información
Bibliografía básica Prieto, C. (1996). "K. Polanyi: crítica del mercado, crítica de la economía", Política y Sociedad, nº 21, 23-34.
Powell, W. y DiMaggio, P. (1999). El nuevo institucionalismo en el análisis organizacional. México: Colegio Nacional de Ciencias Políticas y Administración Pública
Polanyi, K. (2009). El sustento del hombre. Madrid: Capitán Swing
Berger, P. y Luckmann, T. (1968). La construcción social de la realidad. Buenos Aires: Amorrortu
Polanyi, K. (2003). La gran transformación: los orígenes políticos y económicos de nuestro tiempo. México: FCE
Mingione, E. (1994). Las sociedades fragmentadas. Una sociología de la vida económica más allá del paradigma del mercado. Madrid: Centro de publicaciones, Ministerio de Trabajo y Seguridad Social
Polanyi, K. (2014). Los límites del mercado: reflexiones sobre economía, antropología y democracia. Madrid: Capitán Swing

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías