Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Investigación: Deseño e Proceso Código 615518005
Titulación
Mestrado Universitario en Socioloxía Aplicada: Investigación Social e de Mercados
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Lopez Rey, Jose
Correo electrónico
jose.lopez.rey@udc.es
Profesorado
Lopez Rey, Jose
Correo electrónico
jose.lopez.rey@udc.es
Web
Descrición xeral A materia aborda en primeiro lugar unha reflexión e un posicionamento sobre a concepción da práctica da investigación. Posteriormente concrétase a lóxica do proceso de investigación nas súas fases e tarefas concretas. Aínda que se ten especialmente en conta o carácter pluriparadigmático da investigación en ciencias sociais (e a subseguinte configuración de diferentes perspectivas metodolóxicas: distributiva, estrutural e dialéctica en termos de Ibáñez), a presenza doutras materias que profundan nalgunhas delas, así como o limitado do tempo, fan que nesta materia fágase especial fincapé no deseño cuantitativo e no mixto.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Dominar nun nivel de postgrado os coñecementos, as ferramentas e os procedementos da investigación social e de mercados aplicándoos á solución de problemas e necesidades
A2 Aplicar os procesos e protocolos de captación de información necesarios para observar e analizar de forma correcta e propria dun nivel avanzado o comportamento dos usuarios ou consumidores
A3 Ser quen de deseñar un proceso de investigación de carácter empírico demostrando dominio no uso de técnicas de investigación cuantitativas e/ou cualitativas
A4 Ser quen de discriminar a técnica de investigación axeitada ao problema plantexado
A5 Ter capacidade para identificar, nun nivel de postgrado, a relevancia dos distintos factores relacionados cos contornos sociais, os mercados e os consumidores que deben ser tidos en conta na investigación
A7 Ser quen de xustificar unha axeitada segmentación e selección do público obxectivo
A8 Ter capacidade para traballar críticamente con fontes de datos, metodoloxías e técnicas de investigación científica e ferramentas informáticas proprias da investigación social e de mercados
A10 Ser quen de redactar, presentar e defender documentos e informes de investigación social e de mercados
B1 Posuer e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a cotío nun contexto de investigación
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (o multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 Que os estudantes sexan quen de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuizos a partires de unha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos
B4 Que os estudiantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüedades
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo
B6 Ser quen de buscar, xestionar, analizar e sintetizar a información, seleccionando aquela que resulta pertinente para a toma de decisións
B7 Ter capacidade creativa, proactiva e emprendedora
B9 Ter capacidade de analizar críticamente tanto o traballo proprio como o dos compañeiros
B10 Ser quen de traballar en equipo eficaz e eficientemente
B11 Ser quen de asumir responsabilidades tanto individuais como colectivas na tarefa investigadora ou profesional
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Formular e secuenciar un deseño de investigación social e/ou de mercado, cunha comprensión profunda da súa estrutura lóxica e metodolóxica AM1
AM2
AM3
AM5
BM1
BM2
BM5
BM7
Discriminar os diferentes tipos de deseño posibles en función dos obxectivos da investigación concretos, con especial atención ao deseño en investigación cuantitativa AM2
AM5
BM2
BM3
BM7
Redactar informes de resultados de investigación cunha linguaxe axeitada e profesional AM4
AM7
AM8
AM10
BM3
BM4
BM6
BM7
BM9
BM10
BM11
CM1

Contidos
Temas Subtemas
1. Introducción Presentación. obxectivos e metodoloxía da materia
2. O proceso de investigación A lóxica do proceso de investigación. Perspectivas metodolóxicas. Modelos. Etapas do proceso
3. O deseño na investigación cuantitativa Características do deseño nunha investigación cuantitativa. Deseños de investigación. Operativización de conceptos e medida. A preparación dos datos.
4. O deseño na investigación mixta. Bases e razóns. Definicións. Ubicación das investigacións mixtas. Elementos. Características xerais. Usos e tipos. Preguntas e obxectivos.
5. Os informes Estilos e redacción.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas A1 A3 A4 A5 A7 A8 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 C1 C6 5 20 25
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A2 A3 A4 A5 A7 A8 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 C1 5 20 25
Sesión maxistral B1 C6 10 15 25
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Diariamente plantexaranse diferentes problemas ou prácticas referidas aos distintos temas que servirán para que o/a estudante adquira á experiencia mínima para ser quen de presentar despois un somero deseño de investigación
Investigación (Proxecto de investigación) Constitúe o elemento avaliable principal. Todas as actividades denominadas "solución de problemas" no apartado anterior están orientadas a que o/a estudante sexa quen de problematizar un obxecto de estudo e plantexar o deseño xeral de investigación referido a el.
Sesión maxistral A dinámica das clases é a seguinte: primeiro faráse unha presentación dende un punto de vista teórico e xeral e logo aplicaránse no contexto de investigacións específicas que ilustren o exercicio da práctica da investigación nas súas distintas orientacións metodolóxicas. Noutras palabras, compaxinaránse as clases teóricas maxistrais con outras máis prácticas nas que os conceptos tratados se presenten no contexto de investigacións concretas.
A dinámica do curso require necesariamente consultar a documentación dispoñible antes da sesión teórica e así favorecer que o tempo na aula sexa mellor aproveitado

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Investigación (Proxecto de investigación)
Descrición
A atención persoalizada realizarase individualmente nos traballos tutelados, a resolución de problemas e a revisión das probas obxectivas cando a retroalimentación de cara ao alumno así o requira. Tamén na aula prevese adicar parte das sesións maxistrais cando a ocasión o precise.
Recomendase a todos os alumnos que, ante la dúbida, fagan uso das tutorías sempre.
En calquera caso, se o/a estudante non puidera asisitir no horario indicado, que escriba un correo a jlopezr@udc.es para fixar a entrevista nunha hora máis convinte para ela ou el.
A referida ao proxecto do deseño de investigación, será no horario de titorías do profesor

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A1 A3 A4 A5 A7 A8 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 C1 C6 As diferentes prácticas e solucións de problemas realizadas na aula proporcionan experiencia para a práctica avaliable principal. O seu peso na avaliación é mínimo e sobre todo serven para determinar o interese, actitude e participación do alumnado 15
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A2 A3 A4 A5 A7 A8 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 C1 A principios de curso concretarase na aula as posibilidades de traballo. 85
 
Observacións avaliación

A principio de curso estará dispoñible na plataforma virtual unha Guía de Estudo da Materia con todas as indicacións precisas referidas ao deseño de investigación esixido para a avaliación da materia.

Para o alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa adicación. En caso de non acrordarense uns elementos de avaliación particulares para os/as estudantes a tempo parcial, na primeira e segunda oportunidade os criterios de avaliación rexiranse dacordo a modalidade de avaliación non continua.


Fontes de información
Bibliografía básica GARCIA FERRANDO, M.; IBAÑEZ, J.; ALVIRA, F. (1994). El análisis de la realidad social. Madrid: Alianza
BOURDIEU, P.; CHAMBORENDON, J.-C.; PASSERON, J.-C (1976). El oficio de sociólogo. Presupuestos epistemológicos. Madrid: Siglo XXI
BORRÀS, V.; LOPEZ-ROLDAN, P.; LOZARES, C. (1999). La articulación entre lo cuantitativo y lo cualitativo: de las grandes encuestas a la recogida de datos intensiva. pp. 525-541. Qüestiió 23, 3
VV.AA. (1996). La construcció de tipologies. Exemples d'aplicació. Papers. Revista de Sociologia, 48
Quivy, Raymond y Campenhoudt, Luc van (1992). Manual de investigación en ciencias sociales. Mexico: Limusa
Miguel, Amando de (1997). Manual del perfecto sociólogo. Madrid : Espasa
CEA D’ANCONA, M. Angeles (1996). Metodología cuantitativa. Estrategias y técnicas de investigación social. Madrid: Síntesis
CEA D’ANCONA, M. Ángeles (2004). Métodos de encuesta. Teoría y pràctica, errores y mejora. Madrid: Síntesis
IBAÑEZ, Jesús (1994). Perspectivas de la investigación social: el diseño en las tres perspectivas. En: El análisis de la realidad social. Madrid: Alianza

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías