Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Muestreo e Probas de Decisión Estatística Código 615518006
Titulación
Mestrado Universitario en Socioloxía Aplicada: Investigación Social e de Mercados
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencia Política da Administración
Coordinación
Muñoz Goy, Maria Celia
Correo electrónico
celia.munoz.goy@udc.es
Profesorado
Muñoz Goy, Maria Celia
Correo electrónico
celia.munoz.goy@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo xeral desta materia é que os estudantes adquiran as destrezas e competencias, a nivel de posgrao, no uso das probas de decisión estatística e das principais formas de mostraxe, ferramentas da estatística inferencial que resultan fundamentais á hora de realizar a recollida de información e a interpretación dos resultados nunha investigación social ou de mercados.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Dominar nun nivel de postgrado os coñecementos, as ferramentas e os procedementos da investigación social e de mercados aplicándoos á solución de problemas e necesidades
A3 Ser quen de deseñar un proceso de investigación de carácter empírico demostrando dominio no uso de técnicas de investigación cuantitativas e/ou cualitativas
A4 Ser quen de discriminar a técnica de investigación axeitada ao problema plantexado
A8 Ter capacidade para traballar críticamente con fontes de datos, metodoloxías e técnicas de investigación científica e ferramentas informáticas proprias da investigación social e de mercados
A10 Ser quen de redactar, presentar e defender documentos e informes de investigación social e de mercados
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (o multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B4 Que os estudiantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüedades
B6 Ser quen de buscar, xestionar, analizar e sintetizar a información, seleccionando aquela que resulta pertinente para a toma de decisións
B9 Ter capacidade de analizar críticamente tanto o traballo proprio como o dos compañeiros
B10 Ser quen de traballar en equipo eficaz e eficientemente
C3 Utilizar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da vida

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ao finalizar satisfactoriamente esta materia, a/o alumna/o coñecerá e será capaz de utilizar as principais distribucións estatísticas teóricas de aplicación no proceso do deseño muestral e nas probas de decisión estatística. AM1
Ao finalizar satisfactoriamente esta materia, a/o alumna/o será capaz de analizar e explicar críticamente as diferenzas entre os tipos de mostraxe e seleccionar o máis adecuado para diferentes contextos. AM1
AM3
AM4
AM8
BM2
BM6
BM9
BM10
Ao finalizar satisfactoriamente esta materia, a/o alumna/o será capaz de deseñar un plan de mostraxe tendo en conta as características da poboación, así como as posibles restricións de tipo económico e/ou os criterios técnicos. AM1
AM3
AM4
AM8
BM2
BM6
BM9
BM10
CM3
Ao finalizar satisfactoriamente esta materia, a/o alumna/o será capaz de interpretar os resultados de diferentes probas de decisión estatística, podendo explicar as consecuencias que devanditos resultados teñen respecto das hipóteses de traballo expostas. AM1
AM4
AM8
AM10
BM2
BM4
BM6
BM9
BM10
CM3

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: INTRODUCIÓN Á ESTATÍSTICA INFERENCIAL
1.1. Introdución á análise inferencial.
1.2. Nocións básicas de probabilidade.
1.3. Utilización de distribucións probabilísticas teóricas: normal, t de Student, chi-cadrado, binomial, F de Snedecor.
TEMA 2: MOSTRAXE 2.1. A mostraxe na investigación social e de mercados. Utilidade e vantaxes.
2.2. Principais conceptos da mostraxe estatística. Tipos de mostraxe: probabilístico e non probabilístico.
2.3. Técnicas de mostraxe probabilístico: mostraxe aleatoria simple, mostraxe estratificada, mostraxe por conglomerados, mostraxe sistemática con arranque aleatorio.
2.4. Técnicas de mostraxe non probabilísitico: mostraxe accidental, mostraxe intencional, mostraxe por cotas.
2.5. Cálculo do tamaño muestral.
2.6. Exemplos de deseños muestrales na investigación social.
TEMA 3: PROBAS DE DECISIÓN ESTATÍSTICA 3.1. O uso das probas de decisión estatística na investigación social e de mercados.
3.2. Formulación de hipótese.
3.3. Elección da proba estatística. Técnicas paramétricas e aparamétricas.
3.4. Nivel de significación e definición da rexión de rexeitamento.
3.5. Cálculo do valor da proba estatística.
3.6. Aplicación da regra de decisión.
3.7. Conclusión da proba estatística.
3.8. Principais probas de decisión estatística e a súa aplicación na investigación social e de mercados.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A1 A3 A4 A8 B2 B10 C3 6 6 12
Obradoiro A1 A3 A4 A8 A10 B2 B4 B6 B9 B10 6 9 15
Solución de problemas A1 A4 A8 B2 B6 C3 8 12 20
Proba obxectiva A1 A4 B2 3 6 9
Sesión maxistral A1 A3 A4 A8 C3 7 7 14
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial, que se basean na organización da clase en pequenos grupos de traballo, de dous ou tres alumnos/as, nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Obradoiro Valorarase cun máximo do 40% da nota final a participación nos obradoiros, nos que se exporán e debaterán as solucións que os grupos de traballo desen aos problemas expostos. Realizaranse polo menos dous tipos de talleres, un relacionado coas probas de decisión estatística e outro coa mostraxe. Para superar a asignatura requírese obter polo menos a metade da puntuación na participación nos talleres.
Solución de problemas Valorarase cun máximo do 30% da nota final a participación na resolución de problemas, que consiste en que os grupos de traballo cheguen a resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos revisados previamente nas sesións maxistrais. Exporanse distintos tipos de problemas relacionados coa aplicación da mostraxe e coa utilización das probas de decisión estatística. Para superar a asignatura requírese obter polo menos a metade da puntuación na resolución de problemas.
Proba obxectiva Valorarase cun máximo do 30% da nota final as notas obtidas nas probas obxectivas, que consisten en probas de carácter periódico, realizadas de maneira individual, para valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos da materia, compostas por exercicios breves e cuestións curtas e/ou de resposta múltiple. Estímase que se realizará unha proba obxectiva por tema. Para superar a asignatura requírese obter polo menos a metade da puntuación nas probas obxectivas.
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesor dos aspectos fundamentais de materia, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Obradoiro
Solución de problemas
Proba obxectiva
Sesión maxistral
Descrición
A atención personalizada é unha actividade académica que ten como finalidade atender as necesidades e consultas do alumnado, de forma individual ou en pequeno grupo, relacionadas co estudo e temas vinculados coa materia. Esta actividade desenvolverase de forma presencial (directamente na aula e nos momentos que a profesora ten asignados ás tutorías de despacho).

Pode solicitarse a atención personalizada nas horas presenciais ou nas horas de tutorías para resolver dúbidas en relación a temas concretos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A3 A4 A8 A10 B2 B4 B6 B9 B10 Valorarase cun máximo do 40% da nota final a participación nos obradoiros, nos que se exporán e debaterán as solucións que os grupos de traballo desen aos problemas expostos. Realizaranse polo menos dous tipos de talleres, un relacionado coas probas de decisión estatística e outro coa mostraxe. Para superar a asignatura requírese obter polo menos a metade da puntuación na participación nos talleres. 40
Solución de problemas A1 A4 A8 B2 B6 C3 Valorarase cun máximo do 30% da nota final a participación na resolución de problemas, que consiste en que os grupos de traballo cheguen a resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos revisados previamente nas sesións maxistrais. Exporanse distintos tipos de problemas relacionados coa aplicación da mostraxe e coa utilización das probas de decisión estatística. Para superar a asignatura requírese obter polo menos a metade da puntuación na resolución de problemas. 30
Proba obxectiva A1 A4 B2 Valorarase cun máximo do 30% da nota final as notas obtidas nas probas obxectivas, que consisten en probas de carácter periódico, realizadas de maneira individual, para valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos da materia, compostas por exercicios breves e cuestións curtas e/ou de resposta múltiple. Estímase que se realizará unha proba obxectiva por tema. Para superar a asignatura requírese obter polo menos a metade da puntuación nas probas obxectivas. 30
 
Observacións avaliación

A planificación exposta nesta guía docente supón a aplicación dun sistema de avaliación continua, polo que a cualificación final obterase promediando as cualificacións obtidas nos talleres, na solución de problemas e nas probas obxectivas, a condición de que se obteña polo menos a metade da puntuación en cada un dos sistemas de avaliación.


No caso de que non se obteñan os mínimos requiridos para superar a asignatura polo sistema de avaliación continua, as/os estudantes poderán ser avaliadas/os nunha proba obxectiva única que abarcará toda a materia. Dita proba obxectiva única consistirá nun exame composto por exercicios breves e preguntas curtas e/ou de resposta múltiple.


Nas convocatorias extraordinarias aplicarase o sistema de avaliación por proba obxectiva única.


Fontes de información
Bibliografía básica

GARCÍA FERRANDO, M. (1994): Socioestadística. Introducción a la Estadística en Sociología. (2ª Ed.) Alianza Universidad Textos, nº 96, Madrid.

PÉREZ LÓPEZ, C. (2010): Técnicas de muestreo estadístico. Ibergarceta Publicaciones. Madrid.

RITCHEY, F. J. (2002): Estadística para las Ciencias Sociales. McGraw-Hill, México.

RODRÍGUEZ OSUNA, J. (1991): Métodos de Muestreo. Madrid: CIS, Colección “Cuadernos Metodológicos”, nº 1.

SÁNCHEZ CARRIÓN, J. J. (1999): Manual de Análisis Estadístico de los Datos. Alianza Editorial, Madrid.

UÑA JUÁREZ, I.; SAN MARTÍN MORENO, J. y TOMEO PERUCHA, V. (2009): Cálculo de probabilidades. Ibergarceta Publicaciones. Madrid.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías