Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Análise Estatístico de Datos 2 Código 615518011
Titulación
Mestrado Universitario en Socioloxía Aplicada: Investigación Social e de Mercados
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencia Política da Administración
Coordinación
Otero Enriquez, Raimundo
Correo electrónico
raimundo.otero@udc.es
Profesorado
Otero Enriquez, Raimundo
Correo electrónico
raimundo.otero@udc.es
Web
Descrición xeral O principal obxectivo desta materia é a adquisición dun coñecemento eminentemente aplicado de catro técnicas de análise multivariante. Partindo deste obxectivo, o desenvolvemento das clases estruturase en torno á realización de varios exercicios prácticos nos que se reflicten os contidos teóricos abordados, e se reproducen escenarios estatísticos propios da socioloxía.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Dominar nun nivel de postgrado os coñecementos, as ferramentas e os procedementos da investigación social e de mercados aplicándoos á solución de problemas e necesidades
A3 Ser quen de deseñar un proceso de investigación de carácter empírico demostrando dominio no uso de técnicas de investigación cuantitativas e/ou cualitativas
A4 Ser quen de discriminar a técnica de investigación axeitada ao problema plantexado
A8 Ter capacidade para traballar críticamente con fontes de datos, metodoloxías e técnicas de investigación científica e ferramentas informáticas proprias da investigación social e de mercados
A9 Ter capacidade para integrar e aplicar as novas tendencias en investigación social e de mercados de xeito rentable e efectivo na empresa, as administracións ou outras organizacións
B1 Posuer e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a cotío nun contexto de investigación
B6 Ser quen de buscar, xestionar, analizar e sintetizar a información, seleccionando aquela que resulta pertinente para a toma de decisións
B7 Ter capacidade creativa, proactiva e emprendedora
B8 Ser quen de integrar as NTICs (Novas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións) na tarefa profesional e/ou investigadora
B9 Ter capacidade de analizar críticamente tanto o traballo proprio como o dos compañeiros
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma extranxeiro
C3 Utilizar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O/a estudante recordará os fundamentos estatísticos principais das técnicas de análise multivariante presentadas. AM1
AM8
AM9
O/a estudante interpretará unha análise de regresión simple e múltiple. AM3
AM4
AM8
BM1
BM6
BM7
BM8
CM3
CM8
O/a estudante interpretará unha análise de regresión loxística binaria. AM3
AM4
AM8
BM1
BM6
BM7
BM8
CM3
CM8
O/a estudante interpretará unha análise discriminante. AM3
AM4
AM8
BM1
BM6
BM7
BM8
CM3
CM8
O/a estudante interpretará unha análise de correspondencias simples e múltiples. AM3
AM4
AM8
BM1
BM6
BM7
BM8
CM3
CM8
O/a estudante defenderá, mediante unha presentación oral eficaz, os fundamentos estatísticos aplicados de calquera das técnicas de análise multivariante presentadas. AM3
AM8
BM7
BM9
CM1
CM2

Contidos
Temas Subtemas
1-ANÁLISE DE REGRESIÓN MÚLTIPLE -Procedemento, deseño e interpretación
-Análise do resume do modelo e da suma de cadrados
-Coeficientes da ecuación de regresión múltiple
-Supostos da análise
-Detección de casos atípicos e de observacións influentes
-Análise da multicolinealidade
-Métodos de inclusión de variables en SPSS
2-ANÁLISE DE REGRESIÓN LOXÍSTICA (BINARIA) -Selección e transformación de variables
-Probas de axuste global do modelo
-Táboa de clasificación
-Comentario do histograma das probabilidades prognosticadas
-Comentario de casos atípicos
3-ANÁLISE DISCRIMINANTE -Proba de igualdade das medias dos grupos
-Pesos, cargas e puntuacións discriminantes
-Funcións discriminantes
-Matriz de clasificación e diagnose por caso
4-ANÁLISE DE CORRESPONDENCIAS SIMPLES E MÚLTIPLES -Procedimento, deseño e interpretación
-Análise das frecuencias marxinais
-Análise dos autovalores e das medidas discriminantes
-Comentario das dimensións

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A3 A9 B1 C8 16 18 34
Prácticas a través de TIC A4 A8 B6 B7 B8 C3 25 50 75
Presentación oral B9 C1 C2 1.5 0 1.5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións destinadas a abordar os aspectos teóricos do temario proposto.
Prácticas a través de TIC É moi importante, para o bo desenvolvemento das prácticas, que o alumnado se familiarice co uso do programa estatístico SPSS, e que teña preparado e estudado o material bibliográfico e de ensino proposto polo profesor.
Presentación oral Cada alumno/a terá que presentar algunha das prácticas propostas ante os demais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Presentación oral
Descrición
A atención personalizada ten como obxectivo atender as dúbidas individuais e colectivas do alumnado. No inicio do cuadrimestre, comunicarase o lugar e horario das titorías presenciais (en todo caso, rógase acudir ás mesmas previo aviso por e-mail).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A4 A8 B6 B7 B8 C3 AVALIACIÓN CONTINUA:

Establécese a través da cualificación conxunta de tres exercicios prácticos que supoñen o 90% do valor da nota final. Dúas destas prácticas, realizadas en grupo, terán un valor unitario máximo de 4,25 puntos. A terceira práctica, realizada individualmente e de carácter voluntario, terá un valor unitario máximo de 0,5 puntos (dito exercicio ten como finalidade mellorar a cualificación final, ou optar a unha matrícula de honra).

Para optar á avaliación continua, hai que entregar as dúas prácticas grupais ao longo do cuadrimestre, as cales terán unha única data de entrega presencial.
90
Presentación oral B9 C1 C2 A realización das presentacións orais dalgunha das prácticas grupais, suporá o 10% do valor da cualificación final. 10
 
Observacións avaliación

AVALIACIÓN NON CONTINUA:

Consiste na realización dun exame único da materia -fixado nas convocatorias oficiais pertinentes- composto por tres preguntas de carácter teórico e dous exercicios prácticos onde o alumno/a, e a través da utilización do programa estatístico SPSS, amose os seus coñecementos aplicados de, polo menos, dúas técnicas de análise multivariante. Dito exame supón o 100% do valor da cualificación final.


O alumnado que se acolla ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou
dispensa académica de exención de asistencia, terá que presentarse ao éxame único da materia -fixado nas convocatorias oficiais pertinentes-.





Fontes de información
Bibliografía básica

Combessie, J.C. (2000): El método en sociología. Madrid. Alianza Editorial

Escobar, M. (1999): Análisis gráfico/exploratorio. Cuadernos de estadística. Madrid. Editorial La Muralla

Etxebarría, J. (1999): Regresión múltiple. Cuadernos de estadística. Editorial La Muralla.

García Ferrando, M. (1994): Socioestadística. Introducción a la estadística en sociología. Madrid. Alianza Universidad Textos.

García, E; Gil, J. y Rodríguez, G. (2000): Análisis factorial. Cuadernos de estadística. Madrid. Editorial La Muralla.

Hair, J, F. et al. (2007): Análisis multivariante, 5ª ed. Madrid. Prentice Hall.

Joaristi, L. y Lizasoain, L. (2000): Análisis de correspondencias. Cuadernos de estadística. Madrid. Editorial La Muralla.

Pardo, A. y Ruiz, M.A. (2002): SPSS 11. Guía para el análisis de datos. Madrid. McGraw-Hill.

Pérez, César (2009): Técnicas estadísticas multivariantes con SPSS. Madrid. Garceta.

_(2009): Técnicas de análisis de datos con SPSS 15. Madrid. Pearson Educación.

Valderrey, Pablo (2010): SPSS 17: extracción del conocimiento a partir del análisis de datos. Madrid. Ra-Ma.

_(2010): Técnicas de segmentación de mercados. Madrid. Starbook.

*Todas as referencias pódense localizar na Biblioteca da UDC.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías