Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Sistemas de Información Xeográfica (GIS) Código 615518018
Titulación
Mestrado Universitario en Socioloxía Aplicada: Investigación Social e de Mercados
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Computación
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Rodriguez Luaces, Miguel
Correo electrónico
miguel.luaces@udc.es
Web
Descrición xeral Os sistemas de información xeográfica permiten a organización, almacenamento, manipulación, análise e modelado de grandes cantidades de datos vinculados a unha referencia espacial. A súa implementación e análise relaciona variables socioeconómicas e ambientais, de maneira que se facilita a toma de decisións.

O obxectivo desta asignatura é ser capaz de analizar un problema de investigación social de mercados mediante tecnoloxía de sistemas de información xeográfica.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Dominar nun nivel de postgrado os coñecementos, as ferramentas e os procedementos da investigación social e de mercados aplicándoos á solución de problemas e necesidades
A2 Aplicar os procesos e protocolos de captación de información necesarios para observar e analizar de forma correcta e propria dun nivel avanzado o comportamento dos usuarios ou consumidores
A3 Ser quen de deseñar un proceso de investigación de carácter empírico demostrando dominio no uso de técnicas de investigación cuantitativas e/ou cualitativas
A5 Ter capacidade para identificar, nun nivel de postgrado, a relevancia dos distintos factores relacionados cos contornos sociais, os mercados e os consumidores que deben ser tidos en conta na investigación
A9 Ter capacidade para integrar e aplicar as novas tendencias en investigación social e de mercados de xeito rentable e efectivo na empresa, as administracións ou outras organizacións
A10 Ser quen de redactar, presentar e defender documentos e informes de investigación social e de mercados
A11 Coñecer, nun nivel avanzado, os mercados e os consumidores, apreciando a diversidade dos seus enfoques
B1 Posuer e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a cotío nun contexto de investigación
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (o multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 Que os estudantes sexan quen de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuizos a partires de unha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos
B4 Que os estudiantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüedades
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo
B6 Ser quen de buscar, xestionar, analizar e sintetizar a información, seleccionando aquela que resulta pertinente para a toma de decisións
B7 Ter capacidade creativa, proactiva e emprendedora
B8 Ser quen de integrar as NTICs (Novas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións) na tarefa profesional e/ou investigadora
B9 Ter capacidade de analizar críticamente tanto o traballo proprio como o dos compañeiros

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Saber describir os conceptos e as técnicas básicas de análise utilizando sistemas de información xeográfica AM1
AM2
AM3
AM5
AM9
AM10
AM11
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
BM8
BM9
Saber manexar de forma básica unha ferramenta de sistemas de información xeográfica AM1
AM2
AM3
AM5
AM9
AM10
AM11
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
BM8
BM9
Saber analizar un problema de investigación social de mercados mediante tecnoloxía de sistemas de información xeográfica AM1
AM2
AM3
AM5
AM9
AM10
AM11
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
BM8
BM9

Contidos
Temas Subtemas
Sistemas de información xeográfica Conceptos básicos
Modelado de información xeográfica
Procesamento de información xeográfica
Visualización de información xeográfica
Ferramentas de sistemas de información xeográfica Manexo básico
Análise de problemas de investigación social

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 10 0 10
Prácticas a través de TIC A1 A2 A3 A5 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 16 0 16
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 2 35 37
Presentación oral A1 A2 A3 A5 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 2 10 12
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Prácticas a través de TIC Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. O TIC supoñen un excelente soporte e canle para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Presentación oral Exposición oral por parte de cada alumno da metodoloxía e resultados do seu traballo tutelado

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Se estima que entre o alumnado haberá diferencias notables tanto en canto á sua familiariación con conceptos e termos informáticos, como en canta ás habilidades para o manexo de ferramentas informáticas. Por iso, prevese desenvolver unha atención personalizada para as prácticas na aula e para os traballos que se desenvolverán de forma individual.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A1 A2 A3 A5 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 Avaliarase a participación do alumno/a na aula e o seu aproveitamento das prácticas 10
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 Avaliarase a calidade dos traballo realizados. 60
Presentación oral A1 A2 A3 A5 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 Avaliarase a capacidade do alumno para comunicar a metodoloxía e resultados do seu traballo, e a capacidade para responder preguntas relacionadas co mesmo 30
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a asignatura é obligatorio:

  • Unha NOTA MÍNIMA de 3 (sobre 6) nos traballos tutelados.
  • Unha NOTA MÍNIMA de 1,5 (sobre 3) na presentación oral.

De non obter a nota mínima nos traballos tutelados ou na pressentación oral, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,9.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a presentación oral.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma:

  • Traballos tutelados (70% da nota final): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade, permite recuperar a nota dos estudos de casos.
  • Presentación oral (30% da nota final): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
  • Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación dalgunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
  • Para aprobar a materia é obligatorio obter unha nota mínima de 3,5 sobre 7 no traballo tutelado, e de 1,5 sobre 3 na presentación oral.
  • Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha dúas partes.

DISPENSA ACADÉMICA

Os criterios de avaliación para aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases serán os da segunda oportunidade en todos os casos.


Fontes de información
Bibliografía básica Robert Laurini (1992). Fundamentals of Spatial Information Systems. Elsevier
Gary Sherman (2012). The Geospatial Desktop. Locate Press

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías