Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Análise das Redes Sociais como Xeradoras de Valor Código 615518021
Titulación
Mestrado Universitario en Socioloxía Aplicada: Investigación Social e de Mercados
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Empresa
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Nos últimos anos, o uso das Redes Sociais ha experimentado un notable crecemento na maior parte das organizacións ao ofrecer a posibilidade de difundir contidos, comunicar, compartir e intercambiar información. Nesta materia analízase a importancia de utilizar as Redes Sociais como plataforma online por parte das organizacións empresariais en aras de xestionar o seu uso, a adecuación e relevancia dos contidos, a reputación online, o posicionamento, así como a utilización e aplicación de métricas adecuadas que contribúan a avaliar a súa eficiencia.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Dominar nun nivel de postgrado os coñecementos, as ferramentas e os procedementos da investigación social e de mercados aplicándoos á solución de problemas e necesidades
A2 Aplicar os procesos e protocolos de captación de información necesarios para observar e analizar de forma correcta e propria dun nivel avanzado o comportamento dos usuarios ou consumidores
A3 Ser quen de deseñar un proceso de investigación de carácter empírico demostrando dominio no uso de técnicas de investigación cuantitativas e/ou cualitativas
A5 Ter capacidade para identificar, nun nivel de postgrado, a relevancia dos distintos factores relacionados cos contornos sociais, os mercados e os consumidores que deben ser tidos en conta na investigación
A6 Análisis crítico das sociedades de consumo actuais que permita coñecer a estructuración e o significado social do consumo
A7 Ser quen de xustificar unha axeitada segmentación e selección do público obxectivo
A8 Ter capacidade para traballar críticamente con fontes de datos, metodoloxías e técnicas de investigación científica e ferramentas informáticas proprias da investigación social e de mercados
A9 Ter capacidade para integrar e aplicar as novas tendencias en investigación social e de mercados de xeito rentable e efectivo na empresa, as administracións ou outras organizacións
A10 Ser quen de redactar, presentar e defender documentos e informes de investigación social e de mercados
A11 Coñecer, nun nivel avanzado, os mercados e os consumidores, apreciando a diversidade dos seus enfoques
B1 Posuer e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a cotío nun contexto de investigación
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (o multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 Que os estudantes sexan quen de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuizos a partires de unha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos
B4 Que os estudiantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüedades
B6 Ser quen de buscar, xestionar, analizar e sintetizar a información, seleccionando aquela que resulta pertinente para a toma de decisións
B8 Ser quen de integrar as NTICs (Novas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións) na tarefa profesional e/ou investigadora
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia
C3 Utilizar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da vida

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as boas prácticas que permiten actuar de forma proactiva para evitar problemas de xestión en redes sociais AM2
AM5
AM7
BM2
BM3
Manexar ferramentas de monitoraxe que permitan acceder á información de diferentes fontes, así como outras para a xestión específica de redes sociais AM3
AM8
AM9
BM6
BM8
CM3
Analizar o posicionamento en buscadores e influír nos resultados de procura dos usuarios para controlar a reputación online AM1
AM6
BM1
Facer un uso correcto das redes sociais, coñecer os problemas de identidade que se dan nas redes e xestionar a súa propia marca persoal AM10
AM11
BM4
CM1

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I: MEDIOS SOCIAIS As Redes Sociais no mundo empresarial
BLOQUE II: POSICIONAMIENTO O papel da publicidade 3.0 no posicionamento
Posicionamento en buscadores SEO e SEM
BLOQUE III: XESTIÓN DE MARCA PERSOAL Identidade dixital e contornas persoais de aprendizaxe

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A3 A7 B1 B2 B3 B4 B6 B8 5 15 20
Sesión maxistral A1 A5 A6 A11 11 22 33
Lecturas A2 A8 A9 A10 C1 C3 5 15 20
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Como complemento á clase maxistral, expoñeranse casos prácticos de empresas e exemplos actuais e novos que sirvan para axudar na comprensión dos conceptos traballados. Ademais, exporanse cuestións en clase para que os alumnos saiban aplicar os conceptos tratados.
Os alumnos deberán desenvolver casos prácticos en grupos reducidos para que resulte interactivo, práctico e cunha participación proactiva do alumnado.
Sesión maxistral Desenvolvemento dos contidos do programa teórico da materia mediante a exposición oral, guiada por presentacións multimedia
Lecturas Facilitarase ao alumnado textos e lecturas dos diferentes temas coa finalidade de servir de complemento á clase maxistral que deberán ser traballadas en grupo e de maneira individual para resolver as cuestións que se formulen.

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Estudo de casos
Sesión maxistral
Descrición
Todos os grupos, así como cada un dos seus membros, poderán consultar as dúbidas correspondentes ao desenvolvemento das lecturas e casos prácticos que deberán presentar ou expoñer.

Do mesmo xeito, se tivesen algunha dúbida relacionada co material explicado na aula, pódese consultar co docente no seu despacho ou fixar calquera outro momento para aclarar dúbidas e facilitar deste xeito o seguimento da materia.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia
Acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa sua dedicación, pero terá as mesmas obrigas de realizar actividades e de acudir a calquer tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A2 A8 A9 A10 C1 C3 As lecturas deberán ser analizadas polo alumnado en grupo e de manera individual para a súa posterior exposición. Todos os grupos deberán enviar aos profesores, en formato pdf, as lecturas analizadas previamente á súa exposición 50
Estudo de casos A3 A7 B1 B2 B3 B4 B6 B8 Os grupos de alumnos terán que resolver casos prácticos. Preténdese fomentar o traballo colaborativo e en grupo dos mesmos. Será tutorizado polos profesores, tanto en titoría de grupo como en atención personalizada. 50
 
Observacións avaliación
Segunda Oportunidade:

Os criterios de avaliación serán os mesmos que na primeira oportunidade

Calificación de non presentado:

Corresponde ao alumno, cando so participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a calificación final, con independencia da calificación alcanzada.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia

Acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa sua dedicación, pero terá as mesmas obrigas de realizar actividades e de acudir a calquer tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo.


Fontes de información
Bibliografía básica

Florido, Miguel. (2015). Guia SEO avanzado

IAB Spain. (2010). El libro blanco de IAB: SEO: optimización de webs para buscadores. Cuadernos de comunicación interactiva, 11, 1-50

IAB. (2015). Inversión en Publicidad Digital en 2014

Maciá Domene, F. & Grosende Grela, J. (2012). Posicionamiento en buscadores. Madrid: Anaya Multimedia.

Maldonado, S. (2010). Analítica web. Medir para triunfar. Madrid: ESIC.

Morales, M. (2010).

Analítica web para empresas: arte, ingenio y anticipación.

Barcelona: UOC

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías