Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Prácticas Código 615518024
Titulación
Mestrado Universitario en Socioloxía Aplicada: Investigación Social e de Mercados
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Economía
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Rodríguez Rodríguez, María del Carmen
Correo electrónico
carmen.rodriguez2@udc.es
Profesorado
Rodríguez Rodríguez, María del Carmen
Correo electrónico
carmen.rodriguez2@udc.es
Web
Descrición xeral As prácticas externas en Socioloxía Aplicada son unha parte fundamental da formación do estudiantado que curse este Máster, ao permitirlle achegarse á realidade laboral e aplicar de forma práctica o aprendido durante os cursos.
As prácticas poderanse desenvolver en institucións públicas, empresas ou entidades non lucrativas. Farase un seguimento obrigatorio destas por parte dun/a titor/a académico e un/a titor/a profesional.
Plan de continxencia Ao ser un Máster en extinción, esta materia só ten dereito a exame. Este será realizado de forma virtual se as circunstancias así o esixen. Se é necesario, as prácticas poden realizarse en formato de teletraballo.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Dominar nun nivel de postgrado os coñecementos, as ferramentas e os procedementos da investigación social e de mercados aplicándoos á solución de problemas e necesidades
A4 Ser quen de discriminar a técnica de investigación axeitada ao problema plantexado
A5 Ter capacidade para identificar, nun nivel de postgrado, a relevancia dos distintos factores relacionados cos contornos sociais, os mercados e os consumidores que deben ser tidos en conta na investigación
A8 Ter capacidade para traballar críticamente con fontes de datos, metodoloxías e técnicas de investigación científica e ferramentas informáticas proprias da investigación social e de mercados
A9 Ter capacidade para integrar e aplicar as novas tendencias en investigación social e de mercados de xeito rentable e efectivo na empresa, as administracións ou outras organizacións
A10 Ser quen de redactar, presentar e defender documentos e informes de investigación social e de mercados
A11 Coñecer, nun nivel avanzado, os mercados e os consumidores, apreciando a diversidade dos seus enfoques
B1 Posuer e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a cotío nun contexto de investigación
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (o multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 Que os estudantes sexan quen de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuizos a partires de unha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos
B4 Que os estudiantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüedades
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo
B6 Ser quen de buscar, xestionar, analizar e sintetizar a información, seleccionando aquela que resulta pertinente para a toma de decisións
B7 Ter capacidade creativa, proactiva e emprendedora
B8 Ser quen de integrar as NTICs (Novas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións) na tarefa profesional e/ou investigadora
B9 Ter capacidade de analizar críticamente tanto o traballo proprio como o dos compañeiros
B10 Ser quen de traballar en equipo eficaz e eficientemente
B11 Ser quen de asumir responsabilidades tanto individuais como colectivas na tarefa investigadora ou profesional
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia
C3 Utilizar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da vida
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C6 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ter experiencia na aplicación dos coñecementos adquiridos en contextos reais. AM1
AM5
AM8
AM11
BM1
BM2
BM3
BM4
BM6
CM1
CM3
CM6
Reflexionar como se desenvolve a aplicación dos coñecementos adquiridos no máster por profesionais de maior experiencia na realidade. AM1
AM4
AM5
BM1
BM2
BM5
BM9
CM6
CM7
CM8
Ter experiencia real na toma de decisións. AM4
AM5
AM10
BM6
BM7
BM9
BM10
BM11
CM5
CM8
Ter experiencia de adaptación a novas circunstancias no mundo laboral. AM9
BM5
BM7
BM8
BM9
CM3
CM4
CM5
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
As prácticas externas en Socioloxía Aplicada son unha parte fundamental da formación do estudiantado que curse este Máster, ao permitirlle achegarse á realidade laboral e aplicar de forma práctica o aprendido durante os cursos.
As prácticas poderanse desenvolver en institucións públicas, empresas ou entidades non lucrativas.
As prácticas pódense realizar nas institucións coas que o mestrado ten asinado un convenio, aínda que tamén hai a posibilidade de que, a través da iniciativa individual do alumnado, póidanse promover convenios con calquera tipo de entidade ou de que os alumnos poidan facer as prácticas coas institucións que asinaron acordos marco coa UDC.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A1 A4 A5 A8 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 275 0 275
Portafolios do alumno B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 C1 C6 C7 C8 0 24 24
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Consistirá na realización das prácticas na entidade elixida para tal fin (coa supervisión dun/a titor/a académica e un/a titor/a profesional). As actividades a realizar polo alumnado e as condicións nas que estas se desenvolven estarán recollidas nun Proxecto Formativo redactado ao comezo do período de prácticas.
Portafolios do alumno O portafolio do alumno/a será un Informe de Avaliación do alumnado sobre o Centro de Prácticas e unha Memoria de Prácticas (seguindo o formato das prácticas externas establecido) que serán entregados presencialmente nas datas sinaladas, con antelación, polos/as titores/as académicos/as.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Portafolios do alumno
Descrición
As tutorías resultan importantes para preparar, coordinar e xestionar as prácticas. Os estudantes poderán consultar calquera dúbida co seu titor/a presencial ou virtualmente (a través de Moodle e do correo electrónico).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A4 A5 A8 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliación das prácticas por parte do/a titor/a profesional. 50
Portafolios do alumno B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 C1 C6 C7 C8 Avaliación da Memoria de Prácticas por parte do/a titor/a interno/a ou académico/a. 50
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías