Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Análise e Medición de Audiencias no Contorno Dixital Código 615518026
Titulación
Mestrado Universitario en Socioloxía Aplicada: Investigación Social e de Mercados
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Quintas Froufe, Natalia
Correo electrónico
n.quintas.froufe@udc.es
Profesorado
Diaz Gonzalez, Maria Jesus
Quintas Froufe, Natalia
Correo electrónico
m.j.diaz@udc.es
n.quintas.froufe@udc.es
Web
Descrición xeral Nun mundo globalizado e interconectado polas tecnoloxías da información e da comunicación, faise imprescindible para o analista e investigador social e de mercados unha formación que comprenda as metodoloxías de análise e medición das audiencias no contorno dixital.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Dominar nun nivel de postgrado os coñecementos, as ferramentas e os procedementos da investigación social e de mercados aplicándoos á solución de problemas e necesidades
A2 Aplicar os procesos e protocolos de captación de información necesarios para observar e analizar de forma correcta e propria dun nivel avanzado o comportamento dos usuarios ou consumidores
A3 Ser quen de deseñar un proceso de investigación de carácter empírico demostrando dominio no uso de técnicas de investigación cuantitativas e/ou cualitativas
A4 Ser quen de discriminar a técnica de investigación axeitada ao problema plantexado
A5 Ter capacidade para identificar, nun nivel de postgrado, a relevancia dos distintos factores relacionados cos contornos sociais, os mercados e os consumidores que deben ser tidos en conta na investigación
A6 Análisis crítico das sociedades de consumo actuais que permita coñecer a estructuración e o significado social do consumo
A8 Ter capacidade para traballar críticamente con fontes de datos, metodoloxías e técnicas de investigación científica e ferramentas informáticas proprias da investigación social e de mercados
A9 Ter capacidade para integrar e aplicar as novas tendencias en investigación social e de mercados de xeito rentable e efectivo na empresa, as administracións ou outras organizacións
A10 Ser quen de redactar, presentar e defender documentos e informes de investigación social e de mercados
A11 Coñecer, nun nivel avanzado, os mercados e os consumidores, apreciando a diversidade dos seus enfoques
B1 Posuer e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a cotío nun contexto de investigación
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (o multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 Que os estudantes sexan quen de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuizos a partires de unha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos
B4 Que os estudiantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüedades
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo
B6 Ser quen de buscar, xestionar, analizar e sintetizar a información, seleccionando aquela que resulta pertinente para a toma de decisións
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia
C3 Utilizar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da vida
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C6 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e profundizar na conceptualización da audiencia no actual ecosistema mediático dixital AM1
AM2
AM4
AM5
AM6
AM11
BM1
BM2
BM5
BM6
CM5
CM6
CM7
CM8
Aplicar as principais técnicas de análise na investigación de audiencias AM1
AM2
AM3
AM8
AM9
AM10
BM3
BM4
BM5
CM1
CM3
CM4
CM6

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. A conceptualización da audiencia no actual ecosistema mediático dixital Definición e principais características
Os hábitos de consumo mediático
Tema 2. A medición das audiencias: principias técnicas e metodoloxías Principais técnicas de medición empregadas
Tema 3. Principais tendencias na investigación en audiencias: audiencias activas e sociais Audiencia social
A participación da audiencia

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A5 A6 A9 A11 B1 B5 B6 8 9 17
Obradoiro A2 A3 A4 A8 A10 A11 B2 B3 B4 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 12 34 46
Presentación oral A10 B1 B4 B6 B8 B9 2 7 9
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Obradoiro Traballo en grupo para a aplicación práctica das técnicas de análise das mensaxes audiovisuais.
Realizaranse estudo de caso.
Presentación oral Exposición oral e defensa do traballo en grupo desenvolvido no taller.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
As profesoras estarán a disposición do alumnado a través das titorías presenciais ou do correo electrónico.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación parcial e dispensa académica de exención de asistencia acordarase un horario personalizado para a presentación do seu traballo final.

Todas as orientacións e información necesarias para seguir esta asignatura estarás dispoñibles na plataforma virtual Moodle.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A2 A3 A4 A8 A10 A11 B2 B3 B4 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O devandito traballo estará planificado en diferentes fases e en cada unha delas haberá que presentar resultados.
É necesario aprobar a actividade desenvolvida no taller para que esta nota faga media coa presentación oral.
Se o taller non se aproba, a materia resulta automáticamente suspensa.
70
Presentación oral A10 B1 B4 B6 B8 B9 Presentación da actividade desenvolvida no taller.
A realización desta presentación é obrigatoria para optar á avaliación da materia.
30
 
Observacións avaliación

Os alumnos deberán consultar semanalmente o Campus Virtual (Moodle) porque a través deste espazo docente virtual comunicaráselle toda a información necesaria sobre a materia: documentos, avisos e cualificacións.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación parcial e dispensa académica de exención de asistencia os criterios, actividades e o peso que terán na avaliación serán o mesmo para as dúas oportunidades. A presentación do traballo realizarase nunha data acordada entre as profesoras e o alumnado. 


Fontes de información
Bibliografía básica Quintas-Froufe, N. y González-Neira, A. (Coord.) (2016). La participación de la audiencia en la televisión: de la audiencia activa a la social. Madrid: AIMC
Esteban Talaya, A. y Molina Collado, A. (Coord.) (2014). Investigación de mercados . Madrid: ESIC
Callejo, J. (2001). Investigar las audiencias : un análisis cualitativo . Barcelona: Paidós
Callejo, J. (1995). La audiencia activa. Madrid: CIS
Medina, M. (coord.) (2015). La audiencia en la era digital. Madrid : Fragua
Neira, E. (2015). La otra pantalla: redes sociales, móviles y la nueva televisión . Barcelona: UOC
Igartua Perosanz, J.J. (2006). Métodos cuantitativos de investigación en comunicación . Barcelona: Bosch
Orozco, G. (1996). Televisión y audiencias un enfoque cualitativo . Madrid : Ediciones de la Torre
Ruiz Olabuénaga, J. I. (2012). Teoría y práctica de la investigación cualitativa . Bilbao : Universidad de Deusto
Huertas, A. (2015). Yo soy audiencia: ciudadanía, público y mercado. Barcelona: UOC press

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías