Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Dirección estratéxica das organizacións turísticas Código 615524004
Titulación
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Empresa
Coordinación
García Álvarez, María Teresa
Correo electrónico
teresa.galvarez@udc.es
Profesorado
García Álvarez, María Teresa
Mariz Perez, Rosa
Correo electrónico
teresa.galvarez@udc.es
rosa.mariz@udc.es
Web
Descrición xeral A materia abarca os aspectos máis importantes da Dirección Estratéxica aplicados ás organizacións do sector turístico.
O primeiro bloque temático céntrase na análise e aplicación da Teoría dos Recursos e Capacidades para estudar os factores que permiten obter vantaxes competitivas sustentables neste tipo de organizacións.
O segundo bloque temático aborda o estudo da estratexia (as súas características, elementos, tipoloxías, etc), aplicándoo a organizacións do sector.
Finalmente, no terceiro bloque temático, estúdanse os supostos de conduta e incentivos. Neste bloque temático, analízase unha das formas organizativas máis estendidas dentro do sector turístico: a franquía. Así mesmo, analízanse e aplican os mecanismos de goberno para ver como funcionan no sector.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
AM4
AM4
BM13
BM13
BM13
BM13
CM10
CM10

Contidos
Temas Subtemas
I. Análise estratéxica 1. Análise industrial versus análisise interna.
2. Teoría dos Recursos e Capacidades. Aplicación ao caso das
cadeas hostaleiras
3. Casos prácticos
II. Formulación de Estratexias 1. Concepto de estratexia
2. Desenvolvemento de estratexia e tipoloxía
3. Aplicación ás organizacións turísticas
III. Supostos de conducta e incentivos 1. Introducción.
2. Análise da relación contractual. Estudo do caso das franquías. Aplicación ao sector turístico.
3. Análise do Goberno da empresa. Aplicación ao sector turístico

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A5 B3 26 0 26
Estudo de casos A4 B9 B14 B2 C1 C6 9 36 45
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Transmisión de conceptos teóricos aos alumnos presenciais na propia clase (os alumnos non presenciais dispoñerán das transparencias resumos dos epígrafes que se colgarán na plataforma virtual de Moodle).
Estudo de casos Casos prácticos que terán que realizar os alumnos tanto presenciais como non presenciais e que se facilitarán ao longo do curso. Algún destes casos recolleranse para a súa posterior avaliación (os alumnos non presenciais deberán de envialos antes da data e hora establecidos en cada caso ao correo electrónico das profesoras).

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Descrición
Os casos prácticos requirirán que se entreguen nunha data tope determinada.
Ante calquera dúbida que teñades na súa elaboración podedes enviarnos as dúbidas por correo electrónico. Adicionalmente, podedes empregar o teléfono durante as dúas semanas e media nas que se imparten a materia. No caso de Rosa Mariz (981167000 extensión 4444), os martes de 9:30-11:00 e no caso de María Teresa García, poderedes contactar os venres de 10:00-11:30 na extensión 2459.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A4 B9 B14 B2 C1 C6 Casos prácticos. 100
 
Observacións avaliación

Avaliaranse dous casos prácticos cuxo contido, datas de entrega e demais características, veñen recollidos no documento "Normas materia Dirección Estratéxica": Para a avaliación da materia de Dirección Estratéxica das Organizacións Turísticas terase en conta a nota de dous casos prácticos que deberedes entregar.

Os casos prácticos realízanse en grupo duns 5 membros (os grupos para os alumnos online serán asignados polas profesoras e comunicados antes do inicio das clases). A cada grupo corresponderalle escoller unha empresa do sector turístico a analizar e deberá comunicarlle ás profesoras a elección.

1. O primeiro traballo supón o 80% da nota e deberá entregarse á profesora María Teresa García (mtgarcia@udc.es) antes do 16 de novembro de 2017 ás 12:00h. O esquema sería:

a. Aplicación da Teoría de Recursos e Capacidades:

· Identificación dos recursos da organización.

· Identificación das capacidades da organización.

· Identificación de vantaxes competitivas sustentables.

· Aplicación Análise VRIO.

b .Análise da estratexia.

· Estratexia Corporativa: - Carteira de negocios da empresa (sinerxias e tipo de diversificación)

· Estratexia Competitiva:

- Tipo de estratexia competitiva

- Aplicación do reloxo estratéxico

· Estratexia funcional:

- Análise das principais áreas funcionais da organización

- Análise do tipo de financiamento da organización.

- Identificación do departamento máis relevante desde o punto de vista da estratexia empresarial.

c. Análise do Goberno da Empresa:

· Supervisión directa.

· Sistema de incentivos.

· Mercado de empresas e capitais.

· Mercado de débeda.

· Mercado de bens e servizos.

O segundo caso práctico supón o 20% da nota. Consistirá na realización dun organigrama e na aplicación da teoría da axencia (deseño de incentivos). Deberá entregarse antes do 16 de novembro de 2017 ás 12:00h á profesora Rosa Mariz (rmariz@udc.es). O esquema sería:

a. Organigrama da empresa: representación gráfica e breve explicación

b. Aplicación da Teoría da Axencia: incentivos.

· Análise de problemas de risco moral e selección adversa.

· Mecanismos de solución aos problemas anteriores.

O primeiro caso deberá de ter unha extensión máxima de 12 páxinas e o segundo caso de 5 páxinas a interlineado 1,5 e letra Estafes New Roman de 11 puntos.

Deberedes analizar unha empresa/organización do sector turismo e APLICAR todos os puntos explicados na teoría.

As notas publicaranse no Moodle o día 28 de novembro e a revisión terá lugar o 1 de decembro desde as 10:00h ata as 11:00h no despacho das profesoras (Fac. Economía e Empresa, despacho 222)

Ante calquera dúbida que teñades na súa elaboración podedes enviarnos as dúbidas por correo electrónico. Adicionalmente, podedes empregar o teléfono durante as dúas semanas e media nas que se imparten a materia. No caso de Rosa Mariz (981167000 extensión 4444), os martes de 9:30-11:00 e no caso de María Teresa García, poderedes contactar os venres de 10:00-11:30 na extensión 2459.


Fontes de información
Bibliografía básica Bueno Campo et al. (2006). Dirección estratégica ... Pirámide
Los artículos de lectura obligatoria son: • Eisenhardt, K (1989): “Agency Theory: An Assessment And Review”, Academy of Management. The Academy of Management Review; Jan 14, 1; p. 57. • Galbreath, J. (2005): “Which resources matter the most to firm success? A exploratory study of resource-based firm”, Technovation, 25, p. 979-987
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías