Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Programa para analisis de datos cuantitativos con exemplos de turismo Código 615524011
Titulación
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Sanchez Sellero, Maria del Carmen
Correo electrónico
c.sanchez@udc.es
Profesorado
Garcia-Carro Peña, Beatriz
Sanchez Sellero, Maria del Carmen
Correo electrónico
beatriz.garcia-carro@udc.es
c.sanchez@udc.es
Web
Descrición xeral Esta é unha materia de tipo cuantitativo e que ten un carácter instrumental no contexto do Máster. Os coñecementos adquiridos nesta materia serán de aplicación en calquera proxecto ou traballo doutras materias que requira do uso de técnicas estatísticas e econométricas.
A materia ten fundamentalmente dous obxectivos:
- Que o alumnado adquira e desenvolva as habilidades relacionadas co manexo de instrumentos (técnicas e metodoloxías) de recollida e análise de datos e de clasificación, predición e control da actividade turística que lle permitan abordar a investigación de problemas empíricos e comunicar as conclusións de forma clara e concisa.
- Que os estudantes desenvolvan capacidades analíticas, interpretativas e propositivas que lles permitan elaborar diagnósticos e propostas para a planificación e/ou a investigación.


Competencias do título
Código Competencias do título
A3 CE4 - Que os alumnos aprendan as técnicas de dirección de organizacións públicas e de empresas do sector turístico
A6 CE8 - Planificar novos destinos e produtos turísticos
A7 CE9 - Remodelar destinos turísticos maduros para adaptalos ás novas esixencias da demanda e ao desenvolvemento sustentable das comunidades receptoras
A9 CE12 - Utilizar as metodoloxías científicas adecuadas tanto cualitativas como cuantitativas
A10 CE10 - Manexar as TIC para a comunicación, promoción e a comercialización
A11 CE2 - Diagnosticar necesidades e oportunidades e identificar as potencialidades e ameazas do turismo para o desenvolvemento integral das sociedades receptoras
A12 CE7 - Capacidade para interpretar os cambios sociais e como afectan as innovacións nos produtos e ao comportamento do consumidor
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 CB9 - Que los estudiantes sepan comunicar sus conclusiones y los conocimientos y razones últimas que las sustentan a públicos especializados y no especializados de un modo claro y sin ambigüedades
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
B6 CG1 - Expresarse correctamente, tanto de forma verbal como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma
B7 CG2 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
B9 CG4 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
B10 CG5 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
B11 CG6 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
B12 CG7 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvimiento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C1 CT1 - Resolver problemas de forma efectiva
C2 CT2 - Comunicarse de xeito afectiva nunha contorna de traballo
C3 CT3 - Trabajar de forma autónoma con iniciativa
C4 CT4 - Traballar de forma colaborativa
C6 CT6 - Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito turístico
C7 CT7 - Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que doten dunha gran versatilidad para adaptarse a novas situacións
C8 CT8 - Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica
C9 CT9 - Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razonamiento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos habilidades e destrezas

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Utilizar correctamente e con precisión a terminoloxía e a linguaxe estatística-econométrico BM4
BM6
CM2
CM6
CM7
CM8
CM9
Buscar e obter información adecuada para a análise da actividade turística AM1
BM7
CM2
CM4
CM7
Interpretar a información cuantitativa mediante técnicas univariantes e multivariantes AP3
AP6
AP7
AI2
AM1
AM2
AM3
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM9
BM10
BM11
BM12
CM1
CM2
CM3
CM4
CM6
CM7
CM8
CM9
Analizar, desde un punto de vista crítico, os resultados da aplicación das técnicas AP3
AP6
AI2
AM1
AM2
AM3
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
BM10
BM12
CM1
CM2
CM3
CM4
CM6
CM7
CM8
CM9

Contidos
Temas Subtemas
Bloque I 1. Fontes de información cuantitativa para a análise da actividade turística.
2. A análise cuantitativa aplicado con Excel.
Bloque II 1. Análise descritiva da información turística. Aplicacións con SPSS.
2. Análise multivariante da información: Análise da dependencia. Aplicacións con SPSS.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B7 B11 B12 C6 6 6 12
Sesión maxistral A3 A6 A7 A9 B1 B2 B3 B5 B4 B6 B9 C1 C2 C3 C7 C8 C9 17 34 51
Prácticas a través de TIC A11 A3 A12 A6 A7 A10 A9 B1 B2 B3 B5 B4 B6 B7 B10 B9 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C7 C6 C8 C9 25 50 75
 
Atención personalizada 12 0 12
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Estas actividades están fundamentalmente pensadas para aqueles alumnos que non cursasen previamente a materia de métodos e técnicas de investigación en turismo: técnicas cuantitativas. Presentación da materia, revisión das principais fontes de datos económicos e o repaso dalgúns coñecementos estatísticos básicos.
Sesión maxistral Exposición oral dos conceptos e métodos por parte das profesoras. Dita exposición compleméntase coa utilización de medios audiovisuais, e inclúe exemplos prácticos e exercicios.
Prácticas a través de TIC Configúranse como parte fundamental da materia. Son necesarias para aprender o manexo do software (Excel e SPSS) adecuado para efectuar aplicacións empíricas e para valorar os resultados que proporcionan, tarefas que o alumno debe realizar baixo tutela.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC
Descrición
Posto que o grupo é reducido, poden dedicarse os minutos finais á consulta dos problemas que poidan expórselle a cada alumno.

Debido á heteroxeneidade dos estudantes no dominio das ferramentas informáticas, os problemas que xorden durante o seu desenvolvemento son múltiples e variados e hai que resolvelos de forma individualizada. A medida que vai realizando o seu traballo, cada alumno debe consultar coas profesoras para obter as orientacións necesarias para o seu correcto desenvolvemento.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A11 A3 A12 A6 A7 A10 A9 B1 B2 B3 B5 B4 B6 B7 B10 B9 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C7 C6 C8 C9 Nestas clases os alumnos iniciarán a resolución dos problemas e traballos propostos polas profesoras, que logo deberán completar e entregar. 100
 
Observacións avaliación
CRITERIOS XERAIS:

A cualificación de non presentado corresponde unicamente aos alumnos que só participen en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20 por cento da puntuación total, con independencia da cualificación obtida.

A materia divídese en dous partes, correspondentes a cada un dos bloques de contidos; a puntuación do bloque I é de 4 puntos e a do bloque II de 6 puntos. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación global de 5 puntos ou máis, cun mínimo de 2 puntos no bloque I e de 3 puntos no bloque II.

No bloque I, a avaliación consiste na resolución de exercicios de aplicación das técnicas con datos reais mediante excel, e no bloque II na realización de exercicios de aplicación das técnicas mediante SPSS. A través da plataforma Moodle  se especificarán as actividades a realizar, as normas para realizalas, os criterios para a súa avaliación e os prazos de entrega.

Os alumnos presenciais realizarán as actividades en grupos de non máis de tres persoas; os alumnos on-line realizarán o traballo de forma individual.

Fontes de información
Bibliografía básica CAMARERO, L. Y OTROS (2013). Estadística para la investigación social. Madrid: Garceta
PEREZ, C. (2011). Excel 2010. Curso práctico. Ra-Ma Editorial
PEREZ, C. (2013). IBM SPSS Estadística Aplicada. Conceptos y ejercicios resueltos. Madrid: Garceta
PEREZ, C. (2005). Técnicas Estadísticas con SPSS. Madrid: Pearson Educación
PÉREZ, C. (2009). Técnicas Estadísticas Multivariantes con SPSS. Madrid: Garceta

Utilizaranse, ademais, distintas fontes de datos e material dispoñible na rede, que se detallarán durante o curso.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
O proceso de investigación en turismo: tipos, estrutura e fases/615524007
Técnicas cuantitativas aplicadas ao turismo/615524010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías