Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Programa para analisis de datos cuantitativos con exemplos de turismo Código 615524011
Titulación
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Rodríguez González, David
Correo electrónico
david.rodriguez.gonzalez@udc.es
Profesorado
Rodríguez González, David
Correo electrónico
david.rodriguez.gonzalez@udc.es
Web
Descrición xeral Esta é unha materia de tipo cuantitativo e que ten un carácter instrumental no contexto do Máster. Os coñecementos adquiridos nesta materia serán de aplicación en calquera proxecto ou traballo doutras materias que requira do uso de técnicas estatísticas e econométricas.
A materia ten fundamentalmente dous obxectivos:
- Que o alumnado adquira e desenvolva as habilidades relacionadas co manexo de instrumentos (técnicas e metodoloxías) de recollida e análise de datos e de clasificación, predición e control da actividade turística que lle permitan abordar a investigación de problemas empíricos e comunicar as conclusións de forma clara e concisa.
- Que os estudantes desenvolvan capacidades analíticas, interpretativas e propositivas que lles permitan elaborar diagnósticos e propostas para a planificación e/ou a investigación.


Competencias do título
Código Competencias do título
A3 CE4 - Que os alumnos aprendan as técnicas de dirección de organizacións públicas e de empresas do sector turístico
A6 CE8 - Planificar novos destinos e produtos turísticos
A7 CE9 - Remodelar destinos turísticos maduros para adaptalos ás novas esixencias da demanda e ao desenvolvemento sustentable das comunidades receptoras
A9 CE12 - Utilizar as metodoloxías científicas adecuadas tanto cualitativas como cuantitativas
A10 CE10 - Manexar as TIC para a comunicación, promoción e a comercialización
A11 CE2 - Diagnosticar necesidades e oportunidades e identificar as potencialidades e ameazas do turismo para o desenvolvemento integral das sociedades receptoras
A12 CE7 - Capacidade para interpretar os cambios sociais e como afectan as innovacións nos produtos e ao comportamento do consumidor
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 CB9 - Que los estudiantes sepan comunicar sus conclusiones y los conocimientos y razones últimas que las sustentan a públicos especializados y no especializados de un modo claro y sin ambigüedades
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
B6 CG1 - Expresarse correctamente, tanto de forma verbal como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma
B7 CG2 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
B9 CG4 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
B10 CG5 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
B11 CG6 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
B12 CG7 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvimiento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C1 CT1 - Resolver problemas de forma efectiva
C2 CT2 - Comunicarse de xeito afectiva nunha contorna de traballo
C3 CT3 - Trabajar de forma autónoma con iniciativa
C4 CT4 - Traballar de forma colaborativa
C6 CT6 - Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito turístico
C7 CT7 - Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que doten dunha gran versatilidad para adaptarse a novas situacións
C8 CT8 - Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica
C9 CT9 - Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razonamiento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos habilidades e destrezas

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Utilizar correctamente e con precisión a terminoloxía e a linguaxe estatística-econométrico BM4
BM6
CM2
CM6
CM7
CM8
CM9
Buscar e obter información adecuada para a análise cuantitativa da actividade turística AM1
BM7
CM2
CM4
CM7
Interpretar a información cuantitativa mediante técnicas de análise multivariante e utilizar as principais ferramentas informáticas que permiten dita análise AP3
AP6
AP7
AI2
AM1
AM2
AM3
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM9
BM10
BM11
BM12
CM1
CM2
CM3
CM4
CM6
CM7
CM8
CM9
Analizar, desde un punto de vista crítico, os resultados da aplicación das técnicas AP3
AP6
AI2
AM1
AM2
AM3
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
BM10
BM12
CM1
CM2
CM3
CM4
CM6
CM7
CM8
CM9

Contidos
Temas Subtemas
Bloque I. Métodos multivariantes para a análise da actividade turística 1. Técnicas de análise multivariante de datos cuantitativos.
2. A análise multivariante aplicada con Excel e outros paquetes estatísticos: SPSS, R, Gretl,...
Bloque II. A elaboración de indicadores turísticos a partir de datos cuantitativos 1. Metodoloxía de elaboración de indicadores sintéticos
2. A construcción de indicadores sintéticos no ámbito do turismo

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B7 B11 B12 C6 6 6 12
Sesión maxistral A3 A6 A7 A9 B1 B2 B3 B5 B4 B6 B9 C1 C2 C3 C7 C8 C9 17 34 51
Obradoiro A11 A3 A12 A6 A7 A10 A9 B12 B11 B10 B9 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C3 C4 C7 C6 C8 C9 25 50 75
 
Atención personalizada 12 0 12
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Estas actividades están fundamentalmente pensadas para aqueles alumnos que non cursasen previamente a materia de métodos e técnicas de investigación en turismo: técnicas cuantitativas. Presentación da materia, revisión das principais fontes de datos económicos e o repaso dalgúns coñecementos estatísticos básicos.
Sesión maxistral Modalidade presencial: Exposición oral dos conceptos e métodos por parte do profesor. Dita exposición compleméntase coa utilización de exemplos prácticos e exercicios.
Modalidade online: Ofrécense ao alumno diferentes materiais teóricos / prácticos sobre os contidos da materia a través da plataforma Moodle, complementados coa utilización de exemplos e exercicios que permiten destacar as limitacións e posibilidades das técnicas analizadas.
Obradoiro Modalidade presencial: Configúranse como parte fundamental da materia. Son necesarias para aprender o manexo do software (Excel, SPSS, R, Gretl,...) adecuado para efectuar aplicacións empíricas e para valorar os resultados que proporcionan, tarefas que o alumno debe realizar baixo tutela.
Modalidade online: Plantéxase ao alumno a través da plataforma Moodle aplicacións para aprender o manexo do software (Excel, SPSS, R, Gretl,...) que lle permita efectuar aplicacións empíricas e valorar os resultados que proporcionan, tarefas que o alumno deberá realizar e entregar a través de Moodle, contando coa supervisión do profesor.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Obradoiro
Descrición
Posto que o grupo é reducido, poden dedicarse os minutos finais á consulta dos problemas que poidan presentarse ao alumnado.

Debido á heteroxeneidade dos estudantes no dominio das ferramentas informáticas, os problemas que xorden durante o seu desenvolvemento son múltiples e variados e hai que resolvelos de forma individualizada. A medida que vai realizando o seu traballo, cada alumno debe consultar co profesor para obter as orientacións necesarias para o seu correcto desenvolvemento.

Con respecto aos alumnos online abriranse as vías de comunicación precisas (correo electrónico, foro da materia a través da plataforma Moodle,...) que os alumnos poderán utilizar sempre que consideren preciso. Ademais no horario de titorías do profesor encargado da materia, este estará dispoñible para os alumnos que cursen a modalidade online a través da súa conta profesional de Skype.

Para o contacto co profesor:
Teléfono: 881014445
Correo electrónico: david.rodriguez.gonzalez@udc.es
Skype: david.rodriguez.gonzalez@udc.es

Horario de titorías (2º cuatrimestre):
Martes de 16:45 a 18:15 horas
Mércores de 10:00 a 11:30 horas y de 13:00 a 14:30 horas
Venres de 11:30 a 13:00 horas

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A3 A6 A7 A9 B1 B2 B3 B5 B4 B6 B9 C1 C2 C3 C7 C8 C9 Os contidos das sesións maxistrais serán avaliados a través dunha proba obxectiva, tanto para os alumnos da modalidade presencial como da modalidade online.

Para os alumnos da modalidade online dita proba realizarase a través de Moodle.
25
Obradoiro A11 A3 A12 A6 A7 A10 A9 B12 B11 B10 B9 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C3 C4 C7 C6 C8 C9 Modalidade presencial: Nestas clases os alumnos iniciarán a resolución dos problemas e probas propostas polo profesor, que logo deberán completar e entregar.

Modalidade online: Os alumnos deberán resolver os problemas e probas propostas polo profesor a través da plataforma Moodle, que deberán completar e remitir a través da mesma.

A participación activa dos alumnos presenciais nas sesións maxistrais e de obradoiro e dos alumnos online en foros/debates en Moodle, suporá ata un 10% da nota final da materia.
75
 
Observacións avaliación
CRITERIOS XERAIS:

  • A materia divídese en dous bloques. A cualificación das diferentes probas valorará cada tema de xeito proporcional ao seguinte: O primeiro tema suporá o 50% da nota final e o segundo o 50%. Para superar a asignatura é necesario obter unha puntuación global de 5 puntos ou máis.
  • A avaliación continua realizarase mediante dúas prácticas avaliables (unha ao final de cada tema) que os alumnos presenciais poderán realizar nas sesións de obradoiro e os non presenciais entregarán a través da plataforma Moodle.
  • Os contidos das sesións maxistrais serán avaliados a través dunha proba obxectiva que se realizará a través de Moodle, tanto para os alumnos da modalidade presencial como da modalidade online.
  • A cualificación de Non presentado corresponde únicamente aos alumnos que só participen en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20 por cento da puntuación total, con independencia da cualificación obtida.

Estará dispoñible, a través da plataforma Moodle, material complementario de cada tema, no que se especificarán as actividades a realizar, as normas para realizalas, os criterios para a súa avaliación e os prazos de entrega.


Fontes de información
Bibliografía básica HAIR, J.F. Y OTROS (2005). Análisis Multivariante. Madrid: Pearson Educación
NARDO, M. Y OTROS (2008). Handbook on constructing composite indicators: Methodology and user guide. París: OCDE
PÉREZ, C. (2009). Técnicas Estadísticas Multivariantes con SPSS. Madrid: Garceta
NARDO, M. Y OTROS (2005). Tools for Composite Indicators Building. Ispra: OCDE

Utilizaranse ademais distintas fontes de datos e outro material, que se publicarán no Moodle da materia ao longo do curso.

Bibliografía complementaria CAMARERO, L. Y OTROS (2013). Estadística para la investigación social. Madrid: Garceta
PEREZ, C. (2011). Excel 2010. Curso práctico. Ra-Ma Editorial
PEREZ, C. (2013). IBM SPSS Estadística Aplicada. Conceptos y ejercicios resueltos. Madrid: Garceta
PEREZ, C. (2005). Técnicas Estadísticas con SPSS. Madrid: Pearson Educación


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
O proceso de investigación en turismo: tipos, estrutura e fases/615524007
Técnicas cuantitativas aplicadas ao turismo/615524010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías