Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Planificación e xestión de destinos e produtos turísticos de saúde e termal Código 615524015
Titulación
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Meijide Failde, Rosa
Correo electrónico
rosa.meijide.failde@udc.es
Profesorado
Meijide Failde, Rosa
Rodríguez Carro, Carlos
Correo electrónico
rosa.meijide.failde@udc.es
carlos.rodriguez3@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia estúdanse os aspectos mais relevantes relacionados co turismo de saúde. Estúdase o turismo de saúde incluíndo o turismo médico dando unha visión da súa actualidade mundial. O alumno será quen de identificar os diferentes productos e destinos do turismo de saúde. Tratarase asimesmo o turismo de saúde vinculado aos espazos litorais
Antes de comezar o curso se entregará o seguinte material:
- Presentacións explicando os contidos da materia
- Criterios a seguir para a evaluación
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral
Lecturas
Recensión bibliográfica
Traballo tutelado
Estudo de casos
Presentación oral

*Metodoloxías docentes que se modifican
Saída de campo (non se realizará. e as avaliacións destes coñecementos se incorporan á metodoloxía dos traballos tutelados)

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente (de luns a venres). De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
- Moodle: Diariamente (de luns a venres). Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de "foros temáticos" asociados aos módulos da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai "foros de actividade específica" para desenvolver as "Discusións dirixidas" a través das que se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
- Teams: 1 sesión en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos
tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo, para o seguimento e apoio na realización dos "traballos tutelados". Esta dinámica
permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do
alumnado para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na avaliación
Se modifica a avaliación da saída de campo incorporándoa á dos traballos tutelados.

*Observacións de avaliación:
Manterense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
- As referencias ao computo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións que houbera
presenciais ate o momento no que se suspendera a actividade presencial.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Que os estudantes coñezan os principios da planificación e a xestión sustentable
A2 CE3 - Aplicar sistemas de calidade e xestión social, ambiental e económica
A5 CE6 - Saber manexar o capital social, entendendo o destino turístico como sistema e relacionar axentes implicados no desenvolvemento do produto turístico
A6 CE8 - Planificar novos destinos e produtos turísticos
A7 CE9 - Remodelar destinos turísticos maduros para adaptalos ás novas esixencias da demanda e ao desenvolvemento sustentable das comunidades receptoras
A8 CE11 - Saber definir proxectos de investigación innovadores que repercutan positivamente no sector
A11 CE2 - Diagnosticar necesidades e oportunidades e identificar as potencialidades e ameazas do turismo para o desenvolvemento integral das sociedades receptoras
B3 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B6 CG1 - Expresarse correctamente, tanto de forma verbal como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma
B7 CG2 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
B8 CG3 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseada no coñecemento e orientadas ao ben común
B9 CG4 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C1 CT1 - Resolver problemas de forma efectiva
C5 CT5 - Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional
C6 CT6 - Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito turístico
C9 CT9 - Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razonamiento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos habilidades e destrezas

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
TURISMO DE SAÚDE E TERMAL. Definir conceptos, expor brevemente a evolución histórica e analizar a situación actual e as tendencias a nivel mundial do mercado turístico de saúde e benestar. Comprender as motivacións principais da demanda do turismo de saúde. Explicar a situación do turismo médico a nivel internacional. Identificar os principais recursos do turismo de saúde diferenciando os distintos tipos de centros, produtos e servizos que ofertan dando unha visión da actualidade a nivel mundial e dunha maneira máis concreta en Europa, España e Galicia. Coñecer o produto TURISMO TERMAL identificando os diferentes modelos e tipos de centros, as características de infraestruturas, de recursos humanos e de xestión que definen os centros de turismo de saúde e benestar. Fomentar a análise crítica en relación co desenvolvemento do turismo de saúde e termal AP1
AP2
AP5
AP6
AP7
AI1
AM2
BM3
BM6
BM7
BM8
BM9
CM1
CM5
CM6
CM9
TALASOTERAPIA: • Coñecer o producto TALASOTERAPIA, analizando os diferentes modelos de desenvolvemento e xestión no espazo litoral. AP1
AP2
AP5
AP6
AP7
AI1
AM2
BM3
BM6
BM7
BM8
BM9
CM1
CM5
CM6
CM9

Contidos
Temas Subtemas
TURISMO DE SAUDE E TERMAL 1. Turismo de saúde e turismo médico. Definicións, conceptos, antecedentes e importancia actual.
2. TEndencias, perfís e Motivacións actuais do turismo médico e de saúde.
3. Tipos de centros de turismo médico e de saúde: hospitais, balnearios, centros de talasoterapia, spa e centros de agua, curhoteis.
4. Infraestructura i Equipamento dos centros. Técnicas de hidroterapia e medicina física.
5. Planificación xeral dun destino de turismo médico e de saúde: Instalacións de auga, características medioambientais do entorno, recursos humáns, características xerais específicas de xestión dos centros de turismo de saúde. Lexislación.
6. Oferta e Comercialización dos centros de turismo de saúde
7. Desenvolvemento e situación actual do termalismo social en España.
TURISMO DE SAUDE LIGADO AOS ESPACIOS LITORAIS
1. Concepto e definicións. Factores de localización.
2. Os grandes centros balnearios e a talasoterapia como producto turístico
3. Análise de caso. Dos oríxenes balnearios á aparición de centros hoteleiros vinculados á talasoterapia


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A1 A6 1 1 2
Sesión maxistral A11 A5 A6 A8 B9 C5 12 4 16
Saídas de campo A1 A5 A6 A7 C6 C9 6 2 8
Lecturas A11 A6 B3 B6 B8 C6 0 10 10
Recensión bilbiográfica A2 A5 B6 C1 C6 C9 0 5 5
Traballos tutelados A6 B6 B7 C1 C6 C9 1 16 17
Estudo de casos A1 A5 A6 B6 B7 B8 C9 0 10 10
Presentación oral B6 B7 C1 C9 3 3 6
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Los alumnos de modalidad a distancia participarán en un foro abierto específicamente para este punto.
Sesión maxistral MODALIDADE PRESENCIAL: Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
MODALIDADE ON LINE: Estudio dirixido a través de lecturas de textos e de material multimedia (clases grabadas, vídeos, presentacións power point) seguindo os contidos.
Saídas de campo MODALIDADE PRESENCIAL: Na medida do posible se realizará unha visita a un centro de turismo termal e a outro de turismo de litoral con centros de talasoterapia e spa a determinar polos profesores. Esta visita será obligatoria para os alumnos con docencia presencial.
MODALIDADE ON LINE: Aos alumnos con formación en esta modalidade se lles aconsellará que na medida do posible realicen a visita a un centro próximo ao seu domicilio. Existe a posibilidade de integrarse no grupo presencial.
Lecturas Mediante documentos bibliográficos (artígos, informes, etc.) relevantes para a temática dea materia se elaborarán síntesis de contidos de carácter teórico ou práctico.
Recensión bilbiográfica A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun artigo, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia.
Traballos tutelados Elaboración dun traballo en grupo relacionado coa materia. Os alumnos serán capaces de realizar un deseño básico dun centro de turismo de saúde, cuxa tipoloxía e segmento ao que se dirixe quedará á elección do alumnado. O traballo tutelado está deseñado para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor durante os días de impartición das clases maxistrais e nas datas e horarios establecidos de tutorías. Os traballos expoñeranse en clase nas datas fixadas tras finalizar as clases maxistrais.
MODALIDADE ON LINE: O traballo será realizado de forma individual salvo que desexen formar grupos virtuais con outros alumnos da mesma modalidade. Deberá ser comunicado con antelación ao profesorado. Tamén serán titorizados de forma individual ou colectiva segundo o caso. Poderán expoñer o traballo, enviando unha presentación con voz ou nunha sesión de skype.
Estudo de casos Os alumnos distribuídos en grupos realizarán un estudo dun caso de turismo en espazo litoral vinculado á talasoterapia. Describirase un caso concreto por parte do profesorado que expón un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
MODALIDADE EN LIÑA: O traballo será realizado de forma individual salvo que desexen formar grupos virtuais con outros alumnos da mesma modalidade. Deberá ser comunicado con antelación ao profesorado. Tamén serán titorizados de forma individual ou colectiva segundo o caso
Presentación oral MODALIDADE PRESENCIAL: Os alumnos de modalidade presencial farán unha exposición oral do traballo tutelado
MODALIDADE ON LINE: Os alumnos de modalidade a distancia entregarán unha presentación power point con voz ou se presentará nunha sesión de Teams a elección do alumno.

Atención personalizada
Metodoloxías
Recensión bilbiográfica
Traballos tutelados
Estudo de casos
Presentación oral
Saídas de campo
Lecturas
Actividades iniciais
Sesión maxistral
Descrición
Estamos a disposición dos alumnos para tutorías presenciales/online cuando consideren oportuno

Durante o curso académico, prestarase atención personalizada e continua a todos os estudantes matriculados nesta materia, tanto para responder preguntas sobre as clases presenciais /on-ine como para abordar temas relacionados co traballo.

Os días e horas das titorías se enviarán previamente ao inicio da materia.
A información de contacto de Rosa Meijide é:
teléfono: 981167000 Ext 5855;
correo electrónico: rmf@udc.es;


A información de contacto de Carlos Rodríguez é:
teléfono: 981160276
correo electrónico: carlos.rodriguez3@udc.es



Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Recensión bilbiográfica A2 A5 B6 C1 C6 C9 Farase unha recensión dun artigo de turismo de saúde no espacio litoral aportado polo profesorado 10
Traballos tutelados A6 B6 B7 C1 C6 C9 Elaboración dun traballo en grupo relacionado coa materia. Os alumnos serán capaces de realizar un deseño básico dun centro de turismo de saúde, cuxa tipoloxía e segmento ao que se dirixe quedará á elección do alumnado que se apoiará para a súa elaboración na documentación e presentacións achegadas polo profesorado.
A súa realización é obrigatoria e na avaliación teranse en conta a aplicación dos fundamentos teóricos, uso de bibliografía, orixinalidade, calidade na redacción, así como a calidade da presentación oral, que realizarán todos os integrantes do grupo
25
Estudo de casos A1 A5 A6 B6 B7 B8 C9 Os alumnos distribuídos en grupos realizarán un estudo dun caso de turismo en espazo litoral vinculado á talasoterapia.
MODALIDADE EN LIÑA: O traballo será realizado de forma individual salvo que desexen formar grupos virtuais con outros alumnos da mesma modalidade. Deberá ser comunicado con antelación ao profesorado. Tamén serán titorizados de forma individual ou colectiva segundo o caso.
10
Presentación oral B6 B7 C1 C9 Os traballos serán expostos na aula de modo individual ou en grupo. Se valorarán os diferentes aspectos de calidade da información manexada, da presentación e da resposta as preguntas formuladas.
Na modalidade a distancia se entregará o traballo e se responderá ás cuestións plantexadas virtualmente nunha sesión de Teams
5
Lecturas A11 A6 B3 B6 B8 C6 Se deberá dar resposta a varias cuestións prantexadas polo profesorado acerca do turismo de saúde. Para iso, deberá facerse unha análise dos documentos bibliográficos aportados polos profesores (artígos, capítulos de libros, presentacións) relevantes para a temática, ademáis da búsqueda na rede. 30
Sesión maxistral A11 A5 A6 A8 B9 C5 A asistencia e participación en clase se valorarán tendo en conta a implicación dos estudantes en sesións presenciais (modalidade presencial) ou participación activa e razoada en foros / debates, tarefas colaborativas, titorías virtuais, ... (modo on-line).
A saída de campo será obligatoria na modalidade presencial, dando a oportunidade de realizala aos alumnos da modalidade a distancia. Si no é posible se aconsella que realicen unha visita a algún centro cercano ao seu domicilio.
20
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Mainil, T, Eijgelaar, E, Klijs, J, Nawijn, J, Peeters, P, (2017). Research for TRAN Committee – Health tourism in the EU: a general investigation. European Parliament, Policy Department for Structural and Cohesion Policies, Brussels
V.A. (2009). Técnicas hidrotermales y estética del bienestar. Edit. paraninfo
Tribuna termal (). Tribuna Termal. TP Consultores
Fundación EOI (2013). Turismo de salud en España. EOI
Escuela de Organización Industrial EOI (2015). Turismo termal en España. EOI
V.A. (2002). Turismo y nueva sociedad Historia contemporánea. Universidad del país vasco.

Se aportará por parte dos profesores bibliografía complementaria en cada un dos temas

Bibliografía complementaria Mihail Moldoveau (1999 ). Ciudades termales en Europa. Lumwerg eds
Robin Bushell, Pauline Sheldon (2009). Wellness and tourism mind, body spirit, place . New York: Cognizant Communication Corporation


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Turismo de saude e termal será impartido pola prof. Rosa Meijide Faílde

Turismo litoral e insular será impartido polo Prf. Carlos Rodríguez Carro;

Recoméndase nivel básico de inglés de lectura

Recomendacións:

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

1.3. De se realizar en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural

3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais

4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

5.- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas

7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías