Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Planificación e xestión de destinos e produtos turísticos gastronómicos e enolóxicos Código 615524016
Titulación
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Andrade Suarez, Maria Jose
Correo electrónico
maria.andrade@udc.es
Profesorado
Andrade Suarez, Maria Jose
Correo electrónico
maria.andrade@udc.es
Web
Descrición xeral Lograr a comprensión por parte do alumno do concepto de Gastronomía como elemento de identidade e recurso turístico principal, secundario ou complementario dun destino turístico, vinculado aos recursos territoriais e ás tradicións. Coñecer a importancia, obxectivos e factores a ter en conta na análise e deseño dos diferentes produtos turísticos gastronómicos: rutas alimentarias, gastronómicas, vinícolas, xornadas gastronómicas,... A materia contará como material básico, cun PowerPoint ("Planificación e Xestión de destinos e novos produtos turísticos gastronómicos e enolóxicos") e un vídeo explicativo deste ("Video Informativo Planificación e Xestión de destinos e novos produtos turísticos gastronómicos e enolóxicos"); e como material complementario: material multimedia, libros/documentos de referencia, informes e artigos, foros de discusión presenciais e on line... e/ou a realización de pequenos exercicios teórico/prácticos. Terase acceso a todo o material didáctico básico e complementario a través da plataforma Moodle. O alumno deberá realizar un Exercicio Final ou Proba Final con contido teórico-práctico, da cal se darán as indicacións oportunas por correo electrónico ou a través da plataforma Moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 CE6 - Saber manexar o capital social, entendendo o destino turístico como sistema e relacionar axentes implicados no desenvolvemento do produto turístico
A6 CE8 - Planificar novos destinos e produtos turísticos
A9 CE12 - Utilizar as metodoloxías científicas adecuadas tanto cualitativas como cuantitativas
A11 CE2 - Diagnosticar necesidades e oportunidades e identificar as potencialidades e ameazas do turismo para o desenvolvemento integral das sociedades receptoras
A12 CE7 - Capacidade para interpretar os cambios sociais e como afectan as innovacións nos produtos e ao comportamento do consumidor
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B4 CB9 - Que los estudiantes sepan comunicar sus conclusiones y los conocimientos y razones últimas que las sustentan a públicos especializados y no especializados de un modo claro y sin ambigüedades
B6 CG1 - Expresarse correctamente, tanto de forma verbal como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma
B7 CG2 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
B8 CG3 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseada no coñecemento e orientadas ao ben común
B10 CG5 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
B11 CG6 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
B12 CG7 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvimiento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C1 CT1 - Resolver problemas de forma efectiva
C2 CT2 - Comunicarse de xeito afectiva nunha contorna de traballo
C3 CT3 - Trabajar de forma autónoma con iniciativa
C6 CT6 - Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito turístico

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Lograr a comprensión por parte do alumno do concepto de Gastronomía como elemento de identidade e recurso turístico principal, secundario ou complementario dun destino turístico, vinculado aos recursos territoriais e ás tradicións. AI2
AM2
BM2
BM4
BM6
CM6
Identificar os factores a ter en conta na análise dos diferentes produtos turísticos gastronómicos: rutas alimentarias, gastronómicas, vinícolas, xornadas gastronómicas,... AP5
AP6
AM3
BM7
BM8
BM10
BM11
BM12
CM1
CM2
CM3
Identificar os obxectivos e factores a ter en conta no deseño dos diferentes produtos turísticos gastronómicos. AP5
AP6
AM3
BM1
BM7
BM8
BM10
BM11
BM12
CM1
CM2
CM3
Avaliar a demanda e o produto turístico gastronómico, así como as principais accións e axudas levadas a cabo polas distintas Administracións para a posta en valor do recurso gastronomía AP5
AM2
AM3
BM2
BM4
BM6
BM7
BM8
BM10
BM12
CM1
CM6

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1.- Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográficas Protexidas 1.1.- DOP, IGP e ETG
1.2.- O Viño e as Bebidas Espirituosas
Tema 2.- Produto Turístico. Turismo e Gastronomía 2.1.- Concepto
2.2.- Elementos
2.3.- A Gastronomía como motivación principal ou secundaria, e complementaria
Tema 3.- Oferta Gastronómica 3.1.- Produtos de Calidade: Galicia
3.2.- Rutas Gastronómicas: concepto, requisitos e deseño. Casos
3.3.- Feiras, Mercados e Festas Gastronómicas
3.4.- Turismo Enolóxico e outros
3.5.- Restauración
3.5.1.- Galicia
3.5.2.- Tipos de Oferta
3.5.3.- Eventos Gastronómicos
Tema 4.- Demanda Turístico-gastronómica e Papel da Administración 4.1.- Demanda e Produtos turístico-gastronómicos en Galicia
4.2.- Principais accións que realizan as Administracións
4.3.- Cualificación dos Recursos Humanos do Sector Gastronómico respecto ao mercado turístico
Tema 5.- Últimas tendencias 5.1.- Saborea España
5.2.- Plans enogastronómicos
5.3.- Novidades

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A11 A5 A6 A9 B4 B10 B11 B12 20 31 51
Discusión dirixida A12 B2 C1 C6 4 6 10
Estudo de casos A6 B1 B2 B7 B8 C2 C3 4 6 10
Proba obxectiva A11 A5 A6 B1 B2 B4 B6 C1 0 2 2
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesor dos aspectos fundamentais da materia. As exposicións complementaranse co uso de medios audiovisuais e a introdución de preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos, facilitar a aprendizaxe e favorecer a interacción entre o profesor e os estudantes.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos, mediante a cal os estudantes presenciais discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, podendo ou non estar coordinado polo profesor. Os estudantes on line, pola súa banda, dispoñerán dun espazo de discusión informal para tratar un tema ou problema, a través dun contorno virtual de aprendizaxe mediante ferramentas de comunicación asincrónica (foro virtual).
Estudo de casos Realizaranse estudos de casos coa finalidade de ir preparando a avaliación dos coñecementos que teñen os alumnos da materia, ao longo do curso.
Proba obxectiva Ao final da impartición da materia celebrarase unha proba escrita de contido teórico-práctico, para valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos da mesma por parte do alumno.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Estudo de casos
Descrición

Concíbense como horas de traballo presencial/Skype/teléfono co profesor por parte do alumno, para o seguimento e orientación deste.

Carlos Alberto Rivas Horario de titorías
Universidade da Coruña Luns: 22-24 horas
E.U. de Turismo (logo de cita con anterioridade
Teléfono: 981 160276 por correo electrónico)
E-mail: c.rivas@udc.es
Skype: carlosalberto.rivasiglesias

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A11 A5 A6 B1 B2 B4 B6 C1 A proba escrita de contido teórico-práctico consistirá na resolución de exercicios breves e/ou resposta a cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e/ou preguntas de desenvolvemento. 70
Discusión dirixida A12 B2 C1 C6 Valorarase a participación e propostas achegadas, tanto polos alumnos presenciais coma polos alumnos on line (a través de foros virtuais). 30
 
Observacións avaliación

Durante o desenvolvemento desta
materia (dende o día luns 1 de marzo ao día xoves 16 de marzo do 2017, ata
as 23:55 horas) daranse as indicacións oportunas por correo electrónico ou a
través da plataforma Moodle, respecto á avaliación.

É importante ter en conta que a
modalidade online ten o mesmo ritmo de traballo/período de clases que os da
modalidade presencial.

 

- Para superar a materia na 1ª
oportunidade, hai 2 opcións:

a) Realización individual
dun EXERCICIO FINAL (máximo 3 folios) que será colgado
na plataforma a partir do día 2 de marzo de 2017 ás 16:00 horas, e que deberá
entregarse antes das 23:55 hs. do día 13 de marzo.

Avaliación: Se se escolle esta
modalidade, a máxima nota a obter sería SEIS puntos, analizada do
seguinte modo:

- Sesión maxistral: ata 1 punto
máximo (para os alumnos on line: por lectura do material, participación nos
foros/debates on-line e/ou realización dos exercicios correspondentes, e para
os alumnos presenciais: pola súa involucración nas sesións)

- Exercicio final: ata 5 puntos
máximo pola elaboración deste exercicio, que deberá ser realizado
presencialmente, ou a través da plataforma moodle.

 

b) Realización dunha PROBA
FINAL
 con contido TEÓRICO-PRÁCTICO que
consistirá fundamentalmente na realización dun traballo proposto polo profesor
de forma individual sobre algún dos contidos da materia (Máximo 3 ou 4 folios).

Avaliación: Se se escolle esta
modalidade, a máxima nota a obter sería DEZ puntos, analizada do
seguinte modo:

- Sesión maxistral: 30% (para os
alumnos on line: por lectura do material, participación nos foros/debates
on-line e/ou realización dos exercicios correspondentes, e para os alumnos
presenciais: pola súa involucración nas sesións).

- Proba final: 70% (con contido
teórico-práctico). A devandita proba, deberá ser realizada presencialmente, ou
a través da plataforma moodle entre as 16:00 hs. do día xoves 16 de marzo de
2017 e as 14:00 hs. do día domingo 19 de marzo de 2017. Para iso, o alumno
dispoñerá dun tempo máximo de 3 horas, a contar dende o momento en que proceda
á apertura do enunciado da Proba.

 

O alumno só poderá realizar
unha das dúas alternativas anteriores
.

Durante a última semana do mes de
marzo de 2017 facilitaranse as cualificacións finais provisionais e unha
posible data de revisión/discusión destas na seguinte semana.

 

Para superar a proba na 2ª oportunidade, deberase
presentar un traballo sobre un tema proposto polo profesor. Oportunamente, e
coa debida antelación, facilitaranse as datas e toda a información necesaria
para a realización e entrega deste. As cualificacións finais provisionais e
unha posible data de revisión/discusión destas facilitarase, como máximo, unha
semana antes do peche de actas no mes de xullo (2ª oportunidade).


Fontes de información
Bibliografía básica BARRERA, E. (2006). Las Rutas Alimentarias. Turismo rural: nueva ruralidad y empleo rural no agrícola (Trazos de la formación); pp. 137-156.. Montevideo, OIT/Cinterfor
RIVAS IGLESIAS, C.A. (2015). Power Point Planificación y Gestión de destinos y nuevos productos turísticos gastronómicos y enológicos. .
RIVAS IGLESIAS, C.A. (2015). Video Presentación Principal. .

Bibliografía complementaria GARRIDO ARANDA, A. (comp.) (2001). Comer Cultura: Estudios de Cultura Alimentaria. . Servicio de Publicaciones Universidad de Córdoba
IGLESIAS TOBAR, J. R.; TALÓN, P.; GARCÍA-VIANA, R. (2007). Comercialización de Productos y Servicios Turísticos. . Ed. Síntesis. Madrid
GONÇALVES, E.; MADURO, A (2014). Complementarity and interaction of tourist services in an excellent wine tourism destination: the Douro Valley (Portugal). In Álvarez, P. (ed.), Wine Tourism.. Berlin: Springer. (in progress)
VOGELER RUIZ, C. y HERNÁNDEZ ARMAND, E. (2008). El Mercado Turístico. Estructura, Operaciones y Procesos de Producción. . Editorial Centro de Estudios Ramón Areces, Madrid
SANTOS SOLLA, J. M.; PAZOS OTÓN, M.; RAMIREZ, C. (2007). Galicia en el paladar. . Alhena Media. Barcelona
BERNARD, A; DOMÍNGUEZ, P. (2003). Gastronomía: la herencia olvidada.. En Cuadernos de Patrimonio Cultural y turismo: Pensamiento acerca del patrimonio cultural, antología de textos. (Vol. 3). Conaculta. Mexico
VALLS, J.-F. (2004). Gestión de empresas de turismo y ocio. El arte de provocar la satisfacción. . Gestión 2000, Barcelona
GRANADOS CABEZAS, V. (coord.) (1999). La Calidad y el Municipio Turístico. . Ed. Consejería de Turismo y Deportes, Junta de Andalucía, Sevilla
LÓPEZ-GUZMÁN GUZMÁN, T. J.; SÁNCHEZ CAÑIZARES, S. Mª (2008). La creación de productos turísticos utilizando rutas enológicas.. PASOS. Revista de Turismo y Patrimonio Cultural. Número Especial. Turismo Gastronómico y Enoturismo.
SALDAÑA LÓPEZ, T. (2005). Las mejores fiestas de Galicia. . Editorial Everest. León
FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE HOSTELERÍA (2007). Los Sectores de la Hostelería 2006. . FEHR. Madrid
FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE HOSTELERÍA (2008). Los Sectores de la Hostelería 2007. . FEHR. Madrid
FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE HOSTELERÍA (2009). Los Sectores de la Hostelería 2008. . FEHR. Madrid
FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE HOSTELERÍA (2010). Los Sectores de la Hostelería 2009. . FEHR. Madrid
FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE HOSTELERÍA (2011). Los Sectores de la Hostelería 2010. . FEHR. Madrid
FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE HOSTELERÍA (2012). Los Sectores de la Hostelería 2011. . FEHR. Madrid
FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE HOSTELERÍA (2013). Los Sectores de la Hostelería 2012. . FEHR. Madrid
FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE HOSTELERÍA (2014). Los Sectores de la Hostelería 2013. . FEHR. Madrid
VICENTE ELÍAS, L. (2008). Paisaje del viñedo: patrimonio y recurso. Vol. 6 Nº 2 págs. 137-158. . PASOS. Revista de Turismo y Patrimonio Cultural.
DÍAZ ARMAS, R. J. (2008). Potencialidad e integración del “turismo del vino” en un destino de sol y playa: el caso de Tenerife.. PASOS. Revista de Turismo y Patrimonio Cultural. Número Especial. Turismo Gastronómico y Enoturismo.
DACHARY, C. (2003). Rutas, culturas y cotidianidad en el mundo rural. Seminario sobre T. rural y su contribución a la creación empleo y conservación del patrimonio.. Asunción. Paraguay
FLAVIÁN BLANCO, C.; FANDOS HERRERA, C. (2011). Turismo Gastronómico: estrategias de Marketing y experiencias de éxito. Cuadernos de Turismo, nº 28, (2011); pp. 265-266.. Universidad de Murcia


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías