Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Planificación e xestión de destinos e produtos turísticos de patrimonio cultural e natural Código 615524017
Titulación
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Dereito Público
Economía
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Leira Lopez, Jose
Correo electrónico
jose.leira@udc.es
Profesorado
Leira Lopez, Jose
Correo electrónico
jose.leira@udc.es
Web
Descrición xeral Con este programa preténdese unha comprensión da diversidade das dinámicas culturais e as políticas patrimoniais tanto dende o punto de vista natural como cultural. Establécese como obxectivo prioritario a formación na planificación social e na xénese de modelos de proxectos socioculturais e turísticos para unha posta en valor dos bens patrimoniais nunhas estratexias de desenvolvemento socioeconómico, tendo en conta a valoración dos procesos identitarios. Reflexiónase tamén sobre as tendencias e os retos culturais que emerxen na nosa sociedade.

Tentarase tamén aproximar ós alumnos e alumnas á Interpretación do Patrimonio como disciplina ou ferramenta axeitada para conferir ese uso social que debe ter o patrimonio, de xeito que este poda ser percibido, e que produza unha actitude positiva do público visitante con respecto ó recurso. A Interpretación poderíase definir, tal como o fai a Asociación para a Interpretación do Patrimonio como a arte de revelar in situ o patrimonio ó público visitante no seu tempo de ocio.

Polo tanto, esta materia tratará de dotar aos alumnos do coñecemento científico e da metodoloxía precisa para a análise dos bens patrimoniais e o turismo , e o posterior desenvolvemento de políticas culturais e turísticas que leven a un maior coñecemento e conservación do patrimonio cultural e natural, a un incremento na satisfacción dos visitantes e a unha maior calidade de vida da poboación local.





Fontes multimedia elaboradas polos profesores (a disposición do alumnado en Moodle):



Presentacións en Power Point 1 e 2

Autor:José Leira

P1: Explicación xeral da materia

P2: Planificación e xestión de novos produtos e destinos turísticos de patrimonio cultural e natural




Ademáis, na plataforma Moodle, os profesores porán a disposición do alumnado unha serie de documentos en pdf para consulta voluntaria, de gran utilidade para complementar a materia ou o futuro profesional.





TRABALLOS



Os traballos propostos para esta materia, tal como se explica no apartado de avaliación, son dous.


Traballo do profesor Leira: consiste na lectura de catro breves textos propostos polo profesor, sobre os que os alumnos terán que facer unha recensión. Extensión máxima, 6 páxinas


Partes das que constará o traballo:


1-Breve resumo das lecturas


2-Comentario crítico final que relacione o contido dos textos coas posibilidades de deseñar un proxecto de desenvolvemento socioeconómico do territorio baseado nun turismo que se sinta atraido polos bens culturais e patrimoniais.




Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Que os estudantes coñezan os principios da planificación e a xestión sustentable
A2 CE3 - Aplicar sistemas de calidade e xestión social, ambiental e económica
A5 CE6 - Saber manexar o capital social, entendendo o destino turístico como sistema e relacionar axentes implicados no desenvolvemento do produto turístico
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B10 CG5 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
B12 CG7 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvimiento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C5 CT5 - Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional
C7 CT7 - Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que doten dunha gran versatilidad para adaptarse a novas situacións

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Explicar o proceso da planificación interpretativa AP1
AP2
AP5
BM2
BM10
BM12
CM5
CM7
Determinar a presenza da Interpretación do patrimonio e avaliar a súa efectividade AP1
AP2
AP5
BM2
BM10
BM12
CM5
CM7
Interiorizar os principios da xestión do patrimonio e o seu valor e repercusións sociais AP1
AP2
AP5
BM2
BM10
BM12
CM5
CM7
Analizar textos e argumentar no ámbito do patrimonio AP1
AP2
AP5
BM2
BM10
BM12
CM5
CM7
Identificar as bases da disciplina da Interpretación do Patrimonio AP1
AP2
AP5
BM2
BM10
BM12
CM5
CM7

Contidos
Temas Subtemas
1. Cultura, natureza e patrimonio. Memoria e territorio
1.1. Conceptos
1.2. Recursos patrimoniais
1.3. Bens de interese cultural e natural
2. Memoria colectiva, cultura e patrimonio: tres eixes do cambio social. Os proxectos socioculturais
2.1. Desenvolvemento socieconómico baseado no patrimonio e o turismo cultural.
2.2. Bases para o deseño de proxectos socioculturais.
3. Do obxecto patrimonial ao produto turístico
3.1. Planificación, xestión e eficacia social.
3.2. Procesos e políticas patrimoniais e turísticas
4. A Interpretación do Patrimonio como ferramenta de xestión. Os medios interpretativos
4.1. Historia e significado.
4.2. Premisas fundamentais
4.3. Clasificación dos medios de IP
5. A elaboración da mensaxe interpretativa
5.1. A Interpretación secuencial e temática. O tópico e o tema.
5.2.A comunicación e a Interpretación.
6. A planificación interpretativa
6.1. Fases na planificación
6.2. O cálculo do potencial interpretativo
6.3. A avaliación
6.4. Boas prácticas en interpretación


7. Bens culturais, interpretación e turismo
7.1. Desenvolvemento socioeconómico
7.2. Construción de proxectos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A1 A2 A5 B2 B10 B12 C5 C7 0 15 15
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A5 B2 B10 B12 C5 0 15 15
Discusión dirixida A1 A2 A5 B2 B10 B12 C5 C7 4 0 4
Lecturas A1 A2 A5 B2 B10 B12 C5 C7 0 10 10
Sesión maxistral A1 A2 A5 B2 B10 B12 C5 C7 26 0 26
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Pódese realizar de xeito presencial ou utilizando as novas tecnoloxías da información e as comunicacións.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Tanto os alumnos presenciais coma os no presenciais desenvolverán este tipo de traballo.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Máis dirixido ao alumnado presencial
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre e espontánea sobre un tema, aínda que xeralmente estarán coordinados por un moderador.

Co alumnado presencial desenvolverase durante a clase e co non presencial a través dos foros de participación obrigatoria
Lecturas Lecturas que debe realizar o estudante a proposta dos textos sinalados polos profesores. Implica un incremento do coñecemento da materia e a formación do espíritu crítico preciso. Considérase imprescindible no contexto en que se desenvolve esta formación.

Establécense uhnas lecturas obrigatorias tanto para os alumnos presenciais como para os non presenciais, tal como se especifica na avaliación. Engádense moitos documentos de lectura na plataforma Moodle, para que estean a disposición do alumnado, pero a súa lectura non é obrigatoria
Sesión maxistral Exposición oral, presencial e/ou apoiada con tecnoloxías da información e as comunicacións, e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Dirixida aos alumnos presenciais.
Para o alumnado non presencial, estas clases sustitúense polas presentacións en power point detalladas sobre os contidos, con consultas a través do correo electrónico ou explicacións con grabacións ou por skype.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Aprendizaxe colaborativa
Discusión dirixida
Lecturas
Descrición
As clases impartiranse durante dúas semanas de forma presencial e atenderase aos alumnos on line. Resolveranse dúbidas cando sexa preciso, mesmo despois desas datas.


O ensino desta materia combinará os seguintes métodos:

Modalidade presencial

- Clases expositivas por parte dos profesores nas que se tratará de fomentar a participación do alumnado
- Exercicios prácticos para desenvolver de xeito individual ou en grupo na clase
- Lectura e análise de textos
- Estudio de casos
- Saída de campo
- Incremento das horas de dedicación ao alumno para asesoralo nos puntos anteriores.

Modalidade a distancia:

- Presentacións da materia en Power Point, acompañados de arquivos de voz ou vídeos
- Lectura de textos recomendados. Estudo de casos
- Resolución de dúbidas on line
- Foros de discusión
- Contacto a través do correo electrónico e Skype


As pautas para os traballos na modalidade on line daranse a través da plataforma moodle. A atención ao alumnado farase a través da plataforma ou do correo electrónico dos profesores.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A5 B2 B10 B12 C5 C7 Análise pormenorizada dun lugar no que se empregue a Interpretación do Patrimonio como ferramenta de xestión. Seguiranse as pautas propostas pola Profesora María Elvira Lezcano (plataforma Moodle). Extensión máxima: 10 páxinas

Este traballo será correxido pola profesora Lezcano
40
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A5 B2 B10 B12 C5 Asistencia ou traballo en conxunto ou individual na aula ou na plataforma virtual, a partir de cuestións propostas polos profesores.

Para o alumnado presencial pode ser a asistencia á saída de campo ou a participación dalgunha actividad proposta na clase

Para o alumnado non presencial valorarase a través da participación nos foros e a calidade das argumentacións presentadas neles.
10
Discusión dirixida A1 A2 A5 B2 B10 B12 C5 C7
Para o alumnado on line participación nos foros propostos
Para o alumnado presencial, participación nas clases.
10
Lecturas A1 A2 A5 B2 B10 B12 C5 C7 Realización dunha recensión e comentario crítico a partir de catro pequenas lecturas, propostas polo profesor José Leira (en moodle). Extensión máxima: 6 páxinas.

Este traballo será correxido polo profesor Leira
40
 
Observacións avaliación

A data límite para a entrega dos traballos ou as
participacións no foro (1) é arredor dun mes despois da etapa de docencia (11 de abril). Especificarase dun xeito máis concreto 15 días antes do comezo da materia.

(1) Prégase que as intervencións se fagan dun xeito progresivo a medida que se van consultando os materiais.

O alumnado presencial qeu non poda asistir ás clases por causa xustificada, terá que comunicarse cos profesores para tratar de substituir a docencia perdida, seguindo as pautas do alumnado on line.

Fontes de información
Bibliografía básica LEIRA, J ((2003)). Cultura proyectual y turismo emergente". En: Sociología del Turismo, Rubio Gil, A. (Coord.), Editorial Arie
MIRÓ, M. ((2000)). El patrimonio en busca de su lugar en el mundo. Una reflexión sobre los modelos de puesta en valor del patrimonio en España". En: O patrimonio e a cultura proxectual. Un diálogo necesario.Leira, J. y Méndez, R. (coords.).Depu
LEZCANO GONZÁLEZ, M.E ((2011)). El Sanatorio Riazor, una auténtica experiencia interpretativa. .En: Boletín de Interpretación nº 25, AIP. "http://www.interpretaciondelpatrimonio.com/bole
PADRÓ, J. ((2000)). La gestión del patrimonio. Una perspectiva territorial". O patrimonio e a cultura proxectual.Un diálogo necesario.Leira y Méndez. Deputación da Coruña
TILDEN, F. ((2006)). La interpretación de nuestro patrimonio. Asociación para la Interpretación del Patrimonio, Sevilla.
LEIRA, J. ((1999)). Memoria colectiva, cultural y patrimonio.Tres ejes del cambio social". En: Historia Regional e Local (III). Cámara Municipal de Maia, Maia (Portugal)

As catro primeiras referencias son as de lectura obligatoria para o traballo do porfesor Leira

Bibliografía complementaria LEIRA , J. ((2001)). "El turismo cultural como sistema dinamizador. Eficacia y planificación social". En: Desenvolvemento e planificación municipal do turismo. Álvarez Sousa, , A. (Coord.). Ariel, Madr
LEZCANO GONZÁLEZ, M.E. ((2004)). A reinterpretación do patrimonio como cultura e economía : os casos de Galicia e Illes Balears". En: Actas do XV Congreso Nacional de Historia da Arte, Universitat de les Illes Balears, Palma de Ma
LEZCANO GONZÁLEZ, M.E ((2012)). El Camino de San Andrés de Teixido: Una experiencia turística auténtica, emocional e integral". En: Actas del I Congreso Internacional EJTHR, Destination Branding, Heritage an Authenticity.ISBN 97
MORALES, J. ((2008)). El sentido y metodología de la interpretación del patrimonio". En: La comunicación global del patrimonio cultural. MATEOS RUSILLO, S.M. (coord.). Ediciones trea,
HAM, S. ((1992)). Environmental Interpretation. A practical guide for people with Big Ideas and Small Budgets. Fulcrum Publishing, Colorado.
LEIRA , J. ((2007)). Europa: As raíces da construcción de novas identidades. Claves reflexivas para un debate". En: Aulas no Camiño. Diálogos nun Camiño da Cultura Europea. Leira, X. (ed.). Servizo de publicació
MORALES, J. ((1998)). Guía práctica para la Interpretación del Patrimonio. Instituto Andaluz del Patrimonio, Sevilla
GONZÁLEZ, M., LEZCANO, M:E. y SERANTES, A. ((2014)). Interpretación do patrimonio artístico: guía para profesionáis do turismo. CEIDA (Centro de Extensión UNiversitara e Educación Ambiental de Galicia, Oleiros, A Coruña
HAM, S. ((2015)). Interpretación: para marcar la diferencia intencionadamente. Asociación para la Interpretación del Patrimonio (AIP; Valladolid
VEVERKA, J. ((1998)). Interpretive master planning. Accorn Naturalists
LEIRA , J. ((2011)). La interpretación necesaria en el Turismo Cultural. De los principios de Tilden a los procesos actuales". En: Teoría sociológica y turismo. Álvarez Sousa, A., (Ed.). Netbiblo, Oleiros (A Coruña. •
LEZCANO GONZÁLEZ, M.E. ((1999)). Novas tendencias en Museoloxía: A Interpretación do patrimonio". En: Actas do congreso Desenvolvemento Municipal do Turismo, Universidade da Coruña, A Coruña.
PRENTICE, R. ((1993)). Tourism and heritage atractions. Routledge, London.

BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA

Trátase dunha listaxe de lecturas recomendadas (servirán de consulta para os traballos), non  son de obrigada lectura:


Na plataforma Moodle, inclúense unha serie de documentos en pdf, artigos, manuais, que non son de lectura obrigatoria, senón de apoio á docencia. Sirven de consulta ao alumnado o están pensadas para un uso futuro.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Na plataforma Moodle, inclúense unha serie de documentos en pdf, artigos, manuais, que non son de lectura obrigatoria, senón de apoio á docencia. Sirven de consulta ao alumnado o están pensadas para un uso futuro.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías