Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Planificación e xestión de destinos e produtos turísticos de patrimonio cultural e natural Código 615524017
Titulación
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Dereito Público
Economía
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Moré Corral, María Paloma
Correo electrónico
paloma.more@udc.es
Profesorado
Crecente Maseda, Mario
Moré Corral, María Paloma
Correo electrónico
mario@crecenteasociados.com
paloma.more@udc.es
Web
Descrición xeral Con este programa preténdese unha comprensión da diversidade das dinámicas culturais e as políticas patrimoniais tanto dende o punto de vista natural como cultural. Establécese como obxectivo prioritario a formación na planificación social e na xénese de modelos de proxectos socioculturais e turísticos para unha posta en valor dos bens patrimoniais nunhas estratexias de desenvolvemento socioeconómico, tendo en conta a valoración dos procesos identitarios. Reflexiónase tamén sobre as tendencias e os retos culturais que emerxen na nosa sociedade.

Tentarase tamén aproximar ós alumnos e alumnas á Interpretación do Patrimonio como disciplina ou ferramenta axeitada para conferir ese uso social que debe ter o patrimonio, de xeito que este poda ser percibido, e que produza unha actitude positiva do público visitante con respecto ó recurso. A Interpretación poderíase definir, tal como o fai a Asociación para a Interpretación do Patrimonio como a arte de revelar in situ o patrimonio ó público visitante no seu tempo de ocio.

Polo tanto, esta materia tratará de dotar aos alumnos do coñecemento científico e da metodoloxía precisa para a análise dos bens patrimoniais e o turismo , e o posterior desenvolvemento de políticas culturais e turísticas que leven a un maior coñecemento e conservación do patrimonio cultural e natural, a un incremento na satisfacción dos visitantes e a unha maior calidade de vida da poboación local.





Fontes multimedia elaboradas polos profesores (a disposición do alumnado en Moodle):



Presentacións en Power Point 1 e 2

Autor:José Leira

P1: Explicación xeral da materia

P2: Planificación e xestión de novos produtos e destinos turísticos de patrimonio cultural e natural




Ademáis, na plataforma Moodle, os profesores porán a disposición do alumnado unha serie de documentos en pdf para consulta voluntaria, de gran utilidade para complementar a materia ou o futuro profesional.





TRABALLOS



Os traballos propostos para esta materia, tal como se explica no apartado de avaliación, son dous.


Traballo do profesor Leira: consiste na lectura de catro breves textos propostos polo profesor, sobre os que os alumnos terán que facer unha recensión. Extensión máxima, 6 páxinas


Partes das que constará o traballo:


1-Breve resumo das lecturas


2-Comentario crítico final que relacione o contido dos textos coas posibilidades de deseñar un proxecto de desenvolvemento socioeconómico do territorio baseado nun turismo que se sinta atraido polos bens culturais e patrimoniais.




Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Que os estudantes coñezan os principios da planificación e a xestión sustentable
A2 CE3 - Aplicar sistemas de calidade e xestión social, ambiental e económica
A5 CE6 - Saber manexar o capital social, entendendo o destino turístico como sistema e relacionar axentes implicados no desenvolvemento do produto turístico
A6 CE8 - Planificar novos destinos e produtos turísticos
A9 CE12 - Utilizar as metodoloxías científicas adecuadas tanto cualitativas como cuantitativas
A11 CE2 - Diagnosticar necesidades e oportunidades e identificar as potencialidades e ameazas do turismo para o desenvolvemento integral das sociedades receptoras
A12 CE7 - Capacidade para interpretar os cambios sociais e como afectan as innovacións nos produtos e ao comportamento do consumidor
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B6 CG1 - Expresarse correctamente, tanto de forma verbal como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma
B8 CG3 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseada no coñecemento e orientadas ao ben común
B10 CG5 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
B12 CG7 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvimiento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C3 CT3 - Trabajar de forma autónoma con iniciativa
C4 CT4 - Traballar de forma colaborativa
C5 CT5 - Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional
C7 CT7 - Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que doten dunha gran versatilidad para adaptarse a novas situacións
C8 CT8 - Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica
C9 CT9 - Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razonamiento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos habilidades e destrezas

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Explicar o proceso da planificación interpretativa AP1
AP2
AP5
BM1
BM2
BM10
BM12
CM3
CM4
CM5
CM7
CM8
CM9
Determinar a presenza da Interpretación do patrimonio e avaliar a súa efectividade AP1
AP2
AP5
AM3
BM2
BM8
BM10
BM12
CM5
CM7
Interiorizar os principios da xestión do patrimonio e o seu valor e repercusións sociais AP1
AP2
AP5
AM2
BM2
BM10
BM12
CM5
CM7
Analizar textos e argumentar no ámbito do patrimonio AP1
AP2
AP5
BM2
BM6
BM10
BM12
CM3
CM4
CM5
CM7
CM8
Identificar as bases da disciplina da Interpretación do Patrimonio AP1
AP2
AP5
AP6
AI2
BM2
BM10
BM12
CM5
CM7

Contidos
Temas Subtemas
1. Cultura, natureza e patrimonio.
1.1. Conceptos básicos
1.2. Recursos patrimoniais
1.3. Bens de interese cultural e natural
1.4. Patrimonio, turismo e xestión
1.5. Modelos de valor patrimonial
2. Do obxecto patrimonial ao produto turístico
2.1. Memoria colectiva, cultura e patrimonio: tres eixes do cambio social.
2.2. Recursos e produtos en turismo cultural
2.3. O turismo cultural como fenómeno socioeconómico
2.4. Políticas do patrimonio e planificación turística
2.5 Planificación, xestión e eficacia social
3. A Interpretación do Patrimonio 3.1. Historia e significado da interpretación do patrimonio.
3.2 Os principios da interpretación.
3.3. Interpretación e turismo
3.4. Interpretación como instrumento de xestión
3.5. Interpretación e comunicación
3.6. Medios interpretativos
3.7. Planificación interpretativa
3.8. Avaliación da interpretación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A1 A11 A2 A5 A12 A6 A9 B1 B2 B6 B8 B10 B12 C3 C5 C4 C7 C8 C9 0 30 30
Lecturas A1 A2 A5 B2 B10 B12 C5 C7 0 15 15
Sesión maxistral A1 A2 A5 B2 B10 B12 C5 C7 25 0 25
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Pódese realizar de xeito presencial ou utilizando as novas tecnoloxías da información e as comunicacións.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Tanto os alumnos presenciais coma os no presenciais desenvolverán este tipo de traballo.
Lecturas Lecturas que debe realizar o estudante a proposta dos textos sinalados polos profesores. Implica un incremento do coñecemento da materia e a formación do espíritu crítico preciso. Considérase imprescindible no contexto en que se desenvolve esta formación.

Establécense uhnas lecturas obrigatorias tanto para os alumnos presenciais como para os non presenciais, tal como se especifica na avaliación. Engádense moitos documentos de lectura na plataforma Moodle, para que estean a disposición do alumnado, pero a súa lectura non é obrigatoria
Sesión maxistral No MODO PRESENCIAL consta de clases teóricas para a presentación dos contidos da materia; así como, a discusión de temas de interese actual relacionados coa materia e / ou a realización de pequenos exercicios / probas de coñecementos teóricos / prácticos.
Na MODALIDADE ON-LINE trátase de diferentes materiais teóricos / prácticos sobre os contidos de a materia a disposición dos estudantes para a lectura; así como, a discusión de temas de interese actual relacionados co tema a través de foros / debates en liña e / ou a realización de pequenos exercicios / probas de coñecemento teórico / práctico. Las clases maxistrais sustitúense polas presentacións en power point detalladas sobre os contidos, con consultas a través do correo electrónico ou explicacións con grabacións ou por skype.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Lecturas
Descrición
Durante o curso académico, prestarase atención personalizada e continua a todos os estudantes matriculados nesta materia, tanto para responder preguntas sobre as clases presenciais /on-ine como para abordar temas relacionados co traballo.

paloma.more@udc.es
mario.crecente@udc.es

As clases impartiranse durante dúas semanas de forma presencial e atenderase aos alumnos on line. Resolveranse dúbidas cando sexa preciso, mesmo despois desas datas.


O ensino desta materia combinará os seguintes métodos:

Modalidade presencial

- Clases expositivas por parte dos profesores nas que se tratará de fomentar a participación do alumnado
- Exercicios prácticos para desenvolver de xeito individual ou en grupo na clase
- Lectura e análise de textos
- Estudio de casos
- Saída de campo
- Incremento das horas de dedicación ao alumno para asesoralo nos puntos anteriores.

Modalidade a distancia:

- Presentacións da materia en Power Point, acompañados de arquivos de voz ou vídeos
- Lectura de textos recomendados. Estudo de casos
- Resolución de dúbidas on line
- Foros de discusión
- Contacto a través do correo electrónico e Skype


As pautas para os traballos na modalidade on line daranse a través da plataforma moodle. A atención ao alumnado farase a través da plataforma ou do correo electrónico dos profesores.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A11 A2 A5 A12 A6 A9 B1 B2 B6 B8 B10 B12 C3 C5 C4 C7 C8 C9 Análise pormenorizada dun lugar no que se empregue a Interpretación do Patrimonio como ferramenta de xestión. Seguiranse as pautas propostas polos Profesores Paloma Moré y/o Mario Crecente (plataforma Moodle). Extensión máxima: 10 páxinas

Este traballo será correxido polos profesores Moré y/o Crecente
70
Sesión maxistral A1 A2 A5 B2 B10 B12 C5 C7 Asistencia e participación obrigatoria que se valorarán tendo en conta a implicación dos estudantes en sesións presenciais (modalidade presencial) ou participación activa e razoada en foros / debates, tarefas colaborativas, titorías virtuais, ... (modo online). 10
Lecturas A1 A2 A5 B2 B10 B12 C5 C7 Lectura dos textos indicados polos profesores e, se é o caso, realización de comentarios críticos a partir das lecturas propostas polos profesores Paloma Moré e / ou Mario Crecente (en moodle e na aula). 20
 
Observacións avaliación

Asistencia e participación obrigatoria que se valorarán tendo en conta a implicación dos estudantes en sesións presenciais (modalidade presencial) ou participación activa e razoada en foros / debates, tarefas colaborativas, titorías virtuais, ... (modo on-line).

A data límite para a entrega dos traballos ou as
participacións no foro (1) é arredor dun mes despois da etapa de docencia (11 de abril). Especificarase dun xeito máis concreto 15 días antes do comezo da materia.

(1) Prégase que as intervencións se fagan dun xeito progresivo a medida que se van consultando os materiais.

O alumnado presencial qeu non poda asistir ás clases por causa xustificada, terá que comunicarse cos profesores para tratar de substituir a docencia perdida, seguindo as pautas do alumnado on line.

Fontes de información
Bibliografía básica LEIRA, J ((2003)). Cultura proyectual y turismo emergente". En: Sociología del Turismo, Rubio Gil, A. (Coord.), Editorial Arie
MIRÓ, M. ((2000)). El patrimonio en busca de su lugar en el mundo. Una reflexión sobre los modelos de puesta en valor del patrimonio en España". En: O patrimonio e a cultura proxectual. Un diálogo necesario.Leira, J. y Méndez, R. (coords.).Depu
LEZCANO GONZÁLEZ, M.E ((2011)). El Sanatorio Riazor, una auténtica experiencia interpretativa. .En: Boletín de Interpretación nº 25, AIP. "http://www.interpretaciondelpatrimonio.com/bole
PADRÓ, J. ((2000)). La gestión del patrimonio. Una perspectiva territorial". O patrimonio e a cultura proxectual.Un diálogo necesario.Leira y Méndez. Deputación da Coruña
TILDEN, F. ((2006)). La interpretación de nuestro patrimonio. Asociación para la Interpretación del Patrimonio, Sevilla.
LEIRA, J. ((1999)). Memoria colectiva, cultural y patrimonio.Tres ejes del cambio social". En: Historia Regional e Local (III). Cámara Municipal de Maia, Maia (Portugal)

As catro primeiras referencias son as de lectura obligatoria para o traballo do porfesor Leira

Bibliografía complementaria LEIRA , J. ((2001)). "El turismo cultural como sistema dinamizador. Eficacia y planificación social". En: Desenvolvemento e planificación municipal do turismo. Álvarez Sousa, , A. (Coord.). Ariel, Madr
LEZCANO GONZÁLEZ, M.E. ((2004)). A reinterpretación do patrimonio como cultura e economía : os casos de Galicia e Illes Balears". En: Actas do XV Congreso Nacional de Historia da Arte, Universitat de les Illes Balears, Palma de Ma
LEZCANO GONZÁLEZ, M.E ((2012)). El Camino de San Andrés de Teixido: Una experiencia turística auténtica, emocional e integral". En: Actas del I Congreso Internacional EJTHR, Destination Branding, Heritage an Authenticity.ISBN 97
MORALES, J. ((2008)). El sentido y metodología de la interpretación del patrimonio". En: La comunicación global del patrimonio cultural. MATEOS RUSILLO, S.M. (coord.). Ediciones trea,
HAM, S. ((1992)). Environmental Interpretation. A practical guide for people with Big Ideas and Small Budgets. Fulcrum Publishing, Colorado.
LEIRA , J. ((2007)). Europa: As raíces da construcción de novas identidades. Claves reflexivas para un debate". En: Aulas no Camiño. Diálogos nun Camiño da Cultura Europea. Leira, X. (ed.). Servizo de publicació
MORALES, J. ((1998)). Guía práctica para la Interpretación del Patrimonio. Instituto Andaluz del Patrimonio, Sevilla
GONZÁLEZ, M., LEZCANO, M:E. y SERANTES, A. ((2014)). Interpretación do patrimonio artístico: guía para profesionáis do turismo. CEIDA (Centro de Extensión UNiversitara e Educación Ambiental de Galicia, Oleiros, A Coruña
HAM, S. ((2015)). Interpretación: para marcar la diferencia intencionadamente. Asociación para la Interpretación del Patrimonio (AIP; Valladolid
VEVERKA, J. ((1998)). Interpretive master planning. Accorn Naturalists
LEIRA , J. ((2011)). La interpretación necesaria en el Turismo Cultural. De los principios de Tilden a los procesos actuales". En: Teoría sociológica y turismo. Álvarez Sousa, A., (Ed.). Netbiblo, Oleiros (A Coruña. •
LEZCANO GONZÁLEZ, M.E. ((1999)). Novas tendencias en Museoloxía: A Interpretación do patrimonio". En: Actas do congreso Desenvolvemento Municipal do Turismo, Universidade da Coruña, A Coruña.
PRENTICE, R. ((1993)). Tourism and heritage atractions. Routledge, London.

BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA

Trátase dunha listaxe de lecturas recomendadas (servirán de consulta para os traballos), non  son de obrigada lectura:


Na plataforma Moodle, inclúense unha serie de documentos en pdf, artigos, manuais, que non son de lectura obrigatoria, senón de apoio á docencia. Sirven de consulta ao alumnado o están pensadas para un uso futuro.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Na plataforma Moodle, inclúense unha serie de documentos en pdf, artigos, manuais, que non son de lectura obrigatoria, senón de apoio á docencia. Sirven de consulta ao alumnado o están pensadas para un uso futuro.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías