Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Políticas sociais en perspectiva comparada Código 615525001
Titulación
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencia Política da Administración
Coordinación
Fernández Suárez, Mónica Belén
Correo electrónico
belen.fernandez.suarez@udc.es
Profesorado
Cano Ruiz, Esther
Cardesin Diaz, Jose Maria
Fernández Suárez, Mónica Belén
Correo electrónico
esther.cano.ruiz@udc.es
j.m.cardesin@udc.es
belen.fernandez.suarez@udc.es
Web
Descrición xeral A materia pretende abarcar os distintos modelos de Estado do Benestar europeos aplicando a metodoloxía comparada. Trátase dunha visión xeral da política social europea que irá desgrando algùns pilares do Estado do Benestar: sistema de saúde, educacións e Seguridade Social. A parte práctica da materia consistirá na elaboración de indicadores comparados entre os distintos países empregando fontes de datos secundarias.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 CE2 - Interpretar os feitos e as políticas sociais desde os distintos paradigmas teóricos vixentes na análise da exclusión.
A3 CE3 - Deseñar e desenvolver procesos de observación e documentación para o estudo das políticas e os sistemas de benestar social.
B14 CX2 - Realizar unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculada aos feitos sociais sobre os que se traballa.
B17 CX5 - Elaborar e defender informes, proxectos e memorias no campo das ciencias sociais.
B20 CX8 - Aplicar a perspectiva comparada na comprensión das problemáticas sociais e das respostas e solucións políticas.
C1 CT1 - Reflexionar, chegar a conclusións e propoñer solucións a través do traballo en equipo.
C5 CT5 - Aplicar un razoamento crítico na reflexión teórica e no desenvolvemento práctico do traballo profesional e investigador.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
A2.CE2-Interpretar os feitos e as políticas sociais desde os distintos paradigmas teóricos vixentes na análise da exclusión. AM2
A3. CE3-Deseñar e desenvolver procesos de observación e documentación para o estudo das políticas e os sistemas de benestar social AM3
B14. CX2 - Realizar unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculada aos feitos sociais sobre os que se traballa. BM14
B17-CX5 - Elaborar e defender informes, proxectos e memorias no campo das ciencias sociais. BM17
B20- CX8 - Aplicar a perspectiva comparada na comprensión das problemáticas sociais e das respostas e solucións políticas. BM20
C1-CT1 - Reflexionar, chegar a conclusións e propoñer solucións a través do traballo en equipo. CM1
C5-CT5 - Aplicar un razoamento crítico na reflexión teórica e no desenvolvemento práctico do traballo profesional e investigador. CM5

Contidos
Temas Subtemas
1. Historia e nacemento do Estado do Benestar.
2. Definición de conceptos básicos sobre políticas sociais
3. O estudo comparado das transformacións do Estado do Benestar e as políticas sociais.
4. Os distintos modelos de Estados do Benestar e as súas semellanzas e diferencias
5. A construcción de indicadores para a comparación de políticas sociais
6. As políticas de Seguridade Social na Unión Europea.
7. As políticas educativas na Unión Europea.
8. As políticas sanitarias na Unión Europea.
9. Desafíos do Estado do Benestar en Europa.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 B20 B14 18 36 54
Recensión bilbiográfica C5 1 17 18
Proba práctica A3 B17 C1 18 54 72
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As explicacións maxistrais consistes nas clases teóricas para as cales se asignarán unha serie de leituras que serán necesarias para o debate e participación na aula.
Recensión bilbiográfica A avaliación da parte teórica consistirá nunha reseña dun libro ao que hai que sumarlle as leituras obrigatorias da parte teórica asignadas ao alumnado.
Proba práctica A proba práctica consistirá na creación de indicadores comparados entre dúas unidades territoriais (estados, autonomías ou localidades) en relación ao seu sistema de Estado de Benestar ou política social. Estas prácticas explicaranse durante as clases e mediante a asistencia a titorías.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba práctica
Descrición
A elaboración de indicadores para realizar unha análise comparada empregando fontes secundarias de políticas sociais levará acompañado asesoramente na aula e en titorías para aclarar dúbidas e orientar no enfoque do método comparado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 B20 B14 A asistencia e participación activa durante as sesións maxistrais terá un valor do 10 por cento da nota. Para o alumnado non presencial ou a distancia implicará un acceso a través da moodle e consulta dos materiais elaborados para o seguimento da materia a distancia. 10
Recensión bilbiográfica C5 A recensión bibliográfica xunto coas leituras obrigatorias da materia implicarán un 40 por cento da nota global da materia. O alumnado semi-presencial ou a distancia poderá realizar esta tarefa adecuando a bibliografía ao acceso que poida ter no estranxeiro. 40
Proba práctica A3 B17 C1 A resolución do traballo en grupo de como máximo 2 ou 3 persoas sobre un estudo comparado de políticas sociais terá un valor dun 50 por cento. Para o alumnado semi-presencial ou a distancia daranse instruccións precisas colgadas na moodle, e poranse en marcha titorías on-line. 50
 
Observacións avaliación

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.


Fontes de información
Bibliografía básica Navarro, V. (2015). Ataque a la democracia y al bienestar. Crítica al pensamiento económico dominante. Barcelona: Anagrama
Guillén, A. M., González-Begega, S., & Balbona, D. L. (2016). Austeridad y ajustes sociales en el sur de Europa. La fragmentación del modelo de bienestar mediterráneo. Revista Española de Sociología (RES), 25(2), 261-272.
Adelantado, J. (2000). Cambios en el Estado del Bienestar. Políticas sociales y desigualdades en España. Barcelona: Icaria
Esping-Andersen, G. (2000). Fundamentos sociales de las economías postindustriales. Barcelona: Ariel
Moreno, L., & Mari-Klose, P. (2014). La Europa asocial. Crisis y Estado del bienestar.. Revista Española de Investigaciones Sociológicas (145)
Moreno, L., & Mari-Klose, P. (2013). Las Transformaciones del Estado de bienestar Mediterráneo: Trayectorias y retos de un régimen en Transición. E. del Pino and M. Josefa rubio (eds), Los Estados de bienestar en la Encrucijada. Madrid: Technos
Del Pino, E. & Rubio Lara, M. J. (2013). Los Estados de Bienestar en la encrucijada. Políticas sociales en perspectiva comparada. Tecnos: Madrid
Esping-Andersen, G. & Palier, B. (2010). Los tres grandes retos del Estado del bienestar. Barcelona: Ariel
Castles, F. G., Leibfried, S., Lewis, J., Obinger, H., & Pierson, C. (Eds.). (2012). The Oxford handbook of the welfare state. OUP Oxford.

Bibliografía complementaria Morán, M. P. (2013). Desiguales por ley: las políticas públicas contra la igualdad de género.. Madrid: Editorial Catarata
Moreno, L. (2012). La Europa asocial. ¿Caminamos hacia un individualismo posesivo?. Península: Barcelona
Muñoz, L. G., & Modroño, P. R. (2015). Las raíces neoliberales de la crisis económica e institucional en España desde un enfoque feminista. Pensar desde abajo, (4), 61-84.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Fontes de información e técnicas estatísticas para a análise das políticas sociais/615525007
Austeridade e precariedade na era da globalización/615525002

Materias que continúan o temario
Cambios sociodemográficos e territoriais/615525023
Deseño, xestión e avaliación de políticas sociais/615525009

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías