Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Dimensión ética e procesos educativos na acción social Código 615525004
Titulación
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Cruz Lopez, Laura
Correo electrónico
laura.cruz@udc.es
Profesorado
Candedo Gunturiz, Maria Dolores Fatima
Cruz Lopez, Laura
Serantes Pazos, Araceli
Correo electrónico
dolores.candedo@udc.es
laura.cruz@udc.es
araceli.serantes.pazos@udc.es
Web
Descrición xeral A materia parte do cuestionamento da primacía da razón instrumental en todos os ámbitos da vida (tamén no social), orientada ao cálculo de probabilidades para lograr o máximo beneficio. Unha racionalidade que non garante a xustiza, porque que algo sexa tecnicamente posible non significa que sexa humanamente aceptable. Son precisas as dúas dimensións, técnica e ética.
Así, fronte ao relativismo moral propio da postmodernidade neoliberal, onde non hai criterios éticos compartidos, todo vale e vale igual, defendemos unha ética cívica universal, dialóxica, participada, argumentada. Unha ética aplicada entendida como saber práctico encamiñado a tomar decisións prudentes e moralmente xustas (Adela Cortina).
Compartimos con Joan Canimas a necesidade de converter a ética nunha práctica subversiva ademais de reflexiva (que indague nas sombras, nas grietas, nos límites) e situacionista, que promova situacións nas que sexan posibles outras formas de vida e alteridade desexables.
Na materia, trasladamos esta práctica a diferentes ámbitos de acción social: servizos sociais, prostitución, diversidade funcional, persoas maiores, educación ambiental e social en xeral.
Ademais, en tanto que ética aplicada, a materia ten como obxectivo ser capaces de identificar problemas e dilemas éticos na práctica social e ter ferramentas para atopar respostas dialóxicas aos mesmos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos. Non hai cambios

2. Metodoloxías
No caso de que as aulas non podan ser presencias a docencia será asíncrona a través de sesións explicativas gravadas e tamén síncrona co emprego do Teams para promover o diálogo e o debate arredor dos contidos da materia. En ambos casos facilitarase o acceso ao material no Moodle.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
Buscaranse alternativas entre os recursos que ofrece o Moodle ou as aplicacións de Microsoft 365, que substitúan as metodoloxías e actividades propostas.

4. Modificacións na avaliación. Non hai

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía. Non hai

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Determinar as dimensións e categorías axeitadas para o diagnóstico e a análise científica das situacións de exclusión social.
A2 CE2 - Interpretar os feitos e as políticas sociais desde os distintos paradigmas teóricos vixentes na análise da exclusión.
A3 CE3 - Deseñar e desenvolver procesos de observación e documentación para o estudo das políticas e os sistemas de benestar social.
A4 CE4 - Recompilar e interpretar a información suficiente para chegar a diagnósticos fiables sobre os riscos de exclusión e os factores de vulnerabilidade social.
A5 CE5 - Interpretar as situacións e os procesos de marxinación social e económica de colectivos desde unha perspectiva histórica e macroestrutural.
A6 CE6 - Avaliar a capacidade e eficacia das medidas de intervención para corrixir ou previr situacións e procesos de exclusión social.
A7 CE7 - Identificar e valorar a posibilidade de intervención e prevención en procesos de conflitividade social.
A8 CE8 - Identificar procesos e factores de cohesión social, e deseñar medidas para a súa potenciación.
B1 CB1 - Demostrar coñecementos avanzados, de carácter multidisciplinar, para a investigación e o exercicio profesional no ámbito da exclusión social.
B2 CB2 - Aplicar e integrar os coñecementos a contornos e problemas emerxentes e indefinidos, na práctica investigadora e profesional.
B4 CB4 - Identificar os dilemas éticos e a responsabilidade social tras os retos formulados na práctica profesional e investigadora.
B5 CB5 - Comunicar con claridade os coñecementos e problemas científicos sobre os que se traballa tanto a un público non experto como de especialistas.
B6 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionen unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou a aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B8 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B12 CB12 - Manter responsabilidade e compromiso co desenvolvemento profesional continuo de forma autónoma.
B13 CX1 - Comprender e integrar coñecementos complexos para traducilos en propostas de investigación e programas de intervención en contextos sociais problemáticos.
B14 CX2 - Realizar unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculada aos feitos sociais sobre os que se traballa.
B18 CX6 - Valorar a adecuación das distintas ferramentas teóricas, metodolóxicas e técnicas ás preguntas e os obxectivos específicos formulados sobre a realidade social e as políticas sociais.
B19 CX7 - Dar respostas innovadoras e orixinais ante situacións problemáticas emerxentes relacionadas coa exclusión social.
B20 CX8 - Aplicar a perspectiva comparada na comprensión das problemáticas sociais e das respostas e solucións políticas.
B21 CX9 - Aplicar unha perspectiva interdisciplinar na análise e a valoración de problemáticas de exclusión e políticas sociais de inclusión e cohesión.
B22 CX10 - Recoñecer e valorar os xuízos de valor e as evidencias nos argumentos que sosteñen as descricións e políticas sobre a realidade social.
C1 CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 CT2 – Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT6 -Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C7 CT7 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Integrar a racionalidade ética na acción social profesional AM1
AM2
AM4
AM5
AM8
BM1
BM2
BM4
BM8
BM12
BM13
BM14
BM19
BM20
BM21
BM22
CM1
CM3
CM5
CM6
CM7
Analizar e valorar procesos educativos de participación e promoción da autonomía das persoas, grupos e comunidades AM6
AM7
AM8
BM1
BM5
BM6
BM8
BM12
BM13
BM14
BM18
BM20
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
Identificar problemas e dilemas éticos asociados aos principios de xustiza, autonomía, liberdade, sostenibilidade, protección, confidencialidade, entre outros AM1
AM2
AM3
AM4
AM5
BM1
BM2
BM4
BM5
BM8
BM14
BM21
BM22
CM1
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
Utilizar o enfoque dialóxico para a abordaxe de conflictos éticos e a toma de decisións AM1
AM2
AM3
AM4
AM5
AM6
AM7
AM8
BM1
BM2
BM4
BM5
BM6
BM8
BM12
BM13
BM14
BM18
BM19
BM21
BM22
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7

Contidos
Temas Subtemas
1. Razón instrumental versus razón moral: ética dialóxica 1.1 O triunfo da razón instrumental: consecuencias na acción social
1.2 Razón moral e ética dialóxica
2. Xustiza social, democracia e cidadanía 2.1 Democracia radical e democracia participativa
2.2 Cidadanía Global e educación para o desenvolvemento
2.3 Movementos sociais e sostenibilidade
3. Dignidade como fundamento: autonomía e toma de decisións 3.1 Liberdade e neoliberalismo
3.2 Informes técnicos e confidencialidade como dilema
4. Fontes e dilemas de conflitividade moral: límites dos principios éticos 4.1 Cuestións, problemas e dilemas morais
4.2 Estratexias para a xestión de dilemas
4.3 Principios éticos na avaliación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A1 A2 A4 A7 A8 B1 B2 B4 B12 B18 C3 C4 0 52 52
Seminario A1 A2 B2 B20 B21 B22 C1 C2 C4 C6 22 0 22
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 B2 B4 B5 B8 B13 B14 B18 B19 B20 C3 C4 C5 C6 16 0 16
Eventos científicos e/ou divulgativos B6 B13 B14 B18 B19 B20 B21 C3 C4 C5 4 0 4
Portafolios do alumno A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 B1 B2 B4 B5 B6 B8 B13 B14 B18 B19 B20 B21 B22 C1 C5 C6 C7 0 56 56
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todas as persoas participantes no seminario.
Para o estudantado matriculado na modalidade online ou en caso de nova situación de alarma e confinamento por mor da Covid-19, habilitaranse foros virtuais.
Estudo de casos Consiste na procura e/ou achegamento dunha serie de casos ou experiencias para o seu estudo, análise e discusión á luz dos referentes teóricos da materia. Os casos a analizar colgaranse no Moodle para o estudantado da modalidade online. En caso de confinamento realizarase a través de Teams.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.), co obxectivo de afondar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao estudantado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.
Portafolios do alumno Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas e paxinadas, no que se recollen os rexistros e/ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo estudantado de forma individual.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Descrición
O acompañamento e titorización realizarase mediante reunións individuais ou grupais acordadas co alumnado e realizadas de forma presencial ou mediante Teams.

Para o estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 B1 B2 B4 B5 B6 B8 B13 B14 B18 B19 B20 B21 B22 C1 C5 C6 C7 Recolle as prácticas, reflexións, estudos de casos... arredor dos contidos abordados nas diferentes sesións. Algunhas actividades serán de elaboración individual e outras obxecto de traballo grupal.
Valorarase: a capacidade de análise e reflexión en relación aos contidos abordados na materia; o grao de profundidade e da argumentación; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; a utilización das fontes documentais da materia; e a presentación.
70
Seminario A1 A2 B2 B20 B21 B22 C1 C2 C4 C6 Valorarase a participación nas sesións presenciais e virtuais a través dos foros, especificamente no que se refire a:
- Comprensión dos contidos abordados.
- Apoio na documentación traballada.
- Calidade das argumentacións (coherencia lóxica, capacidade explicativa...).
- Creatividade das achegas.
- Capacidade de establecer conexións coa experiencia (exemplificación).
- Problematización e cuestionamento.
- Claridade e corrección lingüística.
30
 
Observacións avaliación

Na segunda oportunidade avalíanse as mesmas tarefas que na primeira: seminario e cartafol.

A cualificación do seminario/participación online, non é recuperable para a segunda oportunidade de avaliación. Gardarase a nota acadada na primeira oportunidade, derivada da participación no proceso de desenvolvemento da materia.


Fontes de información
Bibliografía básica Vilar, Jesús (2013). Cuestiones éticas en la Educación Social. Barcelona: UOC
Fraser, Nancy (2011). Dilemas de la Justicia en el siglo XXI. Género y Globalización. Universitat de les Illes Balears
Ballestero, Alberto; Úriz, María Jesús e Viscarret, Juan Jesús (2012). Dilemas éticos de las trabajadoras y los trabajadores sociales en España. Papers, 97/4, 875-898
Andreotti, Vanessa (2014). Educação para a Cidadania Global – Soft versus Critical. Sinergias – diálogos educativos para a transformação social, n. 1, pp. 57-66
Rodríguez-Romero, M. Mar e Serantes-Pazos, Araceli (2010). Educación ambiental e novos movementos sociais: aportacións para o cambio educativo. ambientalMENTE sustentable, n. 11-12, pp. 101-121
Honneth, Axel (2014). El derecho de la libertad. Esbozo de una eticidad democrática. Madrid: Clave Intelectual
Canimas, Joan (2017). Ética aplicada a la educación social. Barcelona: UOC
Cortina, Adela (2001). Ética aplicada y democracia radical. Madrid: Tecno
Taylor, Charles (1994). Ética de la autenticidad. Barcelona: Paidós
Román, Begoña (2016). Ética de los servicios sociales. Barcelona: Herder
Idareta-Goldaracena, Francisco e Ballestero-Izquierdo, Alberto (2013). Ética, paternalismo y burocracia en el trabajo social. Portulalia, 13(1), 27-35
Sánchez-Valverde, Carlos (2013). Informe y confidencialidad en educación social. Educación Social. Revista de intervención socioeducativa, 55, 146-163.
Comité de Ética de los Servicios Sociales de Cataluña (2014). La confidencialidad en la intervención social: recomendaciones del Comité de Ética de los Servicios Sociales de Cataluña. . Generalitat de Catalunya.
Grupo promotor del Comité de ética en intervención social del principado de Asturias (2013). La confidencialidad en Servicios Sociales. Guía para mejorar las intervenciones profesionales. Consejería de Bienestar Social y Vivienda del Principado de Asturias.
VV.AA (2010). La Democracia en Acción: Una visión desde las metodologías participativas. . Madrid: Antígona
Piniagua Fernández, Rosario (2015). La ética del cuidado y mayores: Los cuidados a las personas mayores desde un horizonte ético y en la búsqueda de la calidad de vida. Madrid: Fundación Europea para el Estudio y Reflexión Ética
Martínez Rodríguez, Teresa; Díaz-Veiga, Pura; Rodríguez Rodríguez, Pilar; Sancho Castiello, Mayte (2015). Modelo de atención centrada en la persona. Cuaderno práctico 11: Vida cotidiana. Los cuidados personales. Donostia: Departamento de Empleo y Políticas Sociales del Gobierno Vasco y Matia Fundazioa
Cortina, Adela (2015). Razón instrumental, razón moral. Eidon, 43, 4-15
Canimas, Joan (2017). ¿Cómo resolver problemáticas éticas?. Barcelona: UOC
Gimeno, Beatriz (2012). ¿Es la prostitución un problema moral? En, La prostitución (pp.85-116). Barcelona: Bellaterra

Bibliografía complementaria Garrido, Mª Isabel e Ruiz, Ramón (Eds.) (2014). Democracia, gobernanza y participación. Valencia: Tirant lo Blanc
Goikoetxea Iturregui, Marije e Etxaniz Urteaga, Nerea (coords.) (2013). Atención integral a las personas mayores al final de la vida. Guía de recomendaciones éticas. Donostia: Gobierno Vasco. Departamento de Empleo y Políticas Sociales
Goikoetxea, María Jesús; Zurbanobeaskoetxea, Lourdes; Mosquera, Álvaro e Pablos, Begoña (2015). Código Ético para la atención sociosanitaria a las personas mayores. Cuadernos Deusto de Derechos Humanos, nº 78.. Bilbao: Universidad de Deusto
LaGravenese, Richard (2007). Diarios de la calle. Madrid: Paramount Home Entertaiment España
Tavernier, Bertrand (1999). Hoy empieza todo. Barcelona: Manga Films
Loach, Ken (2016). I, Daniel Blake. Barcelona: Cameo-Media
Loach, Ken (1994). Ladybird Ladybird. Barcelona: Cameo-Media
Zubero, Imanol el al. (2015). Municipios y participación ciudadana. Madrid: Fuhem
Daniels, Lee (2010). Precious. Madrid: Warner Bros


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías