Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Pobreza e desigualdade: debates, medicións e identificación de grupos en risco de exclusión Código 615525005
Titulación
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Novo Corti, Maria Isabel
Correo electrónico
isabel.novo.corti@udc.es
Profesorado
Novo Corti, Maria Isabel
Correo electrónico
isabel.novo.corti@udc.es
Web
Descrición xeral A materia pretende que o alumnado adquira os coñecementos que permitan a análise e medición da pobreza, así como a identificación dos grupos en risco de exclusión. De xeito transversal, farase referenecia, ao longo de toda a asignatura, ás paticularidades a distintos grupos en risco de pobreza e/ou exclusión. O dominio do temario axudará a identificar posibles riscos, contribuíndo así ao desenvolvemento profesional na área de políticas públicas e accións relacionadas coa pobreza e a exclusión social.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Determinar as dimensións e categorías axeitadas para o diagnóstico e a análise científica das situacións de exclusión social.
A2 CE2 - Interpretar os feitos e as políticas sociais desde os distintos paradigmas teóricos vixentes na análise da exclusión.
A3 CE3 - Deseñar e desenvolver procesos de observación e documentación para o estudo das políticas e os sistemas de benestar social.
A4 CE4 - Recompilar e interpretar a información suficiente para chegar a diagnósticos fiables sobre os riscos de exclusión e os factores de vulnerabilidade social.
A5 CE5 - Interpretar as situacións e os procesos de marxinación social e económica de colectivos desde unha perspectiva histórica e macroestrutural.
A6 CE6 - Avaliar a capacidade e eficacia das medidas de intervención para corrixir ou previr situacións e procesos de exclusión social.
A7 CE7 - Identificar e valorar a posibilidade de intervención e prevención en procesos de conflitividade social.
A8 CE8 - Identificar procesos e factores de cohesión social, e deseñar medidas para a súa potenciación.
A17 CEG3 - Aplicar a perspectiva de xénero como enfoque epistemolóxico e metodoloxía de investigación e de intervención sobre a realidade social.
B1 CB1 - Demostrar coñecementos avanzados, de carácter multidisciplinar, para a investigación e o exercicio profesional no ámbito da exclusión social.
B2 CB2 - Aplicar e integrar os coñecementos a contornos e problemas emerxentes e indefinidos, na práctica investigadora e profesional.
B3 CB3 - Seleccionar o marco científico adecuado para avaliar as evidencias dispoñibles e postular hipóteses razoadas sobre a avaliación previsible dos feitos sociais estudados.
B4 CB4 - Identificar os dilemas éticos e a responsabilidade social tras os retos formulados na práctica profesional e investigadora.
B5 CB5 - Comunicar con claridade os coñecementos e problemas científicos sobre os que se traballa tanto a un público non experto como de especialistas.
B7 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B8 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B9 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B10 CB10 - Que os estudantes manexen as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B11 CB11 - Participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas no ámbito da exclusión social, en contextos interdisciplinares e de transferencia de coñecementos.
B13 CX1 - Comprender e integrar coñecementos complexos para traducilos en propostas de investigación e programas de intervención en contextos sociais problemáticos.
B14 CX2 - Realizar unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculada aos feitos sociais sobre os que se traballa.
B15 CX3 - Deseñar, aplicar e avaliar proxectos de investigación en ciencias sociais relacionados cos procesos e as situacións de exclusión social.
B16 CX4 - Dirixir e coordinar equipos de investigación e profesionais de carácter multidisciplinar que traballen nos principais ámbitos da exclusión social.
B17 CX5 - Elaborar e defender informes, proxectos e memorias no campo das ciencias sociais.
B18 CX6 - Valorar a adecuación das distintas ferramentas teóricas, metodolóxicas e técnicas ás preguntas e os obxectivos específicos formulados sobre a realidade social e as políticas sociais.
B20 CX8 - Aplicar a perspectiva comparada na comprensión das problemáticas sociais e das respostas e solucións políticas.
B21 CX9 - Aplicar unha perspectiva interdisciplinar na análise e a valoración de problemáticas de exclusión e políticas sociais de inclusión e cohesión.
C1 CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 CT2 – Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT6 -Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C7 CT7 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Os obxectivos do curso consisten na adquisición por parte do alumnado de: 1. Identificar os procesos sociais que poden provocar situacións de desigualdade, pobreza, vulnerabilidade ou risco de exclusión social, así como identificar grupos en risco de pobreza. BM1
BM2
BM3
CM1
CM4
2. Competencias xenéricas para desenvolver unha mirada crítica e creativa ao analizar a problemática da pobreza: Crítica, no sentido de pór en cuestionamiento os principios organizadores do coñecemento e Creativa, ao considerar as implicacións sociais e políticas que os discursos levan, recoñecendo situacións de desigualdade nos países desenvolvidos, explicar a súa natureza e a influencia do contorno económico. BM7
BM8
BM10
BM11
BM14
BM15
BM20
BM21
CM1
CM4
3. Competencias específicas en coñecementos que permitan identificar factores clave no fenómeno da pobreza e da exclusión, así como os principais grupos que se atopan nesta situación, como é o caso da pobreza e cómo afecta á desigualdade de xénero, incrementando a súa perspectiva social. AM1
AM3
AM4
AM5
AM7
AM17
BM4
CM1
CM2
CM3
4. Competencias relacionadas coa análise das políticas sociais existentes, a comparación entre elas, a discusión e a elaboración de informes. AM2
AM6
AM8
BM5
BM9
BM13
BM16
BM17
BM18
CM5
CM6
CM7
5. Competencias relacionadas co uso e a análise de bases de datos e recursos on-line, así como o cálculo de indicadores: Utilización de métodos e técnicas de investigación aplicadas á desigualdade, pobreza e exclusión. AM3
BM10
BM11
BM18
CM7

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I: Concepto de pobreza, exclusión e desigualdade
BLOQUE II: A análise da pobreza, a exclusión e a desigualdade
BLOQUE III: Investigación aplicada
PARTE I: Pobreza, exclusión e desigualdade.
I.1 Visión Teórica
BLOQUE II: Análise da pobreza, exclusión e desigualdade.
II.1 Indicadores e medidas
BLOQUE III: Investigación Aplicada: identificación de grupos excluídos.
III.1 Informes
III.2 Introdución á Investigación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro B11 B10 C1 10 0 10
Proba mixta A1 A2 A5 A6 A7 A8 A17 B21 B20 B17 B14 B13 B9 B7 B5 B4 B3 B2 B1 C5 C6 C7 8 4 12
Sesión maxistral A1 A2 A3 B1 B2 B4 B11 B13 B14 B15 B16 B18 C2 C4 25 50 75
Proba obxectiva A4 A5 A8 B2 B3 B8 B10 B20 B21 C3 15 30 45
Portafolios do alumno B7 B8 B10 B14 0 4 4
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Realizánse obradoiros ou conferencias de participantes invitados/as, con persoas directamente relacionadas con proxectos ou experenzas que aporten coñecemento empírico sobre o contido da asignatura
Proba mixta A proba mixta correspóndese co exame final
Sesión maxistral Traballaranse activamente os temas do programa, integrando a exposición docente cos debates dirixidos e outras actividades prácticas. A orde das sesións poderá sufrir algúns cambios en función da asistencia de conferenciantes invitados/as para tratar estudos de casos ou experiencias concretas.
Proba obxectiva Realizaranse probras durante o transcurso do curso (que poderán ser realizadas de forma presencial ou mediante a plataforma virtual), para que o estudiantado poda ter un seguemento continuo do seus progresos.
Portafolios do alumno Recopilación estruturada e organizada de traballos personais, de carácter teórico ou práctico, realizados ao longo do curso, como evidencias para a adquisición de coñecementos e competencias da asignatura.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Proba obxectiva
Obradoiro
Descrición
Resérvanse horas do profesorado responsable da asignatura para titorizar o traballo polo que se avaliará ao estudantado. Estas titorías realizánse igualmente co alumnado on-line a través dos medios de comunicación establecidos de acordo entre as profesoras e o estudantado.
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno B7 B8 B10 B14 Recopilación estruturada e organizada de traballos, de carácter teórico ou práctico, realizados ao longo do curso, como evidencias para a adquisición de coñecementos e competencias da asignatura 5
Proba obxectiva A4 A5 A8 B2 B3 B8 B10 B20 B21 C3 Estas probas estarán preferentemente en liña (aínda que poderían facerse presencialmente) a través da plataforma Moodle, inclúen todo tipo de preguntas: opción múltiple, verdadeira ou falsa, selección, preguntas curtas, preguntas e problemas de ensaio ou exercicios prácticos 50
Obradoiro B11 B10 C1 Requírese a verificación da participación activa nos obradoiros 5
Proba mixta A1 A2 A5 A6 A7 A8 A17 B21 B20 B17 B14 B13 B9 B7 B5 B4 B3 B2 B1 C5 C6 C7 A proba ou probas mixta(s) incluirá(n) cuestións teóricas e/ou prácticas e poden ser realizadas de forma presencial ou on-line. 40
 
Observacións avaliación

Os criterios e actividades de avaliación serán os mesmos na primera e na segunda oportunidade


Fontes de información
Bibliografía básica Collier, P., & Dollar, D. (2002). Globalization, growth, and poverty: Building an inclusive world economy. Oxford University Press
Goerlich, F.J. & Villar, A. (2009). Desigualdad y bienestar social, de la teoría a la práctica. Fudación BBVA
Collier, P. (2008). El club de la miseria : qué falla en los países más pobres del mundo . Turner
Fundación FOESSA (2019). Informe sobre exclusión y desarrollo social en España. Fundación FOESSA
Instituto Nacional de Estadística - España (2006). La pobreza y su medición. Presentación de diversos métodos de obtención de medidas de pobreza. INE. Instituto Nacional de Estadística.
Villar, A. (2017). Lectures on Inequality, Poverty and Welfare. Springer
Novo-Corti, I; Baña Castro, M (2011). Muller Rural Galega, tecendo redes para un novo milenio. Gesbiblo, A Coruña - Spain
Subirats, Joan (2004). Pobreza y exclusión social, un análisis de la realidad española y europea. Colección de Estudios Sociales, 16, Fundación La Caixa
Sen, A. (1992). Sobre conceptos y medidas de pobreza. Comercio exterior, 42(4), 310-322
Atkinson, A. B. (1998). Social exclusion, poverty and unemployment. In J. Hills (Ed.), Exclusion, employment and opportunity (pp. 1-20) . London School of Economics and Political Science: Centre for Analysis of Social Exclusion (CASE)
Atkinson, R., & Davoudi, S. (2000). The concept of social exclusion in the european union: Context, development and possibilities. Journal of Common Market Studies, 38(3)
Rycroft, Robert S. (2018). The economics of inequality, discrimination, poverty and mobility (2nd edition). Routlege - Taylor & Francis

Atkinson, A. B. (1998). Social exclusion, poverty and unemployment. In J. Hills (Ed.), Exclusion, employment and opportunity (pp. 1-20) London School of Economics and Political Science: Centre for Analysis of Social Exclusion (CASE).

Atkinson, R., & Davoudi, S. (2000). The concept of social exclusion in the european union: Context, development and possibilities. Journal of Common Market Studies, 38(3) doi:10.1111/1468-5965.00229

Ayala, L. (2006). Lamonitorización de la desigualdad y la exclusión social: hacia un sistemaintegrado de indicadores, en Vidal Fernández, F. (dir.), V Informe FUHEM depolíticas sociales: La exclusión social y el estado del bienestar en España,Madrid: FUHEM, 43-59. Disponible en: http://www.fuhem.es/media/ecosocial/file/Cohesi%C3%B3n%20Social/Desigualdad,%20pobreza%20y%20exclusi%C3%B3n/AYALA%20CA%C3%91%C3%93N,%20Luis,%20La%20monitarizaci%C3%B3n%20de%20la%20desigualdad.pdf

Cortina A., Pereira G.(2009). Pobreza y libertad: erradicar la pobreza desde el enfoque de lascapacidades de Amartya Sen. Madrid: Tecnos.

Fundación FOESSA (2014).Una mirada de género a la exclusión social. Fundación FOESSA. Disponible en: http://www.foessa2014.es/informe/uploaded/documentos_trabajo/15102014151359_2687.pdf

Fundación FOESSA (2015). Análisisy Perspectivas 2016: Expulsión Social y Recuperación Económica. FundaciónFOESSA. Disponible en: http://www.foessa.es/publicaciones_compra.aspx?Id=5279&Idioma=1&Diocesis=42

Instituto Nacional deEstadística (2006). La pobreza y su medición. Presentación de diversos métodosde obtención de medidas de pobreza. Instituto Nacional de Estadística.Disponible en: file:///F:/Docencia/Pobreza%20y%20exclusi%C3%B3n%20social/Gu%C3%ADa%20Carlos%20III/INE_pobreza.pdf

Piketty, T., & Saez, E. (2014). Inequality in the long run. Science, 344(6186), 838-843. doi:10.1126/science.1251936

Picatoste, José Picatoste, Ignacio López Arranz, Mª Asunción (2016). Las políticas públicas de austeridad efectos del Real Decreto-Ley 16/2012, de 20 de abril, en España. Editorial Aranzadi, S.A. ISBN:97884

Stiglitz J. E., Sen A. yFitoussi J. P. (2009). El informe de la comisión sobre la medición de lasactividades económicas y el progreso social. Institut national de lastatistique et des études économiques. Disponible en: http://www.ambafrance-es.org/Informe-de-la-Comision-Stiglitz

Subirats, Joan. (dir.)(2004) Pobreza y exclusión social, un análisis de la realidad española yeuropea, Colección de Estudios Sociales, 16, Fundación La Caixa. Disponible en:http://www.didacqueralt.com/pobreza-sp.pdf

Bibliografía complementaria

Recoméndase facer un seguimento contínuo da plataforma MOODLE


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Fontes de información e técnicas estatísticas para a análise das políticas sociais/615525007

Materias que continúan o temario

Observacións

É aconsellable tener coñecementos básicos de socioloxía, economía e dereito. En particular, debes coñecer o papel das organizacións transnacionais (Banco Mundial, Nacións Unidas, Unión Europea). Tamén hai coñecementos básicos de matemáticas e estatística aplicadas á correcta interpretación, cálculo e xestión de bases de datos e indicadores. Recoméndase ter un nivel de inglés medio-alto para un acceso adecuado ás fontes de información. Así mesmo, requírese un nivel adecuado de uso das TIC.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías