Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Fontes de información e técnicas estatísticas para a análise das políticas sociais Código 615525007
Titulación
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Lamela Viera, Maria del Carmen
Correo electrónico
carmen.lamela@udc.es
Profesorado
Lamela Viera, Maria del Carmen
León Medina, Francisco J.
Correo electrónico
carmen.lamela@udc.es
j.leon@udc.es
Web
Descrición xeral Materia dirixida ao dominio das fontes e da información estatística para a análise das desigualdades e políticas sociais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Determinar as dimensións e categorías axeitadas para o diagnóstico e a análise científica das situacións de exclusión social.
A3 CE3 - Deseñar e desenvolver procesos de observación e documentación para o estudo das políticas e os sistemas de benestar social.
A4 CE4 - Recompilar e interpretar a información suficiente para chegar a diagnósticos fiables sobre os riscos de exclusión e os factores de vulnerabilidade social.
B2 CB2 - Aplicar e integrar os coñecementos a contornos e problemas emerxentes e indefinidos, na práctica investigadora e profesional.
B5 CB5 - Comunicar con claridade os coñecementos e problemas científicos sobre os que se traballa tanto a un público non experto como de especialistas.
B6 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionen unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou a aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B7 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B8 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B13 CX1 - Comprender e integrar coñecementos complexos para traducilos en propostas de investigación e programas de intervención en contextos sociais problemáticos.
B14 CX2 - Realizar unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculada aos feitos sociais sobre os que se traballa.
B15 CX3 - Deseñar, aplicar e avaliar proxectos de investigación en ciencias sociais relacionados cos procesos e as situacións de exclusión social.
B17 CX5 - Elaborar e defender informes, proxectos e memorias no campo das ciencias sociais.
C3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 CT6 -Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C7 CT7 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o papel histórico da información estatística na evolución das ciencias sociais e do estado de benestar BM14
CM3
Analizar os factores ideolóxicos, coxunturais e discrecionais na produción e interpretación de datos estatísticos AM1
BM6
BM8
BM13
BM14
CM3
Coñecer en profundidade algunhas das principais fontes de información estatística que recolle datos oficiais para a análise das desigualdades e da exclusión social, nas súas distintas vertentes AM3
AM4
BM7
BM17
CM3
CM6
CM7
Apreciar a pertinencia e as limitacións da información e ferramentas estatísticas dispoñibles para a análise e avaliación das políticas sociais AM1
AM4
BM2
BM8
BM14
BM15
CM3
CM7
Avaliar e deseñar indicadores e probas estatísticas adecuadas ao problema de investigación proposto AM1
AM3
AM4
BM2
BM5
BM13
BM15
CM7
Manexar e representar graficamente a información estatística a través de distintos programas e ferramentas informáticas BM5
BM17
CM7

Contidos
Temas Subtemas
Breve introdución histórica sobre estatísticas sociais • As orixes da estatítica social
• A chegada e desenvolvemento da estatitica inferencial
Ideoloxía e estatística: da invisibilidade á construción social do problema • O que non se conta non existe
• O proceso de sobredimensionar
Argumentando con estatística • Argumentar
• Ilustrar
• Documentar
Principais fontes estatísticas e indicadores para o estudo da exclusión social e das políticas sociais • Operacións estatísticas do INE sobre o nivel e condicións de vida.
• Enquisa anual de custo laboral do INE.
• Enquisa Estrutural a Fogares (EEF), IGE.
• OECD Family Database
• Eurostat: Statistics of Income and Living Conditions (SILC) / Statistics on Social Protection
Fontes bibliográficas: • A referenciación da bibliografía
• Os xestores bibliográficos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A3 A4 B2 B5 B7 B8 B13 B15 B17 C6 C7 9 45 54
Portafolios do alumno A3 A4 B2 B5 B7 B8 B13 B15 B17 C6 C7 9 45 54
Sesión maxistral A1 B6 B14 C3 12 24 36
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Os obradoiros consistirán en traballar individualmente o en grupo exercicios de resolución de problemas e aplicación de coñecementos sobre os temas expostas na bibliografía e na documentación, así como nas clases maxistrais. Requiren lectura e preparación previa de materiais. Algúns dos exercicios desenvolvidos durante os obradoiros plasmaranse en resultados que conformarán o portafolio do alumno.
Portafolios do alumno Para esta materia levarase un portafolios dos traballos de cada alumno, o cal consistirá, básicamente, nos resultados dos exercicios realizados nos obradoiros e ampliados mediante traballo autónomo (ou en exercicios sustitutorios equivalentes). Cada exercico responderá a instrucións e a criterios de avaliación detallados con anterioridade a súa entrega. As instruccións contarán con data de entrega, e se penalizará o atraso.
Sesión maxistral Dedicaranse horas presenciais para a presentación e discusión de cada tema, partindo dunha bibliografía e documentación de partida.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Descrición

A atención personalizada que se contempla para o portafolio do alumno refire a titorías individualizadas, presenciais ou por internet, para aclarar as dúbidas e concretar suxestións adaptadas a cada caso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A3 A4 B2 B5 B7 B8 B13 B15 B17 C6 C7 Para esta materia levarase un portafolios dos traballos de cada alumno, o cal consistirá, básicamente, nos resultados dos exercicios realizados nos obradoiros e ampliados mediante traballo autónomo (ou en exercicios sustitutorios equivalentes). Cada exercico responderá a instrucións e a criterios de avaliación detallados con anterioridade a súa entrega. As instruccións contarán con data de entrega, e se penalizará o atraso. 100
 
Observacións avaliación
Haberá exercicios para o seu seguimento presencial e outros equivalentes para os alumnos on-line. Os exercicios e traballos on-line son tamén o sistema alternativo para os alumnos a tempo parcial que soliciten dispensa de asistencia. Todos os materiais e a información para realizar os exercicios e traballos que conformen o portafolio estarán dispoñibles na plataforma Moodle. Os alumnos que se presenten á convocatoria da segunda oportunidade, Terán que presentar os mesmos traballos que se requiren para os alumnos on-line.

Fontes de información
Bibliografía básica Porter, Theodore (2009). "Las estadísticas y el curso de la razón pública: compromiso e imparcialidad en un mundo cuantificado". Empiria 18: 19-35
GUPTA, D.K. (2010). Analyzing Public Policy: Concepts, Tools, and Techniques. Londres: CQ Press
NAVARRO, V (2015). Ataque a la democracia y al bienestar. Barcelona: Anagrama
WILKINSON, R.W. e PICKETT, K (2009). Desigualdad: un análisis de la infelicidad colectiva. Barcelona: Turner
PAZOS MORÁN, M (2013). Desiguales por ley. Madrid: La Catarata
García Ferrando, Manuel (Comp) (2015). El análiis de la realidad social. Métodos y técnicas de investigación. Madrid: Alianza
MARTÍNEZ GARCIA, J. S (2013). Estructura social y desigualdad en España. Madrid: La Catarata
Cea D’Ancona, Mª Angeles (2012). Fundamentos y aplicaciones en metodología cuantitativa. Madrid: Síntesis
Fernández Esquinas, Manuel (2003). “Criterios de calidad en la investigación social: la producción de datos sociales”. Empiria 6: 47-77

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías