Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Técnicas cualitativas para a análise dos discursos e as realidades sociais Código 615525008
Titulación
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Rodriguez Romero, Maria del Mar
Correo electrónico
mar.rromero@udc.es
Profesorado
García Cabeza, Belen
Rodriguez Romero, Maria del Mar
Correo electrónico
belen.garcia.cabeza@udc.es
mar.rromero@udc.es
Web
Descrición xeral A materia aborda a investigación cualitativa en ciencias sociais focalizándose na súa peculiaridade, abordando diferentes aproximacións metodolóxicas e as súas implicacións para a acción social, e amosando ás diferentes técnicas cualitativas de recollida de datos e os procesos de análise do material empírico producido.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Determinar as dimensións e categorías axeitadas para o diagnóstico e a análise científica das situacións de exclusión social.
A2 CE2 - Interpretar os feitos e as políticas sociais desde os distintos paradigmas teóricos vixentes na análise da exclusión.
A3 CE3 - Deseñar e desenvolver procesos de observación e documentación para o estudo das políticas e os sistemas de benestar social.
A4 CE4 - Recompilar e interpretar a información suficiente para chegar a diagnósticos fiables sobre os riscos de exclusión e os factores de vulnerabilidade social.
B1 CB1 - Demostrar coñecementos avanzados, de carácter multidisciplinar, para a investigación e o exercicio profesional no ámbito da exclusión social.
B2 CB2 - Aplicar e integrar os coñecementos a contornos e problemas emerxentes e indefinidos, na práctica investigadora e profesional.
B3 CB3 - Seleccionar o marco científico adecuado para avaliar as evidencias dispoñibles e postular hipóteses razoadas sobre a avaliación previsible dos feitos sociais estudados.
B4 CB4 - Identificar os dilemas éticos e a responsabilidade social tras os retos formulados na práctica profesional e investigadora.
B5 CB5 - Comunicar con claridade os coñecementos e problemas científicos sobre os que se traballa tanto a un público non experto como de especialistas.
B6 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionen unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou a aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B7 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B9 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B11 CB11 - Participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas no ámbito da exclusión social, en contextos interdisciplinares e de transferencia de coñecementos.
B12 CB12 - Manter responsabilidade e compromiso co desenvolvemento profesional continuo de forma autónoma.
B13 CX1 - Comprender e integrar coñecementos complexos para traducilos en propostas de investigación e programas de intervención en contextos sociais problemáticos.
B14 CX2 - Realizar unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculada aos feitos sociais sobre os que se traballa.
B15 CX3 - Deseñar, aplicar e avaliar proxectos de investigación en ciencias sociais relacionados cos procesos e as situacións de exclusión social.
B16 CX4 - Dirixir e coordinar equipos de investigación e profesionais de carácter multidisciplinar que traballen nos principais ámbitos da exclusión social.
B17 CX5 - Elaborar e defender informes, proxectos e memorias no campo das ciencias sociais.
B18 CX6 - Valorar a adecuación das distintas ferramentas teóricas, metodolóxicas e técnicas ás preguntas e os obxectivos específicos formulados sobre a realidade social e as políticas sociais.
B19 CX7 - Dar respostas innovadoras e orixinais ante situacións problemáticas emerxentes relacionadas coa exclusión social.
B20 CX8 - Aplicar a perspectiva comparada na comprensión das problemáticas sociais e das respostas e solucións políticas.
B21 CX9 - Aplicar unha perspectiva interdisciplinar na análise e a valoración de problemáticas de exclusión e políticas sociais de inclusión e cohesión.
B22 CX10 - Recoñecer e valorar os xuízos de valor e as evidencias nos argumentos que sosteñen as descricións e políticas sobre a realidade social.
C1 CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 CT2 – Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT6 -Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C7 CT7 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar os rasgos distintivos e as tensións propias da indagación cualitativa en ciencias sociais durante o periodo postparadigmático. AM3
BM3
BM7
BM13
BM15
BM18
CM1
CM2
CM3
CM5
Comprender as peculiaridades da investigación cualitativa elaborando un deseño emerxente de investigación. AM2
AM4
BM1
BM2
BM3
BM4
BM7
BM15
BM18
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
Pór en práctica as principais técnicas de recollida de datos propias da investigación cualitativa (entrevista, observación, grupo de discusión e grupo focal, historia de vida e relato biográfico). AM3
AM4
BM2
BM7
BM15
BM18
CM1
CM5
CM6
Analizar e interpretar os datos procedentes da aplicación dunha técnica de recollida de datos nas súas diferentes vertentes e convertelos en información útil para a toma de decisións no campo da acción social. AM1
AM2
AM4
BM1
BM6
BM7
BM12
BM14
BM15
BM16
BM19
BM20
BM21
BM22
CM5
CM7
Coñecer o uso das novas tecnoloxías na análise cualitativa. BM6
BM11
BM19
CM5
CM7
Preparar documentos e informes. AM3
AM4
BM4
BM5
BM7
BM9
BM11
BM15
BM17
CM1
CM5
CM6

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. INTRODUCIÓN Á METODOLOXÍA CUALITATIVA NAS CCSS. - Caracterización, xénese e evolución da investigación cualitativa en Ciencias Sociais.
- Fundamentación epistemolóxica: proliferación paradigmática e pluriversalismo.
- Múltiples aproximacións metodolóxicas: etnografía, estudo de caso, investigacións narrativo biográficas, cartografía social, etc.
TEMA 2. CARACTERÍSTICAS E ELEMENTOS DO DESEÑO CUALITATIVO. - O deseño emerxente de investigación e o traballo de campo.
- A construción das preguntas de investigación.
- A selección secuencial.
- A recollida e a análise de datos.
- A análise de datos e a interpretación.
- Os criterios de credibilidade.
- A comunicación dos achados e a escritura do informe.
- Reflexividade ética e política da investigación cualitativa.
TEMA 3. ESTRATEXIAS E TÉCNICAS DE INVESTIGACIÓN CUALITATIVA. - Introdución a diferentes técnicas de investigación cualitativa: elección, deseño e aplicación:
* Observación.
* Entrevista.
* Grupo de discusión e grupo focal.
* Historia de vida e relato biográfico.
- Aproximación á investigación cualitativa apoiada en software de análise (Atlas.ti 7).
TEMA 4. ESTUDOS CRÍTICOS DO DISCURSO. - Introducción aos Estudos Críticos do Discurso.
- Aproximacións á Análise Crítica do Discurso.
- Técnicas, deseño e interpretación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 B1 B2 B3 B5 B7 B9 B13 B14 B15 B17 B18 B19 C4 C5 C6 C7 10 50 60
Seminario A1 A2 A3 A4 B1 B4 B6 B17 B18 B22 C1 C5 C6 C7 2 3 5
Sesión maxistral A1 A2 A3 B3 B4 B11 B12 B16 C1 C2 C3 19 21 40
Discusión dirixida A1 A2 A4 B3 B4 B6 B16 B20 B21 C1 C5 C6 13 30 43
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Consta de dúas partes que serán titorizadas coordinadamente polas profesoras:
1.Deseño dunha proposta de investigación con estudo de caso aplicada á unha temática e/ou escenario específico.
2.Deseño dunha técnica cualitativa de recollida de datos, incluida no devandito deseño de estudo de caso, incluíndo a súa posta en práctica e a análise e interpretación do material empírico producido.

O traballo será explicado na aula e se subirán as instrucións concretas sobre a súa realización á Moodle, para que teñan acceso a elas tanto o alumnado da modalidade presencial como o da modalidade on-line. Nalgunhas sesións de aula existirán breves espazos para a posta en común en relación ao desenvolvemento deste traballo.

No caso de alumnado desta última modalidade ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatibles coa súa dedicación e/ou asistencia para o seguimento na realización deste traballo. Este alumnado poderá solicitar a realización de titorías tanto presenciais como virtuais (Skype ou correo electrónico) e deberá agruparse por parellas para desenvolver este traballo (véxanse excepcións no apartado de Recomendacións).
Seminario Asociado ao desenvolvemento dun seminario cualitativo realizarase unha actividade relacionada co seguimiento de procedementos básicos en Atlas.ti. Esta actividade deberá ser completada en parellas ou grupos de tres persoas e poderá finalizarse fóra das sesións.

As instruccións para a resolución da actividade serán facilitadas nas sesións presenciais e a través dun documento escrito dispoñible na plataforma Moodle, coa fin de que teñan acceso a elas tanto o alumnado da modalidade presencial como o da modalidade on-line.

O alumnado desta última modalidade ou con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, poderá solicitar a realización de titorías tanto presenciais como virtuais (vía Skype ou correo electrónico). Esta actividade resolverase en parellas ou en grupos de tres persoas.
Sesión maxistral As profesoras introducirán os diferentes contenidos da materia en sesións de carácter maxistral. Estas motivarán a participación e o debate por parte do alumnado (discusión dirixida) e requerirán a revisión previa dos documentos (textuais, audiovisuais, etc.) obrigatorios que, xunto coas presentacións empregadas, estarán dispoñiibles na plataforma Moodle para o alumnado de ambas modalidades.
Discusión dirixida Nas sesións de aula, de modo paralelo á introducción temática por parte das profesoras, levaranse a cabo discusións dirixidas con base nos documentos obrigatorios (textuais, audiovisuais, etc.) e/ou outros considerados de interese polo alumnado ou as profesoras.

Para o alumnado da modalidade on-line ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, poranse a disposición os documentos a través de Moodle e faciltarase a súa participación no debate a través de foros virtuais. Nestes participará indistintamente alumnado de ambas modalidades.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Traballos tutelados
Descrición
1. Levarase a cabo un seguimento personalizado do traballo tutelado e -en menor medida- das actividades relativas o seminario, tanto nas sesións de traballo que se desenvolvan na aula, como no horario oficial de titorías (revísense Observacións de Avaliación).
2. No caso de alumnado da modalidade en liña ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatibles coa súa dedicación e asistencia. As titorías poderán levarse a cabo de maneira virtual (Skype ou correo electrónico). O material de traballo facilitado na clase incorporarase a plataforma virtual da materia (Moodle).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A1 A2 A3 A4 B1 B4 B6 B17 B18 B22 C1 C5 C6 C7 Levarase a cabo unha actividade relacionada co desenvolvemento de procedementos básicos en Atlas.ti. 10
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 B1 B2 B3 B5 B7 B9 B13 B14 B15 B17 B18 B19 C4 C5 C6 C7 Consta de dúas partes:
1.Deseño dunha proposta de investigación con estudo de caso aplicada a unha temática e/ou escenario específico.
2.Deseño dunha técnica cualitativa de recollida de datos, incluida no devandito deseño de estudo de caso, incluendo a súa posta en práctica e a análise e interpretación dos resultados do material empírico producido.

90
 
Observacións avaliación
  1. A avaliación do alumnado da modalidade on-line ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será igual que a do alumnado con dedicación completa.
  2. É condición indispensable para superar a materia, obter como mínimo nas actividades avaliables, a metade da máxima cualificación otorgable: 4.50 de 9.00 e 0.50 de 1.00, respectivamente.
  3. A participación das titorías (presenciais ou virtuais) configúrase como unha parte importante da materia, especialmente para a realización das Actividades Iniciais e o Traballo tutelado. É, por tanto, moi recomendáble a participación destes procesos de seguimento individualizados. 
  4. Coa fin de facilitar a participación do alumnado da modalidade on-line poderán desenvolverse tamén titorías vía Skype (previa cita) ou por correo electrónico con calquera das dúas profesoras da materia. 
  5. Na 2ª oportunidade, os criterios de avaliación e os traballos cualificables serán iguais aos propostos para a 1ª convocatoria.

Fontes de información
Bibliografía básica Conde Gutiérrez del Alamo, F. (2009). Análisis sociológico del sistema de discursos. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas.
Harrison, H.; Birks, M.; Franklin, R. y Mills, J. (2017). Case Study Research: Foundations and Methodological Orientations . Forum: Qualitative Social Research, 18(1)
Murillo, S. (2006). Detectives y camaleones: el grupo de discusión. Una propuesta para la investigación cualitativa. Madrid: Talasa.
Gutiérrez, J. (2008). Dinámica del grupo de discusión. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas.
van Dijk, T.A. (2009). Discurso y poder. Barcelona: Gedisa.
García Ferrando, M., Ibáñez, J., y Alvira Martín, F. (1986). El análisis de la realidad social. Métodos y tecnicas de investigación. Madrid: Alianza.
Flick, U. (2015). El diseño de la Investigación Cualitativa. Madrid: Morata
King, G., Verba, S., & Keohane, R. O. (2000). El diseño de la investigación social. La inferencia científica en los estudios cualitativos. Madrid: Alianza.
Simons, H. (2011). El estudio de caso teoría y práctica. Madrid: Morata
Krueger, R. (1991). El grupo de discusión. Guía práctica para la investigación aplicada. Madrid: Pirámide.
Lozares, C, Martín, A. López, P. (1998). El tratamiento multiestratégico en la investigación sociológica. Papers, 55, 27-43.
Flick, U. (2014). La gestión de la calidad. Madrid: Morata
Velasco, M. y Díaz de Rada, A. (1997). La lógica de la investigación etnográfica. Barcelona: Trotta
Kvale, S. (2011). Las entrevistas en investigación cualitativa. Madrid: Morata.
Ibáñez, J. (1992). Más allá de la sociología: El grupo de discusión: Teoría y crítica (3ª ed.). Madrid: Siglo XXI.
Sarabia, B (1997). Metodología cualitativa en España. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas.
Corbetta, P., & Fraile Maldonado, M. (2003). Metodología y técnicas de investigación social. Madrid: McGraw-Hill.
Delgado, J.M y Gutiérrez, J (coord) (1994). Métodos y técnicas cualitativas de investigación en Ciencias Sociales. Madrid: Síntesis.
Jorge Sierra, E. (2003). Nuevos elementos para la reflexión metodológica en sociología. Del debate cuantitativo/cualitativo al dato complejo. Papers, 70, 57-81.
Valles Martínez, M. (1997 (2003 reimp.)). Técnicas cualitativas de investigación social: reflexión metodológica y práctica profesional. Madrid: Síntesis.
Trinidad., A. Carrero,V y Soriano, R (2006). Teoría fundamentada "grounded theory" : la construcción de la teoría a través del análisis interpretacional. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas.
William, E. (2007). The case study handbook: how to read, discuss, and write persuasively about cases. Boston, Mass.: Harvard Business School Press.
Denzin, N. K., y Lincoln, Y. S. (2011). The Sage handbook of qualitative research (4th ed.).. Thousand Oaks: Sage.

NOTA:

Esta bibliografía é susceptíbel a modificacións a medida que avanza o curso académico coa fin de que se adecúe ás necesidades formativas do alumnado. Realizarase unha selección de títulos da listaxe final que será de traballo e comentario obrigatorios nas diferentes actividades propostas (actividades iniciais, traballos tutelados, sesión maxistral e/ou discusión dirixida).


Bibliografía complementaria Krueger, R. A. (1997). Analyzing & reporting focus group results. London: Sage.
Strauss, A. y Corbin, J. (1990). Basics of Qualitative Research. London: Sage.
Morse, J. (ed) (1994). Critical issues in qualitative research methods. London: Sage.
Coppedge, M. (2012). Democratization and research methods. New York: Cambridge University Press.
Krueger, R. A. (1997). Developing questions for focus groups. London: Sage.
Nagy Hesse-Biber, P.L. (eds) (2006). Emergent methods in social research. Thousand Oaks, California: Sage
Wertz, F. J. (2011). Five ways of doing qualitative analysis: Phenomenological psychology, grounded theory, discourse analysis, narrative research, and intuitive inquiry. New York: Guilford Press.
Locke, K.D. (2001). Grounded theory in management research. London: Sage.
Goulding, Ch. (2002). Grounded theory: a practical guide for management, business and market researchers. London: Sage.
Silverman, D. (1993). Interpreting qualitative data: methods for analysing talk, text and interaction. London: Sage.
Morgan, D.L. (1997). Planning focus groups. London: Sage.
Creswell, John W (1994). Research design: qualitative and quantitative approaches. Thousand Oaks: Sage.
Morgan, D.L. (1998). The focus group guidebook. London: SAGE.

Denzin, N.K. y Lincoln, Y. S. (Coords.) (2012). Manual de investigación cualitativa. Volumen. II. Paradigmas y perspectivas en disputa. Barcelona: Gedisa. Capítulo:8

Flick, U. (2004). Introducción a la investigación cualitativa. Madrid: Morata. Capítulo: II

Jackson, Ph W. (1991). La vida en las aulas. Madrid: Morata. (Introducción)

Lather, P. (2006). Paradigm proliferation as a good thing to think with: teaching research in education as a wild profusion. International Journal of Qualitative Studies in Education,19(1), January-February, 35-57.

Denzin, N.K. y Lincoln, Y. S. (Coords.) (2012). Manual de investigación cualitativa. Volumen. I. El campo de la investigación cualitativa. Barcelona: Gedisa (Cap.6 Christians, C. G. La ética y la política en la investigación cualitativa.

Flick, U. (2004). Introducción a la investigación cualitativa. Madrid: Morata.

Libros generales

Goetz, J. P.y LeCompte. M.D. (1988). Etnografía y diseño cualitativo en investigación educativa. Madrid: Morata.

Hammersley, M. y Atkinson, P. (2001). Etnografía. Métodos de investigación. Barcelona: Paidós.

House, E. R. y Howe, K. R. (2001). Valores en evaluación e investigación social. Madrid: Morata.

Stake, R. E. (1998). Investigación con estudio de casos. Madrid: Morata.

Taylor, S.J. y Bogdan, R. (1986). Introducción a los métodos cualitativos de investigación. Barcelona: Paidós.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Prácticas externas/615525028
Deseño de proxectos e traballos de investigación/615525029
Traballo Final de Mestrado (TFM)/615525031
Investigación-acción participativa, acción comunitaria e xestión das organizacións sociais/615525010

Observacións
  1. Ao ser unha materia de carácter obrigatorio será cursada por todo o alumnado matriculado no mestrado. Os requisitos de acceso son os xerais de admisión no mestrado.
  2. O alumnado (independentemente da modalidade escollida) deberá revisar regularmente a plataforma Moodle e consultar os documentos obrigatorios.
  3. É obrigatorio resolver as actividades de modo razoado, apoiándose e argumentando con base nos documentos propios da materia e outros que podan ser considerados de interese. Seguiranse de modo escrupuloso os requisitos establecidos na normativa APA (6ª edición), que de modo sintético aparecerán reflictidos en guías que as profesoras facilitarán ao alumnado ao inicio de curso.
  4. O uso inadecuado de citas e referencias bibliográficas poderá supoñer unha penalización na cualificación final ou a consideración de "suspenso". Deberán revisarse os contidos relativos á prevención do plaxio nas guías que serán facilitadas polas profesoras ao inicio do curso.
  5. A entrega dos traballos que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital.
  6. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, empregarase bibliografía de autoras e autores, propiciarase a intervención en clase de todo o alumnado, etc. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
  7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria
  8. No caso do alumnado presencial será obrigatorio crear parellas ou grupos de tres persoas para a resolución das actividades. Porén isto non implica que a cualificación de todas as persoas que compoñan o grupo sexa a mesma. 
  9. No caso de alumnado on-line será obrigatorio crear parellas para a resolución de actividades. En situacións excepcionais, e previa aprobación das profesoras, poderá optarse pola realización do traballo de modo individual.
  10. Dado o carácter da materia, é necesaria a realización dun seguimento regular das actividades encomendadas polo que o alumnado deberá xestionar o desenvolvemento de titorías durante o cuadrimestre.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías