Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Investigación-acción participativa, acción comunitaria e xestión das organizacións sociais Código 615525010
Titulación
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Cruz Lopez, Laura
Correo electrónico
laura.cruz@udc.es
Profesorado
Cruz Lopez, Laura
Correo electrónico
laura.cruz@udc.es
Web
Descrición xeral A materia enfócase nas posibilidades da investigación acción participativa (IAP) como ferramenta para unha xestión xusta e igualitaria dunha organización social. Miramos como este modelo pode facilitar unha acción comunitaria colaborativa, proporcionar vías de participación, tanto interna como externa, no funcionamento da entidade. Revisamos as bases filosóficas e éticas deste modelo de investigación, establecendo as súas características definitorias. Tamén exploramos as súas variacións na forma de aplicacións específicas en contextos diversos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Determinar as dimensións e categorías axeitadas para o diagnóstico e a análise científica das situacións de exclusión social.
A2 CE2 - Interpretar os feitos e as políticas sociais desde os distintos paradigmas teóricos vixentes na análise da exclusión.
A3 CE3 - Deseñar e desenvolver procesos de observación e documentación para o estudo das políticas e os sistemas de benestar social.
A7 CE7 - Identificar e valorar a posibilidade de intervención e prevención en procesos de conflitividade social.
A8 CE8 - Identificar procesos e factores de cohesión social, e deseñar medidas para a súa potenciación.
B1 CB1 - Demostrar coñecementos avanzados, de carácter multidisciplinar, para a investigación e o exercicio profesional no ámbito da exclusión social.
B2 CB2 - Aplicar e integrar os coñecementos a contornos e problemas emerxentes e indefinidos, na práctica investigadora e profesional.
B6 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionen unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou a aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B7 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B11 CB11 - Participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas no ámbito da exclusión social, en contextos interdisciplinares e de transferencia de coñecementos.
B12 CB12 - Manter responsabilidade e compromiso co desenvolvemento profesional continuo de forma autónoma.
B13 CX1 - Comprender e integrar coñecementos complexos para traducilos en propostas de investigación e programas de intervención en contextos sociais problemáticos.
B14 CX2 - Realizar unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculada aos feitos sociais sobre os que se traballa.
B15 CX3 - Deseñar, aplicar e avaliar proxectos de investigación en ciencias sociais relacionados cos procesos e as situacións de exclusión social.
B16 CX4 - Dirixir e coordinar equipos de investigación e profesionais de carácter multidisciplinar que traballen nos principais ámbitos da exclusión social.
B18 CX6 - Valorar a adecuación das distintas ferramentas teóricas, metodolóxicas e técnicas ás preguntas e os obxectivos específicos formulados sobre a realidade social e as políticas sociais.
B19 CX7 - Dar respostas innovadoras e orixinais ante situacións problemáticas emerxentes relacionadas coa exclusión social.
C1 CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT6 -Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C7 CT7 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Describir e analizar as características definitorias e variacións da investigación acción participativa (IAP) AM2
BM1
BM6
BM14
BM18
CM4
CM5
Saber deseñar, desenvolver e avaliar un proxecto de IAP AM1
AM3
AM7
BM2
BM11
BM13
BM15
CM1
Coñecer e saber aplicar técnicas participativas de xestión de organizacións sociocomunitarias AM8
BM7
BM12
BM16
BM19
CM6
CM7

Contidos
Temas Subtemas
Modelos de investigación comunitaria e participativa
Contextualización epistemolóxica e metodolóxica da IAP: orixes e evolución
Principios da IAP
Experiencias de IAP en distintos contextos xeográficos e ámbitos de acción
Dimensións de análise da participación en organizacións comunitarias
Categorías espazo-temporais en organizacións inclusivas
Dimensión dialóxica: a comunicación inter- e intra- institucional
Práctica metodolóxica da IAP Etapas fundamentais no proceso de IAP
Técnicas participativas da análise da realidade
Deseño dun proxecto de IAP
Comunicación e validación dos resultados

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida B1 B12 B14 B18 C4 C5 C6 C7 10 20 30
Aprendizaxe colaborativa A3 B2 B7 B11 B13 B15 B16 B19 C1 10 0 10
Investigación (Proxecto de investigación) A3 A7 A8 B2 B6 B7 B13 B14 B19 C1 C4 C5 6 59 65
Sesión maxistral A1 A2 B1 B13 B14 B15 B18 C5 C7 10 0 10
Análise de fontes documentais A1 A2 A8 B6 B12 B18 C7 0 30 30
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Fundaméntase na concepción da aprendizaxe como un proceso dialóxico, un acto de (re)creación solidarizando a reflexión e a acción.
En base á análise previa de fontes documentais e/ou ao desenvolvemento de fases do traballo de investigación, promoverase a posta en común e o debate, contrastando opinións fundamentadas.
Con esta metodoloxía preténdese: identificar dificultades na comprensión; provocar o pensamento diverxente; favorecer a conexión con experiencias vitais; tomar conciencia e reconstruír criticamente novas formas de pensar, sentir e actuar.
A discusión dirixida poderá desenvolverse de forma presencial (nas sesións de aula) ou virtual (foros).
Aprendizaxe colaborativa Destinaranse sesións a aprender e aplicar técnicas participativas de análise de realidades sociocomunitarias, deseño e avaliación de propostas de IAP.
Investigación (Proxecto de investigación) Traballo de investigación que consiste nunha recollida e análise de datos de campo e no deseño dun proxecto de investigación acción participativa que dea resposta a algunha das necesidades identificadas.
No desenvolvemento do traballo haberá que entregar informes de seguimento que poderán ser obxecto de traballo na aula ou en sesións de titorías.
Sesión maxistral Destinada á exposición oral por parte da/s docente/s responsable/s na que achegar o saber científico e disciplinar imprescindible para a comprensión da materia. Complementarsase co uso de recursos pertinentes (textuais e/ou audiovisuais) e coa introdución de preguntas dirixidas ao alumnado para favorecer o diálogo reflexivo. A finalidade é promover unha aprendizaxe transformadora, potenciando a participación do alumnado na construción significativa do coñecemento.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, páxinas web, artigos científicos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico, como instrumento na discusión dirixida, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas, etc.

Atención personalizada
Metodoloxías
Investigación (Proxecto de investigación)
Descrición
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.

Para o alumnado oficialmente matriculado na modalidade online, a participación en debates presenciais serán substituídas por foros na plataforma Moodle.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A3 A7 A8 B2 B6 B7 B13 B14 B19 C1 C4 C5 Valorarase: calidade da descrición e grao de profundidade na análise da realidade (espazos, interaccións e perspectiva das persoas); calidade técnica (identificación das necesidades; formulación dos obxectivos, proposta metodolóxica) e inclusiva da proposta de IAP (detallada, viable, innovadora, coherente coas necesidades detectadas); apoio en fontes documentais complementarias e actuais; uso dunha linguaxe propia do contexto académico e científico; aspectos formais relativos á calidade da presentación.
80
Discusión dirixida B1 B12 B14 B18 C4 C5 C6 C7 Valorarase a participación nas sesións de aula e nos foros virtuais, no que respecta a: o nivel de profundidade na abordaxe da temática que amose a súa comprensión e apoio nas fontes documentais consultadas; a capacidade de síntese das ideas fundamentais; a creatividade das achegas; a capacidade de argumentación, crítica e valoración; a claridade e corrección lingüística. 20
 
Observacións avaliación

Na segunda oportunidade avalíanse as mesmas tarefas que na primeira: discusión dirixida e investigación.

A
cualificación da discusión dirixida non é recuperable para
a segunda oportunidade de avaliación. Gardarase a nota acadada na
primeira oportunidade, derivada da participación no proceso de
desenvolvemento da materia.


Fontes de información
Bibliografía básica

Ayuntamiento de Sevilla & Instituto Paulo Freire (s.d.). Materiales Didácticos para trabajar la Participación Ciudadana.

Alberich Nistal, T. (2008). IAP, redes y mapas sociales: desde la investigación a la intervención social. Portularia, vol. VIII, núm. 1, pp. 131-151.

Balcazar, F. E. (2003). Investigación acción participativa (IAP): Aspectos conceptuales y dificultades de implementación. Fundamentos en Humanidades, vol. IV, núm. 7-8, pp. 59-77

Barba, María, Morán, M. e Cruz, L. (2017). Animación sociocultural en prisión. Experiencia en el centro penitenciario de Monterroso. Madrid: Popular.

Barba Nuñez, M. & Morán de Castro, M. (2016). Construyendo convivencia intercultural. Un programa de animación sociocultural en el centro penitenciario de Monterroso. Revista de Educación Social 22.

Bergold, J. & Thomas, S. (2012). Participatory Research Methods: A Methodological Approach in Motion [110 paragraphs]. Forum Qualitative Sozialforschung / Forum: Qualitative Social Research, 13 (1). Art. 30, http://nbn-resolving.de/urn:nbn:de:0114-fqs1201302.

Bru Martín, P., y Basagoiti R. (2003). La Investigación-Acción Participativa como metodología de mediación e integración socio-comunitaria. Comunidad: Publicación periódica del Programa de Actividades Comunitarias en AtenciónPrimaria, nº 6.

CIMAS (Observatorio Internacional de Ciudadanía y Medio Ambiente Sostenible) (2009). Manual de Metodologías Participativas, pp. 1-40. Dispoñible en http://www.presupuestosparticipativos.com/los-presupuestos-participativos-y-las-po/_C3VTDDatmVEmYYYsYdvRIsil_ngZxyrxjOfBaaLp8YrojPPmW_ZltZD3V8TsXg0w

Comas Arnau, D.  (2010). Los Presupuestos Participativos y las políticas de juventud: Un estudio de caso sobre la cultura de la participación social en España.

DePalma, R. (2010). Socially just research for social justice: negotiating consent and safety in a participatory action research project. International Journal of Research & Method in Education 33(3), pp. 215-227.

DePalma, R. (2009). Leaving Alinsu: towards a transformative community of practice. Mind Culture and Activity 16(4), pp. 353 - 370.

DePalma R, Teague L (2008). A democratic community of practice: Unpicking all those words. Educational Action Research, 16(4):441-456.

De Ugarte, D. (2007) El Poder de las redes: Manual ilustrado para ciberactivistas. Dispoñible en https://lasindias.com/el-poder-de-las-redes/

Disalvo, D. (2011). Comunidades virtuales. Mente y Cerebro 48, 60-67.

El Troudi, H., Harnecker, M., e Bonilla, L. (2005). Herramientas para la participación.

Francés García, F. & Carrillo Cano, A. (2010). Guía metodológica de presupuestos participativos

Ganuza, E., Paño, P., , Olivari, L., Buitrago, L., &  y Lorenzana, C. (2010). La democracia en acción: una visión desde las metodologías participativas

Kemmins S, McTaggart R (1988). Como planificar la investigación-acción. Laertes ediciones, Barcelon

Rodríguez Jiménez, N. (2012). La etnografía como herramienta en los proyectos de intervención social para el desarrollo. Boletín de Antropología 27, N.o 44, pp. 223-253.

Rodríguez Romero, M. e Serrantes Pazos, A. (2006). Educación ambiental e novos movementos sociais. AmbientalMENTE Sustentable, 1 (9-10), pp. 53-79.

Sánchez Lopera, A. (2008). Orlando Fals Borda. Aporías de un pensamiento sin desilusión. Nómada 28, pp. 206-211.

Verdía Varela, V. (2017). Participatory citizenship initiatives as a crucial factor for social cohesion. In DePalma, R. & Pérez Caramés, A. (Eds). Beyond Global Cities: A Case Study of Emerging Super-Diversity. NY: Springer.

Bibliografía complementaria

Os materiais de lectura obrigatoria e algunhas recomendacións para lecturas adicionais estarán dispoñibles na plataforma Moodle


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Tanto para o alumnado de modalidade presencial como online, é imprescindible levar a cabo un seguimento continuo da materia. Consistirá en levar a cabo as actividades especificadas na plataforma Moodle (lecturas, tarefas, participación en foros, etc.)  antes da data límite indicada.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías