Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Historia e teorías dos movementos migratorios Código 615525013
Titulación
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Optativa 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Fernández Suárez, Mónica Belén
Correo electrónico
belen.fernandez.suarez@udc.es
Profesorado
Cardesin Diaz, Jose Maria
Fernández Suárez, Mónica Belén
Correo electrónico
j.m.cardesin@udc.es
belen.fernandez.suarez@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia exploráranse os vínculos teóricos entre a historia e a socioloxía das migracións. As migracións serán analizadas á luz das migracións históricas de galegos cara a America do Sur, para pasar a analizar as principais teorías explicatorias dos procesos migratorios a nivel histórico ata chegar á actualidade. Estudiaranse os principais enfoques, correntes e teóricos/as no campo das migracións internacionais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 CE2 - Interpretar os feitos e as políticas sociais desde os distintos paradigmas teóricos vixentes na análise da exclusión.
A9 CEM1 - Demostrar coñecementos avanzados sobre os principais movementos migratorios ao longo da historia e a súa relación con procesos de conflitividade e de cohesión social nas sociedades de orixe e destino
A10 CEM2 - Dominar as principais ferramentas conceptuais e técnicas que permiten definir un colectivo e unha problemática migratoria como obxecto de estudo e análise.
A11 CEM3 - Demostrar un coñecemento avanzado e crítico sobre as teorías e os debates académicos actuais de maior relevancia sobre as dinámicas migratorias e os procesos de integración dos colectivos migrantes.
A14 CEM6 - Actuar como profesional competente e cualificado/a no ámbito da análise das migracións internacionais e do traballo con colectivos migrantes.
B14 CX2 - Realizar unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculada aos feitos sociais sobre os que se traballa.
C1 CT1 - Reflexionar, chegar a conclusións e propoñer solucións a través do traballo en equipo.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
A2. CE2. Interpretar os feitos e as políticas sociais desde os distintos paradigmas teóricos vixentes na análise da exclusión. AM2
A.9. CEM1. Demostrar coñecementos avanzados sobre os principais movementos migratorios ao longo da historia e a súa relación con procesos de conflitividade e de cohesión social nas sociedades de orixe e destino AM9
A10.CEM2. Dominar as principais ferramentas conceptuais e técnicas que permiten definir un colectivo e unha problemática migratoria como obxecto de estudo e análise. AM10
A11.CEM3. Demostrar un coñecemento avanzado e crítico sobre as teorías e os debates académicos actuais de maior relevancia sobre as dinámicas migratorias e os procesos de integración dos colectivos migrantes. AM11
A14.CEM6.Actuar como profesional competente e cualificado/a no ámbito da análise das migracións internacionais e do traballo con colectivos migrantes. AM14
B14.CX2. Realizar unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculada aos feitos sociais sobre os que se traballa. BM14
C1.CT1.T1 - Reflexionar, chegar a conclusións e propoñer solucións a través do traballo en equipo. CM1

Contidos
Temas Subtemas
1. A emigración cara a América: os factores de atracción 1.1. A formación dun mercado mundial.
1.2. A construcción política de Latinoamérica.
1.3.Capitalismo, leis de inmigración e mercado de traballo.
2.- O exemplo de Galicia: os factores de expulsión. 2.1.- As mudanzas no mundo rural galego.
2.1.1.- Os condicionantes do marco estatal español: legais, políticos, etc.

2.2.- A emigración como proceso dinamizador do mundo rural
3.- A memoria da emigración 3.1.- Historias de migración e retorno
3.1.1.- Metodoloxías e técnicas: historia oral e historias
de vida, xenealoxías e documentos personais

3.2.- Os lugares da memoria
3.2.1.- Recorridos urbanos: o Parque do Pasatempo
4.-Unha visión histórica das teorías das migracións internacionais. 4.1. A escola de Chicago: Park e Thomas e Znaniecki
4.2. A socioloxía da "Race and Etnic relations"
4.3. A aportación ás migracións desde a socioloxía norteamericana contemporánea: Portes e Massey
4.4. A escola francesa e a súa achega teórica: Bourdieu e Sayad.
5. Teorías explicativas dos procesos de migracións internacionais 5.1. O modelo económico do push-pull
5.2. Teorías da acción individual
5.3. Teorías do capital social e das redes
5.4. Teorías da mobilidade social
5.5. O modelo centro-periferia
5.6. O modelo das cidades globais
6. Novas teorías sobre as migracións internacionais. 6.1. O transnacionalismo como paradigma emerxente
6.2. As migracións nun mundo globalizado.
6.4. El feminismo interseccional.
6.3. La teoría decolonial.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A9 A10 A11 B14 42 42 84
Proba de ensaio A2 A9 A10 A11 A14 B14 C1 0 58 58
Saídas de campo A2 A9 A10 A11 C1 4 0 4
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases teóricas con participación do estudantado, en torno aos diversos contidos que compoñen o programa.
Proba de ensaio A proba consistirá en escoller un dos temas relacionados coa materia e facer unha reflexión que implica a leitura dun mínino de 10 referencias bibliográficas.
Saídas de campo Realizarase unha saída de campo a Betanzos onde se dará unha aula sobre a historia das migracións e a súa pegada arquitectónica en Galicia tomando como estudio de caso o Pasatempo de Betanzos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba de ensaio
Descrición
O alunado poderá consultar co profesorado da materia as dúbidas e preguntas que considere oportunas para a correcta realización do ensaio. Para concertar unha titoría será preciso concretar un día por correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A2 A9 A10 A11 A14 B14 C1 Esta proba de ensaio ten un valor do 100% da nota da materia. Para realizar a mesma terase en conta os contidos impartidos na aula, as leituras, a profundidade na análise, a redacción e os aspectos formais propios dun ensaio. 100
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Cardesín, J.M. (2017). A Theme Park in Early 20th Century Galicia: a case study on the globalized visions of Indianos. R. de Palma & A. Pérez Caramés (coords.): Beyond Global Cities, New York, Springer (en prensa).
Sennett, R. (2014). El extranjero: dos ensayos sobre el exilio. Barcelona: Anagrama
AA.VV. (2008). Estudios postcoloniales. Ensayos fundamentales. Madrid: Traficantes de Sueños
Sassen, S. (2013). Inmigrantes y ciudadanos: de las migraciones masivas a la Europa Fortaleza. Tres Cantos: Siglo XXI
Sayad, A. (2010). La doble ausencia: de las ilusiones del emigrado a los padecimientos del inmigrado. Rubí: Anthropos
Cardesín, J. M. (1999). La heterogeneidad de la reproducción social en una sociedad estratificada: la Galicia rural del S.XIX. F. Rodríguez Iglesias (dir.): Proyecto Galicia. Antropología, vol. XXVI, A Coruña, Hércules, 1999, p
Terrén, E. (2002). Razas en conflicto: perspectivas sociológicas. Barcelona: Anthropos
Portes, A.; DeWind, J. (2006). Repensando las migraciones internacionales. Nuevas perpectivas teóricas y empíricas. México: Miguel Ángel Porrúa
Rea, A. (2009). Sociología de la inmigración. Barcelona: Hacer
Massey, D.; Arango, J; Graeme, H. ; Kouaocuci, A.; Pelegrino, A. (2000). Teorías de la Migración Internacional: Una reseña y una evaluación. Revista Trabajo, 3, pp. 5-50.
Messina, A. ; Lahav, G. (2006). The migration reader: exploring politics and policies. Boulder: Lynne Rienner
Ribas-Mateos, N. (2004). Una invitación a la sociología de las migraciones. Barcelona: Bellaterra.
Vázquez, A. (2008). Unha visión xeral da emigración galega contemporánea a América e a Europa. X.M. Cid et Alii, Migracións na Galicia contemporánea, Santiago de Compostela, Sotelo Branco, p. 17-

Bibliografía complementaria Barnett, M. (2008). Galego. Xunta de Galicia
Allegue, G. (1992). Galegos, as mans de América. Vigo: Nigra
Villares, R. (2006). Galicia siglo XX. A Coruña: La Voz de Galicia
Eiras, A.; Rey, O. (1992). La emigración gallega a las Américas en los siglos XIX y XX. Aproximación cuantitativa. Los Gallegos y América, Madrid, Mapfre, p. 214-266.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Políticas migratorias e dereito das migracións/615525012

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Identidade, alteridade e interseccionalidade/615525006

Materias que continúan o temario
O modelo migratorio español/615525014

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías