Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Historia e teorías dos movementos migratorios Código 615525013
Titulación
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Optativa 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Cardesin Diaz, Jose Maria
Correo electrónico
j.m.cardesin@udc.es
Profesorado
Cardesin Diaz, Jose Maria
Espiñeira González, Keina Raquel
Rivas Quarneti, Natalia Yanaina
Correo electrónico
j.m.cardesin@udc.es
keina.espineira@udc.es
natalia.rivas.quarneti@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia exploráranse os vínculos teóricos entre a historia e a socioloxía das migracións. As migracións serán analizadas á luz das migracións históricas de galegos cara a América do Sur, para pasar a analizar as principais teorías explicativas dos procesos migratorios a nivel histórico ata chegar á actualidade. Estudiaranse os principais enfoques, correntes e teóricos/as no campo das migracións internacionais.
Obxectivos do curso
1. Analizar as transformacións históricas que explican os grandes movementos migratorios cara a América nos séculos XIX e XX.
1.a. Estudar o impacto dos procesos de migración e retorno sobre os territorios emisores
2. Abordar algunhas metodoloxías e técnicas cualitativas de especial interese para a análise destes procesos. 2.a. Historia oral: a utilización de documentos persoais.
2.b. Historia visual: fotografía e cine
2.c. Historia urbana: a cidade como texto
3. Adquirir coñecementos sobre as diferentes teorías explicativas das migracións internacionais
3.a. Visión histórica das teorías das migracións internacionais.
3.b. Novos marcos teóricos no contexto presente

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 CE2 - Interpretar os feitos e as políticas sociais desde os distintos paradigmas teóricos vixentes na análise da exclusión.
A9 CEM1 - Demostrar coñecementos avanzados sobre os principais movementos migratorios ao longo da historia e a súa relación con procesos de conflitividade e de cohesión social nas sociedades de orixe e destino
A10 CEM2 - Dominar as principais ferramentas conceptuais e técnicas que permiten definir un colectivo e unha problemática migratoria como obxecto de estudo e análise.
A11 CEM3 - Demostrar un coñecemento avanzado e crítico sobre as teorías e os debates académicos actuais de maior relevancia sobre as dinámicas migratorias e os procesos de integración dos colectivos migrantes.
A14 CEM6 - Actuar como profesional competente e cualificado/a no ámbito da análise das migracións internacionais e do traballo con colectivos migrantes.
B14 CX2 - Realizar unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculada aos feitos sociais sobre os que se traballa.
C1 CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
A2. CE2. Interpretar os feitos e as políticas sociais desde os distintos paradigmas teóricos vixentes na análise da exclusión. AM2
A.9. CEM1. Demostrar coñecementos avanzados sobre os principais movementos migratorios ao longo da historia e a súa relación con procesos de conflitividade e de cohesión social nas sociedades de orixe e destino AM9
A10.CEM2. Dominar as principais ferramentas conceptuais e técnicas que permiten definir un colectivo e unha problemática migratoria como obxecto de estudo e análise. AM10
A11.CEM3. Demostrar un coñecemento avanzado e crítico sobre as teorías e os debates académicos actuais de maior relevancia sobre as dinámicas migratorias e os procesos de integración dos colectivos migrantes. AM11
A14.CEM6.Actuar como profesional competente e cualificado/a no ámbito da análise das migracións internacionais e do traballo con colectivos migrantes. AM14
B14.CX2. Realizar unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculada aos feitos sociais sobre os que se traballa. BM14
C1.CT1.T1 - Reflexionar, chegar a conclusións e propoñer solucións a través do traballo en equipo. CM1

Contidos
Temas Subtemas
1. A emigración cara a América: os factores de atracción 1.1. A formación dun mercado mundial.
1.2. A construción política de Latinoamérica.
1.3. Capitalismo, leis de inmigración e mercado de traballo.
2.- O exemplo de Galicia: os factores de expulsión. 2.1.- As mudanzas no mundo rural galego.
2.1.1.- Os condicionantes do marco estatal español: legais, políticos, etc.
2.2.- A emigración como proceso dinamizador do mundo rural
3.- A memoria da emigración 3.1.- Historias de migración e retorno
3.1.1.- Metodoloxías e técnicas: historia oral e historias
de vida, xenealoxías e documentos persoais
3.2.- Os lugares da memoria
3.2.1.- Recorridos urbanos: o Parque do Pasatempo
4.-Unha visión histórica das teorías das migracións internacionais. 4.1. A escola de Chicago: Park e Thomas e Znaniecki
4.2. A socioloxía da "Race and Etnic relations"
4.3. A aportación ás migracións dende a socioloxía norteamericana contemporánea: Portes e Massey
4.4. A escola francesa e a súa achega teórica: Bourdieu e Sayad.
5. Teorías explicativas dos procesos de migracións internacionais 5.1. O modelo económico do push-pull
5.2. Teorías da acción individual
5.3. Teorías do capital social e das redes
5.4. Teorías da mobilidade social
5.5. O modelo centro-periferia
5.6. O modelo das cidades globais
6. Novas teorías sobre as migracións internacionais. 6.1. O transnacionalismo como paradigma emerxente
6.2. As migracións nun mundo globalizado.
6.4. O feminismo interseccional.
6.3. A teoría decolonial.
6.5. Estudos de fronteiras e mestizaxe

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A9 A10 A11 B14 42 42 84
Proba de ensaio A2 A9 A10 A11 A14 B14 C1 0 58 58
Saídas de campo A2 A9 A10 A11 C1 4 0 4
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases teóricas con participación do estudantado, en torno aos diversos contidos que compoñen o programa.
Proba de ensaio A proba consistirá en escoller un dos temas relacionados coa materia e facer unha reflexión que implica a leitura dun mínino de 10 referencias bibliográficas.
Saídas de campo Realizarase unha saída de campo a Betanzos onde se dará unha aula sobre a historia das migracións e a súa pegada arquitectónica en Galicia tomando como estudio de caso o Pasatempo de Betanzos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba de ensaio
Descrición
O alunado poderá consultar co profesorado da materia as dúbidas e preguntas que considere oportunas para a correcta realización do ensaio. Para concertar unha titoría será preciso concretar un día por correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A2 A9 A10 A11 A14 B14 C1 Esta proba de ensaio ten un valor do 100% da nota da materia. Para realizar a mesma terase en conta os contidos impartidos na aula, as leituras, a profundidade na análise, a redacción e os aspectos formais propios dun ensaio. 100
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Cardesín, J.M. (2018). A Theme Park in Early 20th Century Galicia: a case study on the globalized visions of Indianos. R. de Palma & A. Pérez Caramés (coords.): Galician Migrations, New York, Springer, p. 63-79.
Houtum, H., Kramsch, O. y Zierhofer, W (eds.) (2005). B/ordering Space.. Londres: Ashgate Publishing.
Mezzadra, S.; Neilson, B. (2013). Border as method, or, the multiplication of labor.. Duke University Press
Anzaldua, G. (1987). Borderlands / La Frontera. The New Mestiza. . San Francisco: Aunt Lute Books.
Sennett, R. (2014). El extranjero: dos ensayos sobre el exilio. Barcelona: Anagrama
AA.VV. (2008). Estudios postcoloniales. Ensayos fundamentales. Madrid: Traficantes de Sueños
Sassen, S. (2013). Inmigrantes y ciudadanos: de las migraciones masivas a la Europa Fortaleza. Tres Cantos: Siglo XXI
Sayad, A. (2010). La doble ausencia: de las ilusiones del emigrado a los padecimientos del inmigrado. Rubí: Anthropos
Cardesín, J. M. (1999). La heterogeneidad de la reproducción social en una sociedad estratificada: la Galicia rural del S.XIX. F. Rodríguez Iglesias (dir.): Proyecto Galicia. Antropología, vol. XXVI, A Coruña, 1999, p. 396-437
Terrén, E. (2002). Razas en conflicto: perspectivas sociológicas. Barcelona: Anthropos
Portes, A.; DeWind, J. (2006). Repensando las migraciones internacionales. Nuevas perpectivas teóricas y empíricas. México: Miguel Ángel Porrúa
Zapata-Barrero, R. (ed.) (2010). Shaping the normative contours of the European Union: a Migration-Border framework.. Barcelona: CIDOB
Rea, A. (2009). Sociología de la inmigración. Barcelona: Hacer
Massey, D.; Arango, J; Graeme, H. ; Kouaocuci, A.; Pelegrino, A. (2000). Teorías de la Migración Internacional: Una reseña y una evaluación. Revista Trabajo, 3, pp. 5-50.
Messina, A. ; Lahav, G. (2006). The migration reader: exploring politics and policies. Boulder: Lynne Rienner
Ribas-Mateos, N. (2004). Una invitación a la sociología de las migraciones. Barcelona: Bellaterra.
Vázquez, A. (2008). Unha visión xeral da emigración galega contemporánea a América e a Europa. X.M. Cid et Alii, Migracións na Galicia contemporánea, Santiago, Sotelo Branco, p. 17-48

Bibliografía complementaria

Allegue, Gonzalo, 1992: Galegos, as mans de América, Vigo, Nigra

Barnett, Miguel, 2008: Galego, Xunta de Galicia.

Mezzadra, Sandro (2005) Derecho de fuga: migraciones, ciudadanía y globalización. Madrid: Traficantes de Sueños.

Houtum, H. (2005) “The Geopolitics of Borders and Boundaries”. Geopolitics, 10(4): 672-679

Houtum, H. y T. V. Naerssen (2002) “Bordering, Ordering and Othering”, Tijdschrift voor Economische en Sociale Geografie, 93/2: 125-136

Houtum, H. y Pijpers, R. (2007) “The European Union as a Gated Community: The Two-faced Border and Immigration Regime of the EU”. Antipode, 39 (2): 291-309.

Houtum, Henk (2010) “Human Blacklisting: The Global Apartheid of the EU’s External Border Regime.” Environment and Planning D: Society and Space 28 (6): 957–976.

Balibar, Étienne (2009) “Europe as borderland”, Environment and Planning D: Society and Space, 27(2): 190-215

Casas Cortés, M., Cobarrubias, S. y Pickles, J. (2011) “Stretching Borders Beyond Sovereign Territories? Mapping EU and Spain’s Border Externalization Policies” Geopolítica(s). Revista de estudios sobre espacio y poder, 2(1): 71-90.

Johnson, Corey; R. Jones; A. Paasi; L. Amoore; A. Mountz; M. Salter ; y C. Rumford (2011) “Interventions on Rethinking ‘the Border’ in Border Studies”. Political Geography 2011,vol. 30: 61-69.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Políticas migratorias e dereito das migracións/615525012

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Identidade, alteridade e interseccionalidade/615525006

Materias que continúan o temario
O modelo migratorio español/615525014

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías