Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Historia e teorías dos movementos migratorios Código 615525013
Titulación
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Optativa 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Espiñeira González, Keina Raquel
Correo electrónico
keina.espineira@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia explóranse os vínculos teóricos entre a historia e a socioloxía das migracións. O obxectivo principal é aportar ó alumnado un marco teórico e conceptual aplicado ó campo das migracións internacionais. O curso contempla unha parte práctica que se baseará no coñecemento de diferentes metodoloxías cualitativas e a súa aplicación a casos de analise de realidades presentes.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 CE2 - Interpretar os feitos e as políticas sociais desde os distintos paradigmas teóricos vixentes na análise da exclusión.
A5 CE5 - Interpretar as situacións e os procesos de marxinación social e económica de colectivos desde unha perspectiva histórica e macroestrutural.
A8 CE8 - Identificar procesos e factores de cohesión social, e deseñar medidas para a súa potenciación.
A9 CEM1 - Demostrar coñecementos avanzados sobre os principais movementos migratorios ao longo da historia e a súa relación con procesos de conflitividade e de cohesión social nas sociedades de orixe e destino
A10 CEM2 - Dominar as principais ferramentas conceptuais e técnicas que permiten definir un colectivo e unha problemática migratoria como obxecto de estudo e análise.
A11 CEM3 - Demostrar un coñecemento avanzado e crítico sobre as teorías e os debates académicos actuais de maior relevancia sobre as dinámicas migratorias e os procesos de integración dos colectivos migrantes.
A14 CEM6 - Actuar como profesional competente e cualificado/a no ámbito da análise das migracións internacionais e do traballo con colectivos migrantes.
B1 CB1 - Demostrar coñecementos avanzados, de carácter multidisciplinar, para a investigación e o exercicio profesional no ámbito da exclusión social.
B2 CB2 - Aplicar e integrar os coñecementos a contornos e problemas emerxentes e indefinidos, na práctica investigadora e profesional.
B3 CB3 - Seleccionar o marco científico adecuado para avaliar as evidencias dispoñibles e postular hipóteses razoadas sobre a avaliación previsible dos feitos sociais estudados.
B7 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B14 CX2 - Realizar unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculada aos feitos sociais sobre os que se traballa.
B17 CX5 - Elaborar e defender informes, proxectos e memorias no campo das ciencias sociais.
B18 CX6 - Valorar a adecuación das distintas ferramentas teóricas, metodolóxicas e técnicas ás preguntas e os obxectivos específicos formulados sobre a realidade social e as políticas sociais.
B20 CX8 - Aplicar a perspectiva comparada na comprensión das problemáticas sociais e das respostas e solucións políticas.
B21 CX9 - Aplicar unha perspectiva interdisciplinar na análise e a valoración de problemáticas de exclusión e políticas sociais de inclusión e cohesión.
B22 CX10 - Recoñecer e valorar os xuízos de valor e as evidencias nos argumentos que sosteñen as descricións e políticas sobre a realidade social.
C1 CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT6 -Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C7 CT7 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
1. Interpretar os feitos e as políticas sociais desde os distintos paradigmas teóricos no campo das migracións internacionais. AM2
AM5
AM9
BM20
BM21
BM22
CM3
CM6
2. Demostrar un coñecemento avanzado e crítico sobre as teorías e os debates académicos actuais de maior relevancia sobre as dinámicas migratorias. AM10
AM11
AM14
BM3
BM14
BM18
3. Dominar as principais ferramentas conceptuais e técnicas que permiten definir un colectivo e unha problemática migratoria como obxecto de estudo e análise. AM8
AM10
AM14
BM1
BM2
BM7
4. Realizar unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculada aos feitos sociais sobre os que se traballa e desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares. BM1
BM2
BM3
BM7
BM14
BM17
BM18
BM20
CM1
CM3
CM5
CM7

Contidos
Temas Subtemas
1. Unha visión histórica das teorías das migracións internacionais 1.1. A escola de Chicago: Park e Thomas e Znaniecki
1.2. "Race and Etnic relations"
1.3. A aportación ás migracións dende a socioloxía norteamericana contemporánea: Portes e Massey
1.4. A escola francesa e a súa achega teórica: Bourdieu e Sayad
2. Teorías explicativas dos procesos de migracións internacionais 2.1. O modelo económico do push-pull
2.2. Teorías da acción individual
2.3. Teorías do capital social e das redes
2.4. Teorías da mobilidade social
3. Metodoloxías e técnicas: metodoloxías narrativas, participativas e artísticas para abordar as migracións 3.1. Mapeamento corporal narrado
3.2. Fotovoz
3.3. Metaplan
3.4. Cartografías sociais
4. Novas teorías e enfoques no contexto da Globalización 4.1. Migración nun mundo globalizado
4.2. Mobilidade e transnacionalismo
4.3. Pertenza, identidade e cidadanía
4.4. Estudos de fronteira

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A5 A8 A10 B14 C1 1 0 1
Sesión maxistral A2 A9 A10 A11 B14 B20 20 0 20
Lecturas A2 A10 A11 C1 0 27 27
Saídas de campo A2 A9 A10 A11 A14 B2 B7 B14 B21 C1 C7 8 4 12
Obradoiro A2 A5 A8 A9 A10 A11 A14 B1 B22 C3 C5 C6 12 18 30
Traballos tutelados A2 A9 A10 A11 A14 B2 B3 B7 B14 B17 B18 C1 C7 1 55 56
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Sesión maxistral Clases teóricas con participación do estudantado, en torno aos diversos contidos que compoñen o programa.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Saídas de campo O alumnado desta materia participará no Grupo de Innovación Docente "Mapa das linguas na/da Coruña" (MaLinCo). O seu tarefa relacionada co traballo colectivo do GID será de deseñar unha acción social de sensibilización sobre a diversidade lingüística e cultural da cidade da Coruña.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías: Discusión dirixida (presentación e comentario en clase dos textos asignados para lectura); Exposicións; Simulacións, Debates, Solución de problemas, Prácticas guiadas, etc. A través destas metodoloxías o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma das/os estudantes, baixo a tutela da profesora e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polo estudantado da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Obradoiro
Descrición
O alumnado poderá consultar co profesorado da materia as dúbidas e preguntas que considere oportunas para a realización dos traballos. Para concertar unha titoría será preciso concretar un día por correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Saídas de campo A2 A9 A10 A11 A14 B2 B7 B14 B21 C1 C7 O alumnado desta materia participará no Grupo de Innovación Docente "Mapa das linguas na/da Coruña" (MaLinCo). A súa tarefa relacionada co traballo colectivo do GID será de deseñar unha acción social de sensibilización sobre a diversidade lingüística e cultural da cidade da Coruña. 10
Sesión maxistral A2 A9 A10 A11 B14 B20 Avaliarase a participación do estudantado e a integración dos diversos contidos que compoñen o programa. 15
Traballos tutelados A2 A9 A10 A11 A14 B2 B3 B7 B14 B17 B18 C1 C7 Se avaliará mediante presentación oral (do traballo titelado desenvolvido ao longo da materia)
• Defensa grupal
Traballo entregado (15%)
Presentación oral (15%)
• Defensa individual-ante preguntas das avaliadoras (20%)
Avaliarase a integración dos contenidos teórico-prácticos e as competencias da materia
50
Obradoiro A2 A5 A8 A9 A10 A11 A14 B1 B22 C3 C5 C6 Avaliarase a participación individual do estudantado e a integración dos diversos contidos que compoñen o programa nas distintas actividades realizadas. 25
 
Observacións avaliación
Todas as metodoloxias da avaliación deben superarse para aprobar a materia.

A
docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na
avaliación ou outros aspectos que serán notificados ao estudantado coa
suficiente antelación.



Fontes de información
Bibliografía básica Houtum, H., Kramsch, O. y Zierhofer, W (eds.) (2005). B/ordering Space.. Londres: Ashgate Publishing.
Mezzadra, S.; Neilson, B. (2013). Border as method, or, the multiplication of labor.. Duke University Press
Anzaldua, G. (1987). Borderlands / La Frontera. The New Mestiza. . San Francisco: Aunt Lute Books.
Sennett, R. (2014). El extranjero: dos ensayos sobre el exilio. Barcelona: Anagrama
AA.VV. (2008). Estudios postcoloniales. Ensayos fundamentales. Madrid: Traficantes de Sueños
Sassen, S. (2013). Inmigrantes y ciudadanos: de las migraciones masivas a la Europa Fortaleza. Tres Cantos: Siglo XXI
Sayad, A. (2010). La doble ausencia: de las ilusiones del emigrado a los padecimientos del inmigrado. Rubí: Anthropos
Terrén, E. (2002). Razas en conflicto: perspectivas sociológicas. Barcelona: Anthropos
Portes, A.; DeWind, J. (2006). Repensando las migraciones internacionales. Nuevas perpectivas teóricas y empíricas. México: Miguel Ángel Porrúa
Zapata-Barrero, R. (ed.) (2010). Shaping the normative contours of the European Union: a Migration-Border framework.. Barcelona: CIDOB
Rea, A. (2009). Sociología de la inmigración. Barcelona: Hacer
Massey, D.; Arango, J; Graeme, H. ; Kouaocuci, A.; Pelegrino, A. (2000). Teorías de la Migración Internacional: Una reseña y una evaluación. Revista Trabajo, 3, pp. 5-50.
Messina, A. ; Lahav, G. (2006). The migration reader: exploring politics and policies. Boulder: Lynne Rienner
Ribas-Mateos, N. (2004). Una invitación a la sociología de las migraciones. Barcelona: Bellaterra.
Vázquez, A. (2008). Unha visión xeral da emigración galega contemporánea a América e a Europa. X.M. Cid et Alii, Migracións na Galicia contemporánea, Santiago, Sotelo Branco, p. 17-48
Houtum, H. y T. V. Naerssen (2002). “Bordering, Ordering and Othering”. Tijdschrift voor Economische en Sociale Geografie, 93/2: 125-136
Balibar, Étienne (2009). “Europe as borderland”. Environment and Planning D: Society and Space, 27(2): 190-215
Houtum, H. (2005). “The Geopolitics of Borders and Boundaries”. Geopolitics, 10(4): 672-679

Bibliografía complementaria

Allegue, Gonzalo, 1992: Galegos, as mans de América, Vigo, Nigra

Barnett, Miguel, 2008: Galego, Xunta de Galicia.

Mezzadra, Sandro (2005) Derecho de fuga: migraciones, ciudadanía y globalización. Madrid: Traficantes de Sueños.

Houtum, H. y Pijpers, R. (2007) “The European Union as a Gated Community: The Two-faced Border and Immigration Regime of the EU”. Antipode, 39 (2): 291-309.

Houtum, Henk (2010) “Human Blacklisting: The Global Apartheid of the EU’s External Border Regime.” Environment and Planning D: Society and Space 28 (6): 957–976.

Casas Cortés, M., Cobarrubias, S. y Pickles, J. (2011) “Stretching Borders Beyond Sovereign Territories? Mapping EU and Spain’s Border Externalization Policies” Geopolítica(s). Revista de estudios sobre espacio y poder, 2(1): 71-90.

Johnson, Corey; R. Jones; A. Paasi; L. Amoore; A. Mountz; M. Salter ; y C. Rumford (2011) “Interventions on Rethinking ‘the Border’ in Border Studies”. Political Geography 2011,vol. 30: 61-69.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Identidade, alteridade e interseccionalidade/615525006

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Integración e convivencia intercultural/615525011
Políticas migratorias e dereito das migracións/615525012

Materias que continúan o temario
O modelo migratorio español/615525014

Observacións

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

1.3. De se realizar en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural

3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais

4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

5.- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas

7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías