Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) O modelo migratorio español Código 615525014
Titulación
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Optativa 3
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Rodríguez Barcón, Alberto
Correo electrónico
alberto.barcon
Profesorado
Rodríguez Barcón, Alberto
Correo electrónico
alberto.barcon
Web
Descrición xeral Sinalaremos as compoñentes principais do modelo migratorio español, as súas fases, variacións e combinacións das citadas compoñentes. Deterémonos nos conceptos que subxacen ao modelo e na súa articulación. Enlazaremos esta descrición coas políticas que deron forma tanto á recepción dos fluxos co mercado de traballo e as ancraxes para a integración. Finalmente, contrastaremos en cada etapa cos resultados empíricos e as tendencias realmente medidas e observadas.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Sen cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Foros de debate na plataforma Moodle
*Metodoloxías docentes que se modifican
As clases presenciais suprímense, e o alumnado que cursa a materia na modalidade presencial cambiará á modalidade online
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A docencia adaptarase ás necesidades tecnolóxicas do alumnado presencial no caso de que teña que cambiar de modalidade
4. Modificacións na avaliación
Sen cambios
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen cambios

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Determinar as dimensións e categorías axeitadas para o diagnóstico e a análise científica das situacións de exclusión social.
A2 CE2 - Interpretar os feitos e as políticas sociais desde os distintos paradigmas teóricos vixentes na análise da exclusión.
A4 CE4 - Recompilar e interpretar a información suficiente para chegar a diagnósticos fiables sobre os riscos de exclusión e os factores de vulnerabilidade social.
A5 CE5 - Interpretar as situacións e os procesos de marxinación social e económica de colectivos desde unha perspectiva histórica e macroestrutural.
A6 CE6 - Avaliar a capacidade e eficacia das medidas de intervención para corrixir ou previr situacións e procesos de exclusión social.
A9 CEM1 - Demostrar coñecementos avanzados sobre os principais movementos migratorios ao longo da historia e a súa relación con procesos de conflitividade e de cohesión social nas sociedades de orixe e destino
A10 CEM2 - Dominar as principais ferramentas conceptuais e técnicas que permiten definir un colectivo e unha problemática migratoria como obxecto de estudo e análise.
A11 CEM3 - Demostrar un coñecemento avanzado e crítico sobre as teorías e os debates académicos actuais de maior relevancia sobre as dinámicas migratorias e os procesos de integración dos colectivos migrantes.
A14 CEM6 - Actuar como profesional competente e cualificado/a no ámbito da análise das migracións internacionais e do traballo con colectivos migrantes.
B1 CB1 - Demostrar coñecementos avanzados, de carácter multidisciplinar, para a investigación e o exercicio profesional no ámbito da exclusión social.
B2 CB2 - Aplicar e integrar os coñecementos a contornos e problemas emerxentes e indefinidos, na práctica investigadora e profesional.
B3 CB3 - Seleccionar o marco científico adecuado para avaliar as evidencias dispoñibles e postular hipóteses razoadas sobre a avaliación previsible dos feitos sociais estudados.
B4 CB4 - Identificar os dilemas éticos e a responsabilidade social tras os retos formulados na práctica profesional e investigadora.
B5 CB5 - Comunicar con claridade os coñecementos e problemas científicos sobre os que se traballa tanto a un público non experto como de especialistas.
B7 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B14 CX2 - Realizar unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculada aos feitos sociais sobre os que se traballa.
B17 CX5 - Elaborar e defender informes, proxectos e memorias no campo das ciencias sociais.
B18 CX6 - Valorar a adecuación das distintas ferramentas teóricas, metodolóxicas e técnicas ás preguntas e os obxectivos específicos formulados sobre a realidade social e as políticas sociais.
B20 CX8 - Aplicar a perspectiva comparada na comprensión das problemáticas sociais e das respostas e solucións políticas.
B21 CX9 - Aplicar unha perspectiva interdisciplinar na análise e a valoración de problemáticas de exclusión e políticas sociais de inclusión e cohesión.
B22 CX10 - Recoñecer e valorar os xuízos de valor e as evidencias nos argumentos que sosteñen as descricións e políticas sobre a realidade social.
C1 CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 CT2 – Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT6 -Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C7 CT7 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar as principais dimensións que explican o fenómeno migratorio en España. AM1
AM2
AM4
AM5
AM9
AM10
AM11
BM1
BM4
BM22
CM1
CM2
CM3
CM5
Ubicar a España dentro do sistema migratorio europeo. AM1
AM2
AM4
AM5
AM6
AM9
AM10
AM14
BM1
BM2
BM3
BM5
BM7
BM14
BM21
BM22
CM1
CM2
CM3
CM5
Describir o proceso de evolución (as etapas) da inmigración AM1
AM2
AM4
AM5
AM9
BM2
BM3
BM7
BM20
BM21
CM1
CM2
CM3
CM6
CM7
Describir como se distribúe a poboación inmigrante no territorio español e as súas características sociodemográficas. AM1
AM2
AM4
AM5
AM6
AM11
BM1
BM2
BM3
BM5
BM14
BM18
BM21
BM22
CM2
CM6
Vincular a evolución do mercado de traballo e os ciclos da economía co discorrer dos fluxos migratorios, sinalando as súas desviacións e as súas consecuencias. AM2
AM4
AM5
AM6
AM10
AM11
AM14
BM1
BM2
BM3
BM5
BM7
BM20
BM21
CM2
Analizar a achega demográfica da poboación inmigrante. AM1
AM2
AM10
AM11
BM17
BM20
BM21
BM22
CM1
CM2
CM3
Identificar as principais vías de integración da poboación inmigrante e os obstáculos que a retrasan e dificultan. AM9
AM11
AM14
BM3
BM4
BM14
BM18
BM21
CM2
CM6
CM7

Contidos
Temas Subtemas
Elementos normativos e factores sociais que apoian a integración.
España dentro do modelo migratorio do sur de Europa. Crecemento, decrecemento e evolución da inmigración ata 2015.
O "boom" migratorio na primeira década e o refluxo na primeira metade da segunda década.
Panorámica xeral da inmigración en España: tendencias e composición do stock e dos fluxos.
As regularizacións extraordinarias e o seu papel no modelo migratorio.
Impacto demográfico, económico e social da inmigración.
Cambio de ciclo migratorio: reemigración, retornos e circulación dos inmigrantes estranxeiros e dos españois (naturalizados ou autóctonos)

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A1 A2 A4 A9 A11 B1 B3 B4 B18 B20 B21 B22 C3 C5 0 20 20
Recensión bilbiográfica A1 A2 A4 A5 A6 A10 A14 B5 B14 B18 C1 C2 C3 C6 C7 0 21 21
Sesión maxistral A1 A2 A4 A14 B1 B14 B20 B21 B22 C1 C2 C5 16 10.5 26.5
Solución de problemas A2 A4 A5 A6 A10 A14 B7 B17 C6 C7 3 0 3
Discusión dirixida A2 A4 A5 A6 A9 A10 B1 B2 B4 B14 B17 B18 C5 C6 C7 2 0 2
 
Atención personalizada 2.5 0 2.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Facilitarase unha lista de lecturas que servirán para as recensións e os comentarios críticos.
Recensión bilbiográfica Comentario crítico das lecturas facilitadas.
Sesión maxistral Clases nas que se desenvolven os contidos principais da asignatura.
Solución de problemas Breve traballo que consistirá en deseñar unha política adecuada para algunha das variables fundamentais do modelo migratorio: fluxos, educación, integración no mercado de traballo, construción da imaxe da inmigración, etc.
Discusión dirixida Participación en clase sobre os contidos expostos durante a sesión.

Atención personalizada
Metodoloxías
Recensión bilbiográfica
Solución de problemas
Descrición
Resolveranse as dúbidas tanto conceptuais como prácticas que implica a recensión crítica e o deseño resolución de problemas en horario de titorías.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Recensión bilbiográfica A1 A2 A4 A5 A6 A10 A14 B5 B14 B18 C1 C2 C3 C6 C7 50
Solución de problemas A2 A4 A5 A6 A10 A14 B7 B17 C6 C7 50
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica (). .

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías