Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Cooperación, migración e desenvolvemento Código 615525015
Titulación
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Optativa 5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Fernández Suárez, Mónica Belén
Correo electrónico
belen.fernandez.suarez@udc.es
Profesorado
Fernández Suárez, Mónica Belén
Correo electrónico
belen.fernandez.suarez@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta asignatura realizarase unha aproximación ao concepto de desenvolvemento económico e á noción de codesenrolo desde unha perspectiva crítica. Tamén se estudará o papel do terceiro sector nas políticas de cooperación internacional especialmente no caso español. Tamén se abordarán os rudimentos básicos para poder levar a cabo proxectos de cooperación internacional aplicando a metodoloxía do marco lóxico.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Determinar as dimensións e categorías axeitadas para o diagnóstico e a análise científica das situacións de exclusión social.
A2 CE2 - Interpretar os feitos e as políticas sociais desde os distintos paradigmas teóricos vixentes na análise da exclusión.
A6 CE6 - Avaliar a capacidade e eficacia das medidas de intervención para corrixir ou previr situacións e procesos de exclusión social.
A7 CE7 - Identificar e valorar a posibilidade de intervención e prevención en procesos de conflitividade social.
A8 CE8 - Identificar procesos e factores de cohesión social, e deseñar medidas para a súa potenciación.
A10 CEM2 - Dominar as principais ferramentas conceptuais e técnicas que permiten definir un colectivo e unha problemática migratoria como obxecto de estudo e análise.
A14 CEM6 - Actuar como profesional competente e cualificado/a no ámbito da análise das migracións internacionais e do traballo con colectivos migrantes.
B1 CB1 - Demostrar coñecementos avanzados, de carácter multidisciplinar, para a investigación e o exercicio profesional no ámbito da exclusión social.
B2 CB2 - Aplicar e integrar os coñecementos a contornos e problemas emerxentes e indefinidos, na práctica investigadora e profesional.
B3 CB3 - Seleccionar o marco científico adecuado para avaliar as evidencias dispoñibles e postular hipóteses razoadas sobre a avaliación previsible dos feitos sociais estudados.
B5 CB5 - Comunicar con claridade os coñecementos e problemas científicos sobre os que se traballa tanto a un público non experto como de especialistas.
B6 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionen unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou a aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B13 CX1 - Comprender e integrar coñecementos complexos para traducilos en propostas de investigación e programas de intervención en contextos sociais problemáticos.
B14 CX2 - Realizar unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculada aos feitos sociais sobre os que se traballa.
B15 CX3 - Deseñar, aplicar e avaliar proxectos de investigación en ciencias sociais relacionados cos procesos e as situacións de exclusión social.
B17 CX5 - Elaborar e defender informes, proxectos e memorias no campo das ciencias sociais.
B18 CX6 - Valorar a adecuación das distintas ferramentas teóricas, metodolóxicas e técnicas ás preguntas e os obxectivos específicos formulados sobre a realidade social e as políticas sociais.
C1 CT1 - Reflexionar, chegar a conclusións e propoñer solucións a través do traballo en equipo.
C4 CT4 - Comprometerse cun exercicio profesional e unha perspectiva investigadora que incorporen a dimensión participativa.
C5 CT5 - Aplicar un razoamento crítico na reflexión teórica e no desenvolvemento práctico do traballo profesional e investigador.
C6 CT6 - Expresarse correctamente, de forma oral e escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.
C7 CT7 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e a comunicación necesarias para o exercicio profesional e para a aprendizaxe continuada e autónoma.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
1. Coñecer as principais teorías sobre o desenvolvemento e cooperación internacional. AM1
AM2
AM6
AM7
AM8
AM10
2. Analizar o vínculo entre migracións, desenvolvemento económico e políticas de cooperación internacional. AM14
BM3
BM6
3. Elaborar proxectos e investigacións que impliquen a análise de proxectos de cooperación internación ou a análise de realidades transnacionais. BM1
BM2
BM5
BM13
BM14
BM15
BM17
BM18
CM1
CM4
CM5
CM6
CM7

Contidos
Temas Subtemas
1.Introdución ao concepto de desenvolvemento Marco histórico-social, correntes, críticas e desenvolvemento científico actual. Os debates en torno ao desenvolvemento. Globalización e dinámicas norte-sur. A relación entre desenvolvemento e migracións internacionais.
2.O concepto de codesarrollo e o seu ámbito de aplicación. O desenvolvemento e codesenvolvemento vinculado ao estudo das migracións internacionais. Contradicións, limitacións e potencialidades na práctica da cooperación internacional ao desenvolvemento. Os debates en torno ao codesenvolvemento.
3. Introdución ao terceiro sector: concepto, teoría e práctica. Da política de cooperación internacional ao desenvolvemento en España. O plan Director da Cooperación Española. Obxectivos e liñas de acción. Análise crítica da política de cooperación española ao desenvolvemento.
4. Panorama xeral da cooperación internacional para o desenvolvemento en España. Orixe e evolución da Cooperación Internacional para o Desenvolvemento. A política de cooperación internacional ao desenvolvemento en España. O Plan Director da Cooperación Española. Obxectivos e liñas de acción. Análise crítica da política de cooperación española ao desenvolvemento.
5. Metodoloxía aplicada á intervención A elaboración de proxectos de cooperación ao desenvolvemento. Introdución ao enfoque do Marco Lóxico. Os proxectos aplicados á realidade práctica: obstáculos e limitacións nos proxectos de cooperación internacional ao desenvolvemento.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A8 A10 B1 B5 B6 C1 C5 C6 C7 31 31 62
Eventos científicos e/ou divulgativos A6 A7 A14 B2 B13 B14 B18 C4 30 0 30
Proba de ensaio B3 B15 B17 0 30 30
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Modalidade presencial: Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuales e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase magistral é tamén coñecida como "conferencia", "método expositivo" ou "lección maxistral". Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un/ha profesor/a en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Modalidade virtual: No caso do alumnado matriculado on-line, esta metodoloxía canalizarase a través do Foro virtual, o cal permitirá que este alumnado participe aproveitando dos soportes digitales dispoñíbeis.
Eventos científicos e/ou divulgativos Conferencias de participantes invitados/as, con persoas directamente relacionadas con proxectos ou experenzas que aporten coñecemento empírico sobre o contido da asignatura
Proba de ensaio Consiste na redacción dun ensaio no que se tomarán como base os contidos da materia, as conferencias específicas, a bibliografía recomendada na materia, e bibliografía que procurará o alumnado sobre algún ítem relacionado coa asignatura.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba de ensaio
Descrición
O alunado pode solicitar unha titoría (previa concertación por e-mail) para solventar dúbidas sobre esta proba avaliativa.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio B3 B15 B17 Consiste na elaboración dun ensaio sobre os contidos da materia no que se avaliará contidos, claridade expositiva, capacidade de análise, leituras, e aspectos de tipo formal. 100
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Pérez de Armiño, K. (2001). Diccionario de acción humanitaria y cooperación al desarrollo. Barcelona: Icaria
De Castro, J. (1951). Geopolítica del hambre: ensayos sobre los problemas alimentarios y demográficos del mundo. Brasil: Dimensión Americana
Calvo, S; Hernando, MJ; Souto, J. (2005). Glosario para comprender la globalización. El poder de las siglas: mostrar y ocultar. Madrid: Manos Unidas
Canales, A. I. (2008). Remesas y desarrollo en América Latina. Una relación en busca de teoría. Migración y Desarrollo, 11, pp. 5-30
Chang, H.J. (2004). Retirar la escalera: la estrategia del desarrollo en perspectiva histórica. Madrid: Los libros de la Catarata
Delgado Wise, R.; Mázquez Covarrubias, H.; Rodríguez Ramírez, H. (2009). Seis tesis para desmitificar el nexo entre migración y desarrollo. Revista Migración y Desarrollo, 12, pp. 27-52
De Hass, H. (2006). Sistemas migratorios en el Norte de África: Evolución, transformaciones y vínculos con el desarrollo. Migración y Desarrollo, 2, pp. 63-92
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías