Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Cooperación, migración e desenvolvemento Código 615525015
Titulación
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Optativa 5
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Espiñeira González, Keina Raquel
Correo electrónico
keina.espineira@udc.es
Profesorado
Espiñeira González, Keina Raquel
Correo electrónico
keina.espineira@udc.es
Web
Descrición xeral Este curso analiza os conceptos de desenvolvemento, cooperación para o desenvolvemento e co-desenvolvemento desde unha perspectiva sociolóxica e política. Os alumnos estudarán os principais plans de cooperación ao desenvolvemento. Prestarase especial atención ás relacións cos países da rexión mediterránea e con África.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Determinar as dimensións e categorías axeitadas para o diagnóstico e a análise científica das situacións de exclusión social.
A2 CE2 - Interpretar os feitos e as políticas sociais desde os distintos paradigmas teóricos vixentes na análise da exclusión.
A6 CE6 - Avaliar a capacidade e eficacia das medidas de intervención para corrixir ou previr situacións e procesos de exclusión social.
A7 CE7 - Identificar e valorar a posibilidade de intervención e prevención en procesos de conflitividade social.
A8 CE8 - Identificar procesos e factores de cohesión social, e deseñar medidas para a súa potenciación.
A10 CEM2 - Dominar as principais ferramentas conceptuais e técnicas que permiten definir un colectivo e unha problemática migratoria como obxecto de estudo e análise.
A14 CEM6 - Actuar como profesional competente e cualificado/a no ámbito da análise das migracións internacionais e do traballo con colectivos migrantes.
B1 CB1 - Demostrar coñecementos avanzados, de carácter multidisciplinar, para a investigación e o exercicio profesional no ámbito da exclusión social.
B2 CB2 - Aplicar e integrar os coñecementos a contornos e problemas emerxentes e indefinidos, na práctica investigadora e profesional.
B3 CB3 - Seleccionar o marco científico adecuado para avaliar as evidencias dispoñibles e postular hipóteses razoadas sobre a avaliación previsible dos feitos sociais estudados.
B5 CB5 - Comunicar con claridade os coñecementos e problemas científicos sobre os que se traballa tanto a un público non experto como de especialistas.
B6 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionen unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou a aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B13 CX1 - Comprender e integrar coñecementos complexos para traducilos en propostas de investigación e programas de intervención en contextos sociais problemáticos.
B14 CX2 - Realizar unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculada aos feitos sociais sobre os que se traballa.
B15 CX3 - Deseñar, aplicar e avaliar proxectos de investigación en ciencias sociais relacionados cos procesos e as situacións de exclusión social.
B17 CX5 - Elaborar e defender informes, proxectos e memorias no campo das ciencias sociais.
B18 CX6 - Valorar a adecuación das distintas ferramentas teóricas, metodolóxicas e técnicas ás preguntas e os obxectivos específicos formulados sobre a realidade social e as políticas sociais.
C1 CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT6 -Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C7 CT7 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
1. Analizar a relación entre a migración, o desenvolvemento económico e as políticas de cooperación internacional. Coñecer os principais enfoques teóricos. AM1
AM2
AM6
AM7
AM8
AM10
2. Comprender a evolución do nexo entre migración e desenvolvemento no marco político da Unión Europea. AM14
BM3
BM6
3. Elaborar investigacións que impliquen a análise de casos prácticos de cooperación ao desenvolvemento vinculada ás políticas de xestión e goberno das migracións e as fronteiras. BM1
BM2
BM5
BM13
BM14
BM15
BM17
BM18
CM1
CM4
CM5
CM6
CM7

Contidos
Temas Subtemas
1. Marco conceptual: cooperación, desenvolvemento e migracións 1.1. Cooperación ó desenvolvemento. As orixes.
1.2. O nexo migración-desenvolvemento
1.3. O concepto do co-desenvolvemento
2. Políticas, actores e tendencias no co-desenvolvemento 2.1. Políticas de co-desenvolvemento
2.2. Modalidades e áreas de intervención
2.3. Principais actores no co-desenvolvemento
3. Cooperación para o desenvolvemento e Políticas Migratorias na Unión Europea 3.1. A dimensión externa da política migratoria da UE
3.2. Instrumentos e áreas de intervención nas políticas de co-desenvolvemento da UE
3.3. A distribución xeográfica da axuda
4. Migracións e desenvolvemento no Partenariado Euro-Mediterráneo 4.1. Sistemas migratorios no Norte de África
4.2. Do Proceso de Barcelona á Unión polo Mediterráneo
4.3. Partenariados de mobilidade e acuerdos bilaterais
4.4. Retos presentes nas políticas de co-desenvolvemento no Mediterráneo
5. O Diálogo Euro-Africano en migración e desenvolvemento 5.1. Sistemas migratorios: Sahel Occidental e Corno de África
5.2. Os Procesos de Rabat e Khartoum
5.3. Os Partenariados de segunda xeración
5.4. O Encontro de Valetta 2015. Retos presentes
6. Seminario: Cooperación ao desenvolvemento e migracións en América Latina

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida A1 A2 A8 A10 A14 B1 B5 B6 B18 C1 C5 C6 C7 25 30 55
Obradoiro A1 A2 A8 A10 A14 B1 B5 B6 B18 C1 C5 C6 C7 25 17 42
Proba de ensaio A6 A7 B2 B3 B13 B14 B15 B17 C4 4 18 22
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida As sesións están baseadas nunha introdución teórica a cada unidade didáctica e a discusión colectiva na clase dunha serie de lecturas. Valorarase a participación activa do alumnado
Obradoiro As sesións estarán orientadas á aplicación de ferramentas de análise e avaliación a proxectos en cooperación en materia migratoria. Valorarase a participación activa do alumnado
Proba de ensaio Ao longo do curso os alumnos deberán escribir un ensaio académico (4.000 palabras máximo) que abordará o estudo dun caso práctico de cooperación ao desenvolvemento vinculado á xestión das migracións. Este caso pode ser actual ou ter unha perspectiva histórica. Os ensaios poderían ser presentados en clase.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba de ensaio
Descrición
Os estudantes poden solicitar tutorías personalizadas de acordo previo por correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A8 A10 A14 B1 B5 B6 B18 C1 C5 C6 C7 Os obradoiros consisten na realización de actividades prácticas nas que se combinan diferentes probas: lecturas, debates, análises de fontes secundarias, resolución de problemas.
Para o alumnado presencial, as actividades e o acompañamento das mesmas por parte das profesoras desenvolveranse na aula.
Para o alumnado en modalidade a distancia, ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia as actividades realizaranse de forma individual e deberán ser entregadas por escrito (a través do sistema habilitado para iso na aula virtual) seguindo o calendario marcado polas profesoras.
40
Discusión dirixida A1 A2 A8 A10 A14 B1 B5 B6 B18 C1 C5 C6 C7 A participación activa dos/as alumnos/as será avaliada mediante a realización das lecturas suxeridas para cada unidade didáctica e a súa discusión na clase. 10
Proba de ensaio A6 A7 B2 B3 B13 B14 B15 B17 C4 Consiste na elaboración dun ensaio sobre os contidos da materia no que se avaliarán contidos, claridade expositiva, capacidade de análise, bibliografía traballada e aspectos de tipo formal. 50
 
Observacións avaliación

Para os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica, acordarase un programa específico de titorías ao comezo do curso, en función da súa dedicación.

Na 2ª oportunidade, os criterios de avaliación, serán os mesmos que os propostos para a 1ª convocatoria.

É obrigatorio resolver as actividades de forma razoada, apoiándose e argumentando en base aos documentos da materia e outros que poidan considerarse de interese. 

O uso inadecuado de citas e referencias bibliográficas poderá supoñer unha penalización na cualificación final e o plaxio o suspenso da materia.

A entrega dos traballos para realizar nesta materia realizarase a través da ferramenta disposta para iso na aula virtual, en formato dixital e nas datas indicadas polo profesorado.


Fontes de información
Bibliografía básica
  • Bastia, Tanja and Skeldon, Ronald (eds.) (2020) Routledge Handbook of Migration and Development. Routledge 
  • International Organization for Migration (2022) World Migration Report
  • Chetail, V. (2008) “Paradigm and Paradox of the Migration-Development Nexus: The New Border for North-South Dialogue” German Yearbook of International Law, 52: 183-215.
  • Portes, A. (2009) “Migration and development: reconciling opposite views”, Ethnic and Racial Studies, 32:1, 5-22.
  • Raghuram, P. (2009) “Which Migration, What Development? Unsettling the Edifice of Migration and Development”, Population, Space and Place, 15, 103–117. DOI: 10.1002/psp.536 
  • Geiger, M. and Pécoud, A. (2013) “Migration, Development and the ‘Migration and Development Nexus’”, Population, Space and Place, DOI: 10.1002/psp.1778
  • Gamlen, A. (2014) “The new migration-and-development pessimism”, Progress in Human Geography, 1–17, DOI: 10.1177/0309132513512544
  • Guizardi and Grimson (2020) “Migration and Development Transition. A Perspective from Latin America”, in: Routledge Handbook of Migration and Development, edited by Tanja Bastia, Ronald Skeldon 
  • Casas, M. and Cobarrubias, S. (2018) “’It is Obvious from the Map!’: Disobeying the Production of Illegality Beyond Borderlines”, Movements: Journal Fur Kritische Migrations und Grenzregimeforschung, 4(1): 29-44.
  • Cortinovis, R. and Conte, C. (2018) “Migration-related Conditionality in EU External Funding”, ReSOMA Discussion Brief, July 2018
  • Collyer, M. (2016) "Geopolitics as a migration governance strategy: European Union bilateral relations with Southern Mediterranean countries", Journal of Ethnic and Migration Studies, 42(4): 606-624.
  • Crawley, H. and Blitz, B.K. (2019) “Common agenda or Europe’s agenda? International protection, human rights and migration from the Horn of Africa”, Journal of Ethnic and Migration Studies, 45(12): 2258-2274
  • Zanker, Franzisca (2019) Managing or restricting movement? Diverging approaches of African and European migration governance, Comparative Migration Studies 7: 17, https://doi.org/10.1186/s40878-019-0115-9  
  • Zardo, Federica (2022) The EU Trust Fund for Africa: Geopolitical Space Making through Migration Policy Instruments. Geopolitics, 27:2, 584-603 https://doi.org/10.1080/14650045.2020.1815712

NOTA: Esta bibliografía é susceptible de ser modificada a medida que avanza o curso académico co fin de adecuarse ás necesidades formativas do alumnado
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fontes de información e técnicas estatísticas para a análise das políticas sociais/615525007
Deseño, xestión e avaliación de políticas sociais/615525009

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Políticas migratorias e dereito das migracións/615525012
Historia e teorías dos movementos migratorios/615525013

Materias que continúan o temario

Observacións

O alumnado deberá revisar periodicamente a plataforma virtual e consultar os documentos e actividades propostos.

As profesoras comunicaranse co alumnado a través da aula Virtual ou do correo electrónico da UDC.

A comunicación coa profesora deberase realizar mediante as canles institucionais e utilizando o correo electrónico da universidade.

Nesta materia:

  • Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
  • Terase en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
  • De acordo coas diferentes normativas de aplicación para a docencia universitaria, débese incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (utilizarase unha linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores e autoras, fomentarase a intervención en clase de todos os estudantes, etc. Farase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e incidirá na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Así mesmo, respectarase o dereito á identidade de xénero.
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que, por motivos físicos, sensoriais, psíquicos ou socioculturais, experimente dificultades para un acceso adecuado, igualitario e rendible á vida universitaria.
  • Sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respectando todas as opinións diversas ao redor dos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías