Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Historia das teorías feministas Código 615525017
Titulación
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Cobo Bedia, Rosa
Correo electrónico
rosa.cobo@udc.es
Profesorado
Cobo Bedia, Rosa
Correo electrónico
rosa.cobo@udc.es
Web
Descrición xeral
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Sen cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Foros de debate na plataforma Moodle
*Metodoloxías docentes que se modifican
As clases presenciais suprímense, e o alumnado que cursa a materia na modalidade presencial cambiará á modalidade online
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A docencia adaptarase ás necesidades tecnolóxicas do alumnado presencial no caso de que teña que cambiar de modalidade

4. Modificacións na avaliación
Sen cambios
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen cambios

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Determinar as dimensións e categorías axeitadas para o diagnóstico e a análise científica das situacións de exclusión social.
A5 CE5 - Interpretar as situacións e os procesos de marxinación social e económica de colectivos desde unha perspectiva histórica e macroestrutural.
A15 CEG1 - Demostrar coñecementos avanzados sobre a evolución histórica da discriminación das mulleres e dos marcos ideolóxicos e teóricos que xustifican e confrontan as desigualdades de xénero.
A16 CEG2 - Dominar as ferramentas conceptuais e metodolóxicas para identificar e analizar os mecanismos de exclusión e a vulnerabilidade vinculados ás áncoras patriarcais do sistema social.
B1 CB1 - Demostrar coñecementos avanzados, de carácter multidisciplinar, para a investigación e o exercicio profesional no ámbito da exclusión social.
B4 CB4 - Identificar os dilemas éticos e a responsabilidade social tras os retos formulados na práctica profesional e investigadora.
B18 CX6 - Valorar a adecuación das distintas ferramentas teóricas, metodolóxicas e técnicas ás preguntas e os obxectivos específicos formulados sobre a realidade social e as políticas sociais.
B21 CX9 - Aplicar unha perspectiva interdisciplinar na análise e a valoración de problemáticas de exclusión e políticas sociais de inclusión e cohesión.
C4 CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT6 -Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Historia cronolóxica da teoría feminista desde o seu xurdimento no século XVIII ata a actualidade. AM1
AM5
AM15
AM16
BM1
BM4
BM18
BM21
CM4
CM5
CM6

Contidos
Temas Subtemas
1.- Teoría feminista e teoría crítica.
O paradigma feminista no pensamento filosófico e no pensamento social e político. O feminismo: tradición intelectual e movemento social.
2.- SÉCULO XVIII: Ilustración e Modernidade.
Ilustración liberal e Ilustración radical. Ilustración patriarcal e Ilustración feminista. O paradigma da igualdade e a orixe da democracia moderna. O contrato sexual e a orixe do patriarcado contemporáneao. As obras de François Poullain de la Barre e de Mary Wollstonecraft. A vindicación feminista.
3.- SÉCULO XIX. O movemento sufraxista e a ampliación da democracia. A conquista de dereitos civís e políticos. O movemento feminista como movemento de masas. O voto en EE.UU. e Europa. John Stuart Mill e A suxeción da muller. O feminismo en América Latina.
4.- SÉCULO XX.O feminismo existencialista de Simone de Beauvoir. O segundo sexo. Unha proposta radical de igualdade.
5.- O feminismo liberal de Betty Friedan A mística da feminidade. O feminismo reformista dos anos sesenta en EE.UU.
6.- O feminismo radical dos anos setenta Maio do sesenta e oito europeo e a nova esquerda estadounidense. A política sexual de Kate Millett e o concepto de patriarcado. A dialéctica do sexo de Shulamith Firestone. A tiranía da falta de estruturas do movemento feminista: Jo Freeman. O feminismo cultural: heterosexualidade obrigatoria e existencia lesbiana en Adrienne Rich. Os feminismos en América Latina.
7.- Os feminismos da diferenza Feminismo e psicoanálise en Francia. O pensamento da diferenza sexual da Libraría de Milán: Luisa Muraro.
8.- Feminismo e posmodernidade A crise do suxeito político feminista. Aproximación á teoría queer: o pensamento de Judith Butler.
9.- Feminismo e multiculturalismo. Feminismos de cor: Gloria Anzaldúa e Cherry Moraga. “De vuelta a ‘Bajo los ojos de occidente’”, de Chandra Talpade Mohanty. Feminismo decolonial: Rita Segato.
10.- Feminismo e nacionalismo en Galicia. Entre a teoría e a política.
11.- Feminismo e marxismo. As primeiras marxistas e a “cuestión da muller”. As teorías do sistema dual. Marxismo e feminismos hoxe. Globalización, feminización da pobreza e capitalismo global.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida A1 A5 A15 A16 C5 C6 42 21 63
Traballos tutelados A5 B18 C4 C6 2 20 22
Sesión maxistral A5 A15 A16 36 7 43
Lecturas B1 B4 B21 C4 0 20 20
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Presentación e debate de cada un dos temas.
Traballos tutelados O traballo consistirá na elaboración dun ensaio crítico sobre un tema e/ou autora a proposta da profesora.
Sesión maxistral Clases expositivas impartidas pola profesora responsable onde se explicarán os principais conceptos e os distintos temas do temario.
Lecturas Lecturas dos textos que se facilitarán ao estudantado para cada unha das sesións.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Poderá empregarse o horario de titorías (de forma presencial) ou as consultas por email ou outras vías tecnolóxicas (docencia virtual) para realizar calquera consulta sobre o principal elemento de avaliación da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 B18 C4 C6 Realización dun ensario crítico. 100
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica (). .
(). .

AMORÓS, CELIA, Mujeres e imaginarios de la globalización. Reflexiones para una agenda teórica global del feminismo, Rosario, Ed. Homo Sapiens, 2008.

AMORÓS, CELIA y DE MIGUEL, A., Teoría feminista: de la Ilustración a la globalización, volúmenes 1, 2 y 3, Madrid, Minerva Ediciones, 2005.

ANZALDÚA, GLORIA, Borderlands. La frontera, Capitan Swing, Madrid, 2016.

AMORÓS, CELIA, Tiempo de feminismo. Sobre feminismo, proyecto ilustrado y posmodernidad, Cátedra (Feminismos), Madrid 1997.

BEAUVOIR, SIMONE, El segundo sexo, Buenos Aires, Siglo Veinte, 1968.

BENHABIB, SEYLA y CORNELL, DRUCILLA, Teoría feminista y teoría crítica, Valencia, Alfons el Magnanim, 1990.

BUTLER, JUDITH, Gender Trouble: Feminism and the Subversión of Identity, Nueva Cork, Routlegde, 1990. Hay traducción en castellano.

CIRILLO, LIDIA, Mejor huérfanas. Por una crítica feminista al pensamiento de la diferencia, Madrid, Ed. Anthropos, 2002.

COBO, ROSA, Fundamentos del patriarcado moderno. Jean-Jacgues Rousseau, Madrid, Ed. Cátedra, Col. Feminismos, 1996.

FIRESTONE, SHULAMITH, La dialéctica del sexo, Barcelona, Kairós, 1976.

FRIEDAN, BETTY, La mística de la feminidad , Madrid, Júcar, 1974.

MILLET, KATE, Política Sexual, Madrid, Ed. Cátedra, col. Feminismos, 1995.

PATEMAN, CAROLE, El contrato sexual, Barcelona, Anthropos, 1995.

POSADA, LUISA, Sexo y esencia. De esencialismos encubiertos y esencialismos heredados, Madrid, horas y Horas, 1998.

OLIVA, PORTOLÉS, ASUNCIÓN, Miradas feministas: del postcolonialismo a la globalización, Editorial Fundamentos, Madrid, 2016.

SEGATO, RITA, “Género y colonialidad: del patriarcado comunitario de baja intensidad al patriarcado colonial moderno de alta intensidad”, en La crítica de la colonialidad en ocho ensayos. Y una antropología por demanda, Prometeo, Buenos Aires, 2015.

VALCÁRCEL, AMELIA, Sexo y Filosofia, Barcelona, Anthropos, 1991.

VV.AA., Descolonizando el feminismo. Teorías y prácticas desde los márgenes, Cátedra, Madrid, 2008.

WOLLSTONECRAFT, MARY, Vindicación de los derechos de la mujer, Madrid, Cátedra, Feminismos, 1994.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías