Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Xénero e sexualidade. Desafíos e respostas Código 615525019
Titulación
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Optativa 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Depalma Ungaro, Renee
Correo electrónico
r.depalma@udc.es
Profesorado
Depalma Ungaro, Renee
Correo electrónico
r.depalma@udc.es
Web
Descrición xeral A materia enfócase nas relacións entre sexo, xénero, e sexualidade. Revisamos elementos dos debates actuais sobre estes conceptos en contornas académicas e profesionais, e exploramos as súas implicacións para o activismo e a acción social. Propoñemos propostas de investigación e/ou intervención en varios contextos socio-educativos, partindo dos intereses e as experiencias do alumnado, sempre construíndo éstas nun marco teórico que permite a súa contextualización e xustificación.

Competencias do título
Código Competencias do título
A15 CEG1 - Demostrar coñecementos avanzados sobre a evolución histórica da discriminación das mulleres e dos marcos ideolóxicos e teóricos que xustifican e confrontan as desigualdades de xénero.
A16 CEG2 - Dominar as ferramentas conceptuais e metodolóxicas para identificar e analizar os mecanismos de exclusión e a vulnerabilidade vinculados ás áncoras patriarcais do sistema social.
A17 CEG3 - Aplicar a perspectiva de xénero como enfoque epistemolóxico e metodoloxía de investigación e de intervención sobre a realidade social.
A18 CEG4 - Examinar contextos e situacións de violencia e discriminación de xénero e sexual desde unha perspectiva teórica complexa e comprometida.
A19 CEG5 - Explicar os principios básicos que orientan os distintos tipos de políticas de igualdade desenvolvidos e as claves para avaliar a súa eficacia.
A20 CEG6 - Actuar como profesional competente e cualificado/a no ámbito do diagnóstico, o desenvolvemento e a xestión de políticas de igualdade de xénero.
B1 CB1 - Demostrar coñecementos avanzados, de carácter multidisciplinar, para a investigación e o exercicio profesional no ámbito da exclusión social.
B2 CB2 - Aplicar e integrar os coñecementos a contornos e problemas emerxentes e indefinidos, na práctica investigadora e profesional.
B4 CB4 - Identificar os dilemas éticos e a responsabilidade social tras os retos formulados na práctica profesional e investigadora.
B13 CX1 - Comprender e integrar coñecementos complexos para traducilos en propostas de investigación e programas de intervención en contextos sociais problemáticos.
B14 CX2 - Realizar unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculada aos feitos sociais sobre os que se traballa.
B18 CX6 - Valorar a adecuación das distintas ferramentas teóricas, metodolóxicas e técnicas ás preguntas e os obxectivos específicos formulados sobre a realidade social e as políticas sociais.
B19 CX7 - Dar respostas innovadoras e orixinais ante situacións problemáticas emerxentes relacionadas coa exclusión social.
B20 CX8 - Aplicar a perspectiva comparada na comprensión das problemáticas sociais e das respostas e solucións políticas.
B21 CX9 - Aplicar unha perspectiva interdisciplinar na análise e a valoración de problemáticas de exclusión e políticas sociais de inclusión e cohesión.
B22 CX10 - Recoñecer e valorar os xuízos de valor e as evidencias nos argumentos que sosteñen as descricións e políticas sobre a realidade social.
C3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT6 -Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C7 CT7 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Explicar conceptos chaves relacionados a sexo, xénero, e sexualidade AM15
AM16
AM18
BM4
BM18
BM20
CM7
Participar activamente nos debates actuais, académicas ou profesionais AM17
BM1
BM21
BM22
CM5
Desenvolver propostas de investigación e intervención socioeducativas a prol da xustiza social AM19
AM20
BM2
BM13
BM14
BM19
CM3
CM6
CM7

Contidos
Temas Subtemas
Conceptos claves relacionados a sexo, xénero, e sexualidade Entendementos médicos e populares na historia
Organización social e política da sexualidade – unha perspectiva comparativa
Feminismos e movementos sociais
Dereitos humanos e lexislación
Campañas sociais e educativas
Respostas sociopolíticas a prol da xustiza social Análise de realidades
Deseño e xustificación de accións

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A16 A17 A18 B2 B20 9 0 9
Discusión dirixida A15 A19 B1 B4 B14 B18 B21 C7 9 18 27
Análise de fontes documentais A15 A18 B4 B14 0 12 12
Traballos tutelados A20 B13 B19 B22 C3 C5 C6 0 24 24
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Destinada á exposición oral por parte da/s docente/s responsable/s na que achegar o saber científico e disciplinar imprescindible para a comprensión da materia. Complementarase co uso de recursos pertinentes (textuais e/ou audiovisuais).
Discusión dirixida Destinaranse sesións á introdución de preguntas dirixidas ao alumnado para favorecer o diálogo reflexivo. Fundaméntase na concepción da aprendizaxe como un proceso dialóxico, un acto de (re)creación solidarizando a reflexión e a acción. Promoverase a posta en común e o debate, contrastando opinións fundamentadas. Con esta metodoloxía preténdese: identificar dificultades na comprensión; provocar o pensamento diverxente; favorecer a conexión con experiencias vitais; tomar conciencia e reconstruír criticamente novas formas de pensar, sentir e actuar. A discusión dirixida poderá desenvolverse de forma presencial (nas sesións de aula) ou virtual (foros).
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, páxinas web, artigos científicos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos.
Traballos tutelados A materia avaliaráse a través dunhas proposta de acción /ou investigación que conformará un traballo tutelado. A xustificación e o deseño da proposta versarán sobre o material tratado nas sesións maxistrais e discusións dirixidas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Traballos tutelados
Descrición
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.

Para o alumnado oficialmente matriculado na modalidade online, a participación en debates presenciais serán substituídas por foros na plataforma Moodle.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A15 A19 B1 B4 B14 B18 B21 C7 Valorarase a participación nas sesións de aula e nos foros virtuais, no que respecta a: a súa elaboración antes da data limite establecida, o nivel de profundidade na abordaxe da temática que amose a súa comprensión e apoio nas fontes documentais consultadas; a capacidade de síntese das ideas fundamentais; a creatividade das achegas; a capacidade de argumentación, crítica e valoración; a claridade e corrección lingüística. 20
Traballos tutelados A20 B13 B19 B22 C3 C5 C6 Valorarase: calidade da descrición e grao de profundidade na análise das realidades e respostas políticas e sociais, calidade e viabilidade da proposta; apoio en fontes documentais complementarias e actuais; uso dunha linguaxe propia do contexto académico e científico; aspectos formais relativos á calidade da presentación. 80
 
Observacións avaliación

Na segunda oportunidade avalíanse as mesmas tarefas que na primeira:
discusión dirixida e investigación.

A cualificación da discusión dirixida non é recuperable para a segunda
oportunidade de avaliación. Gardarase a nota acadada na primeira oportunidade,
derivada da participación no proceso de desenvolvemento da materia.