Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Orientación socioeducativa para a igualdade Código 615525021
Titulación
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Arias Rodriguez, Maria Alicia
Arza Arza, Neves
Gabriel Fernandez, Narciso de
Iglesias Galdo, Ana Maria
Sanchez Bello, Ana
Correo electrónico
alicia.arias.rodriguez@udc.es
neves.arza@udc.es
narciso.de.gabriel@udc.es
ana.iglesias@udc.es
ana.sanchez.bello@udc.es
Web http://http://www.sociologia.udc.es/es/estudios/m%C3%A1steres/m%C3%A1ster-universitario-en-pol%C3%ADticas-sociales-e-intervenci%C3%B3n-
Descrición xeral Dende a nenez, o individuo recoñécese a si mesmo como neno ou nena, ademais, de diferenciar que actividades son adecuadas segundo o seu xénero, entendendo por adecuado a resposta ás prescricións que describen o comportamento xa sexa masculino ou feminino nunha determinada cultura. Neste ámbito cultural, é difícil percibir as nosas actitudes sexistas e por iso, transmitímolas de forma inconsciente. Estas percepcións, deberían ser analizadas e avaliadas desde a óptica educativa para incitar á reflexión persoal e á toma de decisións na liña de prácticas sociais máis equitativas.
A educación debe ser considerada como unha das actividades humanas con maior transcendencia e impacto na sociedade. Ademais, está obrigada a ofrecer unha formación integral, libre e responsable, apta como preparación real para a vida diaria e que poida dar resposta ás necesidades da devandita sociedade. Esta educación, como dereito público, debería estar presidida polo principio da equidade. Para iso, as estratexias compensadoras terían que ser reforzadas para conseguir unha maior igualdade e o desenvolvemento pleno e integral do alumnado, sen renunciar á calidade educativa. Este principio debería estar garantido en todo momento por un sistema educativo que fomente unha escola inclusiva que conte cos medios e recursos necesarios para facer efectiva as finalidades establecidas.
Para tal fin, débese de fomentar a diferenciación entre paridade e igualdade de xénero, xa que estes termos non significan o mesmo en educación. O primeiro, é un concepto puramente numérico, que implica ter a mesma proporción de nenos e de nenas no sistema educativo. O segundo, máis complicado de delimitar, significa ter a alumnos e alumnas gozando das mesmas vantaxes en termos de acceso e tratamento educacional, favorecendo a igualdade de oportunidades de maneira permanente.



Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Determinar as dimensións e categorías axeitadas para o diagnóstico e a análise científica das situacións de exclusión social.
A2 CE2 - Interpretar os feitos e as políticas sociais desde os distintos paradigmas teóricos vixentes na análise da exclusión.
A3 CE3 - Deseñar e desenvolver procesos de observación e documentación para o estudo das políticas e os sistemas de benestar social.
A4 CE4 - Recompilar e interpretar a información suficiente para chegar a diagnósticos fiables sobre os riscos de exclusión e os factores de vulnerabilidade social.
A5 CE5 - Interpretar as situacións e os procesos de marxinación social e económica de colectivos desde unha perspectiva histórica e macroestrutural.
A6 CE6 - Avaliar a capacidade e eficacia das medidas de intervención para corrixir ou previr situacións e procesos de exclusión social.
A7 CE7 - Identificar e valorar a posibilidade de intervención e prevención en procesos de conflitividade social.
A8 CE8 - Identificar procesos e factores de cohesión social, e deseñar medidas para a súa potenciación.
A10 CEM2 - Dominar as principais ferramentas conceptuais e técnicas que permiten definir un colectivo e unha problemática migratoria como obxecto de estudo e análise.
A11 CEM3 - Demostrar un coñecemento avanzado e crítico sobre as teorías e os debates académicos actuais de maior relevancia sobre as dinámicas migratorias e os procesos de integración dos colectivos migrantes.
A14 CEM6 - Actuar como profesional competente e cualificado/a no ámbito da análise das migracións internacionais e do traballo con colectivos migrantes.
A15 CEG1 - Demostrar coñecementos avanzados sobre a evolución histórica da discriminación das mulleres e dos marcos ideolóxicos e teóricos que xustifican e confrontan as desigualdades de xénero.
A16 CEG2 - Dominar as ferramentas conceptuais e metodolóxicas para identificar e analizar os mecanismos de exclusión e a vulnerabilidade vinculados ás áncoras patriarcais do sistema social.
A17 CEG3 - Aplicar a perspectiva de xénero como enfoque epistemolóxico e metodoloxía de investigación e de intervención sobre a realidade social.
A18 CEG4 - Examinar contextos e situacións de violencia e discriminación de xénero e sexual desde unha perspectiva teórica complexa e comprometida.
A19 CEG5 - Explicar os principios básicos que orientan os distintos tipos de políticas de igualdade desenvolvidos e as claves para avaliar a súa eficacia.
A20 CEG6 - Actuar como profesional competente e cualificado/a no ámbito do diagnóstico, o desenvolvemento e a xestión de políticas de igualdade de xénero.
A21 CEE1 - Explicar os procesos de exclusión vinculados ás transformacións da estrutura familiar e por idades das sociedades.
A22 CEE2 - Manexar ferramentas conceptuais e metodolóxicas para a análise da vulnerabilidade asociada a formas de convivencia e a determinados grupos de idade.
A23 CEE3 - Identificar as dinámicas interxeracionais, biolóxicas e socioeconómicas que xeran situacións de exclusión.
A26 CEE6 - Actuar como profesional competente e cualificado/a no ámbito do deseño, a xestión e a avaliación de políticas de intervención dirixidas á conciliación familiar e ás necesidades dos maiores.
B1 CB1 - Demostrar coñecementos avanzados, de carácter multidisciplinar, para a investigación e o exercicio profesional no ámbito da exclusión social.
B2 CB2 - Aplicar e integrar os coñecementos a contornos e problemas emerxentes e indefinidos, na práctica investigadora e profesional.
B3 CB3 - Seleccionar o marco científico adecuado para avaliar as evidencias dispoñibles e postular hipóteses razoadas sobre a avaliación previsible dos feitos sociais estudados.
B4 CB4 - Identificar os dilemas éticos e a responsabilidade social tras os retos formulados na práctica profesional e investigadora.
B5 CB5 - Comunicar con claridade os coñecementos e problemas científicos sobre os que se traballa tanto a un público non experto como de especialistas.
B6 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionen unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou a aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B7 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B8 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B9 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B11 CB11 - Participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas no ámbito da exclusión social, en contextos interdisciplinares e de transferencia de coñecementos.
B12 CB12 - Manter responsabilidade e compromiso co desenvolvemento profesional continuo de forma autónoma.
B13 CX1 - Comprender e integrar coñecementos complexos para traducilos en propostas de investigación e programas de intervención en contextos sociais problemáticos.
B14 CX2 - Realizar unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculada aos feitos sociais sobre os que se traballa.
B15 CX3 - Deseñar, aplicar e avaliar proxectos de investigación en ciencias sociais relacionados cos procesos e as situacións de exclusión social.
B18 CX6 - Valorar a adecuación das distintas ferramentas teóricas, metodolóxicas e técnicas ás preguntas e os obxectivos específicos formulados sobre a realidade social e as políticas sociais.
B22 CX10 - Recoñecer e valorar os xuízos de valor e as evidencias nos argumentos que sosteñen as descricións e políticas sobre a realidade social.
C1 CT1 - Reflexionar, chegar a conclusións e propoñer solucións a través do traballo en equipo.
C3 CT3 - Asumir o reto da interdisciplinariedade no desenvolvemento do traballo investigador e profesional.
C5 CT5 - Aplicar un razoamento crítico na reflexión teórica e no desenvolvemento práctico do traballo profesional e investigador.
C7 CT7 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e a comunicación necesarias para o exercicio profesional e para a aprendizaxe continuada e autónoma.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Reflexionar acerca da situación actual das mulleres partindo do coñecemento da súa memoria histórica, así como das dificultades e retos aos que se enfrontan prestando especial atención a aquelas que presentan un maior risco de exclusión social AM2
AM5
AM15
AM19
AM23
BM7
BM8
BM9
BM11
BM12
BM14
BM22
CM1
CM3
CM5
CM7
Reflexionar acerca da idoneidade e validez do constructo xénero, da súa transmisión a través do proceso de socialización así como da súa incidencia na creación dos estereotipos de xénero, na construción da identidade de xénero e na atribución de roles e status social. AM6
AM7
AM8
AM11
AM14
AM17
AM18
AM21
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM13
BM18
CM1
CM3
CM5
CM7
Auto-diagnosticar a situación de partida das mulleres, valorando os factores obxectivos e subxectivos que inciden na inserción e o desenvolvemento profesional e ocupacional e na mellora da calidade de vida AM1
AM3
AM4
AM10
AM16
AM17
AM20
AM22
AM26
BM1
BM6
BM15
CM1
CM3
CM5
CM7

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1.- O sistema educativo dende a perspectiva de xénero 1.1. Principios lexitimadores da desigualdade
1.2. Políticas públicas cara a igualdade no contexto educativo
1.3. A incidencia do patriarcado no sistema educativo
Tema2.- Ciencia e xénero 1.1. O androcentrismo científico
1.2. Indicadores de ciencia con perspectiva de xénero
1.3. A perspectiva de xénero nas Ciencias Sociais
Tema 3.-Acceso das mulleres ao sistema educativo: exclusión , dependencia e autonomía Os contidos deste tema o presentará o profesorado na clase
Tema 4.- Coerción consentimento e coeducación 4.1. Neoliberalismo e libre elección
4.2. Estereotipos de xénero
4.3. Feminismo e coeducación
Tema 5.- Orientación profesional con perspectiva de xénero 5.1 Barreiras de xénero na toma de decisións académicas e profesionais e na inserción laboral
5.2 Finalidades, características e pautas para a intervención
5.3 Programas e experiencias no ámbito escolar e laboral
Tema 6.-Boas prácticas da igualdade no ámbito educativo e laboral 6.1.Análisis de experiencias y prácticas coeducativas: características e indicadores de una buena práctica; herramientas para la detección de buenas prácticas; ejemplos de experiencias de coeducación y de orientación desde una perespectiva de género
6.2.O emprendimiento das mulleres en España
6.3. A aplicación de igualdad entre mulleres e homes no diseño de proxectos para o empleo: das accións positivas ao mainstreaming de xénero

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A4 A2 B22 C5 5 5 10
Discusión dirixida A5 A8 A11 A14 A15 A18 A19 A23 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B13 B14 B22 C1 C3 C5 15 15 30
Sesión maxistral A2 A4 A11 A15 A18 A19 A21 B1 B4 B14 C1 C3 C5 20 20 40
Portafolios do alumno A26 A23 A22 A21 A20 A19 A18 A17 A16 A15 A14 A11 A10 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A2 A1 B22 B18 B15 B14 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C5 C7 20 20 40
Actividades iniciais A3 A4 A7 A8 A11 A15 A18 A19 A23 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B13 B14 C1 C3 C5 C7 20 0 20
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais O obxecto da análise documental son os programas e accións de orientación educativa e profesional destinados a distintos colectivos e contextos
Discusión dirixida Tras a lectura e análise dun texto de actualidade científica se desenvolverá unha discusión sobre as distintas perspectivas argumentais
Sesión maxistral Clase impartida polos profesores sobre os contidos xa citados na guía docente . Esta metodoloxía utiliza exclusivamente a palabra como vía de transmisión da información a todo o grupo. Pero o profesor/a facilitará ao alumnado material en power point (a través de moodle) para facilitarlle o seguimento da exposición. Neste material en power point o alumnado/a terá referencias bibliográficas para consultar ou, tamén, para completar ou seguir a exposición do profesor/a
Portafolios do alumno O alumnado debe presentar (tanto ou presencial como non presencial) un documento en onde se recopile a información traballada en clase ou a través de moodle e todo aquelo que o profesor de cada parte indique. O profesorado da materia avaliará a carpeta correspondente a cada unha das súas seccións. Este portafolios será entregado no mes de xaneiro. Se habilitará unha aplicación en moodle para que o alumnado suba dito documento
Actividades iniciais Esta metodoloxía pretende identificar o nivel de coñecemento do alumnado sobre a temática e ó ámbito de intervención do seu interese (escolar, labora, etc...)

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Actividades iniciais
Discusión dirixida
Portafolios do alumno
Descrición
Na atención personalizada o profesorado resolverá as dúbidas que teña o alumno sobre os diferentes temas a traballar na materia. Pero ademais calquera dúbida que poida xurdir para a análise de fontes documentais, na discusión dirixida., na simulación e actividade inicial. Durante estas sesións, realizarase un seguimento do traballo do alumno, supervisando e orientando máis directamente o proceso para seguir en cada unha das actividades realizadas.

Esta atención personalizada realizarase no despacho do profesorado no horario de titorias. Este horario está colgado no taboleiro que está no despacho do profesor, na páxina web do departamento como da Facultade de Ciencias da Educación.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A26 A23 A22 A21 A20 A19 A18 A17 A16 A15 A14 A11 A10 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A2 A1 B22 B18 B15 B14 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C5 C7 Con esta metodoloxía o que se pretende e que o alumnado que curse esta materia recopile todo o que se traballe para a comprensión dos conceptos de esta materia. Para elo cada profesor antes de cada clase indicará ao alumnado o que debe incorporar da súa parte en esta metodoloxía. Polo tanto, este documentación constará de cinco partes ou carpetas. Algunhas de esas carpetas ou partes poden ser comúns para algún profesorado (esto o indicará cada profesorado).
Todo este documento será entregado no mes de xaneiro. Ao inicio da materia indicaráse ao alumnado a data de entrega do mesmo. A entrega será a tráves de moodle, para iso habilitaráse un espacio e determinaráse o tempo de entrega. Cada profesor avaliará a súa parte. Debe terse todas as partes superadas para que se supere dita materia. Si non se presenta algunha parte ou non se supera algunha parte se suspende toda esta metodoloxía.
100
 
Observacións avaliación

O alumnado que non asista a clase ou que non poda realizar algunha das
actividades organizadas polo profesorado na clase, as pode seguir a
través de moodle. Nesta aplicación aparecerá que actividades deben ser
completadas polo alumnado non asistente ou que non poida realizar algunha das
actividades planificadas.

Para poder levar un mellor aprendizaxe o alumnado debe comunicar ao
profesorado a súa non asistencia para que o profesorado lle indique que
actividade de moodle debe realizar.


Fontes de información
Bibliografía básica Gabriel, N. de (2013). "A educación das mulleres no século XIX: exclusión, dependencia e autonomía", S. Sarmiento, 16, 7-35.
Gabriel, N. de (2014). "The entrance of women into the teaching profession in Spain (1855-1940)",. History of Education 43(3), 334-354.
TORRES, J. (2009). "The Trojan Horse of curricular contents". in Michael APPLE and Luis Armando GANDIN (Edit.). The routledge international handbook of critical e
Piussi, A. and Mañeru, A (2006). Educación, nombre común femenino. Barcelona: Octaedro.
TOURAINE, A. (2006). El mundo de las mujeres.. Barcelona: Paidós
Harding, S. (1993). Rethinking standpoint epistemology: What is “strong objetivity?. In Feminist Epistemologies and Value, ed. L. Alcoff and E. Potter, 49-82. London: Routledge. Igles
Álvarez, J. (2014). Acción tutorial y orientación: aceptación, compromiso, valores: una propuesta de estilo para la intervención de tutores y orientadores.. Bilbao: Desclée de Brouwer.
Miedzian, M. (1995). Chicos son, hombres serán. cómo romper los lazos entre masculinidad y violencia. Madrid: Horas y Horas.
Harding, S. (1996). Ciencia y feminismo. Madrid: Morata.
Nuñez, C., Carpintero, E., García, M., Serrano, S. y Ordóñez, X. (2011). Comprender la Orientación Educativa: manual de prácticas. Madrid: Catarata.
VVAA. (2010). Conciliación de la vida laboral, familiar y personal. Implantaciones de planes de igualdad en organizaciones laborales. Materiales divulgativos. Madrid: Ministerio de igualdad y Fundación Mujeres.
APPLE, M (1996). Cultural politics and education. . New York: Teachers College Press.
Piussi, A. (1989). Educare nella differenza.. Turin: Rosenberg & Sellier
APPLE, M (2006). Educating the "right" way: Markets, standards, God, and inequality. 2nd edition.. New York: Routledge.
TORRES, J. (1998). El curriculum oculto. Madrid: Morata
Piussi, A. (2001). El sentido libre de la diferencia sexual.. Cuadernos De Pedagogía, 306, , 57-61.
Acedo, G (2012). Formación y Orientación laboral. Madrid: Anaya Multimedia
Caldas, Mª E. (2014). Formación y orientación laboral. . Madrid: Editex
PARASKEVA & Jurjo TORRES, (edit) (2012). Globalism and power. Iberiam educational and curriculum policies. Peter Lang
Rodríguez, C. (2001). Investigaciones sobre las desigualdades de género en el sistema educativo. In Un Acercamiento . a Los Estudios De Género. A.A.V.V., 121-154.Valencia: Germania.
Mañeru, A (2001). La diferencia sexual en la educación. In Educar En Femenino y En Masculino. N. Blanco, 131-143. Madrid: Akal.
BOURDIEU, P. (2000). La dominación masculina. . Barcelona: Anagrama
Fernández Riquelme, S (2010). La Mediación social: itinerario histórico de la resolución de conflictos sociales. Contribuciones a las Ciencias Sociales. . Contribuciones a las Ciencias Sociales. Documento en línea:www.eumed.net/rev/cccss/07/sfr.htm
Cobos, A (2012). La orientación profesional y la búsqueda de empleo: experiencias innovadoras y técnicas de intervención que facilitan la inserción laboral.. Barcelona: Graó
Gallego, S. y Riart, J (2006). La tutoría y la orientación en el siglo XXI: nuevas propuestas.. Barcelona: Octaedro.
Askew, S. and Ross, C. (1991). Los chicos no lloran. el sexismo en educación.. Buenos Aires: Paidós.
CONNELL, R. (2000). Male roles masculinities and violence: a culture of peace perspective.. París: Unesco
Botherton, F (2013). Manual de orientación. Badalona: Paidotribo
Riart, J. (coord.) (2007). Manual de Tutoría y Orientación en la Diversidad. Madrid: Pirámide.
CONNELL, R. (1996). Masculinities.. Cambridge: Polity Press.
Cirillo, L. (2002). Mejor huérfanas. por una crítica feminista al pensamiento de la diferencia.. Barcelona: Anthropos
Varela, J., Parra, P. e Val Cubero, A. (2016). Memorias para hacer camino. Madrid: Morata.
Bisquerra, R. (coord.) (2008). Modelos de orientación e intervención psicopedagógica.. Bilbao: Wolters-Kluwer
Acker, J., Barry, K., and Essveld, J. (1983). Objectivity and truth: Problems in doing feminist research.. Women´s Studies, 6, no. 4: 423-435.
Río Sardonil, D. del, y Martínez González, M.C. (2007). Orientación Educativa y Tutoría. . Madrid: Sanz y Torres.
Martín, E, Mauri, T (coords.) (2011). Orientación educativa: atención a la diversidad y educación inclusiva. . Barcelona: Graó
Sobrado, L, Fernández, E y Rodicio, Mª.L (coords.) (2012). Orientación educativa: nuevas perspectivas. . Madrid: Biblioteca Nueva.
Santana, L. E (2013). Orientación profesional. Madrid: Síntesis
Rodríguez, Mª. L (2011). Orientación profesional no sexista: teoría y práctica.. Saarbrücken: Editorial Académica Española
Harding, S. (1993.). Rethinking standpoint epistemology: What is “strong objetivity?. In Feminist Epistemologies and Value, ed. L. Alcoff and E. Potter, 49-82. London: Routledge.
Acker, S (1989). Teachers, gender and careers. London: Lewes Falmer,
Gabriel, N. de (2013). “A educacion das mulleres no século XIX: exclusión, dependencia e autonomía”. Sarmiento, 16, 7-35
Iglesias, A. e Ballarín, P. (2013). “El mito del ‘éxito’ escolar de las chicas”. Revista Sarmiento, Anuario Galego de Historia da Educación, 17, 67-82.
McRobble, A (2010). “¿Las chicas arriba?. Las mujeres jóvenes y el contrato sexual posfeminista”. Debate Feminista, 21(41), 113-135.

 

 

  

 

 

 

 

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Políticas de igualdade/615525022
Historia das teorías feministas/615525017
Xénero, traballo e coidados/615525018
Xénero e sexualidade. Desafíos e respostas/615525019
Distintas formas de violencia contra as mulleres/615525020

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase vos envíos dous traballos telemáticamente e de non ser posible, non útilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.


Deber facer un uso sostible dous recursos e a prevención de impactos negativos sobre ou medio natural.


Deber ter en conta a importancia dous principios éticos relacionados cos valores dá sosenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.


 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías