Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Cambios sociodemográficos e territoriais Código 615525023
Titulación
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Lamela Viera, Maria del Carmen
Correo electrónico
carmen.lamela@udc.es
Profesorado
Garcia Docampo, Manuel
Lamela Viera, Maria del Carmen
Correo electrónico
manuel.garcia.docampo@udc.es
carmen.lamela@udc.es
Web
Descrición xeral Trabállanse teorías e metodoloxías para explorar as relacións interxeneracionais no seu contexto histórico e ecolóxico.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Seminario
- Traballos tutelados
- Atención personalizada
*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento do traballo realizado.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver os exercicios de avaliación.
– Teams: 1 ou 2 sesións á semana en grupo (ate 15 persoas) nas franxas horarias que ten asignada a materia no calendario do mestrado. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na avaliación
Mantense o mesmo sistema de avaliación que no curso presencial
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título
A21 CEE1 - Explicar os procesos de exclusión vinculados ás transformacións da estrutura familiar e por idades das sociedades.
A22 CEE2 - Manexar ferramentas conceptuais e metodolóxicas para a análise da vulnerabilidade asociada a formas de convivencia e a determinados grupos de idade.
A23 CEE3 - Identificar as dinámicas interxeracionais, biolóxicas e socioeconómicas que xeran situacións de exclusión.
A24 CEE4 - Identificar situacións e procesos de segregación de colectivos vulnerables asociados ao avellentamento demográfico.
B1 CB1 - Demostrar coñecementos avanzados, de carácter multidisciplinar, para a investigación e o exercicio profesional no ámbito da exclusión social.
B2 CB2 - Aplicar e integrar os coñecementos a contornos e problemas emerxentes e indefinidos, na práctica investigadora e profesional.
B3 CB3 - Seleccionar o marco científico adecuado para avaliar as evidencias dispoñibles e postular hipóteses razoadas sobre a avaliación previsible dos feitos sociais estudados.
B14 CX2 - Realizar unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculada aos feitos sociais sobre os que se traballa.
B19 CX7 - Dar respostas innovadoras e orixinais ante situacións problemáticas emerxentes relacionadas coa exclusión social.
B20 CX8 - Aplicar a perspectiva comparada na comprensión das problemáticas sociais e das respostas e solucións políticas.
B21 CX9 - Aplicar unha perspectiva interdisciplinar na análise e a valoración de problemáticas de exclusión e políticas sociais de inclusión e cohesión.
B22 CX10 - Recoñecer e valorar os xuízos de valor e as evidencias nos argumentos que sosteñen as descricións e políticas sobre a realidade social.
C3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 CT7 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar procesos históricos de cohesión e de exclusión asociados a distintos tipos de hábitats AM21
AM22
AM23
AM24
BM1
BM2
BM3
BM14
BM19
BM20
BM21
BM22
CM3
CM5
CM7
Recoñecer a relación entre variables espaciais e territoriais e as necesidades da poboación segundo as súas características sociodemográficas AM21
AM22
AM23
AM24
BM1
BM2
BM3
BM14
BM19
BM20
BM21
BM22
CM3
CM5
CM7
Analizar a vulnerabilidade ecolóxica de distintos colectivos AM21
AM22
AM23
AM24
BM1
BM2
BM3
BM14
BM19
BM20
BM21
BM22
CM3
CM5
CM7

Contidos
Temas Subtemas
Estudo e caracterización do territorio -
Indicadores de cohesión e de segregación territorial -
A conformación histórica do hábitat -
Urbanización, avellentamento e despoboación -
Exclusión espacial e exclusión social -
Representación social e construcción cultural do hábitat -

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Seminario A21 A22 A23 A24 B1 B2 B3 B14 B19 B20 B21 B22 C3 C5 C7 12 24 36
Traballos tutelados A21 A22 A23 A24 B1 B2 B3 B14 B19 B20 B21 B22 C3 C5 C7 24 84 108
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario As clases presenciais desenvolveranse a modo de seminario no que se discutirán lecturas e documentais asignados. A avaliación estará en función da asistencia e da exhaustividade dos materiais revisados polo alumno.
Traballos tutelados En cada sesión presencial dedicarase unha hora á reflexión aplicada e actualizada dos materiais discutidos no seminario, co obxectivo de elaborar resultados e chegar a conclusións que se materializarán nun traballo final. Valorarase especialmente a formulación metodolóxica e o carácter divulgativo da redacción final.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Seminario
Descrición
É previsible que cada alumno requira orientación personalizada para aclarar dúbidas ou ampliar a información necesaria para o seu traballo final. A atención personalizada desenvolverase tanto de forma presencial (directamente a aula e no despacho do profesor en horarios de titoría) como non presencial (a través do correo electrónico e mediante a plataforma Moodle).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A21 A22 A23 A24 B1 B2 B3 B14 B19 B20 B21 B22 C3 C5 C7 En cada sesión presencial dedicarase unha hora á reflexión aplicada e actualizada dos materiais discutidos no seminario, co obxectivo de elaborar resultados e chegar a conclusións que se materializarán nun traballo final. Valorarase especialmente a formulación metodolóxica e o carácter divulgativo da redacción final. 60
Seminario A21 A22 A23 A24 B1 B2 B3 B14 B19 B20 B21 B22 C3 C5 C7 As clases presenciais desenvolveranse a modo de seminario no que se discutirán lecturas e documentais asignados. A avaliación estará en función da asistencia e da exhaustividade dos materiais revisados polo alumno. 40
 
Observacións avaliación

Os seminarios consistirán na
exposición de textos ou videos por parte da profesora, dos que o alumnado
dispoñerá previamente, para ser debatidos en clase segundo unha serie de
preguntas e de materiais que supoñerán ampliar a discusión. Prevese a realización
de 6 sesións de seminario. Pola participación activa en cada un destes seminarios,
o alumno poderá obter un punto na súa cualificación final, ata alcanzar un
máximo de 4 puntos (o 40% da cualificación final).

Os traballos tutelados serán
traballos de investigación breves realizados por un máximo de dous alumnos
presenciais, aos que se lles pode sumar outro alumno a distancia. Requirirán
horas de presencialidade para traballar en grupo e para a exposición continuada
do que se avanza ao resto da clase. O resultado final
prepararase a modo de poster ou cartel
dixital. Por este traballo final obterase un máximo de 6 puntos (o 60% da
cualificación final); ata dous puntos dos cales responderán ao criterio do
esforzo e da participación demostrada na súa realización.

Ao alumnado matriculado
en modalidade non-presencial aplicaráselle o mesmo sistema de avaliación, pero
engadindo as seguintes condicións. A súa contribución aos seminarios terá que
entregarse por escrito, a modo de ensaio breve e seguindo as instrucións que se
lle darán para cada lectura. A súa participación no traballo tutelado asignado
levará engadida a creación e mantemento dun foro de debate virtual sobre o
tema, en Moodle ou outra plataforma similar.



O sistema de avaliación das convocatorias de xullo e
sucesivas, serán acordadas de forma personalizada con polo menos 3 meses de
antelación á pechadura de actas.


Fontes de información
Bibliografía básica Kreager, Philip y Schröder-betterfill, E. (Eds) (2005). Ageing without children. Berghan Books
Santamarina, Beatriz et al (Coords.) (2018). Antropología ambiental. Barcelona: Icaria
Livi Baci, Massimo (1988). Ensayo sobre la historia demográfica europea. Barcelona: Ariel
Herrera, Mª Soledad (2007). Individualización social y cambios demográficos. Madrid: CIS
Moré, Paloma (2017). Migraciones y trabajo con personass mayores en las grandes ciudades. Madrid: CIS
Otero, Raimundo (2017). Sociología e historia de la ciudad desconcentrada. Madrid: CIS
Toda a bibliografía esencial e complementaria estará dispoñible na plataforma Moodle.
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías