Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Diversidade familiar, relacións interxeracionais e mediación familiar Código 615525025
Titulación
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Piñeiro Aguiar, Edeler
Correo electrónico
eleder.pineiro.aguiar@udc.es
Profesorado
Piñeiro Aguiar, Edeler
Correo electrónico
eleder.pineiro.aguiar@udc.es
Web
Descrición xeral A materia céntrase nunha crítica reflexiva á visión pretendidamente universal da familia tradicional nuclear, con especial énfase en teorías e autores que falan da interculturalidad, a diversidade e a diferenza á hora de comprender á familia como institución, grupo social e relacións de poder en torno ao parentesco e a filiación. Fai fincapé en aspectos etarios, de xénero e en torno á análise da sexualidade, expondo así mesmo correntes e problemas actuais para comprender o conflito xeracional e familiar nas sociedades tardomodernas.
Plan de continxencia No caso que mor do COVID19 teñamos que pasar de docencia presencial a docencia non presencial terase en conta este plano de continxencia:

1. Modificacións nos contidos

Os contidos teóricos da materia pasarán a ser impartidos de forma dixital a través da Plataforma TEAMS. As clases terán unha duración máis reducida por cuestións pedagóxicas, e asignaranse material complementario para a correcta comprensión da materia.

2. Metodoloxías

*Metodoloxías docentes que se manteñen

– Sesión maxistral
– Discusión dirixida
– Traballos tutelados (con Atención personalizada, computa na avaliación)
– Atención personalizada

*Metodoloxías docentes que se modifican
– Debates en clase pasarán a facerse por teams
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

– Correo electrónico: Dúas veces por semana. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Semanalmente. Segundo a necesidade do alumando.
– Revisión do chat de Moodle para consultas específicas da materia

4. Modificacións na avaliación
En caso de non poderse realizar traballo de campo con fontes primarias (entrevistas, grupos focales, etc.) o alumnado deberá de optar por profundizare na análise de fontes secundarias e/ou realizar entrevistas vía online.


*Observacións de avaliación:


REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Entregar e expoñer os traballos na data que se indique.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Non se producen modificacións na bibliografía da materia.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Determinar as dimensións e categorías axeitadas para o diagnóstico e a análise científica das situacións de exclusión social.
A4 CE4 - Recompilar e interpretar a información suficiente para chegar a diagnósticos fiables sobre os riscos de exclusión e os factores de vulnerabilidade social.
A6 CE6 - Avaliar a capacidade e eficacia das medidas de intervención para corrixir ou previr situacións e procesos de exclusión social.
A7 CE7 - Identificar e valorar a posibilidade de intervención e prevención en procesos de conflitividade social.
A21 CEE1 - Explicar os procesos de exclusión vinculados ás transformacións da estrutura familiar e por idades das sociedades.
A22 CEE2 - Manexar ferramentas conceptuais e metodolóxicas para a análise da vulnerabilidade asociada a formas de convivencia e a determinados grupos de idade.
A23 CEE3 - Identificar as dinámicas interxeracionais, biolóxicas e socioeconómicas que xeran situacións de exclusión.
A24 CEE4 - Identificar situacións e procesos de segregación de colectivos vulnerables asociados ao avellentamento demográfico.
B1 CB1 - Demostrar coñecementos avanzados, de carácter multidisciplinar, para a investigación e o exercicio profesional no ámbito da exclusión social.
B2 CB2 - Aplicar e integrar os coñecementos a contornos e problemas emerxentes e indefinidos, na práctica investigadora e profesional.
B7 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B13 CX1 - Comprender e integrar coñecementos complexos para traducilos en propostas de investigación e programas de intervención en contextos sociais problemáticos.
B14 CX2 - Realizar unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculada aos feitos sociais sobre os que se traballa.
B18 CX6 - Valorar a adecuación das distintas ferramentas teóricas, metodolóxicas e técnicas ás preguntas e os obxectivos específicos formulados sobre a realidade social e as políticas sociais.
B19 CX7 - Dar respostas innovadoras e orixinais ante situacións problemáticas emerxentes relacionadas coa exclusión social.
B21 CX9 - Aplicar unha perspectiva interdisciplinar na análise e a valoración de problemáticas de exclusión e políticas sociais de inclusión e cohesión.
C3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT6 -Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Entender as dinámicas das relacións interxeracionais e os seus procesos de cambio. AM4
AM6
AM7
AM21
AM22
BM1
BM7
BM18
BM21
CM3
Analizar os cambios sociodemográficos recentes que inciden na transformación das estruturas e formas familiares. AM1
AM4
AM21
AM22
AM23
AM24
BM1
BM13
BM14
CM5
Aplicar as principais técnicas de mediación familiar. AM6
AM7
BM1
BM2
BM7
BM18
BM19
CM5
CM6

Contidos
Temas Subtemas
A diversidade familiar desde un enfoque cultural O concepto de familia desde o enfoque antropolóxico
As relacións interxeracionais: o xénero e a idade como variables principais. Os intercambios monetarios e de coidados. A diversidade existente nas relacións interxeracionais e intercambios monetarios e non monetarios.
A mediación familiar no contexto local e global A mediación familiar e o acompañamento

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A6 B2 B7 B14 B18 B19 B21 C6 0 50 50
Presentación oral A4 A6 A21 B19 C5 C6 4 12 16
Sesión maxistral A1 A4 A7 A21 A22 A23 A24 B1 B13 C3 C5 48 32 80
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Presentación de traballo na aula acerca da diversidade familiar como crítica ao universalismo da familia
Presentación oral Presentación na aula
Sesión maxistral Al cargo del docente, acompañado de materiales como PPTs, Videos, Audios, etc.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Atención personalizada nas titorías, previa cita mediante correo electrónico (eleder.pineiro.aguiar@udc.es). Ditas tutorías realizaránse mediante TEAMS.

Consulta de moodle, correo electrónico e chat da materia alomenos unha vez á semana durante o periodo lectivo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A6 B2 B7 B14 B18 B19 B21 C6 Traballos tutelados, a presentar polo alumnado, correspondentes a cada unha das sesións da materia. Serán traballos breves, de reflexión teórico-crítica, segundo a guía que o alumnado encontrará en Moodle ao inicio do curso. Deberán ser entregados nas datas correspondentes para poder ser evaluados. Corresponden co 30% da nota total da materia.

Para o alumnado online habilitarase un chat no moodle no que se deberán respostar algunhas das preguntas que saian da lectura dos materiais propostos.

Traballo final, segundo os liñamentos encontrados en Moodle ao inicio do curso. Trátase dunha recensión en torno a algunha das temáticas propostas na materia. Corresponde co 70% da nota total da materia.
100
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

No moodle da materia o alumnado atopará diferentes recursos así como guías para a elaboración dos traballos motivo da avaliación. Os seguintes textos poden complementar  ditos materiais e servir de base inicial: 

Attias-Donfut, C. (2000): “Rapports de générations. Transferts intrafamiliaux et dynamique macrosociale”, Revue Française de Sociologie 41 (4), pp. 643-684.

Attias- Donfut, C. y Wolff, F.C. (2008): “Patterns of intergenerational transfers among inmigrants in France: a comparative perspective” en Saraceno, C. (ed.) Families,ageingandsocialpolicy, Cheltenham: Edward Elgar, pp. 259-284.

Badgett, M.V.L. y Folbre, N. (1999): “¿Quién cuida de los demás? Normas sociosexuales y consecuencias económicas”, Revista Internacional del Trabajo 118 (3), pp. 347- 365.

Baldassar, L. (2007): “Transnational families and the provision of moral and emotional support: the relationship between thruth and distance”, Identities: Global Studies in Culture and Power 14, pp. 385-409.

Finch, J. (1989): Family obligations and social change, Cambridge: Polity Press.

Folbre, N. (1988): “The black four of hearts: toward a new paradigm of household economics”, en Bruce, J. (ed.) A home divided: women and income in the third world, Standford: Standford University Press.

Goode, W. J. (1963): World Revolution and family patterns, New York: Free Press of Glencoe.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías