Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Intervención socioeducativa con persoas maiores Código 615525026
Titulación
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Optativa 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Ciencias da Saúde
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Viana Moldes, Ines
Correo electrónico
ines.viana@udc.es
Profesorado
Ávila Álvarez, Adriana Ivette
Rivas Quarneti, Natalia Yanaina
Robles García, Verónica
Viana Moldes, Ines
Zapico Barbeito, Mª Helena
Correo electrónico
adriana.avila.alvarez@udc.es
natalia.rivas.quarneti@udc.es
veronica.robles@udc.es
ines.viana@udc.es
helena.zapico@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Intervención socioeducativa con persoas maiores atopa a súa xénese na defensa dun paradigma promotor do avellentamento activo e a solidariedade interxeracional comunitaria, a prol da construción de sociedades máis xustas para tódalas idades. Dende unha perspectiva teórico-práctica, ofrécese un estimulante achegamento aos principios do modelo de traballo integral centrado na persoa, o grupo e a comunidade, por medio da análise de innumerables proxectos e experiencias nacionais e internacionais no campo da saúde, a interxeracionalidade, a xeragoxía ou a prevención da vulnerabilidade e a exclusión na vellez. Preténdese, asemade, aportar claves que axuden a deseñar e desenvolver proxectos socioeducativos e sanitarios orientados á derradeira etapa da vida, dende un enfoque decididamente interdisciplinario.

Competencias do título
Código Competencias do título
A22 CEE2 - Manexar ferramentas conceptuais e metodolóxicas para a análise da vulnerabilidade asociada a formas de convivencia e a determinados grupos de idade.
A23 CEE3 - Identificar as dinámicas interxeracionais, biolóxicas e socioeconómicas que xeran situacións de exclusión.
A24 CEE4 - Identificar situacións e procesos de segregación de colectivos vulnerables asociados ao avellentamento demográfico.
A25 CEE5 - Actuar como profesional competente e cualificado/a no ámbito do deseño, a xestión e a avaliación de proxectos de investigación, políticos e sociais sobre situacións de dependencia.
A26 CEE6 - Actuar como profesional competente e cualificado/a no ámbito do deseño, a xestión e a avaliación de políticas de intervención dirixidas á conciliación familiar e ás necesidades dos maiores.
B2 CB2 - Aplicar e integrar os coñecementos a contornos e problemas emerxentes e indefinidos, na práctica investigadora e profesional.
B4 CB4 - Identificar os dilemas éticos e a responsabilidade social tras os retos formulados na práctica profesional e investigadora.
B6 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionen unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou a aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B7 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B14 CX2 - Realizar unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculada aos feitos sociais sobre os que se traballa.
B17 CX5 - Elaborar e defender informes, proxectos e memorias no campo das ciencias sociais.
B19 CX7 - Dar respostas innovadoras e orixinais ante situacións problemáticas emerxentes relacionadas coa exclusión social.
B20 CX8 - Aplicar a perspectiva comparada na comprensión das problemáticas sociais e das respostas e solucións políticas.
B21 CX9 - Aplicar unha perspectiva interdisciplinar na análise e a valoración de problemáticas de exclusión e políticas sociais de inclusión e cohesión.
C1 CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT6 -Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C7 CT7 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Analizar modelos e experiencias de promoción do envellecemento activo e a solidariedade interxeracional comunitaria. AM22
AM23
AM24
AM25
AM26
BM2
BM4
BM14
BM20
CM1
CM3
CM4
CM5
Integrar os fundamentos do modelo de traballo integral centrado na persoa/grupo/comunidade. AM22
AM23
AM24
AM25
AM26
BM2
BM4
BM14
BM19
BM20
BM21
CM1
CM3
CM4
CM5
CM7
Deseñar propostas de intervención socioeducativa con persoas maiores dende a perspectiva da interxeracionalidade, comunidade e/ou interseccionalidade AM22
AM23
AM24
AM25
AM26
BM2
BM4
BM6
BM7
BM14
BM17
BM19
BM20
BM21
CM1
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7

Contidos
Temas Subtemas
TEMA I.- Paradigma do envellecemento activo e sociedades para tódalas idades

Subtema 1.1.- Evolución socio-histórica dos conceptos “envellecemento activo” e “sociedades para tódalas idades”
Subtema 1. 2.- Envellecemento fisiolóxico e envellecemento como factor de risco
Subtema 1.3.- Risco, vulnerabilidade(s) e exclusión na vellez: perspectivas sociocomunitarias
Subtema 1.4 .- Xerontagoxía: conceptualización, modelos e dimensións de futuro
TEMA II. Deseño e desenvolvemento de proxectos socioeducativos e sanitarios na vellez: aproximacións teóricas (I) Subtema 2.1.- Accións de prevención, promoción e intervención na saúde das persoas maiores
Subtema 2.2.- Educación e programas interxeracionais: perspectiva nacional e internacional
Subtema 2.3.- Comunidades de aprendizaxe interxeneracional e educación ao longo da vida
Subtema 2.4.- Perspectiva cidadá e estratexias de pensamento e acción-intervención sociocomunitaria
Subtema 2.5.- Retos de futuro e interseccionalidade na aproximación á vellez
TEMA III. Deseño e desenvolvemento de proxectos socioeducativos e sanitarios na vellez: experiencias prácticas dende a interdisciplinariedade (II) Subtema 3.1.- Accións de prevención, promoción e intervención na saúde das persoas maiores
Subtema 3.2.- Educación e programas interxeracionais: perspectiva nacional e internacional
Subtema 3.3.- Comunidades de aprendizaxe interxeneracional e educación ao longo da vida
Subtema 3.4.- Perspectiva cidadá e estratexias de pensamento e acción-intervención sociocomunitaria
Subtema 3.5.- Retos de futuro e interseccionalidade na aproximación á vellez

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A22 A23 A24 A25 A26 B2 B4 B6 B7 B14 B20 B21 C1 C3 C4 C5 C7 6 12 18
Actividades iniciais A23 A25 B19 C6 1 0 1
Estudo de casos A23 A24 B4 B6 B14 B20 B21 C1 C3 C5 14 24 38
Discusión dirixida A23 A24 B4 C1 C3 C4 C5 C6 C7 13 0 13
Análise de fontes documentais A22 A23 A24 A25 A26 B2 B4 B6 B14 B20 B21 C1 C5 C6 C7 4 12 16
Portafolios do alumno A23 A24 B2 B4 B7 B14 B17 B19 B21 C1 C3 C4 C5 C6 C7 2 10 12
Aprendizaxe servizo A22 A23 A24 A25 A26 B2 B4 B6 B7 B14 B17 B19 B20 B21 C1 C3 C4 C5 C6 C7 2 8 10
Seminario A22 A23 A24 B2 B4 B6 B7 B14 B17 B19 B20 B21 C1 C3 C4 C5 C6 C7 6 12 18
Eventos científicos e/ou divulgativos A23 A24 B4 B14 B20 B21 C1 C3 C4 C5 C6 C7 2 4 6
Proba oral A22 A23 A24 A25 A26 B2 B4 B6 B7 B14 B17 B19 B20 B21 C1 C3 C4 C5 C6 C7 2 12 14
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. Estas actividadres informarán o traballo final que se presentará dentro da actividade "proba oral"
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.
Este portafolios será o material empregado para facer reflexión crítica do prozeso de aprendizaxe, que será avaliado.
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo. Nesta materia, o alumnado traballará nun proxecto partindo da análise das necesidades da realidade coa que tivesen contacto.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.
Proba oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. Neste caso, presentarase o traballo desenvolvido coma aprendizaxe colaborativa e aprendizaxe servizo e informada polas reflexións do portafolios.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba oral
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
A atención personalizada consiste en titorías grupais ou individualizadas, presenciais ou por internet, para poder facer as revisións do traballo, respecto ao proceso de elaboración así coma a súa presentación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A23 A24 B2 B4 B7 B14 B17 B19 B21 C1 C3 C4 C5 C6 C7 Deberá entregarse un cartafol no que se recolla unha descripción e reflexión crítica sobre o proceso de ensinanza-aprendizaxe vivido ao longo da materia (actividades docentes, traballo grupal, etc.) 30
Proba oral A22 A23 A24 A25 A26 B2 B4 B6 B7 B14 B17 B19 B20 B21 C1 C3 C4 C5 C6 C7 Presentación oral (do traballo desenvolvido ao longo da materia mediante aprendizaxe colaborativa e servizo)
• Defensa grupal
Traballo entregado (15%)
Presentación oral (15%)
• Defensa individual-ante preguntas das avaliadoras (25%)
55
Aprendizaxe colaborativa A22 A23 A24 A25 A26 B2 B4 B6 B7 B14 B20 B21 C1 C3 C4 C5 C7 Avaliarase a participación e contribución individual no traballo desenvolvido na aula.

15
 
Observacións avaliación


1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:


1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático


1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos


1.3. De se realizar en papel:


- Non se empregarán plásticos.


- Realizaranse impresións a dobre cara.


- Empregarase papel reciclado.


- Evitarase a impresión de borradores.


2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural


3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais


4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase
linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)


5.-
Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade


6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas


7.
Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas,
sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un
acceso axeitado,
igualitario e proveitoso á vida universitaria


Fontes de información
Bibliografía básica

Bermejo García, Lourdes. (2010). Envejecimiento activo y actividades socioeducativas con personas mayores: guía de buenas prácticas. Madrid: Médica Panamericana.

Causapie Lopesino, Purificación. et al. (2011). Envejecimiento activo: Libro Blanco. Madrid: Imserso. Disponible en: http://www.imserso.es/InterPresent2/groups/imserso/documents/binario/8088_8089libroblanc oenv.pdf

Bernard, Miriam e Ellis, Stephen W. (2007). ¿Cómo sabes que la práctica intergeneracional funciona? Guía para iniciarse en la evaluación de la práctica intergeneracional. En Mariano Sánchez Martínez (dir.) La evaluación de los programas intergeneracionales (p. 132-146). Madrid: IMSERSO. 

ENIEC – European Network on Intercultural Elderly Care | Netwerk | Pigmentzorg. (n.d.). Recuperado de: https://www.pigmentzorg.be/toolbox/fiche/eniec-european-network-on-intercultural-elderly-care

Fransen, H., Pollard, N., Kantartzis, S., & Viana-Moldes, I. (2015). Participatory citizenship: Critical perspectives on client-centred occupational therapy. Scandinavian Journal of Occupational Therapy, 22(4), 260–266. https://doi.org/10.3109/11038128.2015.1020338

García-Fariña, A.,Viana-Moldes, I., Rivas-Quarneti, N., & Miguens-Vázquez, X. (2016). Estudio documental de las necesidades ocupacionales de la población del ayuntamiento de Fene. Revista electrónica de terapia ocupacional Galicia, TOG, (25), 17.

Moody, H. R., & Sasser, J. R. (2015). Aging: concepts and controversies (8th ed). Thousand Oaks, CA: SAGE.

Morgan, L. A., & Kunkel, S. (2016). Aging, society and the life course (5th ed). New York: Springer.

Sánchez, Mariano; Kaplan, Matthew e Sáez, Juan (2010). Programas intergeneracionales. Guía introductoria. Madrid: IMSERSO.

Trabensol - Centro Social de Convivencia para Mayores. (n.d.). Recuperado el 13 de Agosto de 2017, de http://trabensol.org/

Outra Forma de Vivenda. (n.d.). Inicio. Recuperado el 13 de Agosto de 2017 de http://outraformadevivenda.org

Bibliografía complementaria

Abellán García, A.,Ayala García, A. & Pujol Rodríguez, R. (2017) Un perfil de las personas mayores en España, 2017. Indicadoresestadísticos básicos. Madrid, Informes Envejecimiento en red nº 15, 48 p. [Fecha de publicación: 31/01/2017; última versión: 27/03/2017]. <http://envejecimiento.csic.es/documentos/documentos/enred-indicadoresbasicos17.pdf>

Alemán Bracho, M. d. C., & Martín García, M. (2014). Envejecimiento y derechos humanos. Miscelánea Comillas: Revista De Ciencias Humanas y Sociales, 72(140), 227-255.

Álvarez, A. I. A. (2003). Técnicas no farmacológicas en la enfermedad del Alzheimer. Agathos: Atención sociosanitaria y bienestar, 3(4), 4–10.

Buendía Vidal, J.,ed.lit. In Buendía Vidal J.,ed.lit (Ed.), (2010). Gerontología y salud : Perspectivas actuales. Madrid (sp): Biblioteca Nueva.

Bermejo, Lourdes (2012). Envejecimiento activo, pedagogía gerontológica y buenas prácticas socioeducativas con personas adultas mayores. Educación social. Revista de Intervención Socioeducativa, 51, 27-44.

Bocanegra, N. M., Puente, C. P., & Álvarez, A. I. A. (2012). Terapia asistida con animales. In Neurorrehabilitación: métodos específicos de valoración y tratamiento, 2012, ISBN 978-84-9835-410-2, páxs. 465-471 (pp. 465–471). Editorial Médica Panamericana. Retrieved from https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=5272889

Debra J, Rose. Equilibrio y movilidad con personas mayores. Segunda edición. Badalona: Paidotribo, 2014

Guccione, Andrew A. Geriatric physical therapy. 2nd edition. St. Louis: Mosby, 2000.

Hatton-Yeo, Alan (2007). Programas intergeneracionales, solidaridad intergeneracional y cohesión social. En Mariano Sánchez Martínez (Dir.) Programas intergeneracionales. Hacia una sociedad para todas las edades (p. 123-140). Barcelona: La Caixa.

Hernando Ibeas, M. V. (2004). Habilidades de comunicación con las personas mayores. Envejecimiento y sociedad: Una perspectiva pluridisciplinar (1ª ed., pp. 103-141) Universidad de La Rioja.

Hernando Ibeas, M. V. (2006). Teorías sobre el fenómeno del envejecimiento. Envejecimiento activo, envejecimiento en positivo (1ª ed., pp. 37-64) Universidad de La Rioja.

Hooyman, N. R., Kiyak, H. A., & Kawamoto, K. (2015). Aging matters: an introduction to social gerontology. Boston: Pearson.

Izquierdo Martínez, A., & Izquierdo Dopf, A. (2005). Psicología del desarrollo de la edad adulta: Teorías y contextos. Revista Complutense De Educación, 16(2), 601-619.

Mondragón Ruiz de Lezana,Miren Jaione. (2011). Condiciones de vida y ausencia de bienestar de las personas mayores.Oñati Socio-Legal Series, 1(8), 3-23.

Powell, J. L. (2013). Globalization and global aging. New York: Novinka.

Rivas-Quarneti, N., Movilla-Fernández, M.-J., & Magalhães, L. (2017). Immigrant women’s occupational struggles during the socioeconomic crisis in Spain: Broadening occupational justice conceptualization. Journal of Occupational Science. Retrieved from http://www.tandfonline.com/doi/abs/10.1080/14427591.2017.1366355

Piñeiro- Silva, I., Rivas-Quarneti, N., Feal-González, R., & Movilla-Fernández, M. (2014). Él ya no es él. Participación de la familia en las ocupaciones de la persona mayor que vive en un centro residencial. Revista Electrónica de Terapia Ocupacional Galicia, TOG, (19), 10-.

Tobío Soler, C. (2008). Redes familiares, género y política social en España y Francia. Política y Sociedad, 45(2), 87-104.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

A materia é obrigatoria para o estudantado que escolle o itinerario de Envellecemento e transformacións familiares. Estará aberta tamén aos/ás estudantes doutros itinerarios, ou aos/ás que deciden non especializarse.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías